31 de xaneiro de 2012

Nomeamento de titulares superiores ambientais

O DOG de hoxe publica a orde pola que se nomean titulares superiores ambientais do persoal laboral da Xunta (categoría 37). Os nomeados teñen un prazo dun mes para a toma de posesión, sendo o mesmo prazo o que hai para interpoñer recurso de reposición ou dous se se vai ao contencioso.

30 de xaneiro de 2012

A Conselleira de Facenda non descarta recortes aos empregados públicos

En recentes declaracións, a Conselleira de Facenda, Elena Muñoz, dixo que "en este momento no se descarta ninguna posibilidad", refiriéndose á posibilidade de que os recortes afecten aos empregados públicos. Tamén fala de que as medidas se farán con consenso, aínda que non explicou se o "consenso" será igual que os consensos anteriores, é dicir, á forza.

27 de xaneiro de 2012

A CGT considera o Acordo Patronal-CC.OO.-UGT un roubo aos traballadores


O Secretariado Permanente da CGT ven de facer público o seguinte comunicado:

 "LA CGT CONSIDERA ÉTICAMENTE REPUGNANTE EL ACUERDO FIRMADO POR CCOO – UGT CON LA CEOE Y CEPYME
 Este Acuerdo sobrepasa cualquier criterio de racionalidad y todas las “líneas rojas” que el sindicalismo debe tener presentes, ya que, con este Acuerdo, las y los trabajadores somos los responsables de la crisis y por tanto tenemos que pagarla...
El 25 de Enero de 2012, hemos conocido el texto completo del “II Acuerdo para el empleo y la negociación colectiva 2012, 2013, 2014” pactado y firmado por la patronal CEOE y CEPYME con los sindicatos institucionales CCOO y UGT. El documento abarca , entre otros, aspectos relativos a la Estructura de la negociación colectiva, Flexibilidad, Empleo, Formación, Teletrabajo, Criterios en materia salarial, Inaplicación negociada en la empresa de determinadas condiciones de trabajo pactadas en los convenios colectivos sectoriales...

5.273.600

Este é o número de parados, segundo a Encosta de Poboación Activa do cuarto trimestre. 1.575.000 é o número de fogares con todas as persoas no paro.
Xa se apresuraron os voceiros e pesebreiros do poder a explicar que o goberno actual tomou posesión o 22 de decembro e que a culpa é de ZP.
Nós apresurámonos a dicir que nos importa tres pepinos quen goberne. A contestación e a protesta deben ser os nosos argumentos.

Feijóo anunciou novas medidas

Feijóo non indicou a que afectarían estes novos recortes, pero "pedirá" "algún sacrificio a algúns colectivos" e que "arrimen o ombro (sic)". Indicou tamén que os sindicatos serán os primeiros en saber os recortes.
A Xunta está estudando a redución dos días por asuntos particulares e dos complementos por baixas por incapacidade temporal, así como o copago nas prestacións farmacéuticas.

24 de xaneiro de 2012

Sempre disposto a asinar

CC.OO.-UGT está a piques de asinar un acordo salarial coa patronal que supón unha suba salarial para o ano 2012 do 0,5% e do 0,6% para 2013 e 2014. Como se esto fora pouco para os empresarios, tamén se pactou unha cláusula de descolgue para as empresas que vaian mal, que non terán que aplicar esta suba.
O que non se sabe é que o que gañan os traballadores na necociación. Secreto do sumario.

O PP anuncia máis sacrificios

Estes sacrificios, para quen? Segundo Pedro Puy, o portavoz do PP no Parlamento Galego, a situación é complicada e "haberá que tomar decisións adicionais que, esperemos que, como ata o de agora, non afecten o mantemento do núcleo duro do estado do benestar". Tamén dixo que o axuste pode traer "maiores esforzos e sacrificios á Administración e aos empregados públicos".
O que non dixo Pedro Puy é ata onde pensan chegar, cal é a parte branda do estado do benestar que si pensan tocar e que sacrificios se lle pensan impoñer a uns empregados públicos aon que se lles leva conxelado o soldo máis dun ano despois dun recorte nas retribucións.

20 de xaneiro de 2012

Sobre as baixas por enfermidade

A Xunta de Galicia disque está estudando eliminar o complemento das IITT ata o 100% para o persoal. Ante esta noticia hai que facer as seguintes precisións:
  • Na actualidade, a Seguridade Social fai a prestación económica seguinte, no réxime xeral: en caso de continxencia común, non paga nada os tres primeiros días; entre o 4º e o 20º, paga o 60%; e a partir do 21º, abona o 75%. En caso de accidente laboral, paga o 75% desde o primeiro día.
  • O artigo 30 do Convenio Colectivo vixente para o persoal laboral da Xunta garante o 100% das bases de cotización.

19 de xaneiro de 2012

Novos globos-sonda

A Xunta de Galicia está sondando máis recortes para o persoal. Entre estas medidas está a reducción dos días por asuntos paticulares, baixándoos a 6, e a reducción da aportación que fai a Xunta para as baixas laborais do persoal que estea na Seguridade Social.
Desde o conformismo non poderemos enfrontarnos a esta nove agresión. Amosemos a nosa oposición.

Nóminas

O DOG de hoxe publica a Orde pola que se ditan intruccións para a confección de nóminas para o ano 2012. Figuran, nos correspondentes anexos, os importes das retribucións, tanto básicas como complementarias, así como as pagas extraordinarias.

17 de xaneiro de 2012

Recortes na Administración Pública: as súas mentiras, o noso conformismo...

Reporducimos a continuación un comunicado dos nosos compañeiros da Administración Xeral do Estado:
Recortes en la Administración Pública: Sus mentiras, nuestro conformismo....
 Nos encontramos ante una lógica imposible, según la cual para crear empleo quienes trabajamos tenemos que hacerlo prolongando nuestra jornada (ahora dos horas y media más a la semana) durante más tiempo (hasta los 67 años) y por si esto no fuera suficientemente contradictorio, marcando una tasa de reposición general del 0% y en el mejor de los casos del 10%. Es decir combatir el paro quitando empleo o combatir el fuego con gasolina.

.Todo ello sin que la vicepresidenta y locuaz portavoz del actual gobierno evidencie el más mínimo sonrojo, eso sí respaldada por el tenaz e interesado desatino de un montón de expertos muy bien pagados por la mano generosa de los mercados financieros.

16 de xaneiro de 2012

Fraga Iribarne

Cando todos os medios políticos e informativos se dedican a alabar a Manuel Fraga Iribarne no seu pasamento, nós temos a obriga de recordar algunhas cousas:
  • Foi ministro de Franco entre 1962 e 1969 -tamén ocupou otros altos cargos na estrutura política franquista- e, polo tarto, partícipe e cómplice das penas de morte que o franquismo dictou contra os seus opoñentes.
  • Foi ministro da gobernación durante os anos 1975 e 1976, sendo responsable da morte de 5 traballadores en Vitoria en mans da policía e doutros feitos tamén violentos. Dixo aquelo de "La calle es mía".
  • Xa na Xunta, converteuna nun gran chiringuito, onde a pertenza ao seu partido era unha garantía de medre. Foi el o que institucionalizou a nomeamento a dedo das xefaturas de servizo -e aínda de máis).
Foi Fraga pois unha persoa autoritaria e chaqueteira, e que non dubidou en utilizar os instrumentos que tiña en cada momento para perpetuarse no poder: a pena de morte, a policía, o decreto, a ameaza e tamén, por que non? a lei, incluida a Constitución. Que fose ilustrado e intelixente non lle quita nin un ápice de negrura á súa desprezable personalidade e actuación pública.

13 de xaneiro de 2012

Outros máis

Outros que se suman a botarlle a culpa aos funcionarios da chamada crise! Nesta ocasión son os asesores fiscais e xestores tributarios, que piden despedimentos na administración pública. O problema é que é sospeitoso que os que viven de timar aos incautos que van facer a declaración digan que sobran funcionarios. Será que se preocupan máis dos seus ingresos que do gasto público?

5 de xaneiro de 2012

CCOO-UGT, como case sempre, asinarán a Reforma Laboral

Aínda que todavía patalexa, CCOO-UGT está disposta a tragar coa baixa dos salarios -disfrazada de moderación salarial- e coa reconversión de contratos completos en contrato de xornada parcial (para seguir traballando todo o día, pero cotizando menos).
Con esta disposición para o trapicheo, CCOO-UGT abandoa calquera intención de loita para opoñerse ás medidas de recorte do goberno e ás intencións cobizosas da patronal.

4 de xaneiro de 2012

Decretazo do goberno Rajoy: o PP pasa á acción

O Secretariado Permanente do Comité Confederal ven de facer público o seguinte comunicado:
DECRETAZO DEL GOBIERNO RAJOY: EL PP PASA A LA ACCIÓN
El decretazo del PP continúa la carrera de recortes suicidas para la mayoría social
El RD 20/2011 publicado el último día del año, supone una nueva agresión a todo el cuerpo de derechos de la mayoría social: trabajadores y trabajadoras con trabajo, funcionariado y personal laboral en las administraciones públicas, jóvenes en paro, personas dependientes, pensionistas de cualquier clase de pensión...
         Así, los y las asalariadas, soportarán dos tercios de los 8.900 millones que supone de recorte el RD 20/2011, por medio de la subida del IRPF en sus nóminas con una media de 3/5 puntos a partir de febrero. El gravamen desde 0,75 puntos a 7 puntos, se hace por tramos, encontrándose en los tramos de ingresos bajos medios (desde 17.707 € a 120.000 €) más del 99% de todos los y las declarantes. En la horquilla de las rentas superiores a más de 240.000€ solamente encontramos al 1% de todos los y las declarantes por IRPF. Recordar además, que los salarios bajos/medios soportan más del 90% de los ingresos por IRPF.

2 de xaneiro de 2012

A plasmación dos recortes

O BOE do sábado, día 31, inclíu as medidas de recorte para este inicio do ano 2012. Non imos repetir aquí o que xa temos dito sobre o tema, pero para quen queira lelas de primeria man, engadimos as ligazóns.
Medidas de recorte
Salario Mínimo Interporfesional

O recibo de salarios

Tal como xa se ía anunciando, a apartir deste mes recibiremos os recibos de salarios no correo electrónico. O DOG de hoxe publica a disposición correspondente.

1 de xaneiro de 2012

Comunicado do SP da CGT ante as primeiras medidas do novo goberno


Ante as primeiras medidas aprobadas polo novo goberno, o Secretariado Permanente da CGT fixo úblico o seguinte comunicado:

Seguir robando a los pobres para dárselo a los ricos
Con la promulgación del nuevo gobierno del Partido Popular comienzan a vislumbrarse por dónde van ir las medidas políticas, económicas, laborales, sociales, educativas, culturales... que tiene previstas desarrollar, aunque siguen callándose los mayores recortes laborales y sociales.

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo