16 de xaneiro de 2012

Fraga Iribarne

Cando todos os medios políticos e informativos se dedican a alabar a Manuel Fraga Iribarne no seu pasamento, nós temos a obriga de recordar algunhas cousas:
  • Foi ministro de Franco entre 1962 e 1969 -tamén ocupou otros altos cargos na estrutura política franquista- e, polo tarto, partícipe e cómplice das penas de morte que o franquismo dictou contra os seus opoñentes.
  • Foi ministro da gobernación durante os anos 1975 e 1976, sendo responsable da morte de 5 traballadores en Vitoria en mans da policía e doutros feitos tamén violentos. Dixo aquelo de "La calle es mía".
  • Xa na Xunta, converteuna nun gran chiringuito, onde a pertenza ao seu partido era unha garantía de medre. Foi el o que institucionalizou a nomeamento a dedo das xefaturas de servizo -e aínda de máis).
Foi Fraga pois unha persoa autoritaria e chaqueteira, e que non dubidou en utilizar os instrumentos que tiña en cada momento para perpetuarse no poder: a pena de morte, a policía, o decreto, a ameaza e tamén, por que non? a lei, incluida a Constitución. Que fose ilustrado e intelixente non lle quita nin un ápice de negrura á súa desprezable personalidade e actuación pública.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo