29 de decembro de 2015

A Administración da miseria

O goberno aprobará, segundo o previsto, o incremento do Salario Míimo Interprofesinal para o ano 2016. Este salario, do que dependen millóns de persoas, será do 1%, pouco máis de seis euros ao mes, deixándoo en 655 euros. Por outro lado, a suba prevista para as pensións será a mesma que a que hai desde o ano 2013, é dicir, unha suba do 0,25%. Os empregados públicos recibiremos tamén unha suba do 1% das nosas retribucións.
Nestas medidas resúmense as bondades da situación económica, marabillosa segundo os palmeiros do goberno. E así, de miseria en miseria, ata a piltrafa final.

15 de decembro de 2015

Ante a lamentable cumbre sobre o cambio climático

 O secretariado permanente do Comité Confederal da CGT fixo público o seguinte comunicado:

El “gran acuerdo global sobre el cambio climático”, presentado el sábado 12 de diciembre a la “humanidad”, tiene de acuerdo simplemente… compromisos voluntarios de reducción de emisiones de efecto invernadero que han presentado los diferentes países. Estos acuerdos ni tan siquiera son suficientes para lograr que la temperatura terrestre no sobrepase dos grados. Según los cálculos se llegarán a sobrepasar los tres grados y eso, siempre que “los compromisos voluntarios de cada país firmante, sean cumplidos”.
Ante el fracaso, por otra parte “cantado”, de la XXI cumbre climática, el problema se agudiza y la tarea de cambiar el sistema, no el clima, ahora simplemente es una cuestión de vida o muerte.

3 de decembro de 2015

O novo sistema de baixas da Seguridade Social

O pasado 1 de decembro entrou en vigor o novo sistema de baixas por incapacidade temporal da Seguridade Social. Modifícanse así varias cuestións como a frecuencia de asistencia ao médico para conseguir os partes de confirmación -en función da previsión da duración da patoloxía-, a posibilidade de expedir -en baixas de curta duración- a baixa e a alta nun mesmo acto, ou a posibilidade das mutuas de instar as altas de traballadores aínda que sexan patoloxías de enfermidades comúns.

Esta reforma que se presnta baixo a aparencia de mellorar burocráticamente os sistema, en realidade agacha o pensamento de que todo doente é, en realidade, un presunto defraudador. Abrir a posibilidade de que as Mutuas insten a alta dos traballadores obrigará aos médicos a dar a alta o a emitir continuos informes para xustificar a baixa, restando tempo de atención aos doentes.

A CGT considera un engano a leva baixada do paro en novembro

O Secretariado Permanente do Comité Confederal fixo público o seguinte comunicado:
  
Prácticamente el 82% de los nuevos contratos son temporales y las contrataciones a jornada parcial han aumentado un 11% entre enero y octubre 2015
Ante los nuevos datos del empleo facilitados por el Gobierno del PP y la utilización que sin duda se va efectuar de los mismos en la campaña electoral que entra en su fase oficial el 4 de diciembre, pero que lleva varios meses ocupando gran espacio en todos los medios, la Confederación General del Trabajo (CGT) quisiera matizar bastante el alcance real de esa nueva estadística facilitada por el Ministerio de Empleo.

23 de novembro de 2015

Cambio climático ou cambio do sistema?

O Secretariado Permanante do Comité Confederal da CGT fixo público o seguinte comunicado:
Parece que a estas alturas del modelo de desarrollo capitalista, hasta el “catedrático-primo de Rajoy” está convencido de que eso del cambio climático va en serio, y que algo habrá que hacer para no “matar a la gallina de los huevos de oro”, mientras no descubran nuevas “colonias en Marte o la Luna con vistas al mar”.

18 de novembro de 2015

Modificación procesos selectivos corpos xerais

O DOG de hoxe modifica as convocatorias, tanto de acceso libre como de promoción interna, para os corpos xerais da Xunta de Galicia. A modificación ven motivada pola publicación de novas leis sobre o procedemento común das administracións públicas e o texto refundido do empregado público. Os interesados teñen un mes para presentar recurso de reposición.

6 de novembro de 2015

29 de outubro de 2015

A CGT denuncia unha nova operación policial contr ao movemento libertario

O Secretariado Permanente da CGT fixo público o seguinte comunicado:
 
Los Mossos d´Esquadra han detenido hoy a 9 personas en ateneos libertarios de Barcelona y Manresa
Durante el día de hoy, 28 de octubre, se han realizado nueve detenciones de personas del entorno anarquista en ateneos y domicilios de los barrios barceloneses de Sants, San Andreu, Gràcia y de la población de Manresa. Según se ha filtrado a los medios de comunicación, estas detenciones y registros efectuados por la policía autónoma catalana se deben a órdenes de la Audiencia Nacional, y se trataría de una nueva fase de represión que continuaría la de las anteriores operaciones Pandora y Piñata, en las que también hubo numerosos detenidos y de las que todavía quedan jóvenes presos o pendientes de juicio.

27 de outubro de 2015

O mercado laboral é un mercado de "Todo a 100"

O Secretariado Permanente da CGT, ante a publicación da Enquisa da Población Activa, ven de facer público o seguinte comunicado:
 
El PP, desde que llega al gobierno en diciembre del 2011, no solo pretende “recuperar la tasa de ganancia del capital”, sino que la recuperación económica, la nominal, la medida solo en décimas de crecimiento sobre el PIB, se hace sobre el robo de salarios, de puestos de trabajo y de prestaciones sociales.
La EPA del III Trimestre casi cierra el ciclo de la legislatura de este gobierno liberticida y, aún siendo una EPA “favorable”, en términos de espejismo de creación de empleo y reducción de parados y paradas (la gran afluencia de turistas en el trimestre, explica el tipo de empleo creado en términos cuantitativos y cualitativos), vuelve dotarnos de una excelente radiografía del dolor, del daño causado en la mayoría social trabajadora, por la acción política de austericidio de gobiernos y políticos corruptos e impunes a la justicia social.

22 de outubro de 2015

O 24 de outubro, tod@ ao Obradoiro


cartaz_dignidade_24OAs Marchas da Dignidade, das que fai parte a CGT de Galicia, chaman a encher o Obradoiro nunha grande mobilización en Compostela, o vindeiro sábado 24 de Outubro. Varias columnas procedentes das diferentes cidades e vilas da Galiza van a confluir na Praza do Obradoiro, arredor das 12 do mediodía. As persoas interesadas poden anotarse nos autobuses e columnas que se están a organizar contactando coas plataformas locais e comarcais das Marchas.

Información loxística:  http://marchasdadignidade.blogspot.com.es/2015/10/informacion-da-loxistica-do-dia-24-no.html

Calendario laboral 2016

O BOE de hoxe publicou a resolución pola que se publica a relación de festas laborais para o ano 2016. As festas de Galicia serán:
  • 1 e 6 de xaneiro
  • 24 e 25 de marzo
  • 17 de maio
  • 24 de xuño
  • 25 de xullo
  • 15 de agosto
  • 12 de outubro
  • 1 de novembro
  • 6 e 8 de decembro

21 de outubro de 2015

Fondo de Acción Social 2014

O DOG de hoxe anuncia a exposición das listaxes definitivas das axudas do fondo de acción social do ano 2014. Estas axudas corresponden á atención de persoas con discapacidade para o persoal da Xunta de Galicia, dado que o resto dos programas foron eliminados polo goberno de Feijóo.
As listaxes poderán consultarse picando aquí e o prazo para recorrer é dun mes.

20 de outubro de 2015

Os accidentes de traballo aumentan un 5,11% no último ano

O Secretariado Permanente do Comité Confederal da CGT fixo público o seguinte comunicado:
 

La CGT denuncia que la mayoría de siniestros laborales los sufren trabajadores en precario (inmigrantes, eventuales, de subcontratas…)

La Confederación General del Trabajo (CGT) considera que la protección de los derechos de los trabajadores y trabajadoras es un deber de los empresarios y de la Administración. La quiebra de este deber de protección se produjo desde el momento en que las administraciones públicas hicieron saltar por los aires las legislaciones laborales que protegían los derechos de las personas trabajadoras, y nos entregaron a los empresarios como “carne de cañón” para la batalla de su competitividad y mejora de resultados.

19 de outubro de 2015

Publicada a recuperación de parte dos días

O DOG de hoxe publica o anuncio da Dirección Xeral da Función Pública pola que se devolven parte dos días laminados polos gobernos. Concretamente, estes días son:
  • Días por asuntos particulares: dous días adicionais ao cumprir o sexto trienio, e un día máis por cada trienio ao cumprir o oitavo
  • Vacacións por antigüidade:
    • 15 anos de servizo - 23 días de vacacións
    • 20 anos de servizo - 24 días de vacacións
    • 25 anos de servizo - 25 días de vacacións
    • 30 anos de servizo - 26 días de vacacións
A pesar desta devolución, non se repón a situación anterior, dado que aínda están por devolver 3 días de asuntos particulares que a Administración da Xunta de Galicia tiña recoñecidos para o seu persoal.

16 de outubro de 2015

Solicitude doutro cacho de paga

A Consellería de Facenda publicou no DOG de hoxe un anuncio para aplicar a devolución do 26,23% da paga extraordinaria retida en nadal de 2012. A devolución será de oficio para quen estea prestando servizos en outubro de 2015. O resto poderá descargar a súa solicitude picando aquí.

30 de setembro de 2015

Os accidentes de traballo aumentan un 5,11% no último ano

Publicamos un comunicado do Secretariado Permanente do Comité Confederal da CGT, por ser de interese xeral:

 
La CGT denuncia que la mayoría de siniestros laborales los sufren trabajadores en precario (inmigrantes, eventuales, de subcontratas…)
La Confederación General del Trabajo (CGT) considera que la protección de los derechos de los trabajadores y trabajadoras es un deber de los empresarios y de la Administración. La quiebra de este deber de protección se produjo desde el momento en que las administraciones públicas hicieron saltar por los aires las legislaciones laborales que protegían los derechos de las personas trabajadoras, y nos entregaron a los empresarios como “carne de cañón” para la batalla de su competitividad y mejora de resultados.

16 de setembro de 2015

Feijóo, ao seu ritmo

A decisión do presidente da Xunta de non aplicar directamente as medidas de recuperación de dereitos para os empregados públicos aprobadas polo goberno central o colocan como o paradigma do talibán recurtador. Foi o primeiro en aplicar os recortes en todo o Estado e, se todo segue así, será o último que devolva os dereitos cercenados. mentres na Administración Central e na Local moitos dereitos xa foron repostos, na Xunta seguemos sendo os paganinis da crise-estafa.

Os dereitos dos que reclamamos a súa devolución son os seguintes:
  • Devolución íntegra da paga de decembro de 2012. A Xunta devolveu, polo momento, o 24,04% e planea devolvela en función dos intereses electorais de Feijóo.

14 de setembro de 2015

O lío do incremento de días de permiso

O BOE do pasado sábado publicou un Real Decreto-lei dentro do que ían una serie de medidas dirixidas aos empregados públicos. Deixando á parte una nova entrega da paga extraordinaria que, no caso de Galicia, virá cando a Feijóo lle veña ben, a norma inclúe a posibilidade do incremento dos días de asuntos particulares e vacacións en función da antigüidade. O texto concreto é o seguinte:
«Artículo 48. Permisos de los funcionarios públicos.
Los funcionarios públicos tendrán los siguientes permisos:
k) Por asuntos particulares, seis días al año.»
Se añade una nueva disposición adicional decimocuarta, con la siguiente redacción: «Disposición adicional decimocuarta. Permiso por asuntos particulares por antigüedad.
Las Administraciones Públicas podrán establecer hasta dos días adicionales de permiso por asuntos particulares al cumplir el sexto trienio, incrementándose, como máximo, en un día adicional por cada trienio cumplido a partir del octavo.»

11 de setembro de 2015

Montoro, de tanto chiscar o ollo, vai quedar chosco

Segundo informacións periodísticas con orixe nun sindicato que, polo visto, ten informacións privilexiadas, van restituir os días adicionais por trienios e por antigüidade que foran roubados aos empregados públicos xunto cos dereitos económicos incautados. Estes días adicionais poderían ser utilizados xa este mesmo ano.
De ser así, a restitución aos traballadores da Xunta sería inmediado, dado que o actual texto da función pública galega garante que os días para os empregados públicos da Xunta serán os mesmos que para a Administración Xeral do estado.
Outra cousa son os cartos da paga extra, onde teremos que agardar aos intereses políticos de Feijóo.
Por certo, esta devolución dos días non restitúe os dereitos incautados, dado que non devolven o valor dos días roubados todos estes anos. Hai que recordar que os días foron negociados a cambio de conxelacións salariais no seu momento.

2 de setembro de 2015

O drama humano das migracións

O Secretariado Permanente do Comité Confederal da CGT fixo público o segunte comunicado, de interese xeral:
    El Mediterráneo ahora es un nuevo mar muerto, una fosa colectiva en la que nadie tiene capacidad de saber a ciencia cierta el número de personas muertas y asesinadas, desde el Estrecho de Gibraltar a Lampedusa, Malta e islas de Grecia, desde los barcos chatarra a los camiones patera. Muertas y asesinadas doblemente: primero por los poderes locales de sus países de origen (guerras, represión, violencia, hambre, etc.), y segundo por las políticas migratorias de asilo y refugio de la U€, que violan tanto legislaciones internacionales como la propia legislación europea sobre derechos humanos, asilo y/o refugio y derechos de los migrantes no comunitarios.

1 de setembro de 2015

Fondo de Acción Social 2014

O DOG de hoxe vend e publicar a resolución da Dirección Xeral da Función Pública pola que se fan públicas as listaxes das axudas aprobadas e denegadas do Fondo de Acción Social de 2014, relativos á atención de persoas con discapacidade para o persoal da Xunta de Galicia.
As listaxes pódense consultar picando nesta ligazón.
Os interesados poden presentar reclamación no prazo de dez días hábiles, que se contarán a partir de mañá.

28 de agosto de 2015

Novas instrucións sobre as enfermidades e outras situacións

A Dirección Xeral da Función Pública publicou na súa web unhas novas intrucións sobre a aplicación dos complementos da incapacidade temporal e nas situacións de maternidade, patenidade, risco durante o embarazo e durante a lactación natural, coa finalidade de de adaptar as anteriores instrucións á Lei 02/2015, do emprego público de Galicia.
Non hai grandes novidades que non soubésemos. O máis destacable -que xa viña na lei- é que, a partir da entrada en vigor daquela, os descontos por IT serán os mesmos, independentemente do número de baixas que o traballador teña no ano, é dicir, que non irán aumentando segundo haxa máis baixas.
Tamén é importante que a consideración de enfermidade grave ven determinada pola relación que figura no anexo das propias instrucións.

20 de agosto de 2015

As pensións de viuvez e de orfandade, en perigo

As declaracións do Secretario de Estado da Seguridade Social, Tomás Burgos, no sentido de que as pensións de vivuez e de orfandade deberían ir a cargo dos presupostos xerais do estado vía impostos, non son inocentes. Non se trata dunha proposta para racionalizar o gasto da Seguridade Social, senón que ten trascendencia que vai moito más alá.
Ao sinalar estas pensións como responsables do déficit do sistema, ábrese unha porta certa a que sexan consideradas, no medio prazo, como pensións non contributivas coas limitacións que estas prestacións teñen: o seu importe anual non está suxeito á norma xeral e, ademáis, a súa percepción é incompatible coa pensión de carácter contributivo.
Ata agora, é posible, cos límites legais, percibir, por exemplo, unha pensión de xubilación e unha de viuvez, pero se estas se converten en non contributivas sería imposible.

7 de agosto de 2015

Cantas veces nos van devolver a paga do 2012?

Feijóo ven de anunciar a devolución, antes de fin de ano, dountro 25% da paga extra expropiada no ano 2012. Segundo o presidente da Xunta, os emrpegados públicos recibiremos uns 400 euros de media, dado que a economía da Xunta vai estupendamente.
A continua reiteración destas noticias por parte dos gobernos de Rajoy e Feijóo en unha burla que roza a indignidade. Facer campaña política e propagandística do asunto é non ter vergoña porque, en definitiva, a incautación da paga foi decisión dos mesmos que agora presentan como unha gran cousa a devolución.
Feijóo esquece, por outro lado, que os empregados da Xunta (e só os da Xunta), levamos desde o ano 2013 coas pagas extraordinarias mermadas polo lado do complemento específico e non hai ningunha perspectiva nin anuncio non xa de recuperación, senón de reposición dos importes previos aos recortes. Remataremos así o ano 2015 con 6 pagas extraordinarias consecutivas capadas.

31 de xullo de 2015

Acadamos as máis altas cotas da miseria

O goberno de Rajoy anunciou a suba do 1% nas retribucións dos empregados públicos a toda mecha. Os medios xa se encargaron de espallar a nova e todos contentos. Poucos fan a conta de que, coa suba, cobramos menos (moito menos) que no ano 2010, ano no que se rebaixaron os soldos un 5%, sen contar que non houbo subas nos anos seguintes.
Por outro lado, anunciase a devolución, aínda a prazos, da paga extra de decembro de 2012. Esta devolución obriga só á Admnistración Central, quedando a devolución do goberno galego a expensas dos seu propios intereses electorais. No caso de Feijóo, permanece mudo ante a redución, propia de Galicia, dos específicos nas pagas extras.
Tamén falan da devolución dun día por asuntos particulares ata chegar a tres. E tamén do reintegro de 3 días por antigüidade, sen especificar se son este ano ou non. Neste caso, só está garantido o día de asuntos particulares, pero é de esperar a aplicación tamén en Galicia dos días por antigüidade.

23 de xullo de 2015

O timo do IRPF

Están a piques de chegar as nóminas do mes de xullo e nelas observaremos o penúltimo timo do goberno de turno. Hai un mes, o inefable Rajoy anuncióu, con toda a parafernalia, unha rebaixa no IRPF a partir deste mes. Esta rebaixa ía supoñer uns 20 euros ao mes de media.
Pois ben: a rebaixa xa está aquí: á maioría dos empregados públicos non só non lles supón, nin de lonxe esta cantidade, senón que, ademáis, a rebaixa ten trampa. Como se aplica desde o 1 de xaneiro, nos meses que faltan ata fin de ano estanse facendo uns descontos superiores para compensar o xa pagado entre os meses de xaneiro e xuño. Isto suporá que, aínda que non houbese suba para o ano que ve, o desconto a conta do IRPF, volverá subir ao chegar o próximo xaneiro.
Fiar das verbas dos políticos é dunha inxenuidade palmaria. Facerlles caso en tempos electorais é xa estúpido.

22 de xullo de 2015

Instrucións para os descontos de IT

O directos xeral da Función Pública aprobou a modificación das instrucións sobre os descontos de IT dos empregados públicos que xa foran aprobadas en maio de 2012. Esta modificación ten como principais novidades a equiparación de todas as baixas (non existen diferencias entre a primera e o resto das baixas) e a publicación do listado de enfermidades graves que non serán obxecto de desconto ningún.

A voltas coa produtividade e a eficacia

Volve Beteta, o Secretario de Estado das Administracións Públicas, no medio das conversas sobre as condicións de traballo do ano 2016, á carga coa presunta necesidade de premiar aos empregados públicos que sexan eficientes e traballen ben, e en función da consecución de obxectivos. Non faltará quen se sume a aplaudir esta medida, pensando que así os que máis traballen cobrarán máis que os presuntamente vagos e deixados.
En primeiro lugar, queremos recordar que a lexislación actual ten suficientes mecanismos para vixilar o cumprimento das súas obrigas por parte dos empregados públicos e que, se non se poñen en marcha, é por puro desinterés da propia administración.
En segundo lugar, ningún garante que a asignación de obxectivos, e a súa avaliación, sexa xusta e razonable. En ningunha organización empresarial -e o criterio de cumprimento de obxectivos ten mási que ver coa empresa privada que coa Administración Pública- os obxectivos son doados de conseguir. Con toda seguridade, os incentivos económicos o serán para un mínimo número de persoas, e con criterios que terán que ver máis coa arbitrariedade que coa xustiza.

17 de xullo de 2015

Que se vai negociar en Madrid?

Andan estes días en pleno balbordo preelectoral negociando en Madrid as condicións salariais e de traballo dos empregados públicos. Como as cousas "xa están mellor", segundo os políticos deste inicuo goberno, poderá haber subida salarial, ademáis da recuperación da paga extra e dos días moscosos e canosos. Jauja vai ser isto!
Pois aos negociadores polas dúas partes, querémoslles recordar o seguinte:
  • A suba que se está barallando -entre o 0,5 e o 1,5 %- é totalmente insuficiente, tendo en conta que, nos últimos 5 anos, os empregados públicos perdemos más do 25% de capacidade de compra
  • A recuperación da paga extra non é ningunha concesión, é un dereito que chegaron a recoñecer por lei. Por outro lado, que o estado faga a devolución ata o 75% non garante que Feijóo faga o mesmo. Só temos que ter en conta que, na Administración Central, xa hai dous anos que recuperaron as pagas completas mentras que en Galicia continúan capadas.

16 de xullo de 2015

Normas sobre vacacións, licenzas e permisos

A Dirección Xeral da Función Pública fixo pública a modificación das instrucións sobre o réxime de vacacións, permisos e licenzas adaptadas á Lei de emprego público de Galicia. Esta resolución modifica a anterior, do 12 de marzo de 2012 (DOG do día 20), polo que haberá que manexar as dúas resolucións ata que sexa público un texto consolidado.

15 de xullo de 2015

Temarios

A Escola Galega de Administracións Pública publicou os temarios de varios procesos selectivos, entre eles os de corpos xerais. Os interesados poden picar aquí.

10 de xullo de 2015

PP e PSOE xuntos polo libre comercio

 O Secretariado Permanente do Comité Confederal da CGT fixo o seguinte comunicado, de interese xeral:
El 8 de julio, la gran coalición formada por los partidos popular y socialista europeo ha dado luz verde a las negociaciones del Tratado Transatlántico de Comercio e Inversión entre Estado Unidos y la Unión Europea (TTIP), así como a la inclusión del controvertido mecanismo de resolución de controversias entre inversores y estados, ISDS.

2 de xullo de 2015

Estamos ata os cumios de electoralismo

Os empregados públicos seguimos sendo os bonecos dos políticos de turno, que nos utilizan ao seu antollo e nos levan e traen atendendo aos seus intereses.
Durante o último mes o goberno de Rajoy está lanzando noticias e globos-sonda sobre a posible devolución, durante este ano, non só doutra parte da paga extraordinaria incautada no ano 2012, senón incluso de días de libranza. A CGT considera que esta manipulación é unha falta de respecto aos empregados públicos e que debe cesar, dunha vez por todas, a súa utilización electoralista. Non só nos deixan sen paga e sen dereitos, senón que pretenden sacar beneficio político desta situación.
A CGT reclama que se devolva de inmediato a paga extraordinaria e os dereitos perdidos durante estes anos. Porque a dignidade non pode ser negociada.

19 de xuño de 2015

Liberdade para Alfon


O Secretariado Permanente da CGT, ante a condea a 4 anos de cadea a Alfon, fixo público o seguinte comunicado, de interese xeral:
Ayer día 17 de Junio, alrededor de las 22 horas, ha sido detenido Alfonso Fernández Ortega, joven vallecano de 22 años más conocido como “Alfon”. La detención se produce como consecuencia de la ratificación por el Tribunal Supremo de la condena a 4 años de prisión que dictó la Audiencia Provincial de Madrid, por llevar un supuesto explosivo con la única prueba de la palabra de la policía, cuando acudía a un piquete de su barrio durante la jornada de huelga general a nivel europeo del 14 de Noviembre de 2012.

O senvergoña do gobernados do Banco de España chama aos xoves a aforrar

Linde, o gobernador do Banco de España, fixo un chamamento para que os xoves aforren, porque as pesnións do futuro van ser inferiores ás actuais.
Non nos podemos acostumar que personaxes coma estes sigan humillando aos traballadores, neste caso os máis novos, con propostas e ocorrencias coma esta. Cunha taxa de para entre a xuventude de máis do 50%, facer un chamamento ao aforro parece máis o resultado dunha fantasía sádica que a reflexión dunha persoa decente.
Este paxaro, sempre disposto a apoiar aos poderosos e a defender as medidas de recorte aos máis desfavorecidos, cobra mási de 180.000 euros anuais e se subíu, este ano, o soldo en máis dun 5%. Está craro que as receitas son para os demáis, non para el e os seun amigos.

18 de xuño de 2015

Convocadas as oposicións e a promoción interna

O DOG de hoxe publica as Ordes polas que se convocan os procesos selectivos e a posición interna dos corpos xerais da Xunta de Galicia.
  • Corpo auxiliar libre (C2), 44 prazas
  • Corpo administrativo libre (C1), 20 prazas
  • Corpo de xestión libre (A2), 10 prazas
  • Corpo superior libre e promoción interna (A1), 15 prazas
  • Corpo administrativo promoción interna (C1), 80 prazas
  • Corpo auxiliar promoción interna (C2), 150 prazas
  • Corpo de lestión promoción interna (A2), 40 prazas
  • Corpo superior promoción interna (A1), 50 prazas
O prazo para a presentación de solicitudes é de 20 días naturais contados a partir de mañá, é dicir, que remata o 8 de xullo.

10 de xuño de 2015

Xa están as instrucións sobre o horario de verán

Todo o persoal debeu recibir no correo electrónico as instrucións de Función Pública referidas ao horario de verán de 2015. Esencialemente son como o ano pasado, e dicir, entre o 16 de xuño e o 15 de setembro haberá que realizar 6 horas entre as 8 e as 15. A nota completa, picando aquí.

9 de xuño de 2015

A voracidade do empresariado, insaciable

O presidente do Círculo de Empresarios, Javier Vega de Seoane, propón a redución do Salario Mínimo Interprofesonal para os traballadores xoves, dado que son formados polas empresas. Tamén o Círculo propón a equiparación dos salarios da Administración cos da empresa privada, dado que é "lenta e impredectible". Evidentemente, cando propoñen a equiparación salarial refírense a que baixen as retribucións das administracións, agás as do persoal directivo.
É salientable a capacidade de análise destes lumbreras: o único xeito de que funcione o país é roubarlle aos traballadores o pouco que teñen e acabar cos servizos públicos. O señor Seoane non se lembra do seu paso pola administración, ubre da que mamou moitos anos como presidente do INI ou membro de consellos de administracións de empresas públicas.

Asinado un novo acordo contra os intereses dos traballadores

 
O Secretariado Permanente da CGT fixo público o segunte comunicado, referido á sinatura, o día de onte, dun vergoñento acordo:
UGT y CCOO firman hoy con la patronal un pacto que limita al 1% la subida salarial en 2015, mientras las empresas del IBEX 35 reconocen este año beneficios superiores al 25% de media.
La Confederación General del Trabajo (CGT), ante la firma en el día de hoy (8 de junio) del III Acuerdo para el Empleo y la Negociación Colectiva, que suscribirán las direcciones de los sindicatos UGT y CCOO y las de las organizaciones empresariales CEOE y CEPYME, lamenta que dichos sindicatos se presten otra vez a este tipo de acuerdos que tanto han deteriorado los derechos y las condiciones de la clase trabajadora desde los ya históricos Pactos de la Moncloa, ANE, AMI, AI, Pacto de Toledo, etc., que no sólo han recortado los salarios de los trabajadores sino que han abaratado el despido, precarizado la contratación y retrasado la edad de jubilación, entre otras graves consecuencias.

2 de xuño de 2015

Queren encarcerar a seis traballadores por un conflito laboral de hai 11 anos

 
Ante este novo caso de represión, o Comité Confederal da CGT fixo público o seguinte comunicado:
La Confederación General del Trabajo (CGT) quiere manifestar públicamente su apoyo total a los seis trabajadores y trabajadoras cuya causa se verá el próximo 9 de julio en el Juzgado de lo Penal nº 2 de Tarragona, por su participación activa en la defensa de todos los puestos de trabajo durante un conflicto que se desató para evitar el cierre de la empresa Expert Polymere, situada en el municipio de l´Arboç (Tarragona / Baix Penedès) en el año 2004.

27 de maio de 2015

A CGT denuncia o incremento da represión contra os movementos sociais e o sindicalismo combativo

 
O Secretariado Permanente do Comité Confederal da CGT ven de facer público o segunte comunciado, que pasamos a reproducir polo seu interese xeral:

La operación “Araña”, las multas a manifestantes en Valencia y otras ciudades o la prohibición de manifestaciones públicas no son más que algunas muestras de los ataques a la libertad de expresión que se incrementarán con la entrada en vigor de la llamada “Ley Mordaza”.

20 de maio de 2015

Publicado o concurso xeral

O DOG de hoxe publica a convocatoria do concurso de traslados xeral para o persoal da Xunta de Galicia. Os interesados poderán presentar as solicitudes iniciais desde mañá ata o día 8 de xuño de 2015. A partir de aí, poderase seguir o proceso entrando na páxina de Función Pública.
A principal novidade deste concurso é que os solicitantes poderán pedir as posibles prazas de resultas por orden de preferencia.
Sorte!

13 de maio de 2015

Reclamación da 2ª parte da extra do 2012

O DOG de hoxe publicou un anuncio que indica como se recupera a segunda parte da paga extra incautada en decembro de 2012. Tamén contén un modelo de solicitude para aqueles que a teñan que reclamar.

12 de maio de 2015

Outro cacho de paga extra

No mes de maio a Xunta devolverá outra parte da paga extra que fora incautada en decembro de 2012, segundo se estableceu na Lei de emprego público de Galicia, recentemente aprobada.
A contía do que se vai devolver corresponderá ao 24,04 % dos importes deixados de percibir no seu momento (44 días de 183), do que hai que deducir o devolto ata o de agora. Isto supón un cambio de criterio fronte a devolución anterior, que estaba baseada no concepto de devengo, diferente segundo se fose funcionario ou laboral e distinto segundo o concepto retributivo entre os funcionarios.
A devolución farase de xeito automático no último destino do persoal, tendo en conta que os que non estean prestando servizo no momento do pago deberán solicitar a devolución correspondente.
Por último, recordamos que o que se perciba en concepto de recuperación contará, para os efectos do IRPF, como retribucións do ano 2015.

Novos cursos

A EGAP convoca, no DOG de hoxe, novos cursos de formación para o persoal da Xunta de Galicia. O prazo de presentación de solicitudes, por vía telemática, é de dez días naturais contados a partir de mañá.

4 de maio de 2015

Devolución da extra. Segunda volta

A disposición adicional décimo segunda da Lei do emprego público de Galicia dispón a devolución da paga extra incautada no ano 2012 ata acadar os 44 días devengados no seu momento. Isto significa que os que cobren os importes completos percibirán menos cartos que en xaneiro. Isto é debido a que en xaneiro pagaron casi 23 días e restan 21 para esta segunda volta.
Tampouco sabemos cando van pagar. No seu momento dixeran abril, pero aló vai. Agora se verá se é en maio, dado que a Lei do emprego público entra en vigor aínda dentro de 20 días.

As medidas de seguridade de Amtega

A semana pasada, un ramsomware atacou a rede informática da Xunta, provocando a encriptación de numerosos arquivos, a maioría deles das carpetas compartidas.
Amtega, da que depende a seguridade informática do sistema, manifestou publicamente que toda a información foi recuperada e que os sistemas de seguridade funcionarion perfectamente. Nada máis lonxe da verdade que o manifestado por Amtega. A realidade foi a seguinte.
  1. O sistema no foi capaz de detectar o virus informático, a pesar de que estivo máis de 24 horas estendéndose por toda a rede da Xunta, e a pesar tamén de que se trataba dun virus sobradamente coñecido. Non funcionaron os presuntos sistemas de seguridade.
  2. A máxima medida de seguridade adoptada foi a distribución dunha ridícula mensaxe na que se alertaba do virus, confiando en que, dos milleiros de traballadores da Xunta, ningún abrira un mensaxe de correo malicioso. Con isto se intentou trasladar ao propio persoal da Xunta as responsabilidades de Amtega sobre a seguridade.

Lei do emprego público de Galicia

O DOG de hoxe publicou o texto da Lei do emprego público de Galicia, que substitúe á lexislación autonómica sobre función pública. 191 páxinas de normativa, da que iremos dando conta nos próximos tempos.

29 de abril de 2015

Lei do emprego público

O Parlamento Galego apreobou onte a Lei do emprego público de Galicia, unha norma que ven a substituír a antiga lei da Función Pública.
Xa analisaremos polo miúdo, pero podemos avanzar que esta lei é a lei da arbitrariedade e a de colocar aos empregados públicos, mediante a figura da "avaliación do desempeño", aos pés dos cabalos.
Por outro lado, non nos esquecemos que esta lei é a adaptación galega do Estatuto Básico do Empregado Público, promovido no seu momento polo PSOE e avalado polos sindicatos maioritarios que agora se queixan iradamente cando se concreta a súa aplicación.
Tamouco nos esquecemos de todo o que nos roubou este goberno e non admitimos que miserentas esmolas se nos presenten, polos seus voceiros da prensa, como "recuperacións" ou "conquistas" de poder adquisitivo e dereitos.

27 de abril de 2015

EPA do primeiro trimestre de 2015

“El sufrimiento que padecen las personas, la mayoría social, por culpa de la gran estafa de los poderes económicos y políticos”

O Secretariado Permanente do Comité Confederal ven de facer público este comunicado:
La EPA correspondiente al primer trimestre del 2015, no hace sino pinchar el “globo mediático de los poderosos (políticos, empresarios, FMI, Comisión Europea y BCE) sobre la recuperación y salida de la crisis, debido a las políticas suicidas y criminales de recortes y robos”.
La ocupación (personas con empleo) desciende en 114.300 personas es decir, se destruye empleo, situándose el total de ocupados y ocupadas en 17.454.800 personas. El sector privado ha bajado la ocupación en 143.500 personas y el público la ha aumentado en 29.200.

22 de abril de 2015

Cursos

o DOG de hoxe publica a convocatoria de novos cursos de formación para o persoal da Xunta de Galicia. As persoas interesadas deberán matricularse picando nesta ligazón, no prazo de dez días naturais que deberán contarse a partir de mañá.

20 de abril de 2015

Manifestacións Primeiro de Maio

Este Primeiro de Maio, a CGT volverá sair ás rúas, reafirmando a súa pertenza á clase obreira e reivindicando a necesidade de combater e derrubar este noxento sistema capitalista desapiadado e voraz. As manifestacións previstas son as seguintes:
  • A Coruña: 12:30 horas na Praza de Pontevedra. Participan, entre outros: CGT, CUT e SE.
  • Ourense: 11:45 horas na rúa Rei Soto. Participan, entro outros: CGT, CNT, SF, CUT e CEL.
  • Pontevedra: 13:00 horas na Praza da Ferrería. Participan, entre outros: CGT e CNT.
  • Vigo: 11:00 horas na Praza de Fernando o Católico. Participan, entr outros: CGT, CNT, CUT, SF, STEG, SE e SX.

19 de marzo de 2015

Cursos de idiomas para o persoal da Xunta

O DOG de hoxe publica a resolución da EGAP pola que se convocan cursos de idiomas (inglés, francés e portugués) para o persoal da Xunta de Galicia. A convocatoria prevé cursos tanto presenciais como en teleformación, pero os cursos de inglés só son presenciais e todos en Compostela.
O prazo de inscrición é de 10 días naturais contados a partir de mañá e a matrícula deberá facerse picando aquí.

18 de marzo de 2015

Fondo de acción social 2014

O DOG de hoxe publica os criterios para a repartición do Fondo de Acción Social do ano 2014 no programa de axudas a persoas con discapacidade. Este é a única axuda que queda desde que Feijóo laminou o fondo.
As solicitudes faránse a través da páxina http://www.xunta.es/dxfp/fas.htm, imprimiranse e presentaranse nas unidades de persoal no prazo de 20 días hábiles contados desde a publicación.

10 de marzo de 2015

Oferta pública de emprego 2015

 O DOG de hoxe publica a oferta pública de emprego para o ano 2015. Novamente o interese propagandístico é o que prima nesta oferta. Mestúranse nela todo tipo de situacións (ofertas xerais, prazas reservadas a procesos de consolidación, promoción interna...) para ocultar que é, outra vez, unha oferta cativa que continúa profundizando no desmantelamente dos servizos públicos ao cubrirse só o 50 % das vacantes que se produciron no período (porcentaxe que non ten en conta as xubilacións e amortizacións de centos de prazas).
En canto á promoción interna, non cubre mínimamente as aspiracións do persoal, que ven a súa carreira profesional mediatizada por un colar de botella permanente.

9 de marzo de 2015

Os traballos forzados no franquismo, no Parlamento Europeo

Reproducimos o comunicado do Secretariado Permanente do Comité Confederal da CGT, por ser de interese xeral:
Los trabajos forzados a los que se vieron sometidos los presos del franquismo, han sido denunciados ante el parlamento europeo. Dentro de la delegación de CeAqua que asistió a la sede de Bruselas para denunciar el comportamiento del estado español ante la investigación de los crímenes del franquismo. Los delitos denunciados tienen la calificación de delitos de lesa humanidad y por tanto imprescriptibles y amparados por la justicia universal.

O paro no mes de febreiro

Tras a publicación das cifras de paro do mes de febreiro pasado, o Secrtariado Permanente do Comité Confederal da CGT ven de facer público o comunicado seguinte:
“El paro registrado en los Servicios Públicos de Empleo (SEPE), no baja de 4,5 millones, a la vez que la tasa de cobertura por desempleo cae hasta el 52%. Los empleos que se crean son el 92% temporales, por horas, de aprendizaje, de prácticas y de formación…”basura laboral”. No tienen ninguna vergüenza en decirnos que “la crisis se ha terminado”.
Tanto los empleos creados (13.500), como la afiliación a la Seguridad Social (97.000), sólo obedecen a dos factores: sigue cayendo el número de personas de la población activa, bien por migraciones (la mayoría), bien porque simplemente dejan de constar como demandantes de empleo.

6 de marzo de 2015

A oferta pública de emprego, outra vez

A prensa afín a Feijóo ven de publicar, por enésima vez, que a oferta de emprego da Xunta de Galicia será extraordinaria, a maior desde o ano 2009 e "catro veces máis que a de 2014". En ano electoral, a propaganda de todo tipo é importantísima e enganar ao persoal é o obxectivo dos profesionais do timo.
A realidade é sinxela: desde o ano 2010 a oferta de emprego ven sendo a reposición do 10 % das vacantas que se vaian producindo. Este ano electoral, a taxa de reposición será do 50 %, pero aínda así non se cubrirán máis que a metade do persoal que saia da administración autonómica. O desmantelamento e os recortes seguen producíndose.
Só a desfachatez dos gobernantes e a falta de ética periodística poden vender como marabilloso un novo recorte, aínda que o recorte sexa menor que o de outros anos.

4 de marzo de 2015

Tito Alberto daranos outro caramelo en abril

Se todo vai como está previsto, a Xunta de Feijóo devolverá outra parte da paga extra incautada en decembro de 2010. Á espera de velo escrito na próxima lexislación da función pública galega, seica que os improtes serán iguais que os devoltos o pasado xaneiro: a metade do devendicado no seu momento, segundo se sexa funcionario ou laboral. A este ritmo, chegaremos a 2018 para conseguir recuperalo todo, e con conxelacións salariais por diante.
O máis noxento de todo é que a devolución se fará xusto antes das eleccións municipais, intentando influír nun voto que os ten preocupados.
Nós, pola nosa parte, seguimos berrando ¡queremos os nosos cartos, todos e por xunto!

24 de febreiro de 2015

Manifestacións das Marchas da Dignidade en Galicia

A Plataforma Galega polas Marchas da Dignidade, na que se integra a CGT de Galicia, ten convocado para o vindeiro 25 de febreiro, mércores, manifestacións nas principais cidades galegas para chamar á toda a poboación a apoiar e participar nas Marchas que o 21 de marzo confluirán na cidade de Madrid para reclamar pan, traballo e teito.
    cartel-21m
  • En Ferrol, a manifestación partirá do Monumento ao 10 de Marzo, ás 18:30 horas.
  • Na Coruña, saída da manifestación dende a Praza de Portugal, ás 20 horas.
  • En Lugo, a manifestación sairá ás 20 horas dende a explanada do Edificio Multiusos da Xunta.

A CGT rexeita a nova reforma da lei do aborto

A Secretaría da Muller da CGT ven de facer público o seguinte comunicado:

Tras la retirada hace meses de la contrarreforma de la ley del aborto auspiciada por el ministro Gallardón, en este año electoral 2015, el gobierno vuelve al ataque y en esta ocasión arremete contra el derecho a decidir de las mujeres de 16 y 17 años recogido en el apartado 4 del artículo 13 de la actual ley del aborto 2/2010, negándoles el ejercicio del derecho a decidir libremente sobre su maternidad, debiendo contar con el consentimiento de sus representantes legales, familia/tutores para poder ejercer dicho derecho.
El gobierno ha utilizado una estratagema legal para acelerar al máximo los tiempos y que esta reforma exprés se pueda aprobar antes del verano o como máximo antes de que acabe esta legislatura. Para ello, ha sido el grupo parlamentario del PP quien ha registrado el texto de la

6 de febreiro de 2015

A propaganda de novo

O Gabinete de Propaganda de Feijóo ven de anunicar, a bombo e platillo, a nova oferta pública de emprego da Xunta de Galicia, poñéndoa polas nubes. Se ben é certo que é unha oferta superior a de otros anos, tamén é verdade que volve haber recortes nas prazas, ao fixarse a taxa de reposición no 50 %.
Só esta panda de desafogados poden vender como marabilloso un recorte. Non teñen vergoña.

A recuperación de Rajoy


O Secretariado Permanente da CGT ven de facer o seguinte comunicado:

CGT denuncia la gran estafa que el gobierno del PP y la Troika están llevando a cabo desde el inicio de la “gran crisis”, a costa de la mayoría social, a la cual se les deja morir por no poder pagar un medicamento, como en los casos de la hepatitis C.
CGT denuncia que hay cientos de miles de personas, migrantes, a las cuales se les niega la asistencia sanitaria, muertes producidas por no tener personas profesionales formadas y suficientes en las Urgencias, miles de personas desahuciadas de sus casas, millones de trabajadores y trabajadoras sin ningún tipo de protección, por estar paradas en contra de su voluntad.

3 de febreiro de 2015

Cursos 2015

O DOG de hoxe publica o Plan de Formación da EGAP para o ano 2015. O prazo de inscrición é de 10 días naturais contados desde o día seguinte á publicación (do 4 ao 13 de febreiro) e haberá que facelo na páxina electrónica da web da EGAP.

2 de febreiro de 2015

Recoñecementos médicos



No DOG do día 2 de febreiro publicouse o anuncio para inscribirse para os recoñecementos médicos do ano 2015. O prazo de inscrición é de 30 días naturais desde o día seguinte á publicación da resolución, é dicir, entre o 3 de febreiro e o 4 de marzo.

A inscrición será telemática e, para facela, haberá que picar na ligazón na páxina web de Prevención de Riscos.

23 de xaneiro de 2015

EPA 2014

 
 O Secretariado Permanente do Comité Confederal da CGT ven de facer público o segunte comunicado, que reproducimos:

La desesperación de las personas paradas, precarias y ninguneadas en sus derechos laborales y el pisoteo de la dignidad humana por parte del Gobierno

Las personas paradas contra su voluntad, desahuciadas de sus empleos por la violencia de los actos unilaterales de los empresarios, siguen siendo 5.457.700 a finales de 2014.
Demasiada desesperación como para soportar la burla de los mensajes “del país de las maravillas de Rajoy” y de la troika (FMI, BCE y Comisión Europea), que auguran para el Estado Español el mayor crecimiento del mundo de la economía para el 2015, conjuntamente con EEUU.

19 de xaneiro de 2015

A devolución da paga, un desbaraxuste

A contradición entre a Lei de orzamentos de 2015 e as instrucións remitidas ás habilitacións está a provocar o desconcerto e a confusión. Mentres que a Lei di que os que tiveran cambiado de destino por concurso teñen que pedir unha certificación das cantidades deixadas de percibir no departamento de orixe para reclamar no de destino, nas instrucións non din nada disto. Con esta contradición, cada habilitación está facendo o que mellor entende, provocando enfados innecesarios e peregrinaxes dos traballadores polas distintas habilitacións.
Como o pagamento da maioría da xente se fará de oficio a fins de xaneiro e que os que reclamen agora non percibirán nada en xaneiro se non están incluidos na devolución de oficio, o consello da CGT para os que cambiasen de posto por concurso é que agarden a ver se cobran en xaneiro. Se cobran, perfecto; se non cobran deberán reclamar poñéndose en contacto coa habilitación correspondente. Ninguén cobrará en xaneiro por reclamar antes.

12 de xaneiro de 2015

A Lei de Mutuas, unha arma de destrución masiva

Ante a publicación da Lei 35/2014, de Mutuas patronais, o Secretariado permanente da CGT ven de facer público o seguinte comunicado:

El Gobierno, enemigo número uno de los derechos de los trabajadores y trabajadoras, vuelve a mostrar el más absoluto desprecio hacia uno de los derechos esenciales de la vida: la salud, en este caso la salud laboral, la cual se convierte en un artículo de lujo y, por consiguiente, privativo de las clases altas y poderosas (mundo empresarial, político, altas direcciones y ejecutivas).
La Ley se constituye sobre dos principios, absolutamente opuestos al principio de garantizar siempre la salud:
Primero: Conciben a las personas trabajadoras enfermas por el hecho de trabajar, como auténticas delincuentes, las cuales son siempre presumiblemente sospechosas de cometer fraude, intentando escaquearse de su obligación de trabajar.

9 de xaneiro de 2015

O pagamento do 12,5% da extra, en xaneiro

Xa se recibiron nas habilitacións as instrucións para o pagamento da chamada "Recuperación da paga extraordinaria e adicional de decembro de 2012". Estas instrucións din literalmente:
"As contías correspondentes á recuperación da paga extraordinaria e adicional do mes de decembro de 2012 previstas na disposición adicional décimo sétima da lei 11/2014, acreditaranse na nómina ordinaria do mes de xaneiro de 2015, agás para aqueles empregados para os que a habilitación correspondente non dispoña da totalidade dos elementos formais necesarios, acreditándose nestes casos na primeira nómina na que sexa posible. O literal que figurará nos recibos de nómina coincidirá co expresado na lei e será o seguinte "Recuperación da paga extraordinaria e adicional de decembro de 2012"."

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo