A Dirección Xeral da Función Pública xa emitiu a nota informativa habitual sobre o horario de verán, na que non hai novidades sobre os anos anteriores. Ao mesmo tempo, publicou unha nota aclaratoria na que confirma que o persoal con xornada reducida, xornadas especiais ou traballo a quendas non ten dereito a xornada de verán.
Á CGT parécelle unha discriminación inxustificada esta situación e reclama, se non é posible unha adaptación a estes colectivos á xornada de verán, que se lles compense o horario durante o ano. É o menos que se pode facer.
Amosando publicacións coa etiqueta Horarios b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Horarios b>. Amosar todas as publicacións
15 de xuño de 2018
9 de marzo de 2018
Sobre a suba salarial
Parece que está a piques de asinarse, por parte dos sindicatos habituais, o acordo da suba salarial dos empregados públicos para os próximos tres anos. Intentamos aquí explicar os puntos do acordo, sempre a expensas de que non haxa cambios na asinatura final:a) As retribucións subirán nun tramo fixo un 1,75% este ano, un 2.25% o ano 2019 e un 2% no ano 2020.
b) Haberá un tramo variable en función do Produto Interior Bruto. Se se mantén dentro do fixado por Bruxelas, habería unha suba do 0,25% o ano 2019 e o 1% o ano 2020.
12 de febreiro de 2018
Como case cada ano, o paternal goberno da Xunta publicou unha nota, pola que se modifica a xornada de traballo dos días 13 e 14 de febreiro. Como sempre tamén, os que xa teñen como festivo o día 13 son discriminados e redúceselles menos o tempo de traballo.
¡Qué buenas son las madres teresianas...!
¡Qué buenas son las madres teresianas...!
12 de xuño de 2017
Normas para a xornada de verán
Fíxose epública a nota informativa de Función Pública sobre a xornada de verán deste ano. Esencialmente é igual que o ano pasado: do 16 de xuño ao 15 de setembro, seis horas entre as 08:00 e as 15:00, e normas para especiais para conciliación e para computar os excesos de xornada dos meses de maio e xuño.
24 de febreiro de 2017
Horario especial para o Entroido
A Xunta de Galicia ven de facer público un aviso polo que se establece un horario especial polo Entroido, para os días 28 de febreiro e 1 de marzo.
Resumindo, redúcese o horario unha e hora e cuarto cada un deses dous días, adaptándose a redución a cada situación, segundo se teña flexibilidade, conciliación ou horario fixo.
O paternalismo en acción.
Resumindo, redúcese o horario unha e hora e cuarto cada un deses dous días, adaptándose a redución a cada situación, segundo se teña flexibilidade, conciliación ou horario fixo.
O paternalismo en acción.
19 de decembro de 2016
CGT afirma que a conciliación de horarios é imposible coa actual lexislación laboral
La Confederación General del Trabajo (CGT) se ha posicionado tras el anuncio de la ministra de Empleo, Fátima Báñez, para buscar un Pacto de Estado que logre la conciliación y racionalización de los horarios laborales.
Según la CGT, la "nueva" propuesta de Báñez es otra salida en vacío para llegar a ningún sitio y continuar manteniendo toda la estructura laboral como hasta ahora. La iniciativa, de la que ya hablaron PSOE y PP hace años, es totalmente incompatible con la Reforma Laboral del Partido Popular y que en ningún caso va a estar dispuesto a derogar.
Además, esta medida sería incompatible con el Decreto Ley que permite a las Comunidades Autónomas establecer libremente los horarios laborales en sus territorios. "Tenemos un horario laboral que comienza a las 9 de la mañana y finaliza a las 10 de la noche, ¿cómo se compatibiliza la jornada laboral con la vida personal? Es prácticamente imposible hacerlo", ha comentado Desiderio Martín, Secretario de Formación y Salud Laboral del Comité Confederal de la CGT.
16 de setembro de 2016
Modificada a orde dos horarios
O DOG de hoxe publica unha Orde que modifica a de decembro de 2013 que regulaba a xornada de traballo dos empregados públicos da Xunta de Galicia.Esencialmente, o que cambia esta Orde é que amplía os horarios (tantod e flexibilización como de conciliación) ao incluir o venres pola tarde ata as 20:00 horas, sempre que o centro de traballo poida estar aberto.
15 de xuño de 2016
Xornada de verán 2016
No portal da Dirección xeral da Función pública vense de publicar un aviso relativo á xornada de verán do ano 2016. Esencialmente é o mesmo que o ano pasado: 6 horas de traballo entre as 08:00 e as 15:00 horas entre o 16 de xuño e o 15 de setembro par o persoal que non teña conciliación e 6 horas de traballo dentro do horario autorizado para o persoal que teña conciliación. Os cómputos serán diario ou mensual, respectivamente, segundo sexa o caso de cada un.
Ata o 30 de xuño será posible compensar débeda do mes de maio e ata o 31 de xullo débeda da primeira quincena do mes de xuño.
Ata o 30 de xuño será posible compensar débeda do mes de maio e ata o 31 de xullo débeda da primeira quincena do mes de xuño.
22 de outubro de 2015
Calendario laboral 2016
O BOE de hoxe publicou a resolución pola que se publica a relación de festas laborais para o ano 2016. As festas de Galicia serán:
- 1 e 6 de xaneiro
- 24 e 25 de marzo
- 17 de maio
- 24 de xuño
- 25 de xullo
- 15 de agosto
- 12 de outubro
- 1 de novembro
- 6 e 8 de decembro
16 de setembro de 2015
Feijóo, ao seu ritmo
A decisión do presidente da Xunta de non aplicar directamente as medidas de recuperación de dereitos para os empregados públicos aprobadas polo goberno central o colocan como o paradigma do talibán recurtador. Foi o primeiro en aplicar os recortes en todo o Estado e, se todo segue así, será o último que devolva os dereitos cercenados. mentres na Administración Central e na Local moitos dereitos xa foron repostos, na Xunta seguemos sendo os paganinis da crise-estafa.
Os dereitos dos que reclamamos a súa devolución son os seguintes:
Os dereitos dos que reclamamos a súa devolución son os seguintes:
- Devolución íntegra da paga de decembro de 2012. A Xunta devolveu, polo momento, o 24,04% e planea devolvela en función dos intereses electorais de Feijóo.
10 de xuño de 2015
Xa están as instrucións sobre o horario de verán
Todo o persoal debeu recibir no correo electrónico as instrucións de Función Pública referidas ao horario de verán de 2015. Esencialemente son como o ano pasado, e dicir, entre o 16 de xuño e o 15 de setembro haberá que realizar 6 horas entre as 8 e as 15. A nota completa, picando aquí.
18 de agosto de 2014
Instrucións flexibilidade e teletraballo
No DOG de hoxe publícase unha resolución pola que se establecen normas aclaratorias de diversas cuestións sobre flexibilidade horaria e teletraballo, dadas as dúbidas que, desde distintos ámbitos, se viñan suscitando.
13 de xuño de 2014
Horario de verán
Este ano o horario de verán non se reflicte no DOG. En troques, a Xunta de Galicia publicou a seguinte nota informativa: http://www.xunta.es/funcion-publica/avisos?content=/Portal-Web/Contidos/Avisos/funcion-publica/aviso0025.html
1 de xaneiro de 2014
Horario flexible por fin
O DOG do día 31 de decembro publicou -xa non era sen tempo- a orde que regula a xornada e o horario de traballo, así como a flexibilización e o teletraballo, par ao persoal da Xunta. Na orde establécense distintos tipos de xornada laboral:
- Ordinaria: 37,50 horas á semana
- Especial dedicación: 40 horas semanais
- Verán: entre o 16 e xuño e o 15 de setembro
- Por razóns de conciliación: entre as 7:30 e as 18:30 establecerase, por petición do interesado, un horario de referencia. este horario poderáchegar ás 20:00 (ata xoves) ou 15:00 o venres cando o centro permaneza aberto. Absoluta liberdade para o cumprimento, en cómputo mensual.
8 de outubro de 2013
Xa está ben de propaganda!
O goberno de Feijóo quere aproveitar calquera cousa para utilizala como propaganda das bondades da súa xestión. Así, levan xa un tempo intentando convencer á opinión pública de que, de agora en diante, os empregados da Xunta vivirán moito mellor porque terán os horarios flexibles e poderán traballar nas súas casas.
En canto o do horario flexible, só temos que recordar que é unha reivindicación antiga dos traballadores e que se fai, noutras administracións, case desde hai 20 anos. Somente a cerrazón dos diferentes gobernos sucesivos impediu a implantación dun sistema racional e que non supón ningún deterioro na prestación do servizo público.
En canto o do horario flexible, só temos que recordar que é unha reivindicación antiga dos traballadores e que se fai, noutras administracións, case desde hai 20 anos. Somente a cerrazón dos diferentes gobernos sucesivos impediu a implantación dun sistema racional e que non supón ningún deterioro na prestación do servizo público.
29 de setembro de 2013
Novo borrador xornada e horarios
deuse a coñecer o novo borrador do proxecto sobre xornada e horarios da Xunta de Galicia, que presenta algunhas novidades sobre o anterior. Emporiso, consideramos que aínda pode haber melloras razoables: a redución da parte fixa da xornada, o incremento dos marxes de cortesía ou a posibilidade, como fai a Xunta co persoal da Administración de Xustiza, de incrementar os días de libre disposición se se fai xornada de máis, unha vez descontada a marxe de cortesía. Os interesados poden picar aquí.
5 de setembro de 2013
Novo borrador da orde de horarios
A Xunta presentou un borrador novo da orde de horarios e xornada, que presenta novidades co coñecido anteriormente. Para coñecer o borrador podedes picar aquí.
As notas máis salientables son:
As notas máis salientables son:
- Establécense dous tipos de xornada: 37,5 horas como semana laboral ordinaria e 40 horas para o persoal que teña especial dedicación.
- Consta tamén que haberá xornada de verán entre o 16 de xuño e o 15 de setembro, aínda que sen especificar máis.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
Confederación Xeral do Traballo



