O DOG ven de publicar o anuncio polo que se convoca o concurso de traslados para a Administración Xeral da Xunta.
Quen estea interesado pode facer o trámite electrónico a través do portal da Xunta ( https://portax.xunta.es) ou a través de https://www.xunta.gal/funcion-publica/concurso-de-traslados/, no caso de que a súa situación sexa distinta á situación 1.
Sorte a tod@s!
Amosando publicacións coa etiqueta Convocatorias b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Convocatorias b>. Amosar todas as publicacións
27 de novembro de 2019
29 de abril de 2019
Manifestacións do Primeiro de Maio
A CGT convoca, como todos os anos, manifestacións este Primeiro de Maio nas distintas localidades galegas. Estes son os horarios e percorridos.
- A Coruña: 12:30, desde a Praza de Pontevedra ao Campo da Leña. Participan CGT, CUT e diversos colectivos sociais tras o lema "FRONTE A EXPLOTACIÓN E O SAQUEO, SOLIDARIEDADE E LOITA".
- Pontevedra: 12:00, desde a Rúa Loureiro Crespo a Praza de España, baixo o lema de "SOLIDARIEDADE E LOITA SOCIAL".
- Vigo: 11:00, desde a Praza de Fernando o Católico ata a Porta do Sol. Participan CGT, CUT, PROSAGAP, SF, SE e STEG. Lema: "SEN LOITA NON HAI DEREITOS. CAMIÑANDO CARA A FOLGA XERAL."
- Ourense: Ás 12:00, manifestación desde a Ponte Romana á Praza do Padre Feijóo. Participan CGT e CNT, coa pancarta "XA É HORA DE LOITAR".
Viva o Primeiro de Maio
7 de marzo de 2019
Non participes nos paripés da Xunta. Folga Xeral feminista o 8M!
A Xunta fai un chamamento para que todo o persoal acuda ás concentracións a favor da igualdade diante dos centros de traballo o día 8 de marzo, Día Internacional da Muller. "pola igualdade e contra as discriminacións". "365 días pola iguladade", rematan.
A Xunta de Feijóo actúa como se as súas políticas non tivesen nada que ver na desigualdade actual, coa fenda salarial máis alta de España, por exemplo. Saír á rúa a concentrarse cun grupo de paniaguados e para que os medios de cabeceira os enfoquen ben nas fotos non é loitar pola igualdade e contra a discriminación: é unha burla ás desiguais e as discriminadas.
A CGT ten convocada, según acordou e pedíu o movemento feminista, unha Folga Xeral de 24 horas para o día 8 de marzo, Día Internacional da Muller Traballadora. Unha folga de carácter feminista porque o centro das reivindicacións e o protagonismo é das mulleres. Convoca tamén aos homes porque os avances cara a igualdade son beneficiosos tanto para homes como para mulleres e, ademáis, non renunciamos á solidariedade que nos é propia.
Facemos un chamamento para a participación na folga e nas mobilización que eses días se fagan. Chamamos tamén, consecuentemente, a que non se secunden paripés de carácter político contrarios ao verdadeiro espíritu do día.
Para máis información sobre a Folga Xeral Feminista, pica aquí.

5 de febreiro de 2019
As listaxes da promoción interna, por fin
O DOG de hoxe publica as resolucións polas que sen públicas as listaxes definitivas do proceso para o ingreso, por promoción interna, nos subgrupos C2, C1, A2 e A1. Só tedes que seguir esta ligazón. Sorte a todo o mundo!
26 de xuño de 2018
Cursos
O DOG de hoxe publicou a convocatoria de cursos da EGAP para o persoal da Xunta de Galicia relativos ao segundo trimestre de 2018. As solicitudes poderanse facer no prazo de dez días a partir de mañá, día 27, na ligazón da web da propia EGAP.
28 de maio de 2018
Comunicado ante a mobilización convocada pola CIG o 19 de xuño
Os sindicatos alternativos abaixo asinantes facemos pública
a nosa valoración ao respecto da mobilización convocada pola CIG para o 19 de xuño.
Primeiro: os sindicatos asinantes hai anos que mantemos unha
posición consensuada, froito dos debates conxuntos, pero en pé de igualdade,
sobre a necesidade da convocatoria dunha folga xeral. No entanto concluímos que
a convocatoria da CIG non reúne as condicións e as garantías necesarias para
ser catalogada coma tal polo seguinte:
Unha folga xeral debe ser convocada por unha demanda social
que loxicamente inclúa un traballo previo de contactos entre organizacións
sindicais, colectivos, plataformas e movementos sociais; non poden, polo tanto,
obedecer a decisións dunha parte que substraia a vontade da totalidade. Neste
caso a folga deixa de seren un instrumento da clase traballadora para se
converter no instrumento dunhas siglas.
27 de abril de 2018
Primeiro de Maio en Galicia
A CGT convoca, como todos os anos, manifestacións este Primeiro de Maio nas distintas localidades galegas. Esten son os horarios e percorridos.
- A Coruña: 12:30, desde a Praza de Pontevedra ao Campo da Leña. Participan CGT, CUT, SE e diversos colectivos sociais.
- Pontevedra: 12:45, desde a Praza da Ferrería ata a Sibdelegación do Goberno.
- Vigo: 11:00, desde a Praza de Fernando o Católico ata a Porta do Sol. Participan CGT, CUT, PROSAGAP, SF, SE e STEG.
- Ourense: 11:45, comitiva da CGT entre Rey Soto e a Ponte Vella. Ás 12:00, manifestación desde a Ponte vella á Praza Eugenio Montes. Participan CGT, CUT, CNT, SF, STEG e SAGAP.
Viva o Primeiro de Maio
13 de abril de 2018
Acción social 2017 e escolas infantís para o persoal, no DOG
O DOG de hoxe publica a convocatoria do Fondo de Acción Social do ano 2017 relativo á axuda para persoas con discapacidade. Como desde hai anos, a Xunta segue eliminando o resto de programas do Fondo, un dos grandes recortes do amigo Feijóo. As persoas interesadas deberán presentar a solicitude no prazo de 15 días a través de vía web.
Por outro lado, tamén no DOG convócase o procedemento de adxudicación das prazas para escolas infantís para fillos de persoal da Xunta de Galicia.
Por outro lado, tamén no DOG convócase o procedemento de adxudicación das prazas para escolas infantís para fillos de persoal da Xunta de Galicia.
9 de marzo de 2018
Máis oposicións
No DOG de onte publícanse convocatorias para diversas escalas especiais da Xunta de Galicia. Tamén están as convocatorias para os corpos xerais na quenda de promoción interna.
Para ler as convocatorias, picade aquí.
Para ler as convocatorias, picade aquí.
7 de marzo de 2018
Oposicións no DOG
O DOG de hoxe publica varias convocatorias de oposicións (de corpos xerais, de corpos especiais e de laborais), cada unha con características especiais.
As de corpos xerais convócanse de acceso libre, coa circunstancia de que as prazas que non se cubran da quenda de discapacidade non se acumulará ás primeiras. Polo tanto, estas prazas se perderán e quedarán vacantes.
As de corpos especiais si teñen promoción interna.
No caso dos laborais, as prazas que non se cubran de discapacitados si se engadirán ás prazas xerais.

27 de abril de 2017
Manifestacións do Primeiro de Maio
Este Primeiro de Maio, como ven sendo habitual nos últimos anos, a CGT maniféstase co sindicalismo combativo, en mobilizacións alternativas ao sindicalismo institucionalizado. Para a CGT, o Primeiro de Maio non é un festivo máis, senón o día da autoafirmación como clase, o da concienciación de pertenza á clase obreira.
Este ano, as citas son as seguintes:
Este ano, as citas son as seguintes:
- Pontevedra: 12:45 - da praza da Ferrería á Subdelegación do goberno. Convoca CGT.
- A Coruña: 12:30 - da praza de Pontevedra ao Campo da Leña. Convocan CGT, CUT, STEG, SF e SE.
- Vigo: 11:00 - da praza de Fernando o Católico á praza de Reis. Convocan CGT, CUT, STEG, SE, SF e SX.
- Ourense; 12:00 - da Ponte Romana aos Xardís do Padre Feijóo. Convocan CGT, CUT, CNT, STEG e ST.
17 de xaneiro de 2017
3.000 prazas non chegan a nada
O Conselleiro de Facenda ven de anunciar a creazón de 3.000 prazas de emprego público durante o ano 2017. Estas prazas, segundo Valeriano Martínez, serán creadas para os campos da sanidade, educación e servizos sociais.
Para a CGT, este anuncio, difundido "a bombo y platillo" pola Xunta de Galicia, non é máis que un feito propagandístico. Por un lado, deixa fóra a necesidade aacuciante de persoal nos servizos da Administración Xeral, nos que o deterioro dos servizos é evidente pola escaseza do persoal, e, ademáis, na propia sanidade, educación e servizos sociais, as prazas anunciadas non chegan xustamente, a cubrir a diminución do persoal destas áreas por puro proceso vexetativo, é dicir, non haberá ningunha recuperación do sistema tras anos de eliminación de postos de traballo.

27 de abril de 2016
Primeiro de Maio
A CGT pzrticipa, como todos os anos, en diversas manifestacións e actos en toda Galicia. Ata o de agora, os actos previstos son os seguintes:
- A Coruña. 12:30 - Manifestación con saída na Praza de Pontevedra. Ao remate, no Campo da Leña, actuación do grupo Os Tres Trebóns.
- Pontevedra. 13:00 - Manifestación con saída na Ferrería.
- Vigo. 11:00 - Manifestación con saída na Praza de Fernando o Cattólico.
- Ourense. 11:45 - Manifestación que sairá do local sindical, na rúa Ervedelo, para xuntarse co Bloque Crítico ás 12:30 na Ponte Vella.
18 de febreiro de 2016
Nova Marea Branca o 21 de febreiro
O vindeiro domingo 21 de febreiro, ás 12:30 horas está convocada unha nova Marea Branca
que desta vez poñerá o acento nos incrementos das listas de agarda e
nos procesos de privatización da sanidade a través de tratados
internacionais como o TISA. Como en anteriores ocasión, a CGT
da Coruña chama a continuar a mobilización en defensa da sanidade
pública, participando nesta nova edición da Marea Branca que terá lugar
nas rúas de Santiago (Toural), Pontevedra (peregrina) e A Coruña (Obelisco).18 de novembro de 2015
Modificación procesos selectivos corpos xerais
O DOG de hoxe modifica as convocatorias, tanto de acceso libre como de promoción interna, para os corpos xerais da Xunta de Galicia. A modificación ven motivada pola publicación de novas leis sobre o procedemento común das administracións públicas e o texto refundido do empregado público. Os interesados teñen un mes para presentar recurso de reposición.
6 de novembro de 2015
Listaxes provisorias do concurso
No DOG de hoxe anuncia a publícación das listaxes de admitidos e excluidos no concurso xeral da Xunta de Galicia. Os interesados poden reclamar nun prazo de dez días.
22 de outubro de 2015
O 24 de outubro, tod@ ao Obradoiro
As Marchas da Dignidade, das que fai parte a CGT de Galicia, chaman a encher o Obradoiro nunha grande mobilización en Compostela, o vindeiro sábado 24 de Outubro.
Varias columnas procedentes das diferentes cidades e vilas da Galiza
van a confluir na Praza do Obradoiro, arredor das 12 do mediodía. As persoas interesadas poden anotarse nos autobuses e columnas que se están a organizar contactando coas plataformas locais e comarcais das Marchas.Información loxística: http://marchasdadignidade.blogspot.com.es/2015/10/informacion-da-loxistica-do-dia-24-no.html
16 de setembro de 2015
Feijóo, ao seu ritmo
A decisión do presidente da Xunta de non aplicar directamente as medidas de recuperación de dereitos para os empregados públicos aprobadas polo goberno central o colocan como o paradigma do talibán recurtador. Foi o primeiro en aplicar os recortes en todo o Estado e, se todo segue así, será o último que devolva os dereitos cercenados. mentres na Administración Central e na Local moitos dereitos xa foron repostos, na Xunta seguemos sendo os paganinis da crise-estafa.
Os dereitos dos que reclamamos a súa devolución son os seguintes:
Os dereitos dos que reclamamos a súa devolución son os seguintes:
- Devolución íntegra da paga de decembro de 2012. A Xunta devolveu, polo momento, o 24,04% e planea devolvela en función dos intereses electorais de Feijóo.
18 de xuño de 2015
Convocadas as oposicións e a promoción interna
O DOG de hoxe publica as Ordes polas que se convocan os procesos selectivos e a posición interna dos corpos xerais da Xunta de Galicia.
- Corpo auxiliar libre (C2), 44 prazas
- Corpo administrativo libre (C1), 20 prazas
- Corpo de xestión libre (A2), 10 prazas
- Corpo superior libre e promoción interna (A1), 15 prazas
- Corpo administrativo promoción interna (C1), 80 prazas
- Corpo auxiliar promoción interna (C2), 150 prazas
- Corpo de lestión promoción interna (A2), 40 prazas
- Corpo superior promoción interna (A1), 50 prazas
20 de maio de 2015
Publicado o concurso xeral
O DOG de hoxe publica a convocatoria do concurso de traslados xeral para o persoal da Xunta de Galicia. Os interesados poderán presentar as solicitudes iniciais desde mañá ata o día 8 de xuño de 2015. A partir de aí, poderase seguir o proceso entrando na páxina de Función Pública.
A principal novidade deste concurso é que os solicitantes poderán pedir as posibles prazas de resultas por orden de preferencia.
Sorte!
A principal novidade deste concurso é que os solicitantes poderán pedir as posibles prazas de resultas por orden de preferencia.
Sorte!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
Confederación Xeral do Traballo