31 de decembro de 2008

Presupostos da Xunta

No DOG de hoxe publícase a Lei de orzamentos xerais de Galicia para o ano 2009. Nela recóllese a suba das retribucións nun 2% e o cumprimento do acordo sobre as pagas extras (1% da masa salarial).

19 de decembro de 2008

Puntos da promoción interna ao grupo D

Hoxe publícase no DOG a resolución do tribunal pola que se fai pública a baremación da fase de concurso da promoción interna ao grupo D. Os disconformes teñen dez días hábiles para a presentación das alegacións correspondentes.

10 de decembro de 2008

Romeu e a función pública galega


O conselleiro de Presidencia sae nos medios de comunicación para dar conta dos achádegos que uns supostos "expertos" acaban de facer no tema da función pública. Segundo parece, o ano que ven volverán á carga coa modificación da Lei da Función Pública (esta modificación xa era obrigada cando sacaron a anterior, pero lles corría prisa aprobar, entre outras cousas, o plus para os altos cargos).
Curioso é que os expertos consultados sexan altos cargos do goberno galego, catedráticos das universidades galegas, dirixentes empresariais e representantes da xustiza e da administración local (non din a quen representan, supoñemos que a eles memos), quedan fóra os propios traballadores que, como é sabido, non son "expertos" na cuestión.
E que propoñen estes expertos? Pois propoñen o de sempre: "profesionalización" dos altos cargos (medo da o que quererá dicir esta palabra), incremento das retribucións variables e favorecer aos funcionarios que máis traballen con ascensos (xa temos o dedo caprichoso outra vez en circulación).
E quen fará a avaliación dos funcionarios? Como xa é sabido que os funcionarios non son eficaces, os expertos teñen a solución: crearase unha "axencia" que faga esta labor dun xeito "externalizado". Traducción: crearase un "chiringo" para o amigolo de turno.
Eso si: como o réxime disciplinario do funcionariado é pequeno, aumentarase o "catálogo de actuacións sancionables" da actual lei.
En fin, amigo Romeu. Cada vez mellor.

9 de decembro de 2008

Persoal laboral

No DOG de hoxe publícanse as ordes polas que se nomea persoal fixo da Xunta de Galiccia a aqueles que superaron os procesos selectivos da categoría 001 (camareiro limpador/axudante cociña/pasador de ferro e outras) e da categoría 011 (limpador/fregador e outras) do grupo V do convenio. Tamén sae a resolución pola que se eleva a definitiva a relación de aspirantes aprobados para o ingreso como persoal laboral de xestión administrativa no CIXTEC.

Noraboa a todos e todas.

4 de decembro de 2008

Consolidación de emprego

No DOG de hoxe publícanse varias resolucións da Dirección Xeral da Función Pública pola que se elevan a definitivas as relacións de admitidos e excluidos nos procesos de consolidación de emprego dos subgrupos A1, A2, C1, C2 e agrupación profesional de persoal subalterno. Os excluídos poderán reclamar nun prazo de 10 días.

O DOG informa tamén que as listas se poden consultar na páxina da Xunta, picando aquí.

3 de decembro de 2008

Nomeamento de persoal laboral

No DOG de hoxe publícanse as ordes polas que se nomea persoal laboral da Xunta de Galicia ás persoas que superaron as probas para a categoría 003 do grupo IV (auxiliar de clínica/auxiliar sanitario e outras) e a categoría 002 do grupo V (axudante de traballos e oficios/axudante de albanel e outros).

Noraboa a todos e todas.

1 de decembro de 2008

Promoción interna ao grupo B

Publícase hoxe tamén no DOG a resolución que fai pública a relación de aspirantes que superaron a promoción interna para o grupo B da Xunta de Galicia. Os interesados poden interpoñer un recurso de alzada no prazo de un mes.

Noraboa.

Fondo de acción social 2007

No DOG de hoxe publícase a resolución pola que se anuncia a concesión das axudas do Fondo de Acción Social para o ano 2007 (sí, do 2007, aínda que estamos rematando o 2008). Os interesados poderán interpoñer un recurso de alzada no prazo de un mes.

Para consultar, pódese picar aquí.

27 de novembro de 2008

Normas para as comisións de servizo

Unha resolución do pasado 21 de novembro, venres, da Dirección Xeral da Función Pública ven de modificar as normas para a cobertura de prazas en comisión de servizo. As modificacións a sinalar son as seguintes:
- Elimínase o prazo de 5 días de espera para unha nova comisión.
- Terán preferencia os que traballen no mesmo centro directivo.
- Darase publicidade dos postos na web de Función Pública.

Haberá que estar atentos a que se cumpran os novos criterios.

26 de novembro de 2008

Promoción interna ao grupo C

O DOG de hoxe publica a resolución do tribunal que fai pública a relación dos aspirantes que superaron o proceso de promoción interna ao corpo administrativo da Xunta (grupo C). Hai un mes para facer recurso de alzada.

Noraboa a todos e todas.

24 de novembro de 2008

Laborais

No DOG de hoxe publícase a disposición pola que se nomea persoal laboral fixo a aqueles que superaron o proceso selectivo á categoría 005 (oficial 2ª cociña/cociñeiro/oficial de 2ª) do grupo IV do convenio colectivo da Xunta.

21 de novembro de 2008

Varios no DOG

No DOG de hoxe publícanse, entre outras, as disposicións que nomean persoal fixo da Xunta de Galicia aos aspirantes que superaron as probas de acceso á categoría 065 (oficial 1ª cociña/cociñeiro 1ª e outros) e á 016 (condutor). Tamén se eleva a definitiva as relacións de admitidos no concurso para a escala técnica de inspección turística e e nas escalas superior e técnica de estatísticos da Xunta. Os interesados poden picar aquí.

19 de novembro de 2008

Novas no DOG

No DOG de hoxe publícanse sendas resolucións dos tribunais das oposicións ao grupo A (escala de facultativos a blibiotecas) e grupo B (axentes de extensión pesqueira). Nestas resolucións publícanse as puntuacións do primeiro exercicio e convócase o segundo, dando ademáis un prazo de 10 días para as reclamacións. Tamén se fan públicas as listas definitivas para a cobertura con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral.

Para velas, podedes picar aquí.

18 de novembro de 2008

Asemblea do persoal subalterno da Consellería de Educación na Provincia de Pontevedra

Día: 22 de novembro, sábado
Hora: 11 da mañá
Lugar: Instituto santa Irene de Vigo

Asuntos a tratar:
1.- Accións a tomar para impugnar o Acordo sobre horarios e retribucións asinado polos sindicatos maioritarios.
2.- Que facer mentras non sae a sentenza dun posible contencioso-administrativo?


Convoca: CGT-Administración Pública na Xunta de Galicia

17 de novembro de 2008

Promoción interna

No DOG de hoxe publícanse as puntuacións da fase de concurso da promoción interna para os grupos B e C. Hai un prazo de un mes para presentar un recurso de alzada perante o conselleiro da Presidencia, AA.PP. e Xustiza.

Festas locais 2009

No DOG de hoxe publícanse as festas locais para o ano 2009. Como pasa sempre, haberá, posteriormente, varias correccións de erros.

14 de novembro de 2008

RRPPTT da Consellería de Traballo

No DOG de hoxe publícase o acordo do Consello da Xunta do día 30 de outubro que modifica a relación de postos de traballo da Consellería de Traballo. A modificación consiste na inclusión dos postos de traballo correspondentes ao Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral.

10 de novembro de 2008

Veterinarios

Por fin!... publícase no DOG de hoxe a orde pola que se nomean funcionarios do corpo facultativo da Xunta de Galicia (grupo A), escala de veterinarios, aos que superaron o proceso selectivo convocado mediante a Orde do 29 de decembro de 2004. Noraboa a todos e todas. Xa non era sin tempo!

3 de novembro de 2008

Publicado o V Convenio do persoal laboral

No DOG de hoxe publícase o V Convenio para o persoal laboral da Xunta de Galicia. Pódese descargar picando aquí.

31 de outubro de 2008

Calidade e ascensos

Xa andan inventado os políticos como seguir utilizando o dedo designador; o máis moderno e o da avaliación da calidade inventada por decreto que saíu publicado o pasado luns. Agora sabemos o que eso significa: hai funcionarios que poderán ser ascendidos como recoñecemento ao seu traballo. O que non din os políticos é a quen se refire esto; nós estamos certos de que á tropa, non.

30 de outubro de 2008

Promoción interna para o grupo D

No DOG de hoxe publícase unha orde da Consellería da Presidencia pola que se modifica a convocatoria para a promoción interna do grupo E ao D de outubro do ano 2007. Esta modificación ven causada por unha sentencia dun xulgado do contencioso-administrativo e consiste na modificación do baremo de puntuación de diversas bases da convocatoria.

En base a isto, os aspirantes teñen un prazo de 10 días para presentar novamente a documentación acreditativa dos méritos da fase de concurso. Tamén hai un mes para o recurso de reposición ou dous para ir ao contencioso.

27 de outubro de 2008

O morro destes políticos é inesgotable

Como podemos ver nesta nova publicada hoxe, a Xunta de Galicia está buscando unha nova fórmula para retribuir aos altos cargos. Segundo Mar Rodríguez, directora xeral da Función Pública, a reforma do ano 2007 (a famosa disposición transitoria da Lei de función pública pola que se poñían aos altos cargos que abandoasen a súa poltrona o soldo de directror xeral) non foi ben entendida. A descarada dirctora di, ademáis, que haberá que crear a "indemnización por despedimento" do alto cargo.

Os de sempre, que en tempos de boanza económica utilizaban o despacho oficial para situarse en estupendos postos da empresa privada, utilizan, en tempo de crise, a administración como paraugas en tempo de crise. Un paraugas macanudo, por outro lado.

21 de outubro de 2008

Os funcionarios e Internet


Na prensa de hoxe sae destacada a nova de que a Xunta preparou un decreto para racionalizar o uso, por parte dos empregados públicos, das "novas tecnoloxías", e, especialmente, os móbiles e Internet.

Como sempre, as informacións que fai públicas a Consellería da Presidencia sobre os funcionarios e o seu traballo poñen ao persoal na picota, algo sempre rendible de cara a opinión pública. Na nota de prensa chégase a falar, incluso, de expedientes sancionadores a aqueles que abusen dos medios da Xunta e presentan aos funcionarios e laborais como un fato de lacazáns que pasan o tempo conectados a páxinas pornos da Internet, perdendo o tempo descargando películas piratas ou falando coa asistenta a través de móbiles da Xunta de Galicia.

Pois ben, o que non din estas informacións é que as conexións a Internet distan moito de estar xeralizadas, que en moitos departamentos están vedadas a aqueles que non sexan xefes de algo, que os traballadores teñen que usar claves doutros compañeiros para traballar ou facelo noutros ordenadores, que os teléfonos móbiles están restrinxidos a algunhas actividades absolutamente minoritarias e que, nun país moderno, o acceso a Internet desde os postos de traballo dos funcionarios debería ser algo tan natural como xeralizado.

En canto aos abusos, todos coñecen casos e todos saben que son absolutamente excepcionais: a maioría dos traballadores fan un uso razoable dos medios que teñen, moitas veces escasos e obsoletos, verdadeiras antiguallas.

En canto á posibilidade de controlar a utilización do correo electrónico (un correo electrónico cativo e ruin no que atinxe ás súas posibilidades e capacidade, por outra parte), a CGT tamén estará vixilante de que non se utilice o dito control esquivando o dereito á inviolabilidade das comunicacións e avisa a aqueles que o fagan: ide con coidado, non vos pilledes as mans. Ou o fuciño.

Oposicións para laborais

No DOG de hoxe publícase as Orde que elevan a definitiva as propostas dos aspirantes que superaron as probas selectivas para o acceso á categoría 001 (camareiro, limpador e outras) do grupo V do convenio y á categoría 003 (auxiliar de clínica, auxiliar sanitario e outras) do grupo IV. A primeira é unha corrección de erros.

Noraboa a todos eles.

16 de outubro de 2008

O acordo sobre os centros de ensino

Nos últimos tempos, reparteuse nos centros de ensino o seguinte comunicado:

"O "ACORDO" SOBRE HORARIOS E RETRIBUCIÓNS NOS CENTROS DE ENSINO

Durante o mes de xullo sucedéronse comunicacións dos sindicatos “maioritarios” (CIG, CC.OO., UGT e CSIF) sobre as negociacións que estaban a emprender coa Consellería de Educación para regular, dunha vez por todas, a situación, en moitos casos irregulares, que se estaban a vivir nos centros de ensino. Pero chegou agosto (inevitable), e chegou o acordo (evitable). E dicimos isto porque hai compañeiros da CIG que presentan a sinatura sen consultar con ninguén como inevitable; non, compañeiros: inevitable é que despois de xullo, chegue agosto; retrasar unha sinatura dun acordo para consultar non é inevitable, é de cagóns. Sobre todo se temos en conta o texto do acordo, que é tan beneficioso para a Administración/Direccións dos Centros que non terían ningún problema en agardar para que o asinaran. Ou será que a premura da sinatura está máis en relación con que se asinaban en agosto entraría en aplicación xa en setembro?
Xa máis en serio, o primeiro que hai que dicir deste acordo é que para nada é un avance, todo o contrario as facultades que o acordo lle outorga as direccións supoñen que as arbitrariedades que xa se estaban a cometer nos centros de ensino co persoal non docente (fundamentalmente subalterno) non só se van a manter, senón que van a aumentar; pero ademais, o persoal afectado non poderá recorrer á "presión" de facer o seu horario legal (7,45-15,15). A sinatura deste horario por parte dos maioritarios dálle a razón a unhas declaracións que lle fixo o actual Delegado Provincial de Educación a unha Comisión da Xunta de Persoal Provincial. "os funcionarios de Educación non son funcionarios normais". Queda claro que o resto de sindicatos representados na Xunta de Persoal cren, co Delegado, que os funcionarios de Educación somos anormais (ou especiais que din agora).
O establecemento deste horario anormal (7,45-23,00) será establecido pola Dirección do Centro oído o persoal afectado (punto 3 do acordo). Ou sexa non ten porque haber un acordo co persoal para o establecemento do horario, simplemente ten que ser oído. Incluso a modificación do horario cunha "causa xustificada" queda a criterio da Dirección. Dá medo que o acordo poña a modo de exemplo algunhas destas "causas xustificadas": claustros, probas ou avaliacións. En resume un caixón de sastre onde se pode meter practicamente todo: cursos de formación, oposicións, exames CELGA… que aínda que ata agora xa as había sempre tiñamos o recurso de non facelas ou pelexar por non facelas aos non ser obrigatorias. Agora este recurso desaparece. Claro, os asinantes do acordo sempre poden dicir que o establecemento de modificacións do horario por "causa xustificada" está restrinxida a "dez días por curso académico", pero, dez días por cada centro? ou dez días por cada subalterno que traballe nun determinado centro? Se lemos o inicio do punto 4 do acordo teremos a resposta "Poderá regularse un horario diferente do habitual para determinados días do ano". Como o horario agora é individual xa tedes a resposta.
De todos xeitos, esta marabilla de acordo, pequeno, de tan só 9 puntos é contraditorio neste punto. Así, como dixemos no punto 3 para o establecemento do horario pola dirección só se require escoltar ao persoal afectado, e segundo o punto 7 "o establecemento e a modificación da xornada de traballo e dos horario correspóndelle á dirección do centro, previa negociación". A resolución sobre o horario da dirección do centro "será executiva" (de inmediata aplicación). Pero sexa como fora, que ocorre se non hai acordo na negociación?. Entón irase ao que di o punto 11 é resolverá unha Comisión integrada polo Secretario/a Provincial da Delegación Provincial da Consellería de Educación, a xefatura provincial da inspección educativa (¿?), dous directores/as, unha representante da Xunta de Persoal e un dos sindicatos máis representativos. Ou sexa, no mellor dos casos 4 votos contra 2 (tendo que conta que os representantes dos sindicatos asinantes voten a favor dos traballadores/as, xa que os representantes da CGT non acudirán a ese paripé). O que se nos está a vender como unha garantía, a presenza sindical na comisión é a efectos prácticos algo totalmente inútil. Igual de inútiles son as "facultades" que o acordo lle outorga á Xunta de Persoal, xa que este se reduce a solicitude (por parte da Comisión) dun "informe á Xunta de Persoal que deberá emitilo no prazo de 20 días hábiles" Un informe que por lei é preceptivo e non vinculante, ou sexa nada.
E para rematar votemos unha ollada ao título do acordo e a súa estrutura. O título é "Acordo sobre horarios e retribucións dos funcionarios da Xunta que prestan servizo nos centros de ensino". A estrutura é 11 puntos e 5 disposicións transitorias. 11 puntos e 4 disposicións transitorias se refiren ao persoal subalterno, o persoal da Xunta da provincia de Pontevedra que máis conflitos rexistrou no último ano e medio. Unha disposición transitoria fala dos auxiliares, da subida de nivel 12 a 14. Onde está o "Acordo sobre horarios de retribucións dos FUNCIONARIOS DA XUNTA que prestan servizo nos centros de ensino? Case sería máis conveniente chamarlle o Acordo sobre horarios e retribucións do persoal subalterno e aumento de retribucións do persoal auxiliar.
Por certo onde di no acordo que o persoal auxiliar non terá horario partido (anormal, especial)?? Agora din que seguirán coa xornada normal que regula o Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 6 de febreiro de 1990, pero calan, aínda que antes o tiñan moi presente, para non facer nada polos compañeiros/as que denunciaban o horario partido ante Xunta de Persoal, o Decreto de 1991 onde se establece que o horario de todo o persoal non docente dos centros estará ao que determinen as necesidades dos mesmos."

Fondo de Ácción Social 2007

Hoxe sae no DOG a resolución pola que se publican as relacións de solicitudes aprobadas e denegadas nos programas de prestacións por discapacidade e vivenda do Fondo de Acción Social da Xunta para 2007. Os interesados poden facer alegacións nun prazo de 10 días. As listaxes pódense consultar picando aquí.

15 de outubro de 2008

Nomeamentos do grupo D

Publícase hoxe no DOG a orde pola que se nomean funcionarios do corpo auxiliar da Xunta aos que superaron as oposicións convocadas pola Orde do 17 de xullo de 2008. Os aprobados teñen un mes para a toma de posesión e tamén hai un mes para presentar un recurso de reposición ante o conselleiro de Presidencia ou para ir ao contencioso.

Noraboa a todas e todos.

9 de outubro de 2008

Novidades no DOG

No DOG de hoxe publícase a resolución da Dirección Xeral da Función Pública coas listas provisionais de prazas para a súa cobertura transitoria por persoal funcionario e para a contratación de persoal laboral temporal. Os interesados teñen dez días para facer alegacións.

Tamén se publica a baremación provisional da fase de concurso para o acceso ao grupo B por promoción interna. Tamén hai dez días para reclamacións.

Finalmente, publícase a relación de admitidos e excluídos na promoción interna da categoría 063 (oficial 1ª condutor// condutores e outras) do grupo III de eprsoal laboral. Hai un mes para presentar recurso.

8 de outubro de 2008

Recortes nas pensións dos funcionarios

O goberno, no Proxecto de Lei de Presupostos do ano 2009 recién presentado, recurtará as pensións nun 25% con respecto das que se conceden na actualidade aos funcionarios. En definitiva, como calquera outro goberno anterior, os funcionarios (neste caso os afectados polas clases pasivas) seguirán pagando o pato e farán o parrulo.

Parécenos un abuso intolerable e a resposta non debe ser tibia. Se queredes máis información, picade aquí. Ou aquí.

6 de outubro de 2008

Novas no DOG

No de hoxe aparecen varias disposicións referidas a procesos selectivos, das que destacamos:

- Elevación a definitiva da relación de aprobados da categoría 001 (camareiro, limpador e outros) do grupo V do Convenio, nas quendas de promoción interna e cambio de categoría e acceso libre.
- Apertura do prazo de presentación de documentación da fase de concurso na selección do grupo A de funcionarios (promoción interna). Hai dez días de prazo.

2 de outubro de 2008

Sobre o paro de 15 minutos

A Confederación Europea de Sindicatos (en España son membros CC.OO., UGT, USO y ELA-STV) convoca baixo o lema de "Día internacional por un traballo decente" un paro de quince minutos o próximo 7 de outubro en toda Europa. Deixando á parte o mol do lema, a CGT quiere manifestar o seu rexeitamento a este tipo de mobilizacións que son simples campañas cosméticas dos sindicatos participantes e non plantexamento de loitas serias e contundentes. Polo tanto, a CGT da Xunta non parará o día 7 de outubro, martes. As razóns podédelas encontrar aquí.

1 de outubro de 2008

Laborais aprobados

NO DOG de hoxe sae a resolución que eleva a definitiva a relación de aprobados da categoría 11 (limpador, fregador e outras) do grupo V de persoal laboral fixo da Xunta. Noraboa a todos e todas.

27 de setembro de 2008

Sube o IRPF ás agachadas


Todos os años, as táboas do IRPF descontan o efecto da inflación para que o persoal non pague máis impostos por cartos que valen o mesmo, aínda que subiran. Por exemplo, se o IPC sube un 10% e o soldo sube de 1.000 a 1.100 euros, os cartos seguen valendo o mesmo, polo que se debería aplicar o mesmo IRPF, non subilo. Pois ben, o goberno decidiu que o ano que ven non fará a operación mencionada; as táboas non se corrixirán, polo que o IRPF incrementara, de feito, os seus importes. Con esta medida, o estado comeza a recuperar o invento electoralista dos 400 euros.

Máis información aquí.

26 de setembro de 2008

Nomeamento de persoal laboral

No DOG da hoxe publícanse as disposicións polas que se nomea aos aspirantes que superaron, as probas selectivas, tanto de acceso libre como de cambio de categoría e de promoción interna, de varios grupos e categorías de persoal laboral fixo. Son os seguintes:

- Categoría 007 (titulado medio), do grupo II
- Categoría 006 (educador, profesor especial), do grupo II
- Categoría 004 (auxiliar de fogar, coidador auxiliar e outras), do grupo IV

Noraboa a todos e todas.

25 de setembro de 2008

Promoción interna pra o grupo A

No DOG de hoxe publícase a recolución da Dirección Xeral da Función Pública que establece o procedemento de acreditación dos méritos para a fase de concurso da promoción interna do grupo A. O prazo establecido para a presentación da documentación é de 10 días hábiles desde a publicación das notas do 3º exercicio ou desde a exención deste.

23 de setembro de 2008

Aprobados do grupo C

No DOG de hoxe publícase a relación de aprobados no proceso selectivo para o ingreso no grupo C pola quenda de acceso libre. Os aprobados teñen 20 días naturais para presentar a documentación correspondente e tamén haberá un mes para a presentación de reclamacións. Noraboa aos aprobados.

22 de setembro de 2008


No DOG de hoxe publícanse dúas resolucións da Escola Galega de Administración Pública polas que se convocan cursos de formación iniciais en prevención de riscos laborais. Están dirixidos aos laborais de recente ingreso e aos funcionarios do grupo E tamén de novo ingreso e a súa realización ten o carácter de obrigatoria.

O formulario pódese obter picando aquí.

15 de setembro de 2008

Destino provisional

No DOG de hoxe publícanse as ordes polas que se convocan os aspirantes que superaron distintas probas de acceso para que elixan destio provisional. Concretamente, son os aprobados da categoría 004 (auxiliar de fogar//cuidador/a auxilar e outras), categoría 007 (titulado/a medio) e categoría 006 (educador/a, profesor/a especial).

8 de setembro de 2008

Feijóo e as súas cousas

Núñez Feijóo ven de propoñer, para facer fronte á crise, que a Xunta reduza os seus altos cargos nun 20 %. Aínda non olvidamos que, o ano pasado, ao aprobar a nova Lei da Función Pública de Galicia, os políticos galegos de todos os partidos, sen excepción, aprobaron unha especie de "plan de pensións" vitalicio para todos os altos cargos que deixasen o seu posto. Naquel momento a ningún deles lles pareceu o gasto excesivo. Desde a CGT facemos unha proposta para estes próceres: se de o que se trata é de reducir os gastos nun 20 %, propoñemos que se reduzan os seus soldos nun 20 %. Aínda así cobrarán moito máis do que calquera traballador público e, con seguridade, máis do que merecen.

Calendario laboral 2009

No DOG de hoxe publícase o calendario laboral para o ano 2009. Seguen sendo 12 días festivos e dúas festas locais (que aínda están sen determinar).

Fondo de acción social 2007

No DOG de hoxe publícase a resolución da Dirección Xeral de Función Pública pola que se fan públicos os listaxes provisorios das axudas denegadas ou aprobadas con cargo ao Fondo Social do 2007 e dos programas seguintes: xubilación, fillos menores, estudos de fillos, estudos do traballador, menores a cargo e gastos sanitarios. Pódense consultar picando aquí. Hai un prazo de 10 días hábiles, contados a partir de mañán, para reclamar.

3 de setembro de 2008

Aprobados para persoal laboral


No DOG de hoxe publícanse varias disposicións elevando a definitivas as relacións de aspirantes que superaron (acceso libre e promoción interna) as probas para ser persoal fixo da Xunta de Galicia. Concretamente, corresponden á categoría 005 (oficial 2ª cociña/cociñeiro/oficial de 2ª), categoría 016 (condutores) e categoría 065 (oficial 1ª cociña/cociñeiro 1ª e outros). Noraboa a todos e todas.

28 de agosto de 2008

Disposicións no DOG

No DOG de hoxe publícanse duas disposicións de interese para o persoal da Xunta. A primeira é unha corrección de erros da Orde do 18 de xullo referida á convocatoria do proceso selectivo para o grupo A2. O outro é unha resolución que modifica as listas de traballo temporal para os laborais, por distintos motivos. Neste último caso hai un mes de prazo para rocorrer.

18 de agosto de 2008

O IPC dos produtos básicos, no 10,27 %

Segundo a páxina http://www.ipcreal.com/, o IPC dos produtos básicos subiu, no último ano, o 10,27 %, moi alexado do IPC oficial. Os promotores desta páxina utilizan os mesmos datos do Instituto Nacional de Estatística, pero eliminan produtos como xoias, ciruxía estética ou o prezo das flores; así mesmo, manteñen os indicadores de proporcionalidade que utiliza o propio INE; polo mesmo motivo, non inclúen os prezos das hipotecas ao non facelo o organismo oficial.

Podemos observar a suba do leite (22,3%), a pasta (26,4%), os ovos (15,9%), e así con outros produtos básicos.

Isto reafírmanos en non dar nin un paso atrás na reivindicación de reclamar unha cláusula de revisión automática dos salarios, así como o imprescindible peche dos abanos salariais, dada a especial importancia que teñen estas subas para os que cobran os salarios máis baixos.

12 de agosto de 2008

RRPPTT de Medio Rural

No DOG de hoxe publícase o Acordo da Xunta de Galicia que aproba as RPPTT de Medio Rural. Tamén se publica, antes de que o anterior entre en vigor, outro Acordo que modifica o acordo anterior. Isto si que eficacia!

11 de agosto de 2008

Os nosos soldos, outra vez de miseria

O ministro Solbes propón que os soldos dos funcionarios suban, o ano que ven, un 2 %. Todos sabemos o que é isto: cunha suba do IPC do 5,3 % interanual na actualidade e cuns prezos desbocados nas subsistencias, na electricidade e no gas doméstico (por non falar das hipotecas e dos alugueres), ao señorito Solbes só se lle ocurre escarmentar ao persoal, pero nas testas do funcionariado.

Non aceptemos que se siga producindo, ano tras ano, esta situación. Non permitamos que os sindicatos chamados maioritarios asinen o primeiro papel que se lles poña diante: mobilicémonos e consigamos, por fin, unha cláusula de revisión salarial automática. Só queremos o que a maioría dos traballadores ten no seu convenio e o que outros colectivos (como os xubilados) que cobran do estado tamén teñen.

6 de agosto de 2008

Os soldos dos grupos D e E da Xunta, entre os máis baixos de España

En varios xornais de hoxe (podes picar aquí) sae a noticia que moitos xa sabiamos. É imprescindible a mobilización. Non fan falta máis palabras.

3 de agosto de 2008

Consumouse a desfeita: un acordo intolerable para os subalternos nos centros de ensino

O pasado 31 de xullo, os sindicatos CCOO, UGT, CIG e CSIF asinaron un "Acordo sobre horarios e retribucións dos funcionarios que prestan servizo nos centros de ensino". Segundo este acordo, as direccións dos centros poderán establecer horarios para os subalternos entre as 7,45 e as 23 horas a cambio de 70 euros ao mes. Establécense mecanismos para a fixación dos horarios, pero estes pódense ir cambiando segundo as supostas necesidades (ou necidades) de cada centro e o seu director e, ao final, sempre a administración ten a última palabra, haxa voluntarios ou non.

Por outro lado, súbese o nivel do complemento de destino para todos os auxiliares que teñan posto base, pasando ao nivel 14. Isto supón non só desvirtuar o sentido que ten o específico, que era onde tiña que ir a suba salarial para este persoal (a ley da función pública de Galicia di que "O complemento específico, destinado a retribuír as condicións particulares dalgúns postos de traballo en atención á súa especial dificultade técnica, dedicación, responsabilidade, incompatibilidade, perigosidade ou penosidade") e non poñelo nuha avantaxe inxusta co resto do persoal posto-base do corpo auxiliar da Xunta. Son acaso menos traballadores que os auxiliares de ensino os que prestan servizos nos rexistros xerais, por exemplo? Ou os que traballan no departamento de nóminas ou persoal na mesma Consellería de Educación? Ou os que traballan arreo nos servizos sociais? Por que o persoal auxiliar dos centros de ensino ten o privilexio de participar no próximo concurso de traslados con máis puntos que o resto? E, finalmente, se o que cambian son as condicións de traballo dos subalternos, por que os postos de traballo que se reclasifican son os dos auxiliares?

Finalmente, e mentras estudiamos que se pode facer ante este abuso e esta discriminación, a CGT pregúntase: por que se asina este acordo sen consultar aos traballadores? Acaso o persoal da Xunta é distinto aos traballadores do metal, da construción ou da pesca, cos que se fan asembleas e mesmo refrendos, se é necesario, antes de asinar no seu nome?

1 de agosto de 2008

O IPC, polas nubes. Cláusula de revisión salarial, xa!

O IPC xa está no 5,3 % este ano. Dando por certo este índice (xa é sabido que non é máis que unha ferramenta do goberno para distraernos da suba real dos prezos para os traballadores), os funcionarios da Xunta volvemos a perder poder de compra este ano. O acordo asinado o 18 de outubro de 2006 pola Xunta e os sindicatos CCOO, UGT, CIG e CSIF preséntase agora en todo o seu esplendor.

A CGT segue reivindicando o establecemento dunha cláusula de revisión salarial automática. Se seguimos sin organizarnos e sen mobilizarnos, non nola van regalar. Fagámolo.

Educadores e profesores especiais

No DOG de hoxe publícase unha corrección de erros na lista definitiva de aprobados para o ingreso na categoría 006 (educador/a, profesor/a especial) dos laborais fixos da Xunta. A corrección consiste nun novo anexo de aprobados.

31 de xullo de 2008

Oposicións

Hoxe publícanse no DOG varias disposicións referentes a oposicións, das que destacamos as seguintes: nomeamento como persoal laboral fixo da categoría 002 (ATS, enfermeiro/a, practicante, DUE); e relacións definitivas de admitidos e excluidos para o ingreso en varios corpos e categorías, por promoción interna e cambio de categoría, : corpo superior, escala de finanzas; categoría 064 (tractorista e outros); categoría 063 (condutores e outros), e categoría 049 (axente de inspección de transportes).

30 de xullo de 2008

Promoción interna para o grupo B

Publícase hoxe no DOG unha resolución do tribunal da convocatoria do 4 de outubro de 2007 para o acceso ao grupo B por promoción interna, polo que se adoptan varios acordos: desestimar as alegación ás puntuacións do segundo exercicio, declarar a todos os aspirantes exentos do galego e abrir un prazo de dez días para que se poida presentar a documentación da fase de concurso.

29 de xullo de 2008

A conxelación dos soldos dos altos cargos

Xa estamos noutra operación propagandística do goberno PSOE-BNG, esta vez calcada da do goberno central. Uns tipos aos que se lles ven subindo as retribucións, ano tras ano, nunhas cantidades que xa querería ter (non como suba, senón como soldo) calquera traballador, nos veñen agora co gran sacrificio de que, para o ano que ven, non se lles subirá o soldo. Pois que lles quede claro: nós non estamos dispostos a pasar por ningunha conxelación máis, con crise ou sen ela. Sen ir máis lonxe, este ano xa estamos perdendo novamente poder de compra, tendo en conta que os prezos xa van no 5,1 % interanual.

A CGT segue reivindicando o establecemento dunha cláusula de revisión salarial automática, como se fai con outros colectivos (pensionistas) e que, ademáis, conteña mecanismos de corrección dos abanos salariais intolerables na Administración.

Máis información: El País, Europa Press, La Voz de Galicia, La Opinión A Coruña, Faro de Vigo, El Correo Gallego.

28 de xullo de 2008

Diversas oposicións

No DOG de hoxe publícanse as convocatorias de diversas oposicións e probas selectivas. Tamén se publican os nomeamentos como subalternos do grupo E correspondentes á convocatoria de xullo de 2007 e a puntuación do segundo exercicio das probas do grupo A convocadas en outubro de 2007. As convocatorias son as do subgrupo A1 (acceso libre e consolidación de emprego), subrupo A2 (acceso libre) e subgrupo C1 (acceso libre e consolidación de emprego). Hai que explicar que, no sistema de consolidación de emprego támén é, en teoría, de acceso libre, é dicir, que se poden presentar outras persoas, aínda que os puntos só se lle recoñecen a uns grupos moi determinados.

24 de xullo de 2008

Asinado o V Convenio

Onte foi asinado, pola CIG e a UGT, o V Convenio Colectivo para o persoal laboral da Xunta de Galicia. CCOO negouse a asinar. Tedes máis información aquí. Tamén aquí. E aquí.

Modificada a convocatoria da promoción interna para o grupo C

No DOG de hoxe publícase unha orde que modifica a convocatoria do 11 de setembro (DOG do 12) para a promoción interna para o grupo C. Esta modificación supón unha variación das bases da convocatoria, polo que non é un tema menor. O que nos parece discutible é que, ao haber unha variación substancial das bases (modifícase a baremación) non se volva abrir o prazo de presentación de solicitudes. Hai que ter en conta que haberá compañeiros que non presentou solicitudes no seu momento a causa, precisamente, da baremación publicada inicialmente.

Tamén, na mesma páxina do DOG, aparece a proposta de aprobados do grupo 007 (titulado medio) de persoal laboral.

22 de xullo de 2008

A oferta de emprego público, impugnada

A CGT ven presentou, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, un recurso contra o Decreto 88/2008, do 30 de abril, polo que se aprobou a oferta de emprego público de persoal funcionario e laboral da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia para 2008, por estimar que o mencionado decreto non se axusta a dereito.

O recurso basease fundamentalmente no contido dos artigos 6.3º e 7 da devandita disposición, aínda que hai moitos máis que son de dubidosa legalidade. Concretamente, o artigo 6.3º exclúe expresamente ao persoal subalterno que promocione para o grupo C2 da posibilidade de que se reclasifique o seu posto de traballo, o que é unha discriminación flagrante. Por outro lado, o artigo 7 reserva exclusivamente para o grupo C1 a posibilidade de, mediante un proceso de promoción para a consolidación de grao, consolidar dous niveis superiores, deixando fóra, sen ningunha xunstificación, o resto de grupos funcionariais.

Para a CGT, a igualdade está por riba doutras consideracións e non pode aceptar nin discriminacións nin privilexios entre corpos ou grupos de persoal.

Procedemento para acreditación de méritos no grupo B

No DOG de hoxe publícase o procedemento para a acreditación dos méritos da fase de concurso para a promoción interna ao grupo B ou o grupo II dopersoal laboral da Xunta. Usarase o modelo que figura como anexo e haberá 10 días hábiles de prazo desde a publicación das notas do segundo exercicio.

Tamén aparece no mesmo DOG a proposta definitiva dos aspirantes que superaron os procesos para o ingreso como persoal laboral de auxiliar de fogar/coidador e profesor/educador especial.

21 de xullo de 2008

Restrición na cobertura de prazas, segundo a directora xeral da Función Pública

Segundo Mar Rodríguez nas declaracións a La Opinión e El Faro de Vigo, a crise obrigará á Xunta a ralentizar a creación de postos de taballo. Supoñemos que quererá dicir que aínda se crearán menos postos que os que se levan creados ata o de agora. Non podemos esquecer a mentirosa oferta de emprego público deste ano, presentada como a maior da historia da democracia en Galicia e que non é máis que un proceso de consolidación de chanchullos e chapuzas en vez da creación de prazas novas. Tampouco podemos esquecer a continua amortización de prazas, e que as novas non chegan a compensar as vacantes producidas por xubiliacións o falecementos.

Como sempre que se fala de modernización, consistirá ésta nunha maior mobilidade funcional, cando non xeográfica, dos empregados públicos. Receitas vellas para cociñeiros sen imaxinación.

Máis nomeamentos de persoal laboral

No DOG de hoxe publícanse as ordes pola que se nomea persoal laboral da Xunta aos que superaron as probas selectivas de acceso á categoría 35 (auxiliar de arquivos e bibliotecas) e á 003 (ordenanza/telefonista e outras). Noraboa a tod@s.

18 de xullo de 2008

O DOG de hoxe ven cargado...

...de ordes de nomeamento dunha chea de categorías de persoal laboral que superaron os respectivos procesos selectivos: capataces agrarios, psicólogos, axudantes de taller, vixilantes de arquivos, peóns, etc.

17 de xullo de 2008

Novos importes de indemnización por tribunais

No DOG de hoxe publícanse os novos importes das indemnizacións por asistencias a tribunais. Parécenos ben, pero o quilometraxe e as axudas de custo afectan a moitos máis compañeiros e non se tocan. Cando se van revisar?

16 de xullo de 2008

Elección de destinos provisionais do grupo E

No DOG de hoxe convócase aos aspirantes que superaron as probas do grupo E ao acto de elección de destino provisional. O acto terá lugar o día 18 de xullo (si, pasado mañán, que ninguén se despiste), ás 10 da mañá, no salón de actos de San Caetano, en Santiago. Aos que non se presenten se lle adxudicará un destino de oficio. A disposición completa está picando aquí.

11 de xullo de 2008

RPPTT do Fogga

Hoxe sae unha corrección de erros da modificación da RPPTT do Fogga publicada o mércores. A corrección non é pequena, ou sexa, que a metedura de pata foi grande. Os interesados poden vela picando aquí.

9 de xullo de 2008

Modificacións nas RRPPTT

Hoxe publícanse no DOG vrias disposicións mediante as que se modifican as RRPPTT de diversas consellerías e organismos: Política Territorial, Insituto Galego de Consumo, Fogga, Traballo, Sanidade, Sergas, Presidencia e EGAP. É recomendable que os compañeiros que traballen ahí as lean.

8 de xullo de 2008

Perigo: negociación nos centros do ensino

As centrais sindicais "maioritarias" están negociando coa Administración galega o tema dos horarios do persoal subalterno dos centros de ensino. Resumindo, a Xunta quere que se poidan poñer horarios ata as 23 horas (é certo!) e os sindicatos aceptarían ata as 22, sempre que se pague debidamente e se establezan mecanismos de fixación de horarios, pero sen rexeitar frontalmente os argumentos da administración. Pois ben, para nós, ista negociación non é máis que o inicio do que nos espera: horarios á carta de cada centro e sen ter en conta nin os desexos nin os intereses dos traballadores, que non sempre pasan por cobrar uns cantos euros máis.

De entrada, a CGT fai as seguintes consideracións:
1.- A posibilidade de establecer horarios "legais"en cada centro desregulariza un dos puntos esenciais das relacións laborais dos funcionarios públicos, que é a da negociación colectiva da xornada e do horario laboral. O establecemento de horarios por centro posibilita a presión das direccións sobre un persoal ata o de agora xa suficientemente presionado e que só conta cunha única baza para manter os seus dereitos no que se refire aos horarios: coa clasificación nas RPTs. A partir de que o acordo se produza, as direccións dos centros terán total autonomía para mangonear de xeito legal aos subalternos.
2.- A petición dos sindicatos institucionais dunha maior retribución polas características do horario é discriminatoria, xa que en situación similar se atopan os compañeiros que traballan nos rexistros con horarios especiais (quendas de mañán e tarde e traballo os sábados) dos que non se di nada. Ademáis, o incremento das retribucións do persoal subalterno a cambio desta liberdade horaria non é unha reivincicación do colectivo. Quen lles dixo que a cambio de cartos se aceptaba traballar ata as 10 ou as 11 da noite? Como se atreven a non defender nin xiquer a voluntariedade do horario de tarde ou o partido?
3.- O establecemento dunha serie de "diferenzas" entre os funcionarios de centros educativos (neste caso e polo de agora só subalternos) e os demais funcionarios pode convertirse nunha arma para a Administración que leva anos tentando crear un corpo especial cos funcionarios de Educación.
4.- O acordo, de producirse, tería graves problemas de legalidade, xa que os compañeiros que tomaron posesión da súa praza como subalternos nos centros de educación o fixeron en prazas nas que a RPT non especificaba horario especial. Agora un acordo entre sindicatos e administración ven a modificar a RPT e as condicións esenciais do traballo dos subalternos. Que pasa cos compañeiros que pediron traballar nos centros educativos precisamente polas características dos seus horarios e que agora os poden ver modificados?
5.- O acordo non entra de cheo na problemática que se está a producir nos centros educativos; todo o contrario, a súa sinatura producirá unha escalada nas inxustizas que tanto as direccións dos centros como inspección educativa está a cometer, é máis estas quedarán amaparadas pola "legalidade" que lle atribúe o acordo. Non haberá xa extralimitacións por parte das direccións, xa que o acordo supón acabar a efectos prácticos coa práctica totalidade das limitacións legais que ata o de agora tiñan.
6.- Por último, e todo isto é unha ollada rápida na que profundizaremos, os sindicatos establecen un perigoso precedente para o resto do persoal. Ningún centro de traballo estará libre, de agora en diante, en que se argumenten necesidades específicas para establecer un horario especial. Só fan falta dúas cousas: que a adminsitración o propoña (e pode facelo en calquera momento) e que haxa sindicatos dispostos a negociar (e xa vemos que os hai).

Rexeitemos este abuso e non permitamos que negocien no noso nome sen ternos en conta.

7 de xullo de 2008

Consolidación de emprego e oposicións

No DOG de hoxe convócanse os procesos de consolidación de emprego para o corpo auxiliar (C2) e para a agrupación profesional de persoal subalterno (chámase así, que lle imos facer). As prazas convocadas son 200 e 31, respectivamente. Tamén se convocan prazas para o acceso libre aos mesmos corpos, auxiliar e subalterno (30 e 105 prazas). Xa sabedes o que pensamos desta oferta pública de emprego, así que non vos imos aburrir.

3 de xullo de 2008

Fase de concurso para o ingreso no grupo D

No DOG de hoxe publícase a resolución que ordea publicar as listaxes da puntuación da fase de concurso para o acceso, pola quenda libre, no grupo D. Os disconformes coas puntuación poderán interpoñer un recurso de alzada no prazo dun mes, contado a partir de mañá.

27 de xuño de 2008

Cursos de galego

A EGAP ven de convocar cursos de linguaxe administrativo galego dos niveis medio e superior. O prazo de presentáción de solicitudes remata o 10 de xullo, téndose que presentar no formulario que se pode conseguir nesta páxina. Non é necesario presentala a través de Internet, pero se hai dúas solicitudes terá preferencia a presentada por esta vía.

26 de xuño de 2008

Prevención de riscos

No DOG de hoxe publícase o acordo asinado por CC.OO., UGT e CSIF e a Administración autonómica relativo á prevención de riscos laborais. Os interesados poden picar aquí.

25 de xuño de 2008

Nota de prensa

Reproducimos, polo interés que ten para os empregados públicos en xeral, a nota de prensa difundida por varios sindicatos:

"En el día de hoy, 24 de junio de 2008, los sindicatos CSIT-UP, FEDECA, SAP, CGT y SISEX, ante la situación económica y profesional de los empleados públicos, ACUERDAN constituirse en Plataforma Reivindicativa Sindical, con una representatividad superior al 40%, en base a las siguientes exigencias:

1. Participación en la negociación de las condiciones salariales y profesionales de los empleados públicos, junto a la derogación del escandaloso acuerdo pactado por la Administración con U.G.T., CC.OO. y CSI.CSIF para el periodo 2007-2009.
2. Subida salarial para el 2009, conforme al incremento REAL del IPC.
3. Establecimiento de Cláusula de Revisión Salarial, y homologación salarial con todas las Administraciones.
4. NO externalización de ningún cometido y/o función propios de los empleados públicos, así como, la NO contratación de ningún tipo de personal fuera de la Oferta de Empleo Público.
5. Incorporación a los salarios base de los fondos destinados al actual Plan de Pensiones.

La Plataforma se constituye por la necesidad de dar respuesta a las reivindicaciones de los empleados públicos e invita a todas las organizaciones sindicales a adherirse para obtener la deseable unidad sindical.

Esta plataforma exige la urgente convocatoria, que posibilite la negociación de las presentes reivindicaciones, advirtiendo que, de no ser atendidas, se tomarán las medidas de presión más adecuadas a partir del día 1 de septiembre de 2008."


Estáse agardando a adhesión da CIG e de ELA a este texto.

Xa podedes comentar as noticias

Xa está habilitada nesta páxina a posibilidade de comentar as novas que se vaian publicando. Animádevos e participade!

23 de xuño de 2008

Negociación para os centros de ensino

O día 20, venres, celebrouse unha xuntanza entre as centrais sindicais "maioritarias" e a Xunta de Galicia para falar do tema dos subalternos nos centros de ensino. A Administración pretende que a xornada de traballa sexa distinta en cada centro, dependendo das súas necesidades e que o horario sexa establecido unilateralmente pola dirección do centro. En compensación, a Xunta ofrece 15 € mensuais a partir do ano 2009 e outros 10 máis (en total 25) a partir do ano 2010. Os sindicatos mencionados piden 80.

Para a CGT o problema non se soluciona con cartos: para nós, os centros educativos non poden ser garderías con horario extendido e que servan para axudar ás empresas privadas a manter os horarios de explotación que están impoñendo aos traballadores e convertirse así nunha xustificación dunha falsa "conciliación da vida familiar e laboral".

Promoción interna ao grupo B

Nop DOG de hoxe publícase unha resolución do tribunal con varios acordos de interés para a promoción interna ao grupo B: modificación da plantilla de respostas do segundo exercicio, anulación de preguntas, publicación das puntuacións e o establecemento do prazo para presentar alegacións e documentación (10 días). Lédeo con coidado, que a resolución é bastante retorta.

19 de xuño de 2008

Promoción interna ao grupo C

No DOG de hoxe saiu publicada unha disposición na que se ratifican as puntuacións da fase de oposición para a promoción interna ao grupo C e se declaran a tódolos aspirantes exentos do segundo exercizo. Ábrese tamén un prazo de 10 días para a presentación da documentación da fase de concurso.

A xornada de verán, no DOG

No DOG de hoxe saíu publicada a Orde da Consellería da Presidencia na que se establece a xornada e horario de verán para o persoal funcionario da Xunta. Aplicarase entre o 21 de xuño e o 21 de setembro e o horario será entre as 8:30 horas e as 14:30 horas.

18 de xuño de 2008

Cursos de formación

No DOG de hoxe saen convocados varios cursos de formación para o persoal da Xunta. O prazo de presentación de solicitudes (vía web) remata o día 2 de xullo. Podedes ver os curso picando aquí, pero vos adiantamos que é do de sempre: moita teleformación, moitos cursos centralizados, moitos cursos para grupos altos, moitos cursos específicos...

17 de xuño de 2008

As mentiras de Solbes

Ante as declaracións do ministro Solbes sobre a suba das retribucións dos empregados públicos, a Federación de Traballadores da Administración Pública da CGT publicou esta nota da prensa. Cremos que as cousas están claras dabondo, pero por se a alguén lle fai falta ver os números, aquí están.

16 de xuño de 2008

Enquisa sobre a participación nesta páxina

Na columna da dereita, tras os documentos de interese, aparece unha enquista sobre a posibilidade de participar coa vosa opinión nesta páxina. Por favor, participade na enquista. Grazas.

13 de xuño de 2008

A Lei da Función Pública, no DOG

No doga de hoxe saíu publicada a disposición que aproba o texto refundido da Lei de Función Pública de Galicia. Xa sabemos que esta lei naceu decapitada, ao non ter en conta o disposto no Estatuto Básico do Empregado Público, pero é que o goberno da Xunta tiña présa por aprobala por dous temas: as retribucións dos altos cargos e a chamada consolidación de emprego. Agora haberá que volvela modificar para adaptala ao Estatuto.

Tamén sae a disposición pola que se adxudican os postos definitivos dos aprobados nas oposicións convocadas no 2005. Piano, piano, se arriva lontano e sano.

12 de xuño de 2008

11 de xuño de 2008

As nóminas, desde Murcia

Comentabamos hai uns días que o tratamento dos datos e a impresión da nómina faise, desde o pasado mes de maio, nunha empresa privada. Chámase Empresa Consolidadora Cyber, que é unha sociedade anónima de Murcia. A súa actividade é de tratamento de datos, arquivo documental, tratamento de correspondencia, atención telefónica e outros. Os seus clientes son, entre outros, Caja Murcia, Agencia Tributaria, Consejería de Hacienda de Murcia, La Opinión, Polaris World, Concello de Ferrol e moitos máis. A empresa pertence á multinacional IT Deusto, ten máis de dous mil traballadores e ten a habilidade de medrar en administracións públicas de toda color política, aínda que o seu crecemento de facturación estase producindo preferentemente onde manda o PSOE.

O resultado: as nóminas están chegando ás habilitacións 10 días máis tarde de cando as facía directamente o CIXTEC. Tan mal o facían os funcionarios para que haxa que imprimilas en Murcia?

6 de xuño de 2008

Elección de destino dos aprobados do grupo D

No DOG de hoxe sae a orde de Presidencia pola que os aprobados do grupo D da convocatoria do ano 2005 terán que escoller, o día 9 de xuño, ás 10 horas, no salón de actos de San Caetano, o seu destino definitivo.

Xa ía sendo hora que estes compañeiros tivesen a súa praza, pero o que non é admisible é que no anexo das prazas que se poden escoller estean casi desaparecidos os postos de traballo da Coruña, Ourense, Ferrol, Vigo e Pontevedra. Para moitos iso supón un trastorno que non beneficia a ninguén, sobre todo habendo, como hai, vacantes de postos-base nas cidades mencionadas.

3 de xuño de 2008

Ampliación do prazo para o Fondo de Acción Social

No DOG de hoxe sae publicada a disposición que amplía o prazo para presentar as solicitudes do Fondo de Acción Social do ano 2007, que rematará o día 10 de xuño.

30 de maio de 2008

Gañas de complicarnos a vida

Esa é a función de algúns na administración autonómica. Isto ven a conto polo novo sistema de solicitar o Fondo de Acción Social, sistema que obriga a efectuar unha validación da solicitude inicial por parte dos xefes para facer unha presentación posterior. É dicir, a Xunta pide unha certificación do xefe de que estás traballando para a Xunta, por exemplo.

Ben está que se apliquen as novas tecnoloxías, pero non só para quitarlles traballo a algúns, senón en beneficio de todos.

29 de maio de 2008

O concurso xeral, no DOG

No DOG de hoxe sae a disposición pola que se adxudican as vacantes do concurso xeral de traslados no ano 2007. Nesta disposición se explican os prazos de posesión e demáis circunstancias dos nomeamentos. O que non figura é a información individualizada; os participantes que non obtiveron praza non poden saber cantos puntos acadaron en cada posto solicitado, nin quen está por diante ou por detrás. Non podemos olvidar que houbo moitas reclamacións e hai que saber que foi delas. Se colgan esa información, farano aqui.

Noraboa aos afortunados e a todos os milleiros que non son capaces de promocionarse pola política de persoal do goberno da Xunta só temos que decirlles que se organicen e loiten para cambiar as cousas.

27 de maio de 2008

Saída inmediata do concurso de traslados

Con toda a prudencia o dicimos, pero é bastante probable que, no día de hoxe, se poida consultar o concurso de traslados xeral do ano 2007. Cando Función Pública o faga, poderase consultar picando aquí.

Oferta de emprego público (Decreto 88/2008) ou "de como nos toman por parvos"

Foi presentada “aos catro ventos” pola Administración da Xunta de Galicia e os sindicatos asinantes do acordo, nada menos que 3283 prazas.

Pero analicemos punto por punto esta tomadura de pelo:

I.- Persoal de novo ingreso (Artigo 5º e Anexo):
Administración Xeral (Corpos xerais 330, Escalas 7): 337
Administración Especial (Veterinarios): 48
Persoal laboral (Prazas sen convocar da OEP de 2007) 73
Total: 458 prazas de novo ingreso. Destas, 73 pertencen á oferta do 2007 e, por tanto se contabilizan por segunda vez.

A CGT denuncia a manipulación das cifras:
As prazas de novo ingreso da OEP de 2008 son só 385

II.- Promoción interna para o persoal funcionario (Art. 6º):
- Apartado 2: establece que o persoal do corpo auxiliar (C2) poderá participar nos procesos de promoción interna para o corpo administrativo (C1) sen necesidade de cumprir o requisito de titulación se acredita 10 anos de antigüidade no corpo auxiliar.
- Apartado 3: establece que aos que superen o proceso se lles adxudicará destino no mesmo posto que viñan desempeñando (ben por estar aberto ao grupo de titulación ao que se acceda, ben pola reclasificación do dito posto), coa excepción dos que accedan ao grupo C2.

A CGT reivindica:
- Que o requisito da titulación poida ser substituído por 10 anos de antigüidade para participar en todos os procesos de promoción interna ao grupo inmediatamente superior (A1, A2, C1 e C2) e non só do grupo C2 ao C1.
- Que quen posúa a titulación requirida e a antigüidade mínima de 2 anos poida participar nos procesos de promoción interna a calquera grupo (un auxiliar que acredite unha licenciatura poida participar na promoción interna ao grupo A1 ou A2, por exemplo). Isto xa ocorre na administración sanitaria.
- Que se reclasifiquen os postos daqueles compañeiros que superaron procesos anteriores de promoción interna e que optaron pola excedencia nos postos obtidos, pois aceptalos implicaba un cambio de localidade.
- Que a reclasificación (mesma dirección provincial) dos postos se lles aplique tamén aos compañeiros que acceda por promoción interna ao grupo C2 (é dicir, aos subalternos), aos que o apartado 3 exclúe expresamente desa posibilidade.

A CIG na súa resposta ao escrito “O dislate da administración cos funcionarios” di a verdade ao afirmar que o grupo E foi vendido polos asinantes do Estatuto Básico do Empregado Público, pero oculta que agora volveu a ser vendido polos asinantes deste acordo, CIG incluída, pois exclúe expresamente da reclasificación do posto que ocupan a quen promocione ao grupo C2 (os subalternos), 170 prazas das 435 que se ofertan por promoción interna.

III.- Proceso de promoción para a consolidación de grao persoal (Art. 7º)
Establécese a convocatoria de 100 "prazas" para que o persoal de corpo administrativo poda consolidar dous niveis superiores ao grao que teña consolidado, previa superación dunha proba informática. Iso si, a consolidación “penalízase” con dous anos sen poder promocionar ao corpo de xestión.

A CGT reivindica que a posibilidade da consolidación de grao se aplique a todos os grupos cos mesmos requisitos que para o grupo administrativo, coa excepción da proba, que sería distinta para cada grupo. Sobre a “penalización”, considerámola un sensentido. Ao mesmo tempo, as 100 “prazas” ofertadas deberían ser un mínimo e consideramos que todo o que supere a proba debería ter a posibilidade de consolidación, en todos os grupos e non só no C1. Hai que lembrar que non estamos a falar da creación de prazas, senón dunha consolidación de grao.

IV.- Substitución de emprego temporal por emprego fixo (Art. 9)
Este artigo establece a convocatoria de procesos extraordinarios para dar a oportunidade ao persoal interino e laboral temporal de adquirir a condición de persoal funcionario de carreira ou persoal laboral fixo respectivamente.

A CGT foi e é contraria ao emprego en precario, e iso é o que é a temporalidade ou o interinaxe; pero esta precariedade non pode solucionarse a costa das expectativas de promoción dos traballadores que superaron un proceso selectivo nin do incumprimento do principio de igualdade no acceso ao emprego público con esta convocatoria está a permitir.

Reivindicamos que a estas convocatorias extraordinarias “de consolidación e estabilización” poidan concorrer, en iguais condicións que interinos e temporais, os funcionarios de carreira e o persoal laboral fixo que acredite 4 anos de antigüidade, se se trata de acceder ao grupo inmediatamente superior, e ese mesmo período e a titulación requerida se se trata de acceder a calquera outro grupo.

V.- Procesos de funcionarización (Art. 10)
A CGT reivindica a figura única do empregado público: libre mobilidade entre postos de laborais ou de funcionarios a través dos sistemas xa existentes (concursos de provisión de postos e procesos de promoción interna). Non é necesario “inventar” nada.

A CGT está a realizar unha campaña en contra desta OEP coas reivindicacións que se recollen neste escrito. Por isto, quen queira adherirse, opinar ou deixar algunha reflexión, pode facelo no noso correo electrónico: xunta [arroba] cgtgalicia [punto] org

23 de maio de 2008

Promoción interna para o grupo B

No DOG de hoxe sae convocado o segundo exercicio da promoción interna do grupo B (Corpo de Xestión). Farase no salón de actos da EGAP, o día 4 de xuño, mércores, ás 16:30 horas.

Non vos olvidedes do DNI, do lapis e da goma. Sorte a todas e todos.

22 de maio de 2008

Privatizando, que é xerundio. As nóminas, en mans privadas

Ata o de agora non incluímos neste blog tódolos procesos de privatización que o goberno Touriño-Quintana están facendo sen cortarse. Tódolos días podemos ver no DOG como se sacan a concurso (é un dicir, porque os adxudicatarios están moi claros a maioría das veces) todo tipo de servizos, así que non é ningunha novidade.

Sen embargo, esta última é especialmente cabreante: a partir deste mes, a impresión da nómina e a súa distribución será cousa dunha empresa privada. Non sabemos como se chegou á conclusión de que o persoal da Xunta o facía mal e de que o faría mellor esta empresa. Tampouco sabemos que é o que pasa cos datos íntimos do persoal e que figuran na nómina, como poden ser descontos ou retencións en nómina por débedas ou por pensións alimenticias. O que si sabemos é que a política de rematar coas privatizacións e as asistencias técnicas foi unha nube de verán: a estes o que lles gosta é a raiola do sol... que máis quenta.

19 de maio de 2008

Por fin, o Fondo de Acción Social do ano 2007

Como xa vos anunciabamos días atrás, no DOG de hoxe, día 19, saen publicadas tanto a convocatoria como os criterios do Fondo de Acción Social do ano 2007. Os distintos programas son os de xubilación, discapacitados, fillos menores, estudos fillos, estudos traballador, vivenda, maiores a cargo e gastos sanitarios. A presentación de solicitudes faráse a través da páxina web http://www.xunta.es/dxfp/fas.htm entre o 22 de maio e o 6 de xuño próximos.

Leede ben as bases e non vos olvidedes da documentación.

15 de maio de 2008

Fondo de Acción Social 2007

Está previsto que o próximo día 19 de maio se publiquen no DOG os criterios e prazos para solicitar a Acción Social do ano 2007. As solicitudes tamén se poderán formalizar electrónicamente.

9 de maio de 2008

O concurso de traslados, en xuño

Na xuntanza da Mesa Xeral de Empregados Públicos do día 7 de maio, a Administración da Xunta comprometeuse a que o concurso de traslados dos corpos xerais resolverase de xeito que as tomas de posesión se poidan facer durante o mes de xuño.

Xa non era sin tempo!

8 de maio de 2008

Mobilización en defensa dos servizos públicos en Pontevedra

Co traslado das distintas delegacións provinciais a un novo edificio administrativo en Pontevedra a Administración pretendía “consorciar” a xestión do novo servizo de gardería e amortizar prazas nos servizos de limpeza e mantemento. A finais de marzo nunha reunión cos sindicatos con representación na Xunta de Persoal da Provincia a Delegada da Presidencia informou destes plans e de que non eran negociables. A Xunta de Persoal iniciou unha serie de contactos, primeiro co Comité de Empresa da Consellería de Vicepresidencia, e despois con todos os comités das diferentes consellerias para inciar mobilizacións en defensa da xestión pública tanto da gardería como dos servizos de limpeza e mantemento. As mobilizacións comezaron o luns 29 de abril. Todos os sindicatos presentes tanto na Xunta de Persoal como nos distintos Comités de Empresa da Administración (CGT, CC.OO, CIG, CSIF e UGT) apoiaron esta primeira concentración diante da sede da Xunta en Pontevedra. Na asemblea da delegados posterior aprobouse intensificar as mobilizacións e pecharse indefinidamente na despacho da Delegada da Presidencia ata que se nos deran garantías de que estes servizos non se van privartizar, tamén se acordou convocar unha manifestación para o 16 de maio en Pontevedra. As novas accións (concentración e peche) tiveron lugar o luns 5 de maio. O peche non chegou a realizarse xa que a Delegada da Presidencia sostivo dúas reunións cos representantes dos diferentes sindicatos e se comprometeu, despois de dous amagos de ocupación do seu despacho, a garantir que todo o servizo de gardería sería público, non así os de limpeza e mantemento.

Este éxito relativo fixo que a posición de UGT, CC.OO. e o CSIF variara e propuxeran desconvocar a manifestación, mentras que CGT e CIG continuan coa posición inicial de loitar pola non privatización dos servizos de limpeza e mantemento.

5 de maio de 2008

A Oferta de Emprego Público deste ano

No DOG de hoxe saiu publicada a Oferta de Emprego Público para o ano 2008. O texto contén o propagandístico "acordo de consolidación de emprego" asinado cos sindicatos maioritarios e as prazas previstas nas nosas informacións anteriores. Se a queres consultar, pica aquí.

2 de maio de 2008

Irracionalidade no grupo D

Dúas recentes informacións amosan a irracional posición de algúns sindicatos sobre a situación do corpo xeral auxiliar da Xunta de Galicia (actualmente grupo D, grupo C2 segundo o Estatuto Básico). Non sería importante se non indicase a posibilidade de que a inxustiza se siga cebando neste grupo, claramente o máis maltratado da administración, dada as funcións que está desenvolvendo e as retribucións que padece.

Referímonos ao seguinte: na reunión da comisión de persoal do pasado 21 de abril, a administración comprometeuse cos sindicatos chamados maioritarios, entre outras cousas, a "abordar a reclasificación do grupo E (grupo profesional) ao novo grupo C2". É dicir, convertir o grupo D (C2) nun caixón de xastre onde teñan cabida tanto os compañeiros que fan recados ou abren sobres como os que fan resolucións, controlan subvencións ou manexan apliciacións informáticas. A posición da CGT é clara: as funcións do actual grupo E non teñen nada que ver coas do grupo C2 e, en todo caso, as deste grupo son as que hai que valorar, dado que realizan funcións propias do grupo C1 (actual C) ou superiores sen ningún recoñecemento nin retribución axeitada.

O segundo caso é a chamada "Plataforma Sindical Unitaria" para o persoal funcionario non docente, asinada polo sindicatos CCOO, CIG, CSIF e UGT. Nesta plataforma preténdese, entre outras cousas, unha Mesa de Negociación Específica, a recatalogación dos postos con reclasificación de grupo e incremento do complemento de destino, o incremento do específico en 244 euros mensuais e a negociación das funcións. Nesta proposta están de novo involucrados os funcionarios do grupo D. Manifestamos o noso rexeite a separar o persoal dos centros de ensino do resto do persoal (iso é o que quere a Consellería) e que hai que abordar a situación deste colectivo desde unha visión global e non creando un corporativismo de colexio que, ademáis, non resolve os problemas. A toxicidade non se amaña pagando máis, senón apartando ao traballador do traballo insaluble; os horarios abusivos non se amañan con cartos, senón loitando e esixindo horarios dignos. As diferenzas de situación non se solucionan negociando á parte, senón levando a mesas xerais as situacións de colectivos concretos. Basta xa de escalas especiais, de corpos especiais, de grupos especiais...

25 de abril de 2008

Promoción interna para os grupos D e A

No DOG de hoxe publícanse dúas resolucións dos tribunais para a promoción interna dos grupos D e A. Entre outras cousas, no grupo D declárase a todos os aspirantes exentos da segundo exercicio e ábrese un prazo de dez días para presentar a documentación da fase de concurso.

Resolución grupo D
Resolución grupo A

23 de abril de 2008

A mentira da Oferta de Emprego Público de 2008

“A bombo y platillo” foi presentada a Oferta de Emprego Público da Xunta de Galicia, nunha operación propagandística característica da clase política. Nada menos que 3283 prazas para ilusión dos opositores, fregue das mans nas academias y saque de peito dos sindicatos asinantes do acordo.

Pero tranquilos. A realidade desta tomadura de pelo é a seguinte:

Persoal funcionario (1347 prazas)
Promoción interna administración xeral: 435
Promoción interna para consolidación de grao persoal: 100
Acceso libre corpos xerais: 330
Acceso libre escalas: 7
Consolidación corpos xerais: 352
Consolidación escalas: 59
Acceso libre administración especial: 48
Consolidación administración especial: 16

Persoal laboral (1936 prazas)
Estabilización (laborais “regulares”): 1430
Consolidación (laborais “irregulares”): 433
OEP 2007 (acceso libre): 73

Especialmente penoso é a inclusión na OEP da chamada “promoción interna para consolidación de grao persoal”, que non supón nin creación de novas prazas nin cambio ou regularización da situación do persoal que aspire a elas, senón unha simple modificación do grao para ese reducido número de funcionarios. Despois da expectación espertada entre o funcionariado pola inclusión deste sistema de promoción, a realidade queda nunhas ridículas 100 prazas para o grupo C1 (grupo C ata agora). A CGT reivindica a posibilidade real de promoción efectiva de todo o persoal e o aprobado nesta OEP é unha pantomima de promoción.

En definitiva, os números cantan:
Acceso libre: 458 prazas (13,95 %)
Promoción interna con cambio de grupo: 435 prazas (13,25 %)
“Promoción interna” de consolidación de grao: 100 prazas (3,05 %)
O resto das prazas son de “consolidación” ou de “estabilización”, é dicir, prazas para os que xa están dentro e que suporán a creación de novos postos de laborais e a posterior funcionarización de moitos deles, polo tipo de traballo que desempeñan (sen posibilidade de concurso para o resto dos funcionarios). Distinto é o caso da promoción interna para cambio de grupo, dado que esta implica deixar vacante as mesmas prazas no corpo inferior.

Pantomima, fraude, engano... Estes son os principios informadores da política de persoal da Xunta de Galicia.

21 de abril de 2008

Manifestación do Primeiro de Maio

Este Primeiro de Maio, a CGT da Coruña ten previsto facer unha manifestación que sairá, ás 12 horas, da Praza de Pontevedra. Podedes ler a noticia completa picando aquí.

18 de abril de 2008

Xornada Formativa sobre o EBEP

O próximo venres, día 25, ás 17 horas, terá lugar unha xornada formativa sobre o Estatuto Básico do Empregado Público organizada polo sindicato. Será impartido por Luis Romón, Secretario Xeral da Federación de Administración Pública da CGT. O lugar cambia sobre o previsto inicialmente e será no edificio administrativo da Xunta en Monelos, na Aula 2. O enderezo é Praza de Luis Seoane, s/n, da Coruña. Facilitarase o material formativo axeitado.

Aínda quedan prazas, así que os interesados poden inscribrise dirixíndose ao enderezo electrónico que hai nesta páxina.

14 de abril de 2008

Acordo para a "mellora" do emprego público

Aquí tedes o texto do acordo de consolidación de emprego. Próximamente faremos unha valoración, que a poñeremos á vosa disposición.

O boletín "Cousas", dos compañeiros de Pontevedra

Os compañeiros de Administración Pública de Pontevedra editaron un interesante boletín. Se o queredes mirar, picade aquí.

11 de abril de 2008

Que pasa coa Oferta Pública de Emprego de 2008?

Pois o que pasa é que os sindicatos maioritarios están a negociala. Segundo o que se sabe, barállanse unhas importantes cifras de consolidación, é dicir, de prazas para o persoal laboral con sentenzas de "indefinidos non fixos" e de asistencias técnicas.


A postura da CGT é clara: non aceptamos que o proceso de "consolidación" supoña un detrimento das expectativas do persoal funcionario. Hai moitos compañeiros que levan 20 anos sen ter acadado nin unha mínima suba de nivel como para agora detraer unha manchea de prazas antes de dar a oportunidade a este persoal de facer unha promoción interna real.


A nivel informativo, as cifras que se manexan son as seguintes:

Total de prazas: 1.117
Promoción interna: 435
Acceso libre: 330
Consolidación: 352

8 de abril de 2008

Recoñecementos médicos

No DOG de hoxe sae publicada a disposición que regula os recoñecementos médicos para o persoal da Xunta de Galicia. Non está incluido o persoal dos centros docentes de Educación e Ordenación Universitaria, centros dependentes do Servizo Galego de Saúde, entes públicos e fundacións. Ademáis de facelo por escrito na solicitude do DOG tamén se pode facer electrónicamente a través da páxina http://webriscos.xunta.es

Os interesados teñen 15 días para presentar a solicitude.

3 de abril de 2008

Xornada formativa sobre o EBEP

A CGT da Coruña organizou unha xornada formativa sobre o Estatuto Básico do Empregado Público. A formación será impartida polo Secretario Xeral da Federación de Administración Pública da CGT (FETAP), Luis Romón. Celebraráse nos locais da CGT de Galicia o 25 de abril, venres, a partir das 17:00 horas, e facilitarase o material formativo necesario.

As persoas interesadas poden apuntarse no enderezo electrónico que figura nesta páxina ou chamando ao número de teléfono 655 353 981 (José del Río, traballador da Xunta).

Animádevos!

31 de marzo de 2008

Promoción interna do grupo B

No DOG de hoxe sae a convocatoria do primeiro examen para a promoción intrna do grupo B. Será en Silleda, o 18 de abril, ás 17 horas.

Sorte a todos e todas.

28 de marzo de 2008

Xa está convocado o 1º exame da promoción interna para o grupo C

No DOG de hoxe sae o acordo do tribunal fixando a data e lugar do 1º exame para a promoción interna do grupo C. Como estaba previsto, será o día 19 de abril, ás 11 da mañá, en Silleda. Sorte a todos e coidado cos móbiles.

26 de marzo de 2008

Novidades na declaración da renda

Hai algunhas novidades na declaración desta ano (é a do exercicio 2007). Poden ser importantes para aqueles que teñan ingresos medios ou baixos. Os interesados poden picar aquí.

17 de marzo de 2008

1º exercicio da promoción interna ao grupo A

No DOG de hoxe, 17 de marzo, luns, ven publicada no DOG a disposición que fixa que o primeiro exercicio para a promoción interna ao grupo A será o 18 de abril, venres, ás 18 horas.

Acordádevos do DNI e de deixar o móbil a bo recaudo, porque non volo gardarán. Pola experiencia doutras veces, hai xa boitres que se adican a localizar móbiles agochados polos opositores despistados que o leven enriba e os teñan que deixar en calquera lado.

Sorte a todos!

12 de marzo de 2008

Garderías para algúns

No DOG de hoxe publícase unha Orde de Vicepresidencia pola que se regula o procedemento de adxudicación de prazas de garderías para o persoal de Servizos Centrais e do Edificio Administrativo de Vigo. Xa sabiamos que había persoal de primeira e segunda, pero nos parece que facer discriminacións baseadas no sitio no que se prestan os servizos e intolerable. Que pasa co persoal da Coruña ou Ferrol, por exemplo? Teñen menos necesidade de garderías, a criterio de Vicepresidencia? Se vos queredes cabrear, picade aquí.

11 de marzo de 2008

Zapatero contestou a través dun recadeiro

Xa vos informamos que o pasado decembro a nosa federación de administración pública da CGT (FETAP) lle enviara unha carta a Zapatero recordándolle os incumprimentos electoriais, sobre todo en materia salarial.

Pois ben, xa contestaron, se se lle pode chamar contestación á carta que enviaron. En definitiva que todo é marabilloso e que os funcionarios vivimos no país das fadas. Xuntamos, a continuación, tanto a carta da FETAP (novamente) como a contestación.

Carta a Zapatero
Contestación

7 de marzo de 2008

O concurso de traslados, por fin

No DOG de hoxe publícase a resolución da Dirección Xeral da Función Pública na que se da publicidade á puntuación provisional do concurso xeral de traslados. Pódense consultar as puntuacións na páxina web da Xunta.

Aconsellámosvos que revisedes as puntuacións, porque xa detectamos abondantes erros.

6 de marzo de 2008

Méritos para a promoción interna do grupo D

No DOG de hoxe públicase a resolución da Dirección Xeral da Función Pública que establece o procedemento para a acreditación dos méritos da fase de concurso para os participantes na quenda de promoción interna para o grupo D. Para consultar o DOG pódese picar aquí.

29 de febreiro de 2008

Tribunais para a promoción interna

No DOG de hoxe, día 29, saen publicados os tribunais para a quenda da promoción interna dos corpos xerais da Xunta dos grupos A, B e C. Entre os membros do tribunal están "Manuel López López", "Jesús Castro Barreiro", "Marta Pérez López", etcétera. Este Manuel López López, é o profesor da Universidade de Santiago ou o taberneiro da esquina? Jesús Castro Barreiro é o experto en dereito constitucional ou é o experto en reparación de automóbiles de talleres "Los Siete Hermanos"?

Cando se ten o dereito de exercer a recusación dos tribunais, deberíase facilitar o recoñecemento dos seus membros e identificalos non só polos seus nomes. Pero é que ás veces, parece que imos para atrás en vez de cara diante.

19 de febreiro de 2008

Consolidando, consolidando, é ao resto que nos vaian dando

O resto do que falamos son os que están dentro, os que levan vinte anos sen poderse promocionar, sen cambiar de nivel, sen incentivos...

A CGT xa espoñeu, cando se ía aprobar a modificación da Lei da Función Pública de Galicia, que se definise o concurso-oposición como un "sistema normal" de acceso á función pública. Para nós, este debe ser un sistema extraordinario, para impedir, precisamente, que servise de coladeira para tanto chanchullo que se ten feito en materia de persoal. Pois ben, xa o temos: un proceso de consolidación de emprego polo sistema de concurso-oposición no que interinos, laborais irregulares e outros colectivos poderán "normalizar" a súa situación. Os sindicatos representativos na Xunta levan meses negociando o asunto e pronto sairá adiante. E que conste que non nos opoñemos a que haxa concursos-oposicións; opoñémonos a que se fagan cos criterios preconcebidos de facilitar absolutamente o acceso aos implicados sen un nivel mínimo de esixencia. Cando saian os baremos, saberémolo.

6 de febreiro de 2008

Póliza de seguros

Para a información de todos, colgamos hoxe a póliza de seguros vixente para o persoal da Xunta. Dexesamos que non a teñades que utilizar.

31 de xaneiro de 2008

Cursos para algúns

No DOG de hoxe sae a convocatoria dos cursos de formación continua da EGAP. A simple vista, semellan unha manchea deles, pero se os miramos con calma vemos a realidade, que é a de sempre:
- Os cursos presenciais son, a maioría, en Santiago.
- O horario é a conta do traballador.
- Moitos cursos específicos, polo que os que estean en consellería que "pasen" non terán oportunidade de facer cursos que, non nos enganemos, serven para ter máis puntos nos concursos de traslados.
- Poucos cursos para os grupos D e E, que son os grupos máis numerosos.
- Abuso da "teleformación", privando aos que non teñen medios de formarse axeitadamente.

En fin, outro ano máis de incompetencia e insensibilidade...

Promoción interna

No DOG de hoxe saen as disposicións sobre as listas definitivas da promoción interna aos grupos A, B e C. Pódense consultar picando aquí. Tamén saen instruccións do tribunal para a promoción interna ao grupo D, fixando o examen para o día 9 de febreiro, ás 10:30 horas en Silleda. Sorte a todos.

30 de xaneiro de 2008

Acordo para as plazas de libre designación

Asinouse un acordo entre a Xunta de Galicia e os sindicatos CIG, CCOO e UGT que establece os criterios para as libres designacións, así como cando sairán a concurso. No acordo aparece o concepto de "Especial responsabilidade" para definir as prazas que serán de LD ou non, así que xa temos a posibilidade de "mangancha" aberta. Por outro lado, hai que destacar o prazo para os concursos de libre designación: a Xunta conseguíu o que quería, é dicir, que os "seus" teñan as mesmas posibilidades que os dos "outros" cando se dean convocado os concursos. Todo isto sen desprezar aos que son duns ou doutros segundo sople o vento.

25 de xaneiro de 2008

Retribucións do persoal da Xunta de Galicia para o ano 2008

Xa tedes ao voso dispor un cadro coa información sobre a Retribución do Persoal da Xunta de Galicia para o ano 2008. Basta con premer no enlace anterior ou tamén no enlace correspondente no apartado "Documentos de Interese" na columna dereita deste mesmo blog.

18 de xaneiro de 2008

Promoción interna grupo D

Hoxe sae no DOG a publicación das listas de admitidos e excluídos para a promoción interna ao grupo D. Para consultalas pódese picar aquí.

17 de xaneiro de 2008

Os cursos da EGAP

No DOG de hoxe sae o plan de cursos da EGAP para este ano 2008. Cando se convoquen veremos se cambian de criterios e non seguen convocando a maioría dos cursos en Santiago e os acercan ás localidades de traballo.

15 de xaneiro de 2008

Criterios cursos EGAP

Colgamos, por ser de interés xeral, os criterios para a selección dos participantes nas actividades da EGAP que saíron publicadas o pasado día 10 deste mes. Pódese consultar tamén picando aquí.

3 de xaneiro de 2008

Promoción interna para os grupos A, B, e C

No DOG de hoxe saen as correspondentes disposicións de exposición de admitidos e excluídos nas quendas de promoción interna de funcionarios dos grupos A, B, e C.

O plazo para emendar os defectos da solicitude remata o día 16 deste mes.

Pódense consultar as listaxes picando aquí.

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo