Segundo informacións periodísticas con orixe nun sindicato que, polo visto, ten informacións privilexiadas, van restituir os días adicionais por trienios e por antigüidade que foran roubados aos empregados públicos xunto cos dereitos económicos incautados. Estes días adicionais poderían ser utilizados xa este mesmo ano.
De ser así, a restitución aos traballadores da Xunta sería inmediado, dado que o actual texto da función pública galega garante que os días para os empregados públicos da Xunta serán os mesmos que para a Administración Xeral do estado.
Outra cousa son os cartos da paga extra, onde teremos que agardar aos intereses políticos de Feijóo.
Por certo, esta devolución dos días non restitúe os dereitos incautados, dado que non devolven o valor dos días roubados todos estes anos. Hai que recordar que os días foron negociados a cambio de conxelacións salariais no seu momento.