31 de marzo de 2014

Concurso de corpos xerais: cambio de destinos

O DOG de hoxe publica a resolución pola que se indica que os afectados polo concurso de corpos xerais será mañá, 1 de abril. Así mesmo, o prazo de toma de posesión será de tres ou sete días, dependendo de se se trata da mesma ou distinta localidade, que deberán ser contados desde o seguinte ao que se produza o cesamento.

28 de marzo de 2014

Montoro baila "La yenka"

Montoro anuncia que este ano devolverá aos empregados públicos outro día dos de libre disposición dos chourizados con anterioridade. Con isto podemos facer as seguintes afirmacións:
  • Os días foron eliminados co único obxecto de facer dos empregados públicos exemplo para o resto dos traballadores, dado que non serviron nin serven para combater a crise. Doutro xeito non os devolverían.
  • Os días son devoltos para mellorar a súa imaxe entre os empregados públicos, moi deteriorada, ante a inminencia de procesos electorais. É una medida que sae gratis.
Os empregados públicos temos memoria e non imos esquecer que foi este goberno e este ministro responsable de medidas durísimas contra nós; así que devolver parte do que é noso non nos vai facer cambiar a opinión que temos deles. Tampouco esquecemos a Feijóo e os tres días laminados, o Fondo de Acción Social desfeito e as pagas extras diminuidas.

25 de marzo de 2014

Plan de autoformación

O DOG de hoxe publica o programa de autoformación para o persoal da Xunta de Galicia. Este plan consiste na inscrición libre nas actividades que se indican, sen establecemento de calendario concreto, e na realización de probas de xeito voluntario a a finais de ano.

21 de marzo de 2014

Tomas de posesión definitivas

O DOG de hoxe publica a convocatoria, para os grupos A2 e C1, de elección de destinos definitivos. Cómpre lembrar que, cando remate este proceso, producirase o cesamento e tomas de posesión dos afectados polo concurso de traslados de corpos xerais.

20 de marzo de 2014

Feijóo non ten vergoña

A decisión da Xunta de seguer recorrendo todas ase sentenzas que a obriguen a devolver parte da paga extraordinaria do ano 2012 aos seus empregados é, sinxelamente, vergoñenta. Non lles importa que preto de 300 sentenzas se pronunciaran xa no mesmo sentido e a Xunta xa anunciou que non pagará nada ata que se pronuncie o Tribunal Constitucional. Semella que, se por eles fose, apelarían tamén a Estrasburgo para aforrarse una mísera parte do que lle incautaron aos traballadores.
Non podemos esquecer que o que se dirime nos tribunais é só una pequeña parte do roubado no nadal de 2012, senón que tamén están as diminucións dos anos 2013 e o ano 2014, que só aplicou a Xunta de Galicia.
Os traballadores segueremos reclamando os nosos cartos -incluidos os que se apropiou o goberno de Zapatero- pese a quen lle pese e por moitos desaxustes orzamentarios que poñan como escusa os políticos de turno-

19 de marzo de 2014

Horarios dos trens da dignidade

Os trens que levarán o sábado, día 22, o apoio ás Marchas da Dignidade desde Galicia ata Madrid, xa teñen horario, salvo correccións de última hora:

Cidades e horas
  • A Coruña: 07:15 horas
  • Compostela: 07:45 horas
  • Ourense: 08:30
  • Pontevedra: 06:08
  • Vigo: 06:41
Chegada a Madrid: 13:19
Saída de volta desde Madrid: 22:45

14 de marzo de 2014

Todo en marcha para o día 22

As previsións para apoiar as Marchas da Dignidade que se xuntarán en Madrid o día 22 de marzo xa foron desboradadas. Os trens están cheos e agora se poñen en funcionamento autocares para facer o desplazamento.
As persoas interesadas teñen información picando aquí.

Vémonos en Madrid!
Contra o capitalismo!
Pola dignidade do pobo!

5 de marzo de 2014

Control das baixas

O DOG de hoxe publica o acordo de encomenda de xestión entre varias conxellerías (Presidencia, Medio Ambiente, Cultura, Traballo, Medio Rural, Sanidade) e esta última para que poidan controlar as incapacidades temporais por emdio da Inspección da Consellería de Sanidade. Así, os empregados públicos enfermos poderán ser enviados a esta inspección independentemente do seu réxime (Seguridad Social, Muface, Mugeju) para ser avaliados.
O obxectivo deste plan é reducir os gastos e para conseguilo non hai mellor que ser xuíz e parte.

3 de marzo de 2014

O resolución do concurso de corpos xerais, no DOG

O DOG ven de publicar a resolución do concurso xeral de traslados de febreiro do ano pasado. Os prazos posesorios se publicarán una vez que os funcionarios en destino provisorio elixan destino definitivo. Os interesados poden presentar recurso de reposición no prazo dun mes ante a Dirección Xeral da Función Pública ou de dous meses directamente ante o Contencioso.

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo