25 de agosto de 2011

Morrendo e couceando

Zapatero ven de anunciar unhas novas medidas disque para "fomentar o emprego". As medidas anunciadas son as seguintes:

  • Elevar a idade dos contratos formativos ata dos 25 aos 30 anos: Reformar estes contratos, que é unha bolsa de fraude evidente dentro das empresas, é entregar atados de mans e pés aos traballadores novos, que se verán obrigados a aceptar condicións de escravitude aínda máis duras que as actuais.
  • Eliminar a prohibición dos encadeamentos de contratos temporais: Supón a legalización do fraude máis xeralizado, que é o encadeamento de contratos en fraude de lei.
  • Pagamento, por parte do FOGASA de 8 días en caso de despedimento dos contratos indefinidos de 20 días de indemnización: É a subvención do despido e, polo tanto, o abaratamento para os empresarios.
Zapatero e o PSOE consumarán esta nova agresión aos traballadores, co beneplácito non declarado do PP. Aprendamos con quen nos xogamos o futuro.

24 de agosto de 2011

Non teñen vergoña


Que o Parlamento e o Goberno non son máis que manifestacións da inxusta xerarquización social e que está ao servizo dos poderosos é algo que os anarcosindicalistas temos claro desde sempre, así que non nos sorprende en absoluto o seu sometemento aos intereses do capitalismo máis voraz. Que a Constitución é pouco máis que un papel cheo de literatura sen contido real é algo que sempre denunciamos, así que tampouco nos escandaliza que a fagan ou desfagan consonte aos intereses citados.
Pero o que non é tolerable é que, cun Parlamento morto, a dous meses das eleccións, sen que ningún partido a levase non seus programas, sen debate social, sen consultas, o goberno pretenda facer unha modificación-exprés da Constitución para axeitala ás suxestións da dereita más rancia de Europa. Só desde o servidume duns políticos e a inmoralidade do resto deles se pode xustificar a intentona. Non deberíamos quedármonos cos brazos cruzados.

16 de agosto de 2011

Pero que máis moderación salarial queren?

Elena Salgado, vicepresidenta do goberno, esta a favor da moderación salarial plantexada polo candidato Rubalcaba, pero estendéndoa ao sector público. Anunciou tamén que o goberno non elaborará os presupostos do ano que ven -polo tanto, prorrogaranse os de este ano cunha suba do 0% nas retribucións dos empregados públicos- e animou aos sindicatos a participar na escabechina.
Despois da rebaixa do 5% do ano pasado e do 0% deste ano cunha inflación superior ao 3% vir agora falando de moderación salarial é unha burla aos traballadores. Sobre todo cando se teñen, como Salgado, un millón de euros en patrimonio, polo menos.

10 de agosto de 2011

Sindicatos de clase pola mobilización unitaria contra o Pacto Social e pola Folga Xeral (2º encontro)

 
Comunicaco conxunto:
"Las organizaciones sindicales Confederación General del Trabajo (CGT), Confederación Nacional del Trabajo (CNT), CO.BAS, Coordinadora Sindicalismo de Clase (CSC) y Solidaridad Obrera (SO) , nos reunimos el pasado 29 de Julio en este segundo encuentro con el objetivo de continuar dando pasos hacia un calendario de movilizaciones conjunto, desde la unidad de acción y de clase, hacia una Huelga General contra las políticas de recortes y pérdida de derechos impulsada por el gobierno y las instituciones europeas, a instancias de la patronal y los mercados.

8 de agosto de 2011

Casi 27 millóns de euros en subvencións

O goberno acordou repartir entre os sindicatos colaboradores a cantidade de 26,6 millóns de euros, nesta ocasión para a formación dos empregados públicos. Así, tanco CC.OO. como UGT recibirán 10,3 millóns cada ún, a CSIF 4,2 e outros sindicatos menos de un millón cada un.
Se algún aínda se estaba preguntando o motivo da indiferencia sindical coa que está caendo, aquí ten algunha resposta.

1 de agosto de 2011

O FMI, á carga de novo

No seu informe anual sobre España, o Fondo Monetario Internacional, ese organismo teóricamente dependente da ONU, pero de feito un dos axentes do máis voraz capitalismo, ven de dicir que a cousa vai ben, pero que aínda non son suficientes as reformas. E cales so as reformas que propoñen para que todos poidamos vivir millor (ha!)? Pois son: a descentralización da negociación colectiva, o incremento do IVA e dos impostos especiais, a reducción en gastos dos empregados públicos e o abaratamento do despido.

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo