30 de xuño de 2017

Xa está ben!

Como era de esperar, os medios de comunciación volven anunciar, con altofalantes, a suba do 1% das retribucións deste ano. Como era de esperar, converten a noticia nunha nova propagandística do goberno Feijóo.
Menten cando falan de "recuperación salarial" (o 1% é menos que o IPC); enganan cando falan de 200 euros no semestre (isto suporía salaios de 40.000 euros anuais); menten cando falan de incremento salarial do 3% (inexistente).
Basta xa de mentiras e de facerse voceiros do goberno de turno! Se uns non teñen vergoña, os outros non lle andan lonxe.

28 de xuño de 2017

Suba do 1%

Hoxe publica o BOE a Lei de presupostos xerais do estado para o ano 2017. Nesta lei figura a suba do 1% das retribucións dos empregados públicos para este ano, así que xa non hai ningunha escusa para que a Xunta faga o mesmo sen máis dilación.
Temos que ter en conta tamén que, dados os meses trascorridos desde xaneiro, a retención para o IRPF subirá, outra vez,  nos meses que faltan ata chegar a fin de ano.
Tamén figura na lei a suba das pensións, tanto da Seguridade Social como de Claes pasivas, que será do 0,25% anual. A miseria feita disposición oficial.
Aproveitamos tamén para comentar que na paga extra do mes de xuño se manteñen as medidas de Zapatero do ano 2010, é dicir, que a pesar da recuperación do específico, os funcionarios teñen recortados tanto o soldo como os trienios das pagas. Outra mentira máis. E van...

12 de xuño de 2017

Normas para a xornada de verán

Fíxose epública a nota informativa de Función Pública sobre a xornada de verán deste ano. Esencialmente é igual que o ano pasado: do 16 de xuño ao 15 de setembro, seis horas entre as 08:00 e as 15:00, e normas para especiais para conciliación e para computar os excesos de xornada dos meses de maio e xuño.

9 de xuño de 2017

Xa está ben!

O dos gobernos non ten nome. Aínda non nos pagaron os ridículos atrasos deste ano e xa están anunciando, con todo o que poden, que garanten a suba aos empregados públicos superará, para o ano que ven, o 1 %.
Canto é isto? O 1,1 %? Ou deulles a arroutada e nos van subir o 25 % do que perdemos nos últimos anos? Como andan escasos de vergoña, é máis fácil que sexa o primeiro que o segundo, así que non nos fagamos esperanzas.
O que é intolerable é este rosario de anuncios na prensa. Cada vez que o anuncian nos volven colocar na picota, axitando o malestar do persoal. Por favor, non volvades anunciar nada ata que nos paguedes!

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo