18 de abril de 2011

O Xulgado do Contencioso-Administrativo nº1 de Pontevedra volve dar a razón á CGT

O pasado venres 8 de abril en auto do Xulgado Contencioso-Administrativo nº1 de Pontevedra ordenábase á Xunta de Galicia que procedera a facilitar un local sindical e taboleiro sindical ao Sindicato de Administración Pública de Pontevedra da CGT, aplicando cautelarmente a sentencia favorable á CGT por tutela de dereitos fundamentais dictada en setembro de 2010 e recorrida pola Administración no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
O auto considera que o prexuízo para CGT ao non dispor de local e taboleiro sindical durante a campaña electoral pode ocasionar un prexuízo de imposible reparación, tal e como sucedeu, xa que, a negativa da Administración a darnos o que nos corresponde legalmente influíu tanto na elaboración da candidatura do noso sindicato como os resultados acadados no Edificio Administrativo de Pontevedra onde partíamos coa enorme desventaxa de non ter local sindical como o resto dos sindicatos con representación e nin tan sequera taboleiro.
Dende o Sindicato de Administración Pública de Pontevedra da CGT agardamos que o fulminante cesamento, o mesmo día de coñecerse a sentencia, do Xefe Territorial de Presidencia, principal interesado en non darnos o local sindical e o taboleiro, facilite que dunha vez por todas a Administración comece a cumprir a legalidade.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo