Amosando publicacións coa etiqueta IRPF. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta IRPF. Amosar todas as publicacións

28 de xuño de 2017

Suba do 1%

Hoxe publica o BOE a Lei de presupostos xerais do estado para o ano 2017. Nesta lei figura a suba do 1% das retribucións dos empregados públicos para este ano, así que xa non hai ningunha escusa para que a Xunta faga o mesmo sen máis dilación.
Temos que ter en conta tamén que, dados os meses trascorridos desde xaneiro, a retención para o IRPF subirá, outra vez,  nos meses que faltan ata chegar a fin de ano.
Tamén figura na lei a suba das pensións, tanto da Seguridade Social como de Claes pasivas, que será do 0,25% anual. A miseria feita disposición oficial.
Aproveitamos tamén para comentar que na paga extra do mes de xuño se manteñen as medidas de Zapatero do ano 2010, é dicir, que a pesar da recuperación do específico, os funcionarios teñen recortados tanto o soldo como os trienios das pagas. Outra mentira máis. E van...

23 de xullo de 2015

O timo do IRPF

Están a piques de chegar as nóminas do mes de xullo e nelas observaremos o penúltimo timo do goberno de turno. Hai un mes, o inefable Rajoy anuncióu, con toda a parafernalia, unha rebaixa no IRPF a partir deste mes. Esta rebaixa ía supoñer uns 20 euros ao mes de media.
Pois ben: a rebaixa xa está aquí: á maioría dos empregados públicos non só non lles supón, nin de lonxe esta cantidade, senón que, ademáis, a rebaixa ten trampa. Como se aplica desde o 1 de xaneiro, nos meses que faltan ata fin de ano estanse facendo uns descontos superiores para compensar o xa pagado entre os meses de xaneiro e xuño. Isto suporá que, aínda que non houbese suba para o ano que ve, o desconto a conta do IRPF, volverá subir ao chegar o próximo xaneiro.
Fiar das verbas dos políticos é dunha inxenuidade palmaria. Facerlles caso en tempos electorais é xa estúpido.

12 de maio de 2015

Outro cacho de paga extra

No mes de maio a Xunta devolverá outra parte da paga extra que fora incautada en decembro de 2012, segundo se estableceu na Lei de emprego público de Galicia, recentemente aprobada.
A contía do que se vai devolver corresponderá ao 24,04 % dos importes deixados de percibir no seu momento (44 días de 183), do que hai que deducir o devolto ata o de agora. Isto supón un cambio de criterio fronte a devolución anterior, que estaba baseada no concepto de devengo, diferente segundo se fose funcionario ou laboral e distinto segundo o concepto retributivo entre os funcionarios.
A devolución farase de xeito automático no último destino do persoal, tendo en conta que os que non estean prestando servizo no momento do pago deberán solicitar a devolución correspondente.
Por último, recordamos que o que se perciba en concepto de recuperación contará, para os efectos do IRPF, como retribucións do ano 2015.

27 de marzo de 2013

Borrador da declaración da renda

A Consellería de Facenda facilita, a través da páxina do empregado público, o borrador ou os datos fiscais dispoñibles dos empregados públicos da Comunidae Autónoma de Galicia.
Os interesados poden tamén consultar a guía rápida para a información que precisen.

18 de marzo de 2013

IRPF

Xa estamos recibindo os empregados públicos o certificado dos ingresos anuais para a declaración da renda do ano 2012. A CGT proponvos o seguinte exercicio: collamos os certificados desde o ano 2009, por exemplo, e vaiamos mirando as retribucións anuais; despóis, se temos gañas, sumémoslles o IRPF. Finalmente, reflexionemos sobre as verbas dos políticos: "non se perde poder adquisitivo", "este ano cóbrase máis que o pasado"...
Revisemos, definitivamente, as nosas posicións con respecto á democracia burguesa, ao capitalismo, ás ilusións parlamentarias... e actuemos en consecuencia.


28 de xaneiro de 2013

O estacazo do IRPF

Como xa avisábamos no seu momento, a maioría dos empregados públicos atopámonos cunhas nóminas máis recortadas que as dos últimos meses do ano pasado. A explicación desta situación é que este ano as retribucións totais serán superiores que as do ano pasado, debido a que recuperamos a paga extra de decembro e a que o IRPF dos últimos meses do ano pasado foi inferior ao ter que compensar que os primeiros meses aplicouse como se se fose percibir a paga mencionada.
Sexa com sexa, o goberno segue espremento aos traballadores, ao non modificar as táboas do IRPF co IPC correspondente, polo que se están pagando os mesmos impostos por uns cartos que teñen menor valor na actualidade.

27 de agosto de 2012

Axustado o IRPF

Nas nóminas do mes de agosto producíuse, por fin, o axuste do IRPF que resulta da expropiación da paga extra de decembro, polo que se cobrará un chisquiño máis. Pero como a ledicia dura pouco na casa do pobre, o IRPF volverá subir en xaneiro, co cal volveremos cobrar menos que na actualidade.

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo