28 de abril de 2014

Actos do Primeiro de Maio

  • A Coruña: Manifestación conxunta coa CUT, o STEG, o SF e o Sindicato da Elevación. Ás 12:30 horas na Praza de Pontevedra.
  • Pontevedra: Manifestación conxunta coa CNT. Ás 13:00 horas na Praza da Ferrería.
  • Vigo: Manifestación unitaria con CNT, CUT, Intersindical, Sindicato de Elevación, STEG, e Sindicato de Xornalistas. Ás 11:00 horas na Praza de Fernando o Católico (Urzaiz).
  • Ourense: Manifestación do Bloque Crítico de Ourense, formado polos sindicatos CGT, CNT, CUT, SF, STEG e outros colectivos. Ás 12:00 horas, dende a Ponte Romana.

14 de abril de 2014

Os cartos de Feijóo

Feijóo ven de dicir públicamente o que moitos nos temiamos: que ten a intención de seguer incautándose do noso salario os próximos anos. Non cabe outa interpretación das súas declaracións no seu subvencionado diario, nas que ven dicir que "no tengo dinero" para repoñer os recortes salariais aos empregados públicos. Nós, modestamente, queremos lembrarlle ao presidente da Xunta o seguinte:
  • Non é de boa educación dicir "no tengo dinero". Os cartos non son teus, Albertiño, e, polo tanto, cando os gastas estás gastando o de todos.
  • Si hai cartos, só que o teu interés está en gastalo noutras cousas; subvencionando medios de comunicación, por exemplo. Que os traballadores cobren o que é xusto e seu non está nas túas prioridades.
  • Levamos case 5 anos de roubo e queremos os nosos cartos. E, por favor, non fales no noso nome nin digas que "os empregados públicos farían o que eu fago". Non engadas burla ao roubo.

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo