Esta suba, vencellada ao incremento do PIB, reflectirase nos recibos de salarios do mes de xullo e con ela, o goberno de Feijóo pretende que se recuperará o poder de compra do persoal da Xunta dos últimos anos.
Pois ben, esta suba é moi inferior ao que perdemos nos anos da crise-estafa, así que, aínda que a suba é superior ao IPC, a débeda que teñen as administracións co seu persoal segue sendo elevadísima. Só temos que lembrar a redución salarial do 5%, a eliminación das pagas extras de decembro e a morea de anos que non se nos subiron as retribucións.
Benvido sexa o 0,25%, pero non aceptemos a propaganda de Feijóo. E unha última cousa, preperémonos para outra suba da retención do IRPF con carácter retroactivo dese o 1 de xaneiro.
Amosando publicacións coa etiqueta Retribucións b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Retribucións b>. Amosar todas as publicacións
4 de xullo de 2019
28 de decembro de 2018
Cambios na Lei de Emprego Público
O DOG de hoxe ven de publicar a Lei de medidas fiscais e administrativas para o ano 2019. Esta lei modifica outras varias, entre elas a lei de emprego público de Galicia. Entre outras modificacións, cabe salientar a eliminación, por fin, dos descontos en caso de enfermidade do empregado público, que pasará a cobrar, desde o primeiro día, o 100 % das retribucións do mes de inicio da incapacidade laboral. Por outro lado, o permiso por parto, adopción o acollemento, pasa a ser de vinte e dúas semanas, aumentando as actuais.
27 de decembro de 2018
Salario Mínimo Interprofesional
Hoxe publica o BOE o Real Decreto sobre o Salario Mínimo Interprofesional do ano 2019. establécese en 900 euros mensuais (14 pagas ao ano) ou 30 euros diarios.
Para os traballadores non afectados directamente polo importe do SMI, o incremento ten a importancia de que as retencións xudiciais están referidas a este SMI, que é inembargable, así que os afectados por estas retencións deberían ver minoradas estas a partir de xaneiro.
A suba do ano 2019
O BOE de hoxe publica a disposición que marca a suba salarial do próximo ano, entre outras cousas. Segundo esta disposición, no ano 2019 as retribucións dos empregados públicos terán un incremento do 2,25 % sobre as de decembro de 2018. Ademáis poderá haber un incremento adicional, a partir de xullo, se o IPC se incrementa segundo a táboa seguinte:
- PIB igual a 2,1: 0,05 %.
- PIB igual a 2,2: 0,10 %.
- PIB igual a 2,3: 0,15 %.
- PIB igual a 2,4: 0,20 %.
- PIB igual a 2,5: 0,25 %.
Con este incremento, é probable que recuperemos parte do poder de compra perdido nos últimos anos, pero é claramente insuficiente. A este ritmo (que probablemente non se dará), tardaremos 20 anos en recuperar o perdido. Hai que ter en conta que, cando os recortes, non tiveron escrúpulos en facelos de golpe e todo xunto, mentras que na recuperación o ritmo é de pasiño a pasiño.
13 de setembro de 2018
A minisuba
O DOG de hoxe publica a Orde pola que as retribucións do persoal da Xunta suben, con efectos do día 1 de xullo pasado, un 0,25%. Con esta minisuba, as retribucións son, a partir de xullo, 1,75% máis altas que en decembro do ano pasado.
Esta suba supón unha nova merma na nosa capacidade de compra, se temos en conta que o IPC dos últimos doce meses subiu un 2,2%. Para esta desviación no IPC non hai prevista ningunha revisión salarial. Podemos agradecer aos sindicatos chamados "maioritarios" este novo estacazo ás nosas retribucións, que se fai non só sen mobilizacións nin mostras de rexeitamento por parte dos traballadores, senón que se aplica coa sinatura dos que deberían encabezar a dita protesta.
Supoñemos que a suba e os míseros atrasos se farán na nómina deste mes, dado que non hai ningún motivo para non facelo.

30 de xullo de 2018
No Estado xa cobran o 100% nas IT
O BOE de hoxe publica un Real Decreto mediante o que se establece, para o persoal da Administración Xeral do Estado, o dereito a percibir un complemento por IT ata o 100 % do salario do mes en que se produza a baixa.
Non hai ningún motivo, salvo a cicatería, para que o señor Feijóo siga mantendo os descontos nas IT dos traballadores da Xunta. Reclamamos entón a aplicación desta medida de xeito inmediato.
Ademáis disto, está o Fondo de Acción Social e todo a capacidade de compra dos últimos anos. Se o presidente da Xunta foi rápido para impoñelos, non debe ser agora menos rápido para restituir os dereitos.

13 de xullo de 2018
A suba no DOG
O DOG de hoxe publica as instrucións da confección de nóminas, coa actualización das retribucións desde o 01 de xaneiro pasado.
A Orde establece un incremento salarial do 1,5 % con respecto ao ano 2017, e deixa para máis adiante a suba do 0,25% que debería aplicarse desde o 01 deste mes de xullo. Tamén se establecen as novas cotas para os mutualistas e para Clases Pasivas.
Aínda que a Orde non di nada ao respecto, é de imaxinar que a Xunta ordeará o pagamento no presente mes de xullo.
Lembramos tamén que esta suba non supón, nin sequera, a recuperación do IPC. Seguemos recorte tras recorte.

4 de xullo de 2018
Publicados os presupostos do Estado
O BOE de hoxe publica os Presupostos Xerais do Estado para o ano 2018. Nesta Lei figura, no seu artigo 18, o incremento retributivo, que consiste nun 1,5% e outro 0,25% se o PIB sube, no ano 2017, polo menos, un 3,1%. Curiosamente, o PIB, segundo o avance do INE, subiu un 3,1%, así que temos dereito a esta suba. A suba do 1,5% terá efectos do 1 de xaneiro pasado e a suba do 0,25% terá efectos do 1 de xullo de 2018.
Non hai ningún motivo para que a Xunta aplique esta esmola na próxima nómina, así que agardamos que o faga de inmediato.
Non hai ningún motivo para que a Xunta aplique esta esmola na próxima nómina, así que agardamos que o faga de inmediato.
29 de xuño de 2018
Aprobáronse os presupostos de 2018
A aprobación definitiva dos presupostos supón, para os empregados públicos, unha mini-suba do 1,75% con carácter rtetroactivo desde o 01 de xaneiro pasado. esta suba segue sendo ridícula e non compensa nin o manipulado IPC dos últimos doce meses, que foi do 2,1%, pero seguen intentando vendelo como unha gran cousa.
A Xunta non ten xa ningún motivo técnico, salvo a publicación oficial, para abonar no mes de xullo as cantidades que se deben aos empregados públicos desde xaneiro. Agardamos que así sexa.
A Xunta non ten xa ningún motivo técnico, salvo a publicación oficial, para abonar no mes de xullo as cantidades que se deben aos empregados públicos desde xaneiro. Agardamos que así sexa.
9 de marzo de 2018
Sobre a suba salarial
Parece que está a piques de asinarse, por parte dos sindicatos habituais, o acordo da suba salarial dos empregados públicos para os próximos tres anos. Intentamos aquí explicar os puntos do acordo, sempre a expensas de que non haxa cambios na asinatura final:a) As retribucións subirán nun tramo fixo un 1,75% este ano, un 2.25% o ano 2019 e un 2% no ano 2020.
b) Haberá un tramo variable en función do Produto Interior Bruto. Se se mantén dentro do fixado por Bruxelas, habería unha suba do 0,25% o ano 2019 e o 1% o ano 2020.
25 de xaneiro de 2018
A voltas coa suba
Cristóbal Montoro anunciou que está disposto a aceptar unha suba salarial para os empregados públicos do 1,5% para o ano 2018, o 1,75% o 2019 e o 2% o ano 2020. Tamén di que os salarios subirán adicionalmente o 0,25% no 2018 e o 0.50 no 2019 e o 2020 se se cumple a previsión do Produto Interior Bruto. Se a suba do PIB supera en catro décimas a previsión, a suba adicional sería do 0,50% no ano 2018 e o 0,75% nos anos 2019 e 2020. Finalmente, se se cumple o obxectivo de déficit en 2020, subiráse outro 0,50%.
28 de decembro de 2017
Os soldos deben esperar
Publica o DOG de hoxe a Lei de orzamentos de Galicia para o ano 2018 e, como era sabido, o incremento das retribucións para o eprsoal da Xunta é inexistente. Eso sí, nunha disposición adicional figura que, de subir as retribucións a Administración Central, a suba na Xunta sería automática e na mesma porcentaxe.
Ë indignante xa non só que a suba vaia ser ridícula (entre o 1 e o 1,5% de suba), sen recuperar o poder de compra perdido non últimos anos, senón que ademáis esteamos suxeitos aos vaivéns políticos e que a falta de presupostos nunha administración serva como coartada para demorar o pago desa mínima suba. Desde a CGT esiximos que se suban os salarios xa e que se fagan recuperando o perdido nos últimos anos. Calquera outra medida é inxusta e insultante.

5 de decembro de 2017
Por un traballo público digno
Desde CGT y las Federaciones que trabajamos en lo Público, queremos denunciar que las políticas autoritarias impuestas a las clases asalariadas desde el inicio de “la crisis-estafa”, han conllevado, no sólo desposesión y robo de derechos públicos esenciales para la vida (como la sanidad, la educación, los cuidados, la cultura, la comunicación, los transportes públicos, las prestaciones sociales….), sino que ha afectado directamente a la concepción social del trabajo público y, por consiguiente, al empleo de las personas que trabajan en lo público, hasta presentarlo como “ineficiente, despilfarrador, etc” para, de esta manera, mercantilizar dicho trabajo y entregárselo a las grandes corporaciones empresariales para garantizarles beneficios privados.28 de novembro de 2017
Se xogamos a comparar, comparemos todo
Fíxose público o estudo dun sindicato no que se fai fincapé nas diferenzas retributivas entre o persoal das comunidades autónomas e a Administración Central. Nese estudo saliéntase a diferenza dos grupos máis altos, que chegan a ser de máis de 20.000 euros entre o Estados e algunha autonomía.
O que non se salienta en ningunha parte é que o estudo ten unhas eivas que reducen a súa credibilidade á hora de ofrecer un panorama xeral das retribucións nas administracións públicas. Por exemplo, que só se analisan os salarios de dez delas, deixando fóra do estudio case á metade das autonomías. Por exemplo, que se salienta a diferenza salarial dos grupos altos e que non se lle da importancia aos grupos baixos. Por exemplo, que se exclúe expresamente a antigüidade, que, ao longo da vida laboral, supón unha importante diferenzación salarial segundo o grupo de pertenza.

7 de setembro de 2017
Outra suba de miseria para o próxima ano
Segundo din algúns medios, a suba do ano 2018 para os empregados púbicos non subirá do 1,2% e probablemente será igual que a deste ano, o 1%. As promesas dos políticos xa e sabido que as leva o vento. Onde está a recuperación da crise que se ía reflectir nas nosas condicións de traballo?
Os empregados públicos temos que deixar atrás o tan estendido espíritu de servo e comezar a actuar coma traballadores. Como tais, debemos a comezar a mobilizarnos e non aceptar que a única solución é agardar, impasibles, a esmola anual.

17 de xullo de 2017
A suba do 1%, na nómina de xullo
A suba do 1% deste ano irá incluida na nómina do actual mes de xullo, que comprenderá os atrasos correspondentes aos meses transcorridos deste ano. Os importes percibiranse no posto de traballo no que se estea destinado, mentres que os que deixaron de traballar por calquera circunstancia percibirán os cartos no último posto desempeñado.
En canto á suba en si, non deixa de ser un novo recorte salarial, dada a suba do IPC, polo que seguiremos reinvindicando a recuperación do noso poder de compra. Tamén hai que recordar que as pagas extras aínda non son o 100%, dado que as básicas teñen un importe menor nas mensualidades que nas pagas extraordinarias.
30 de xuño de 2017
Xa está ben!
Como era de esperar, os medios de comunciación volven anunciar, con altofalantes, a suba do 1% das retribucións deste ano. Como era de esperar, converten a noticia nunha nova propagandística do goberno Feijóo.
Menten cando falan de "recuperación salarial" (o 1% é menos que o IPC); enganan cando falan de 200 euros no semestre (isto suporía salaios de 40.000 euros anuais); menten cando falan de incremento salarial do 3% (inexistente).
Basta xa de mentiras e de facerse voceiros do goberno de turno! Se uns non teñen vergoña, os outros non lle andan lonxe.

28 de xuño de 2017
Suba do 1%
Hoxe publica o BOE a Lei de presupostos xerais do estado para o ano 2017. Nesta lei figura a suba do 1% das retribucións dos empregados públicos para este ano, así que xa non hai ningunha escusa para que a Xunta faga o mesmo sen máis dilación.
Temos que ter en conta tamén que, dados os meses trascorridos desde xaneiro, a retención para o IRPF subirá, outra vez, nos meses que faltan ata chegar a fin de ano.
Tamén figura na lei a suba das pensións, tanto da Seguridade Social como de Claes pasivas, que será do 0,25% anual. A miseria feita disposición oficial.
Aproveitamos tamén para comentar que na paga extra do mes de xuño se manteñen as medidas de Zapatero do ano 2010, é dicir, que a pesar da recuperación do específico, os funcionarios teñen recortados tanto o soldo como os trienios das pagas. Outra mentira máis. E van...

9 de xuño de 2017
Xa está ben!
O dos gobernos non ten nome. Aínda non nos pagaron os ridículos atrasos deste ano e xa están anunciando, con todo o que poden, que garanten a suba aos empregados públicos superará, para o ano que ven, o 1 %.Canto é isto? O 1,1 %? Ou deulles a arroutada e nos van subir o 25 % do que perdemos nos últimos anos? Como andan escasos de vergoña, é máis fácil que sexa o primeiro que o segundo, así que non nos fagamos esperanzas.
O que é intolerable é este rosario de anuncios na prensa. Cada vez que o anuncian nos volven colocar na picota, axitando o malestar do persoal. Por favor, non volvades anunciar nada ata que nos paguedes!
26 de abril de 2017
Preparémonos para máis propaganda
Temos a nova de que os atrasos salariais deste ano (o célebre 1% que aínda está pendente dos Orzamento Xerais do Estado) non será pagado nas nosas minguadas nóminas como tais (atrasos), senón como unha paga extraordinaria.
Así que, preparádevos para que nos poñan aos empregados públicos outra vez na picota: "a Xunta aboará unha paga extra...", "os funcionarios cobrarán unha paga extra...", etc., sen facer ver que os empregados públicos perdemos casi un 20% de capacidade de compra nos últimos dez anos.
Pero non importa. Volveremos ser unha ferramenta proapgandística dos gobernos de turno.

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
Confederación Xeral do Traballo