26 de abril de 2017

Preparémonos para máis propaganda

Temos a nova de que os atrasos salariais deste ano (o célebre 1% que aínda está pendente dos Orzamento Xerais do Estado) non será pagado nas nosas minguadas nóminas como tais (atrasos), senón como unha paga extraordinaria.
Así que, preparádevos para que nos poñan aos empregados públicos outra vez na picota: "a Xunta aboará unha paga extra...", "os funcionarios cobrarán unha paga extra...", etc., sen facer ver que os empregados públicos perdemos casi un 20% de capacidade de compra nos últimos dez anos.
Pero non importa. Volveremos ser unha ferramenta proapgandística dos gobernos de turno.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo