31 de marzo de 2010

Ao traste cos servizos públicos

A Oferta de Emprego Público do goberno central indícanos por onde van os tiros da "austeridade". Increméntanse os cadros de persoal da policía, do exército e da garda civil e, nas prazas de reposición, a maioría son para funcionarios de prisións e xustiza. É dicir, abandónanse os servizos públicos auténticos para incrementar o persoal adicado a funcións represivas. O estado policial, cada vez máis cerca.

26 de marzo de 2010

Carlos Solchaga, socialista

O que fora Ministro de Facenda con Felipe González, o presunto socialista Carlos Solchaga, nunhas xornadas sobre economía sostible, defendeu que é perfectamente plantexable conxelar, e incluso reducir, os soldos dos funcionarios.
Se non fora porque hai expresións que quedan mal por escrito, diriamos que ¡canto cabrón anda solto! Pero témonos que conter e limitarnos a sinalar que ben se fala dos soldos dos demáis cando se ten o futuro asegurado por vida.

24 de marzo de 2010

Solidariedade cos traballadores de SYKES

Mañá, xoves, ás 20 horas, da Praza de Pontevedra da Coruña sairá unha manifestación dos traballadores da empresa de telemárquetin SYKES, que anunciou o despedimento de máis de 500 traballadores do centro de traballo da Coruña, entre os afectados por un ERE e o fraudulento fin de contratos de obra. Os empregados públicos da CGT sumaranse a esta protesta, por elemental solidariedade de clase.

16 de marzo de 2010

Apoio ás mobilizacións

Hoxe, ás 15 horas, sairá do Poligono da Grela da Coruña unha manifestación dos traballadores de Sykes, afectados por máis de 500 despidos (entre o ERE e a finalización fraudulenta de contratos de obra. A manifestación concentrarase ante a Delegación do Goberno unha vez pasadas as 16 horas.
Mañá, ás 10 da mañá, os traballadores do Hospital da Cruz Vermella de Vigo concentraranse ante a sede da Cruz Vermella na Coruña, na rúa do mesmo nome (ao lado do Campo de Marte), para protestar pola intención de pechar o Hospital e botar á rúa a todo o persoal.

A CGT da Xunta convoca aos empregados públicos a que apoien as mobilizacións dos traballadores que non se resignan el loitan.

10 de marzo de 2010

La parrala

Menos dunha semana despóis de que desmintiran a Ocaña, Secretario de Estado de Facenda, sae de novo Salgado a falar da moderación dos salarios dos empregados públicos. E que é o que pasa ata agora? Hai acaso un desmadre nos salarios?
Ata cando estaremos aturando esta situación? Arimar o hombreiro é soportable, pero arrimar constantemente outras partes do corpo empeza a ser vergoñento.

3 de marzo de 2010

De recurte en recurte, ata o tixeiretazo final

Cando o goberno asinou o acordo salarial dos empregados públicos, xa se dixo que só se ían a cubrir o 25% dos empregos públicos que quedasen vacantes. Despóis se pasou ao 15%. Nos últimos días se anunciou que só se reporía o 10%. Agora, a vicepresidenta García de la Vega ven de dicir que está a favor de que non se cubra ningunha baixa por xubilación. Cantos días faltan para que o goberno empece a dicir que o que hai que facer é xubilar uns cantos funcionarios?

2 de marzo de 2010

Nomeamento de subalternos

O DOG publica hoxe una orde pola que se nomean como funcionarios os subalternos que superaron o proceso selectivo convocado mediante a orde do 4 de xullo de 2008. Os interesados terán un mes para tomar posesión. Tamén haberá un mes para o recurso de reposición ou dous meses para o contencioso-administrativo.

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo