30 de decembro de 2013

A xeralización e a perpetuación da miseria

Non suficientemente contentos coa miseria que esparexeron durante o ano 2013, o goberno ven de aprobar e publicar no BOE varias medidas dirixidas, novamente, aos máis indefensos, e que supoñen a xeralización -pola amplitude dos colectivos aos que van dirixidas- e a perpetuación -pola súa duración no tempo- da miseria entre as capas populares da poboación.
Así, no BOE de hoxe, día 30 de decembro, o goberno aproba as seguintes medidas:
É só unha mostra da política desmanteladora do goberno. Mentres, a economía, segundo din, remonta.

27 de decembro de 2013

O día adicional, ata o 31 de marzo en Galicia

O director xeral de Función Pública de Galicia ven de asinar unha circular polo que se establece que "... amplíase a posibilidade de desfrutalo ata o 31 de marzo do 2014...", referido ao día adicional de asuntos particulares que, paternalmente, decidiu devolvernos o ínclito ministro Montoro.

Os recortes chegan á MUFACE

O pasado día 23 de decembro, o BOE publicou o concerto coas aseguradoras privadas para a prestación de asistencia sanitaria aos mutualistas de MUFACE. Este concerto subscríbese con Asisa, DKV, Igualatorio e Adeslas, polo que as persoas que actualmente teñan Sanitas deberán cambiarse durante o mes de xaneiro, ao cesar o 1 de febreiro Sanitas. A aqueles que non manifesten opción durante o mes de xaneiro se lles asignará de oficio o INSS. Tamén durante o mes de xaneiro se poderá cambiar de entidade.
Muface estende os recortes que xa se fixeran á sanidade pública e establece o copagamento de medicamentos hospitalarios, de transporte sanitario urxente e de reprodución asistida.
Aínfa faltan outras mutualidades, como a MUGEJU, pero é de esperar que vaian na mesma liña.

26 de decembro de 2013

Xa é oficial o recorte das pensións

O BOE de hoxe publica a norma de revalorización de pensións, ao introducir o chamado "Factor de sostenibilidad" do sistema, polo que as pensións subirán o que queira o goberno e deixa de garantirse o seu poder adquisitivo.
É este un dos ataques máis salvaxes aos dereitos dos traballadores, que verán reducidas as súas pensións dun xeito efectivo e converterán o sistema nun sistema de beneficiencia.

Pagas extras para o persoal da AXE

O BOE de hoxe publica a Lei de presupostos do estado para o ano 2014. Nesta lei figura que o ane que ven as retribucións do persoal da administracións central gozará das dúas pagas extras en xuño e decembro. Mentres, Feijóo segue coa súa teima de ter ao persoal da Xunta recortado nos seus dereitos. Ata cando?

Plan de formación 2014

O DOG de hoxe ven de publicar o Plan de Formación da EGAP para o ano 2014, tanto para o persoal da Xunta, como para a Administración local e a Administración de xustiza. Os interesados poden picar aquí.

O día adicional, ata o 15 de febreiro

O BOE do día 24, martes, publicou unha resolución para a Administración Xeral do Estado na que se indica que o día adicional de asuntos particulares aprobado pola Lei orgánica de control de débeda -que tamén é para o persoal da Xunta- poderase gozar ata o día 15 de febreiro a conta do ano 2013.
Reclamamos da Xunta tamén que se tome unha medida similar á do ano pasado (ata o 31 de marzo), dado o avanzado do calendario actual.

23 de decembro de 2013

O día adicional xa é efectivo

O sábado, 21 de decembro, foi publicada no BOE a Lei orgánica do control da débeda comercial no sector público, e nela, tal como anunciabamos días atrás, na súa disposición adicional cuarta, modifícase o artigo 48 do estatuto do empregado público no sentido de que os días de asuntos particulares pasan a ser 4 ao ano en troques de 3. Esta disposición entrou en vigor o día 22 e é de aplicación tamén ao persoal da Xunta, dado que a Lei de función pública de Galicia dispón que teremos os mesmos días que o persoal da Administración Central.

20 de decembro de 2013

Un moscoso máis

O Parlamento aprobou onte, na súa última sesión do ano -as súas señorías están de vacacións ata febreiro- a Lei de Control da Débeda Comercial. Na lei inclúese a devolución dun dos días de asuntos particulares eliminados polo goberno no ano 2012.
Segundo as informacións, o día poderáse solicitar desde a súa publicación, aínda que haberá que esperar para confirmar que vai a conta do ano 2013 ou do ano 2014.
Especialmente noxentas son algunhas informacións periodísticas que falan de que Rajoy "regala" un día por Nadal, como se non se tratase dunha mínima devolución do roubado anteriormente e un exercicio de paternalismo indecente.

19 de decembro de 2013

Oferta de emprego público 2013

De novo unha oferta miserenta nuns momentos en que o paro e unha verdadeira lacra social. A oferta de emprego público da Xunta de Galicia para o ano 2013 supón a continuación do desmantelamento do sector público, xa que o mantemento da taxa de reposición nun 10% leva consigo unha oferta cativa consistente na ridícula cifra de 48 prazas, que non son suficientes para manter dignamente un servizo públio de calidade. O que se ofertará é o seguinte:
  • Corpo superior da administración da Xunta (A1): 13 prazas + 2 da quenda de discapacitados
  • Corpo de xestión (A2): 9 + 1
  • Escala superior de finanzas: 8
  • Escala de letrados: 6
  • Escala técnica de finanzas: 8
  • Topógrafos (consolidación oferta 2011): 1
Unha nova mostra da nefasta política de recortes.

12 de decembro de 2013

Queremos as nosas pagas

O goberno ven de anunciar, a través do ínclito Antonio Beteta, Secretario de Estado das Administracións Públicas, a súa de decisión de recorrer ao Tribunal Constitucional as decisión de calquera administración que decida devolver aos empregados públicos a parte das paga extraordinaria de decembro de 2012 que fora devengada con anterioridade á publicación da norma que a eliminaba. Pretende así frear as decisións de varios concellos e comunidades autónomas (Extremadura e Castela e León) que acordaron facer o reintegro de ditas pagas aos seus empregados tras sentencias que así o obrigaban.
Só queremos recordarlle a Beteta e ao goberno que os empregados públicos temos reducidos os nosos ingresos desde o ano 2010, que tras a redución decidida por Zapatero, do que tampouco nos esquecemos, levamos varios anos de conxelación e reducións específicas como a decidida por Feijóo en Galicia e que cumprir as sentenzas xudiciais é algo esixible non só aos comúns mortais senón tamén aos gobernos, do que

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo