30 de maio de 2007

QUE SE ACLAREN DUNHA VEZ COS PERMISOS

A entrada en vigor do nocivo Estatuto Básico do Empregado Público está provocando o desconcerto nos distintos departamentos da Xunta de Galicia.
Dese a Sección Sindical da CGT da Coruña reclamamos que, xa que esta lei está en vigor para o negativo, se aplique tamén o réxime de licencias e permisos nela aprobados. Mentras a Dirección Xeral da Función Pública se aclara, elaboramos un cadro de permisos para que os compañeiros teñan en conta as novas normas e non lle regalen á Xunta dereitos que se teñen.

14 de maio de 2007

PUBLICADA A ORDE QUE REGULA O RECOÑECEMENTO DOS TRIENIOS ÓS INTERINOS

No día de hoxe, 14 de maio, publícase no DOG a orde que dicta as normas para o recoñecemento de trienios ó persoal funcinario interino ó servizo da administración autonómica galega. Os interinos terán recoñecidos de oficio os servizos prestados do ano 1995 en adiante, mentras que os anteriores terán que ser debidamente acreditados. Tamén terán que acreditar, mediante
certificación do correspondente anexo, os servizos prestados noutras administracións como interinos. Os efectos económicos se poroducen a partir do día 13 de maio, data da entrada en vigor do Estatuto Básico do Empregado Público.

Con esta orde, ponse fin a unha inxustificada discriminación deste persoal, que verá así equiparada a súa situación salarial á súa realidade laboral.

Podes leer o texto na seguinte ligazóns Trienios Interinos, ou no apartado de "Documentos de interese" deste mesmo Blog.

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo