29 de decembro de 2012

Os traballadores da Xunta non recuperaremos a paga completa os próximos anos

Este é o plan que Feijóo, o mentirán, ten para nos durante os próximos anos, a saber cantos. No proxecto de Lei de Orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2013 aparece unha disposición pola que se prevé a necesidade de manter os niveis retributivos actuais ata que se acaden ingresos similares ao momento no que se incorporou o complemento específico na paga extra. Se se ten en conta que os presupostos eran, naquel momento, un 36 % superiores aos actuais, ¿cantos anos farán falta, non para recuperar o poder adquisitivo, senón para cobrar o mesmo que no ano 2009?
Participemos en todas as mobilizacións, non lles deixemos pasar unha, que teñan que entrar polas portas de atrás avergoñados... Depende de nós que a política destes destrutores do que nos costou deceniso crear se deteña.

Novas mobilizacións

A Plataforma Galega en Defensa dos Servizos Públicos celebrou, o día 27, unha reunión en Compsotela. Nesta reunión acordouse continuar coas mobilizacións en toda Galicia, así como asambleas en todos os centros de traballo nos que sexa posible.
As mobilizacións concretaranse en cada localidade, aínda que en principio prevense as seguintes:
  • A Coruña: Delegación do Goberno
  • Santiago: Praza do Toral
  • Ferrol: Praza de España
  • Pontevedra: Subdelegación do Goberno
  • Vigo:  Museo de Arte Contemporánea
  • Ourense: Subdelegación do Goberno
  • Lugo: Subdelegación do Goberno
 Todas comezarán ás 19 horas o día 17 de xaneiro, e serán concentracións ou manifestacións dependendo das persoas que participen.

28 de decembro de 2012

A Xunta afirma que non baixará o soldo no "seu tramo"

As probabilidades sobre próximos recortes salarias para os empregados públicos crecen, pero o tema está fóra do calendario electoral e, polo tanto, non se retomará ata despóis das eleccións. Agora a Xunta nega que vaia baixar os retribucións "no seu tramo" e que son fixadas polo goberno central. Se lle damos a volta a esta afirmación é casi un recoñecemento de que estes recortes xa están á volta da esquina.
A CGT fai un chamamento a todos os empregados públicos para que estean atentos e para que se preparen para unhas mobilización que, obrigadamente, deberán ser contundentes se queremos parar esta anunciada agresión.

Anticipo

O DOG de hoxe publica un decreto polo que se regula a prórroga dos presupostos da Xunta. Na disposición adicional primeira deste decreto establécese a posibilidade, por parte do persoal da Xunta, de solicitar o anticipo do 50 % dos conceptos de soldo, trienios e complemento de destino da paga extra de xuño. Os traballadores que desexen utilizar este anticipo, deberán solicitalo antes do 11 de xaneiro.
Continúa así a política paternalista de Feijóo, que che recorta o soldo e, ao mesmo tempo, dache un anticipo do resto. Se aínda por riba témoslle que estar agradecidos!

Oferta de emprego público ridícula

O DOG do día de hoxe publica a oferta de emprego público para o ano 2012 (xa non era sen tempo), unha oferta que supón, de feito, un novo recorte nos servizos públicos dado que trae consigo unha diminución real de efectivos. A oferta resúmese no seguinte:

Acceso libre (10 prazas)
  • Corpo superior (Escala de finanzas - A1): 3
  • Corpo de xestión (Escala de finanzas - A2): 7

26 de decembro de 2012

Olvídanse do resto

Para que non sigamos dicindo o que pensamos do goberno, acordaron devolverlles aos funcionarios as cotizacións descontadas de máis pola paga extra de decembro polos conceptos de mutualidades e clases pasivas. Esta devolución farase durante o próximo trimestre.
Do que non din nada é sobre qué farán con respecto a todos os que levan cotizando de máis desde xuño de 2010 ao Réxime Xeral da Seguridade Social -a maioría do persoal da Xunta- e que tamén están sofrindo unhas cotizacións sobre uns salarios que no perciben. Esta decisión, aprobada primeiro por Zapatero e continuada por Rajoy, contravén toda a lexislación de Seguridade Social e mantén unhas cotizacións elevadas con respecto aos salarios reais. Podemos velo nas comunicacións da Seguridade Social que se están recibindo nas casas nestes días.

21 de decembro de 2012

Un 4 % de recorte salarial

Se non somos capaces de paralos, o 4 % será o recorte medio dos salarios para os funcionarios da Xunta de Galicia no ano 2013 con respecto ao ano 2011. Feijóo ten a cara de burlarse do persoal dicindo que "se recupera parte da paga de nadal" e que se cobrará máis que o ano 2012. Tamén ten a cara de conseguir que un tercio do recorte para o ano 2013 sexa a costa dos traballadores. Así administra calquera!
O sistema que parecen ter previsto é a da desaparición do complemento específico nas pagas extraordinarias de verán e nadal do ano 2013, que supoñen, segundo o nivel de cada ún, entre un 2 e un 6 %, das retribucións anuais.
Non son tempos de covardías e timideces! Non consintamos que estes individuos paseen tan tranquilos mentres sementan inquedanza e dor entre nós! A mobilización, as accións firmes son máis necesarios que nunca!

Siempre cebándose nos máis débiles

Novamente o goberno ataca aos máis débiles e desprotexidos. Así, para o ano 2013 propón unha suba do 0,6 % no Salario Mínimo Interprofesional, que quedaría en 645,30 euros mensuais. Tamén propón que o Iprem (o indicador que se usa para prestacións como becas, desemprego e axudas) quede como está no ano 2012, é dicir, 532,51 euros ao mes.
Tras as conxelacións do ano pasado e as subas dos produtos básicos (alimentos, enerxía, vestido...) deste, é un novo ataque aos máis débiles, cometido por un goberno sen escrúpulos.
Máis información, picando aquí.

Que se aclaren dunha puñeteira vez!

Ante os rumores que se están estendendo entre o persoal da Administración pública galega, e á vista das diferentes noticias de prensa, a CGT esixe que o goberno de Feijóo aclare, inmediatamente, cales son as suas intencións ao respecto da redución salarial que, presuntamente, está prevista para o ano que ven. É unha burla que o Presidente faga pasar unha posible redución da paga extra como un incremento das retribucións (di que se cobraría máis que este ano). Outra posibilidade que se baralla a a redución do complemento específico dun xeito proporcional -que tampouco é un consolo- e que tería, como gravísima consecuencia, a consolidación da redución.

20 de decembro de 2012

Novo recorte salarial?

Segundo algúns medios de comunicacións, o goberno da Xunta prepara un novo recorte salarial do 7% para o ano 2013. Ate esta noticia, é imprescindible que a Xunta faga, inmediatamente, unha declaración pública desmentindo ou confirmando estas intencións. Os empregados públicos teñen que saber cal é o seu futuro e coñecer se se trata doutro patinazo periodístico -xa sabemos que non son os periodistas expertos en precisar as informacións, senón máis ben expertos en confundilo e mesturalo todo- ou se somentes se trata dunha redución presupostaria derivada da redución de contratacións e a falta de renovación dos cadros de persoal.
Mentras, a Plataforma Galega en Defensa dos Servizos Públicos, a causa das manobras de CC.OO., UGT e CIG, decide aprazar as mobilizacións ata o mes de xaneiro, nun caso sen parangón de miopía aguda. A pesar deste erro maiúsculo, a CGT seguirá participando nas mobilizacións de empregados públicos contra o desmantelamento do sector.

14 de decembro de 2012

Os recortes de hoxe

O Ministerio de Sanidade acaba de publicar unha relación de 300 medicamentos que, de agora en adiante, serán obxecto de pagamento por parte dos pacientes. Estes medicamentos son de dispensación hospitalaria e  ata agora eran gratuítos. O motivo da dispensación hospitalaria é a conplexidade do tratamento ou os graves efectos secundarios e, entre eles, hai produtos anticanceríxenos e contra a hepatite C.
Ao mesmo tempo, o Ministerio fixa os prezos -ata agora gratuítos- dos produtos ortoprotésicos, como as muletas ou as cadeiras de rodas, e todo isto unido ao pagamento das ambulancias comentado onte.
O ataque contra os servizos público, neste caso a sanidade, é brutal. Non podemos seguir indiferentes mentras unha banda segue destrozándonos o futuro. Cada mobilización, cada berro de protesta é imprescindible. Non quedemos na casa.

13 de decembro de 2012

Patinazo da Plataforma

Onte celebrouse en Compostela unha reunión da Plataforma Galega en Defensa dos Servizos Públicos. A reunión era para concretar as mobilizacións -manifestacións e concentracións- que ían ter lugar o día 19 e que foran xa debatidas previamente entre CC.OO., UGT, CIG e CSIF. A CGT asistíu á reunión coa idea de seguir apoiando as mobilizacións, aínda que segue sen estar de acordo co protagonismo que estes sindicatos se arrogaron desde o principio.
Sen embargo, a política, coa forma da Alianza Social Galega, cruzouse no camiño da Plataforma e CC.OO., UGT e CIG propuxeron na reunión, ante a sorpresa xeralizada e o conseguinte rebumbio, que nos debíamos sumar ás mobilización que a Alianza tiña convocadas para o día 20, asumindo as súas reivindicacións e engadindo as dos empregados públicos.

Outro copagamento. E xa van...

O Ministerio de Sanidade enviou ás Comunidades autónomas un proxecto polo que haberá que pagar o servizo de ambulancias, salvo escasas excepcións. Así, establécese que o prezo do trasporte en ambulancia custará cinco euros, cuns límites mensuais en función dos ingresos de cada usuario.
Novamente, os doentes crónicos e as rendas máis baixas serán as desfavorecidas. E todos entretidos coas cousas de Mourinho.

10 de decembro de 2012

Queremos a paga extra

Ante o desconcerto que se está a producir sobre as distintas iniciativas existentes sobre a paga extraordinaria de decembro, a CGT quere manifestar:
  • a) Que reclama o pagamento da paga extra de decembro, inxustamente incautada polos poderes públicos aos seus empregados.
  • b) Que a CGT non reclama o adianto da paga extraordinaria de xuño, que non soluciona nada e que non supón a recuperación do incautado.
  • c) Que a norma aprobada no seu momento pola Xunta de Galicia non impide que en xaneiro de 2013 se recupere a paga incautada, polo que esta recuperación só é cuestión de vontade política.

Vacacións e asuntos particulares ata o 31 de marzo

A Direccións Xeral da Función Pública ven de asinar unha circular pola que se amplia o prazo para que o persoal da Xunta poida pedir os días pendentes do ano 2012, tanto de vacacións coma de asuntos particulares, ata o día 31 de marzo de 2013.

4 de decembro de 2012

O atraco aos pensonistas

Comunicado emitido polo Secretariado Permanente da CGT:
La Confederación General del Trabajo (CGT) denuncia que el Gobierno ha decretado, contra la propia ley, pacto sobre las pensiones públicas, contra el sentido común y contra la justicia más elemental, que las pensiones pierdan poder adquisitivo y que los casi 9 millones de personas pensionistas sean, una vez más, maltratadas económica y socialmente. Todo ello el mismo día que el gobierno de Rajoy decide entregar 18.000 millones de euros públicos a BANKIA.
El gobierno del PP actualizará las pensiones solo el 1% de forma general y el 2% a las de menos cuantía durante el año 2013, mientras que la inflación anual en noviembre de 2012, la que mide la subida de las pensiones, ha sido del 2,9%, con lo que millones de pensionistas no se verán compensados este año por el 1,9% restante.

3 de decembro de 2012

Contra a represión

Reproducimos un comunicado do Secretariado Permanente do Comité Confederal da CGT:
Desde la pasada Huelga General del 29 de marzo, desde las diferentes manifestaciones y movilizaciones de lxs minerxs, jornalerxs, empleadxs públicos, movimiento 25S, trabajadorxs, con motivo de la Huelga General del 31 de Octubre y finalmente en la pasada Huelga General del 14N, son centenares las personas, pertenenecientes al movimiento sindical y movimiento social, que están sufriendo directamente la represión del gobierno y la violencia policial por ejercer su derecho a la manifestación, su derecho a la Huelga.

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo