30 de marzo de 2012

Xa sabiamos que son uns mentireiros

Xa sabiamos que os políticos en xeral, e Feijóo en particular, son uns mentireiros difíciles de corrixir, pero iso de que á Folga foi un 23% do persoal dos servizos administrativos é dunha desvergoña que dá ata risa.
Os empregados públicos temos compañeiros en persoal, nos controis de sinaturas ou de marcaxes, sabemos cantos dos nosos compañeiros próximos non foron traballar, sabemos contar os coches dos aparcadoiros, sabemos como estaban as manifestacións,... e, a pesar diso, pretenden minimizar o impacto da Folga ante a opinión pública mintindo descaradamente.
Xa sabíamos que ía haber unha mal chamada "guerra de cifras" entreos mentiráns profesionais e os traballadores. Pero tanto eles coma nós sabemos a verdade, vístana como a vistan.

29 de marzo de 2012

Gran participación na Folga Xeral

Os traballadores da Xunta de Galicia están facendo un alto seguemento da Folga Xeral convocada para hoxe. Pódese valorar nun 70% o grao de participación nos edificios administrativos, a pesar das medidas adoptadas pola Xunta para minimizar os efectos da convocatoria.

28 de marzo de 2012

Guindos quere prohibir as folgas xerais

O ministro de Economía e amigos dos pobres, Luis de Guindos, nun encontro con empresarios, dixo que hai que abrir un debate sobrese a folga xeral e un instrumento axeitado na sociedade do siglo XXI.
A este badulaque lle temos que dicir que os únicos que teñen dereito a decidir se a Folga Xeral é un instrumento axeitado son os traballadores e as súas organizacións, e ninguén máis. Por outro lado, que os membros dos gobernos poñan en dúbida a validez das folgas reafírmannos na pertinencia e eficacia das folgas como ferramenta eficaz para a loita contra a explotación. Algo terán as Folgas xerais cando tanto señorón -e señorona- importante está en contra.
Mañá, día 29, os traballadores acudiremos masivamente á folga e amosaremos o noso rexeitamento á nova era de escravitude que nos quere impoñer. De De Guindos e compaña dependerá de que teñamos que seguir mobilizándonos aínda con máis contundencia.

26 de marzo de 2012

Servizos mínimos

O DOG de hoxe publica o decreto de servizos mínimos para a folga do día 29. Recordamos ao persoal que non ten obriga de ir traballar ningunha persoa que non estea recollida no decreto.
Por outro lado, recordamos a aqueles que vaian traballar que é ilegal facer o traballo dun compañeiro que estea de folga, incluído atender o teléfono.
Finalmente, sábese que hai instruccións de non conceder permisos o día da folga. Se hai un decreto de servizos míinimos, é dicir, dos imprescindibles para atender unha situación excepcional como é un día de folga, o único sentido que ten non conceder permisos ese día é o de minimizar os efectos da folga facendo ir traballar a algúns que non o ían facer. Non nos gusta que haxa quen se escaquee da folga collendo un permiso, pero é á súa conta, ao igual que o que perde o salario.

23 de marzo de 2012

Éxito

Varios milleiros de traballadores públicos manifestáronse onte en toda Galicia en protesta polas medidas de recorte da Xunta. Tanto administrativos como sanitarios, profesores,... amosaron o seu rexeitamento das medidas agresivas contra os empregados públicos.
A CGT quere felicitar a todos os traballadores e animalos para que sigan por este camiño. Conseguirmos, finalmente, facer que o goberno recúe.

22 de marzo de 2012

Rocío, ay mi Rocío

Rocío Mosquera, a conselleira de Sanidade, ven de dicir que non lle parece mal o cobro dunha cantidade por receita médica. A pesar de que constantemente din que esta medida non está sobre a mesa, a cuestión está sempre nos beizos dos polìticos dos gobernos e, ademáis, se se plantexa no Consello Interterritorial de Saúde, acatarán o que se acorde.
Isto non é máis que unha nova cortiña de fume para ocultar as verdaderas intencións do PP, que non son outras a aplicación da medida nun plazo non demasiado longo. Non hai que olvidar que o PP facilitou a aprobación desta medida en Cataluña.
Por outro lado, comezan agora a falar do repago en educación. Por que non?
O desmantelamento do público vai a todo galope. Debemos faerlle fronte xa e o día 29 é un bo día para comezar.

21 de marzo de 2012

Adiante coas mobilizacións

Continúan as mobilizacións en protesta polas medidas de recortes para o persoal da Xunta de Galicia, con concentracións e asembleas. Debemos continuar firmes nas nosas reivindicacións, ata  conseguir que Feijóo afrouxe a man.

Montoto, ao ataque

Cristóbal Montoro -lembremos que é o ministro de administracións públicas- manifestou que "los funcionarios y empleados públicos deben ganerse el puesto".
Na liña dos seus correlixionarios cada vez que lles poñen unha alcachofa diante, o ministro volveu poñer na picota aos empregados públicos, facendo ver os supostos privilexios que teñen ante o resto dos traballadores.
Estamos fartos que esta patulea de privilexiados nos chame privilexiados; estamos fartos de que estes salvapatrias estean empeñados en salvarnos dos nosos pecados a base de cates; estamos fartos de que nos usen de espantallo cada vez que dean unha conferencia e non teñan nada mellor que dicir e estamos fartos de que o desmantelamento e privatización do que é de todos se faga coa falsa escusa da ineficacia dos empregados públicos.

19 de marzo de 2012

29 de marzo, folga xeral! Manifesto da CGT de Galicia

A Confederación Xeral do Traballo (CGT) de Galicia convoca Folga Xeral o 29 de marzo de 2012 para defender os dereitos laborais, económicos e sociais da clase traballadora fronte á brutal agresión que estamos a sufrir.
O goberno, como os anteriores, actúa, con absoluta desvergoña e cinismo, como axente local e garante dos intereses do capitalismo internacional, europeo e nacional máis destructivo, poñendo a súa disposición todo o aparato do Estado e o monopolio da violencia que vai exercer.
Coas súas decisións –Decreto da Reforma Laboral, recorte nos gastos sociais e inversións públicas, ameaza ós servicios sociais básicos, reduccións salariais, desmerecemento da negociación colectiva, etc- amosan que so os move o afán de perpetuar o inxusto réxime económico e político no que os ricos fanse cada día máis ricos a costa de expandir o paro, a pobreza e a desolación por todas partes.

Feijóo e o repago

Núñez Feijóo, como bo alumno de Mariano Rajoy, di que é "firme partidario da equidade farmacéutica". A equidade farmacéutica, segundo el, consiste en que cada un debe facer fronte a un pagamento escalonado das menciñas segundo o tramo da renda. Tras estas declaracións preguntámonos se o xornalismo, que estes días atrás nos vendeu a especie de que Feijóo era contrario ao repago, entende o idioma, a ferramenta básica da súa profesión.
Volve utilizar Feijóo a ameaza, tal como fixo cos recortes aos funcionarios, dicindo que non lle gustaría "chegar a cobrar 20 euros, como fai Portugal, para acudir a unha urxencia". Para Feijóo, e para todos os que están detrás do desmantelamento da sanidade pública, os culpables da crise de ésta son os enfermos, que teñen a desvergoña de querer se curar utilizando os medicamentos que os seus médicos lles prescriben.
Outra volta de torca no proceso de recortes. Outro motivo máis para saír ás rúas o día 29, o da Folga Xeral.

13 de marzo de 2012

Comunicado da FETAP ante os recortes:

A Federación de Traballadores da Administración Pública (FETAP) da CGT ven de facer público o seguinte comunicado:
NO A LOS RECORTES:
  • PORQUE LOS RECORTES NO SUPONEN UNA MEJORA PARA LA CIUDADANÍA, SINO PARA QUIENES MANDAN Y QUIENES GESTIONAN.
  • PORQUE LA LEGISLACIÓN SIGUE HACIÉNDOSE POR Y PARA LOS MISMOS DE SIEMPRE.
  • PORQUE LOS SERVICIOS PÚBLICOS GRATUITOS Y DE CALIDAD SON UN DERECHO DE TODOS/AS Y UN DEBER DE LA ADMINISTRACIÓN.

8 de marzo de 2012

A reforma laboral no Congreso

Hoxe convalidarase o texto da reforma laboral que deixa aos traballadores totalmente indefensos ante a patronal nas materias claves do contrato de traballo: soldo, horarios, funcións, etc., e xeraliza o despedimento con causas falsas con indemnizacións de 20 días por ano cun tope de 12 mensualidades. Nas administracións públicas tamén é aplicable directamente ao persoal laboral.
Non podemos perder o conseguido en máis de 100 anos de loita dos traballadores. O día 29 está cnvocada Folga Xeral en Galicia, con posibilidade de que se amplíe ao resto de España. Só desde a firmeza poderemos facer fronte a esta agresión.

Continuarán as mobilizacións

Onte, día 7, nunha reunión que tivo lugar en Compostela entre todos os sindicatos que aopian as mobilizacións -a CGT entre eles- decidiuse a continuación dos actos ata o día 22, día no que se farán asembleas e concentracións nos mesmos lugares nos que se fixeron o día 6. Entón farase unha nova reunión e valorarase, dado que os recortes xa entraron en vigor, como se continúa a loita.
Valórase moi positivamente a resposta dos empregados públicos aos chamamentos á mobilización e, entre os traballadores, valórase moito a unidade amosada polas organizacións sindicais.

7 de marzo de 2012

Continúan as mobilizacións

De éxito poden calificarse as mobilizacións de onte en contra das medidas de recorte aprobadas polo goberno de Feijóo para o persoal da Xunta de Galicia. Centos de empregados públicos volveron saír á rúa onte e con animo de continuar.
Está prevista unha xuntanza próxima entre todas as organizacións que apoian as mobilizacións -tamén a CGT- para decidir cómo enfrontármonos agora, coas medidas xa aprobadas polo Parlamento de Galicia, a esta agresión.

Diario Atlántico          El Mundo          La Voz de Galicia          Faro de Vigo

5 de marzo de 2012

Xe está convocada a Folga Xeral

A CGT de Galicia, conxuntamente coas organizacións sindicais CIG, CNT e CUT, presentaron o venres pasado, día 2 de marzo, a convocatoria formal de Folga Xeral para o 29 de marzo. O acto unitario tivo por escenario o rexistro xeral da Consellería de Traballo de la Xunta de Galicia, en Santiago de Compostela. No curso deste, os secretarios xerais dos catro sindicatos, exhibiron ante os medios de comunicación presentes, a decisión colectiva de impulsar a mobilización dos traballadores durante todo o mes de marzo pola Folga Xeral e ata que logremos tombar a Reforma Laboral.

2 de marzo de 2012

A Lei dos recortes, no DOG

O DOG de hoxe publica a Lei 1/2012, de medidas presuntamente temporais de recortes no emprego público da Xunta de Galicia. A lei entre en vigor mañá.
O día 6 hai novas concentracións para conseguir que a temporalidade das medidas sexa a mínima posible.

1 de marzo de 2012

Crónica do peche de Vigo. A delegada lenguaraz

O luns 27 en pleno peche do Edificio Administrativo de Vigo recibimos a "visita" do Conselleiro de Economía e Industria que foi convintemente agasallado do berros e pitos no hall do edificio. Inmediatamente despois,a Delegada Territorial da Xunta en Vigo facía unhas declaracións aos medios de comunicación onde calumniaba os empregados pechados, dicindo que empurraran a gardas de seguridade, ocasionaran destrozos nos ascensores do edificio (rabuñaduras segundo esta señora) e que non representaban ao resto dos empregados públicos do Edificio Administrativo xa que só eramos 45.
O mércores 29 comezou a circular follas de recollida de sinaturas onde se esixía a Delegada a inmediata rectificación das súas palabras na prensa ou o súa dimisión. En poucas horas tíñanse recollido máis de 200 sinaturas e os compañeiros continúan aínda asinando.

O 29 de marzo, folga xeral

Alégranos saber que CC.OO.-UGT baralla a data do día 29 de marzo como o do paro xeral para facer fronte á nova reforma laboral, coincidindo co día no que CIG, CGT, CUT e CNT xa tiñan decidido facela coordenadamente en Galicia.
Temos que lembrar que a reforma laboral é aplicable ás administracións públicas, sobre todo no concerninte aos contratados laborais, que se rixen polas normas que afectas ás empresas privadas.
De agora en diante, só cabe un obxectivo: a derrogación da norma.

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo