1 de marzo de 2012

Crónica do peche de Vigo. A delegada lenguaraz

O luns 27 en pleno peche do Edificio Administrativo de Vigo recibimos a "visita" do Conselleiro de Economía e Industria que foi convintemente agasallado do berros e pitos no hall do edificio. Inmediatamente despois,a Delegada Territorial da Xunta en Vigo facía unhas declaracións aos medios de comunicación onde calumniaba os empregados pechados, dicindo que empurraran a gardas de seguridade, ocasionaran destrozos nos ascensores do edificio (rabuñaduras segundo esta señora) e que non representaban ao resto dos empregados públicos do Edificio Administrativo xa que só eramos 45.
O mércores 29 comezou a circular follas de recollida de sinaturas onde se esixía a Delegada a inmediata rectificación das súas palabras na prensa ou o súa dimisión. En poucas horas tíñanse recollido máis de 200 sinaturas e os compañeiros continúan aínda asinando.
Parece ser que a versión, agora oficial, é que a Delegada nunca fixo esas declaracións e que foi a prensa as que desvirtuou as súas frases (que pena que existan grabacións coas frases textuais desta señora). Moi típico que estas persoas, buscar sempre aos culpables das súas incompetencias.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo