30 de decembro de 2011

Conxelación, polo momento

O goberno xa anunciou as medidas de recorte para o ano 2012, entre elas a do recorte dos salarios dos empregados públicos. Hai que ter en conta, sen embargo, que esta conxelación é provisoria, dado que o que se aprobou foi a prórroga dos presupostos de 2011; cando se aproben os de 2012, xa veremos.
As medidas son:
Suba das pensións: subirán un miserento 1%.
Reposición de efectivos: 0% en xeral, excepto nas forzas e corpos de seguridade e na sanidade, onde a taxa de reposición será do 10%.
Conxelación do SMI e do IPREM: Tanto o Salario Mínimo Profesional como o Índicador Público de Renta de Efectos Múltiples serven para calcular as prestacións de desemprego, o acceso a becas e outros.
Suspensión da Renda Básica de Emancipación: Era unha axuda para xoves entre 22 e 30 anos.
Como sempre, os débiles son os que pagan o parrulo. Os poderosos, a virir.

Orzamentos galegos

O DOG de hoxe publica a Lei de orzamentos xerais de Galicia para o ano 2012, no que figura a conxelación salarial para os traballadores públicos e prorroga a suspensión dos acordos salariais asinados con anterioridade.
Tamén publica a Lei de acompañamento, pola que se crean as escalas e subescalas de seguridade e saúde no traballo.

29 de decembro de 2011

Inocentada

Está circulando un "Proyecto de Real Decreto-Ley 25/2011" que está causando alarma nos empregados públicos e que se chegou a publicar na páxina web dalgunha central sindical. Neste "proxecto" fálase da reducción dos días de asuntos particulares, da substitución de trienios por quinquenios e outras medidas de recorte.

Non lle fagades ningún caso, porque se trata dunha inocentada (só hai que ler a data da entrada en vigor). Bastante temos co que temos sen necesidade de inventar máis recortes para os traballadores públicos.

Sempre machacando aos mesmos

O goberno ten decidido aprobar, no consello de ministros próximo, a conxelación do Salario Mínimo Interprofesional e o soldo dos empregados públicos para o ano 2012.
O SMI -un dos máis baixos de Europa- está situado en 641,40  menuais, moi lonxe dos 800 euros que o PSOE prometera cando Zapatero chegou ao poder. Afecta directamente aos salarios de case 200.000 traballadores, pero ten unha grande influenza no cálculo doutras prestacións, como a do paro, dado que é a base para fixar tanto os topes mínimos como os máximos da prestación por desemprego; tamén serve para calcular as bases de cotización mínimas e máximas á Seguridade Social.
En cando á conxelación salarial dos empregados públicos, súmase á incautación do 5% efectuada a partir de xuño de 2010 e supón outro bocado a uns salarios cativos en moitos casos, sobre todo se temos en conta que o IPC se incrementou no 3% no ano actual.

27 de decembro de 2011

A conxelación, cada vez máis próxima

A conxelación dos salarios dos traballadores públicos será debatida e acordada, se é o caso, no consello de ministros do próximo venres, día 30. O alcance da conxelación virá concretada pola implicación das comunidades autónomas; hai que recordar que o goberno central só ten competencias nas retribucións báxicas e nos criterios xeriais, pero que a aprobación definitiva nos recortes nas complementarias e unha cousa exclusiva das autonomías. Dependerá dos recortes aplicados ata agora que se sigan recortando os salarios ou non. Tamén dependerá da contestación dos traballadores, aínda que a maioría non o crea.

23 de decembro de 2011

O novo Ministro do Interior ameaza aos traballadores na súa toma de posesión

O novo Ministro do Interior, Jorge Fernández Díaz, manifestou, na súa toma de posesión, que "...la paz social tiene especial valor...", en referencia ás manifestacións contra as medidas económicas de recortes adoptadas noutros países, nos que se produciron reaccións e manifestacións violentas. Envolto na Constitución, o novo ministro engadiu que "...los derechos fundamentales de reunión y manifestación son fundamentales (...) pero en el marco de la ley...".
Esta declaración do ministro de repartir estopa cando faga falta (segundo o seu criterio), compadécese coa visión da dereita máis rancia. A proba palpable é a decisión de conxelar a oferta pública de emprego en todos os ámbitos, a excepción do exército, da garda civil e da policía, supoñemos que en previsión das reaccións que provocarán as súas medidas contra os traballadores.

16 de decembro de 2011

Rajoy amenaza

O presidente in pectore anuncia que, no debate de investidura, anunciará medidas "non gratas" -bonita construción para dicir que nos vai machacar aínda máis- semellantes ás que está facendo a Generalitat. Os recortes salariais aos empregados públicos, na sanidade e na educación, así como o traballo escravo por debaixo do Salario Mínimo están aí.

Continúan os recortes

O gabinete de prensa de Feijóo traballa sin descanso. Volve anunciar, por enésima vez, a contención do gasto en nóminas do persoal facendo mención a que non se contratarán interinos nin se cubrirán as xubilacións. Só hai que lembrarlle que isto o leva facendo a Xunta desde hai máis dun ano e que hai un capítulo -que non menciona-na "contención": a conxelación salarial, que comeza a colocar nunha situación insostible a moitos traballadores.

Convocatoria de cursos

A EGAP ven de publicar no DOG a unha convocatoria de cursos para o persoal autonómico. Os interesados poderán inscribirse ata o próximo 3 de xaneiro a través da web da propia EGAP.

15 de decembro de 2011

Os funcionarios son os culpables de todo

Isto é o que se desprende das declaracións do presidente da patronal, Juan Rosell. Para este inimigo dos traballadores, o sector público está "sobredimen-sionado" e hai que facer cos empregados públicos o mesmo que no sector privado: expedientes de regulación de emprego.

5 de decembro de 2011

Probas libres de informática

O DOG de hoxe convoca probas de avaliación de carácter libre, mediante as que se concederá a correspondente certificación de coñecementos informáticos ao persoal da Xunta que as supere. Os interesados poderán inscribirse, ata as 13 horas do 16 de decembro, na páxina da EGAP.

2 de decembro de 2011

Agora tócalle a Castilla A Mancha

A presidenta de Castilla A Mancha, Cospedal, ven de anunciar medidas de recortes, entre os que está unha redución dun 3% nos salarios dos empregados autonómicos. No medio doutras medidas (privatizacións hospitalarias, etc.) ven o alimento para ter entretida á xente: un incremento da semana laboral, que estaba nas 35 horas.
Cando os recortes cheguen aquí, estaremos preparados para opoñernos ou faremos como os borregos nos matadoiro?

1 de decembro de 2011

A reforma laboral de Rajoy

Seis puntos son as claves da reforma laboral de Mariano. Os seguintes:

1.-Negociación colectiva: detrás deste nome escóndese a intención de fomentar os convenios de empresa fronte aos convenios sectoriales provinciales, dándolles maior xeraquía nas cuestións de condicións de traballo e nos salarios. Así, os empresarios conseguirían que, a curto prazo nas empresas pequenas, os salarios se rebaixasen, e, a largo prazo, que os convenios sectoriales non tiveran sentido.
2.-Contratación: a redución dos distintas figuras de contratación temporal ten a aparencia de ser positiva, pero ocultan as condicións que se fixarán no novo contrato temporal, seguramente con menores indemnizaciones.

25 de novembro de 2011

A Xunta e as empresas periodísticas

No DOG do día 23, a Consellería de Presidencia publicou unha resolución pola que se anuncia a concesión de subvencións (só publican as superiores a 3.000 €) a empresas periodísticas de Galicia. Entre estas subvecións destacan os 610.000 € para La Voz de Galicia, os 240.000 para El Faro de Vigo ou 108.000 € para El Progreso de Lugo, entre outras.
Cabe destacar como estas empresas, que na súa maioría apoian os recortes na Administración -incluidas as rebaixas de soldo e condicións laborais dos empregados públicos- non dubidan á hora de tirar da ubre do Estado cando lles ven ben. De repente non só desparecen as críticas ao despilfarro, senón que, ademáis, nin puxeron a noticia nos seus medios, non fora a ser que nos decatáramos da indecencia do chope.

Pouco a pouco, todos van quitándose a careta

No medio da polémica sobre os recortes no País Vasco e en Cataluña, a Generalitat soltou que tamén lle quere meter man aos días de asuntos particulares. Estes días, inventados pola Administración a cambio de varias conxelacións salariais, convertense agora en moeda de cambio ante os próximos recortes.
Por outro lado, o ínclito Feijóo, a pesar das súas declaracións en contra do copagamento, ven de dicir que está a favor de que se pague máis polas menciñas e as taxas universitarias.
Como sempre, as clases populares serán as máis desfavorecidas: os enfermos crónicos no caso dos medicamentos e os fillos dos traballadores, que verán reducidas as súas posibilidades de acceder á universidade, son as vítimas desta versión de "repago" clasista.

24 de novembro de 2011

Agora recortan os vascos

O goberno vasco ven de anunciar unha serie de medidas de recorte que afectan aos empregados públicos. Entre outras, a reducción de varios complementos, a prohibición da prolongación no servizo activo e a eliminación do complemento das baixas por enfermidade.
Isto supón, entre outras cousas, a reducción de postos de traballo (o que se xubile aos 65 non será relevado) e a reducción dos ingresos dos que estean de baixa. Cabe recordar que, no caso de baixa por enfermidade, o traballador da Seguridade Social non cobrará polos 3 primeiros días, cobrará o 60% entre o cuarto e o día número 20 e o 75% do día 21 en adiante. A perda de ingresos é tremenda.
Cada vez se achegan máis os recortes e nós estamos mirando como nos cae o ceo enrriba sen inmutarnos. Deixémonos de fatalismos e preparémonos para a loita!

23 de novembro de 2011

Cataluña adiántase e anuncia outro recorte nos soldos dos empregados públicos

O presidente da Generalitat, Artur Mas, acaba de anunciar unha serie de medidas de recorte, entre outras a reducción salarial para os empregados autonómicos cataláns. Esta reducción farase nas retribucións complementarias, ao estar as básicas fixadas pola Administración Central. Ademáis ahi outras medidas como o incremento das tasas universitarias, un pago por expedición de receitas médicas e outras, todas elas adicadas aos sectores máis desfavorecidos. Sen embargo, non se lles deu por recuperar o imposto de sucesións, que lles podería dar os mesmos ou máis ingresos.
Estas medidas aprobadas por CIU teñen o respaldo do PP, que se absterá na votación (tal como fixo nos recortes no Parlamento español).
Así está a cousa. De nós depende que os próximos recortes veñan contra o noso soldo, porque cando vexas as barbas do teu veciño rapar...

16 de novembro de 2011

Non podemos estar quedos

Sexa quen sexa o próximo presidente do goberno (eles chámano "gañar" as eleccións), os recortes que se aveciñan no sector público son arrepiantes. E non só no que atende aos servizos aos cidadáns, senón tamén nos recortes directos ao persoal: menos contratacións, conxelacións salariais, maior presión a través das inspeccións de todo tipo coaccionando ao persoal, eliminación dos interinaxes... A pesar da tranquilidade de moitos, non podemos estar seguros de que non intenten regulacións de empregos do persoal laboral fixo ou mesmo do persoal funcionarios de carreira.
Imos esta cos brazos cruzados ante este panorama? Imos esperar a engrosar a estatística de persoas no umbral da pobreza? Depende nosa de que isto suceda ou de que, de suceder, o faga co menor impacto posible para nós. Nas nosas más está impedilo.

9 de novembro de 2011

2 de novembro de 2011

Restriccións na contratación

A Lei de orzamentos do ano que ven establece o recorte nas contratacións de persoal eventual, temporal ou interino, salvo contadísimas excepcións. Non lles importa aos nosos políticos o constante deterioro nos servizos públicos, senón que o único importante é inclinarse ante o novo mito económico: a contención do déficit público, a costa do que sexa.

28 de outubro de 2011

Pola abstención activa e consciente

O 20 de novembro están convocadas eleccións xerais políticas para decidir a composición do Parlamento e goberno españois nos próximos catro anos. Unha vez máis, a clase política pídenos que sexamos cómplices coa súa servidume aos intereses do capitalismo e, con el, acatemos o inxusto réxime social e político vixente.

Tras máis de trinta anos de eleccións políticas e gobernos de diferentes pelaxes, o resultado para os traballadores non veu sendo outro que a perda constante de dereitos e conquistas sociais, unha e outra vez acernadas polas sucesivas reformas laborais, decretazos e axustes: despedimento libre e barato, precariedade e temporalidade no emprego, sometemento dos traballadores á vontade dos empresarios, recortes de pensións, lexislación laboral ao servizo dos intereses da patronal…

26 de outubro de 2011

Nomeamento de técnicos ambientais

Hoxe publica o DOG a orde pola que se nomean como persoal laboral da Xunta de Galicia aos que superaron o proceso selectivo para o acceso á categoría 41 (técnicos ambientais). Os interesados teñen un mes para o recurso de reposición ou dous para ir ao contencioso.

20 de outubro de 2011

A CEOE, embalada

A CEOE continúa lanzada coas súas esixencias e disposta á explotación máis inmisericorde. Ven de reclmara dos partidos políticos (isto quere dicir do goberno que gañe as eleccións) o abaratamento do despedimento. Agora quere que o despido improcedente pase de 45 a 20 días por ano de indemnización e o que se xa por causas obxectivas que pase de 20 a 12 días por ano.
A nós non nos sorprende a cobiza dos empresarios, aínda que non deixa de marabillarnos a súa desvergoña.

19 de outubro de 2011

Contra a nova conxelación salarial


O proxecto de presupostos da Xunta de Galicia para o ano 2012 mantén a conxelación salarial, ademáis de manter a taxa de reposición do persoal nun 10% e a conxelación do Fondo de Acción Social.
Ista decisión é un novo ataque aos dereitos dos traballadores que, ademáis de ver diminuidas as súas retribucións nun 5% o ano 2010 e a conxelación salarial no ano 2011, segue perdendo poder de compra ante a incremento dos prezos (a taxa interanual do IPC está no 3,4%).

13 de outubro de 2011

20N: pola abstención consciente e activa


Ante a convocatoria de eleccións xerais para o próximo 20 de novembro, o Comité Confederal da CGT ven de facer público o seguinte comunicado:

El 20 de noviembre de 2011 están convocadas elecciones generales políticas para decidir la composición del Parlamento y gobierno españoles en los próximos cuatro años. Una vez más, la clase política nos pide que seamos cómplices con su servidumbre a los intereses del capitalismo y, con ello, acatemos el injusto régimen social y político vigente.

11 de outubro de 2011

Listas provisorias Acción Social 2010

O DOg de hoxe publica a resolución coas listaxes provisionais das solicitudes do Fondo de Acción Social do ano 2010 para o persoal da Xunta. Os interesados poden facer con sultas premendo aquí. Hai un prazo de 10 días para reclamar.

9 de outubro de 2011

20N: abstención activa

A CGT decidiu, no súa última Plenaria, promover unha campaña de abstención activa ante a convocatoria de eleccións xerais. Como aperitivo, deixámosvos a ligazón deste video: http://www.rojoynegro.info/video/confederacion/video-abstencion-activa-las-elecciones-generales-del-20-n

7 de outubro de 2011

A austeridade e as cestas de Nadal

Estamos en tempos de austeridade. Polo menos iso é o que predican todos os días os políticos de calquera bandeiría. Consonte a estes tempos de aforro, non está de máis recuperar un anuncio que publicou o BOE o 2 de agosto pasado: subministración e distribución a domicilio dos lotes de Nadal para os traballadores da Casa da Moeda.
Non se trata de se 638.750 euros son moitos o poucos, pero non se pode admitir que se traballadores da fábrica dos cartos teñan dereito a un Nadal máis doce que o resto dos empregados públicos, e que se predique austeridade para seguir con prácticas paternalistas como esta.
Que se deixen de esmolas e que reintegren o expropiado aos traballadores públicos nos últimos tempos! Isto si que sería unha razoable cesta de Nadal!

3 de outubro de 2011

Corpo Superior

Publica hoxe o DOG a relación de persoas que superaron o proceso selectivo de consolidación de emprego para o ingreso no corpo superior da Xunta de Galicia (subgrupo A1). Hai 20 días para preentar a documentación e un mes para presentar recurso de alzada.

21 de setembro de 2011

29S: xornada de loita

Dentro das mobilizacións convocada pola CGT e outros sindicatos en protesta pola situación dos traballadores e as medidas de recortes laborais e socials, o día 29, xoves, celebraranse, entre outros, os seguintes actos:

Vigo: manifestación, desde as 20:00 na praza de Fernando o católico.
A Coruña: concentración, desde as 12:00 horas, ante a Delegación do Goberno, na Praza de Ourense.

A CGT fai un chamamento a todos os traballadores e cidadanía en xeral para a participación nas mobilizacións.

15 de setembro de 2011

Persoal laboral grupo V

O DOG de hoxe publica a resolución pola que se fai pública a relación de admitidos e excluidos do concurso 01/2011 para a provisión de postos de traballo do persoal laboral do grupo V. A resolución pódese consultar aquí. Os interesados teñen un mes de prazo para interpoñer reclamacións administrativas.

9 de setembro de 2011

29 de setembro: a loita está na rúa. Cara a Folga Xeral

A CGT, con outras organizacións de traballadores, ven de facer público o seguinte comunicado:
"Distintas organizaciones sindicales y movimientos sociales convocan un calendario de movilizaciones conjunto hacia la huelga general.
A lo largo del verano distintas organizaciones sindicales de ámbito confederal, Confederación General del Trabajo (CGT), Confederación Nacional del Trabajo (CNT) , CO.BAS, Coordinadora Sindicalismo de Clase (CSC) y Solidaridad Obrera (SO), han mantenido distintos encuentros para poner en marcha una respuesta de movilización, desde la unidad de acción y de clase, en el horizonte de una Huelga General contra las políticas de recortes y pérdida de derechos impulsada por los gobiernos y las instituciones europeas, a instancias de la patronal y los mercados.

A CGT volve gañarlle á Xunta


O TSXG dalle a razón á CGT e anula o artigo 6.3 da Oferta de Emprego Público de 2008

O luns pasado coñecíase a sentenza contra a impugnación da Oferta de Emprego Público de 2008 que CGT-Xunta interpuxera xa hai 3 anos. O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia anula tal como solicitaba a CGT o artigo 6.3) do Decreto 88/2008 que imposibilitaba aos subalternos para acceder ao sistema de recalificación de praza no caso de promoción interna.
Segundo o TSXG dita exclusión do persoal subalterno “incurre, sen dúbida, nunha discriminación contraria ao principio de igualdade (…) e nunha medida arbitraria que vai moito máis alá da configuración mesma deste tipo de prazas ocupadas por subalternos, da potestade organizadora da Administración…”
Así as cousas, coa anulación do artigo 6.3) o persoal subalterno que participara na promoción interna e que quera que a súa praza como subalterno sexa recalificada a auxiliar poderá eisixilo ao amparo desta sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

25 de agosto de 2011

Morrendo e couceando

Zapatero ven de anunciar unhas novas medidas disque para "fomentar o emprego". As medidas anunciadas son as seguintes:

  • Elevar a idade dos contratos formativos ata dos 25 aos 30 anos: Reformar estes contratos, que é unha bolsa de fraude evidente dentro das empresas, é entregar atados de mans e pés aos traballadores novos, que se verán obrigados a aceptar condicións de escravitude aínda máis duras que as actuais.
  • Eliminar a prohibición dos encadeamentos de contratos temporais: Supón a legalización do fraude máis xeralizado, que é o encadeamento de contratos en fraude de lei.
  • Pagamento, por parte do FOGASA de 8 días en caso de despedimento dos contratos indefinidos de 20 días de indemnización: É a subvención do despido e, polo tanto, o abaratamento para os empresarios.
Zapatero e o PSOE consumarán esta nova agresión aos traballadores, co beneplácito non declarado do PP. Aprendamos con quen nos xogamos o futuro.

24 de agosto de 2011

Non teñen vergoña


Que o Parlamento e o Goberno non son máis que manifestacións da inxusta xerarquización social e que está ao servizo dos poderosos é algo que os anarcosindicalistas temos claro desde sempre, así que non nos sorprende en absoluto o seu sometemento aos intereses do capitalismo máis voraz. Que a Constitución é pouco máis que un papel cheo de literatura sen contido real é algo que sempre denunciamos, así que tampouco nos escandaliza que a fagan ou desfagan consonte aos intereses citados.
Pero o que non é tolerable é que, cun Parlamento morto, a dous meses das eleccións, sen que ningún partido a levase non seus programas, sen debate social, sen consultas, o goberno pretenda facer unha modificación-exprés da Constitución para axeitala ás suxestións da dereita más rancia de Europa. Só desde o servidume duns políticos e a inmoralidade do resto deles se pode xustificar a intentona. Non deberíamos quedármonos cos brazos cruzados.

16 de agosto de 2011

Pero que máis moderación salarial queren?

Elena Salgado, vicepresidenta do goberno, esta a favor da moderación salarial plantexada polo candidato Rubalcaba, pero estendéndoa ao sector público. Anunciou tamén que o goberno non elaborará os presupostos do ano que ven -polo tanto, prorrogaranse os de este ano cunha suba do 0% nas retribucións dos empregados públicos- e animou aos sindicatos a participar na escabechina.
Despois da rebaixa do 5% do ano pasado e do 0% deste ano cunha inflación superior ao 3% vir agora falando de moderación salarial é unha burla aos traballadores. Sobre todo cando se teñen, como Salgado, un millón de euros en patrimonio, polo menos.

10 de agosto de 2011

Sindicatos de clase pola mobilización unitaria contra o Pacto Social e pola Folga Xeral (2º encontro)

 
Comunicaco conxunto:
"Las organizaciones sindicales Confederación General del Trabajo (CGT), Confederación Nacional del Trabajo (CNT), CO.BAS, Coordinadora Sindicalismo de Clase (CSC) y Solidaridad Obrera (SO) , nos reunimos el pasado 29 de Julio en este segundo encuentro con el objetivo de continuar dando pasos hacia un calendario de movilizaciones conjunto, desde la unidad de acción y de clase, hacia una Huelga General contra las políticas de recortes y pérdida de derechos impulsada por el gobierno y las instituciones europeas, a instancias de la patronal y los mercados.

8 de agosto de 2011

Casi 27 millóns de euros en subvencións

O goberno acordou repartir entre os sindicatos colaboradores a cantidade de 26,6 millóns de euros, nesta ocasión para a formación dos empregados públicos. Así, tanco CC.OO. como UGT recibirán 10,3 millóns cada ún, a CSIF 4,2 e outros sindicatos menos de un millón cada un.
Se algún aínda se estaba preguntando o motivo da indiferencia sindical coa que está caendo, aquí ten algunha resposta.

1 de agosto de 2011

O FMI, á carga de novo

No seu informe anual sobre España, o Fondo Monetario Internacional, ese organismo teóricamente dependente da ONU, pero de feito un dos axentes do máis voraz capitalismo, ven de dicir que a cousa vai ben, pero que aínda non son suficientes as reformas. E cales so as reformas que propoñen para que todos poidamos vivir millor (ha!)? Pois son: a descentralización da negociación colectiva, o incremento do IVA e dos impostos especiais, a reducción en gastos dos empregados públicos e o abaratamento do despido.

28 de xullo de 2011

Novos procesos selectivos

Publica o DOG de hoxe as convocatorias de 6 prazas (2 en promoción interna) da escala de enxeñeiros de camiños, canles e portos (corpo facultativo superior, subgrupo A1) e 16 (5 de promoción interna) das escalas de arquitectos técnicos e enxeñeiros técnicos de obras públicas (corpo facultativo medio, subgrupo A2).

26 de xullo de 2011

Reforma das pensións e rescate de Grecia

 Comunicado do Secretariado Permanente da CGT:
"Rescate de Grecia y Reforma de las pensiones, las dos caras de una moneda falsa para engañar al Pueblo.

 La CGT sigue trabajando para la movilización social que impida que la crisis la paguemos la clase trabajadora y los colectivos sociales desfavorecidos.

Estos últimos días de final de Julio, como sociedad, hemos asistido impasibles al circo de las instituciones políticas para aprobar, por una parte, la reforma de las pensiones en el parlamento español y paralelamente, el rescate de la deuda griega. En ambos casos, siempre pierde el pueblo para que gane la banca, los fondos de inversión, la gran patronal.

Convocatorias

O DOG de hoxe recolle varias convocatorias de provisións de postos de traballo: 30 prazas libres para o C2, 15 pàra o A2, 20 para o A1, 4 libres e 2 de promición para letrados da Xunta, 11 libres e 4 de promoción para A1 -escala de sistemas de tecnoloxía da información-, 6 libres e 2 de promoción interna para A2 -escala de xestión de sistemas de información- e corpo facultativo de veterinarios.

22 de xullo de 2011

Aprobaron a reforma das pensións

O PSOE e CIU votaron onte a favor da reforma das pensións. O PP absteuse, colaborando así na medida, pero quedando ben. As medidas aprobadas, entre outras son:
  • A idade ordinaria de xubilación pasa de 65 a 67 anos. O incremento será gradual ata a plicación total no 2027.
  • O cálculo da pensión farase tendo en conta os últimos 25 anos de cotización, en vez dos 15 de agora. Tamén se aplicará gradualmente ata 2022.
  • A pensión máxima só poderán percibila os que tiveran cotizado 38 anos e medio, en vez dos 35 actuais. 
  • A xubilación anticipada poderase facer, reducindo a contía, a partir dos 63 anos e con 33 cotizados. Agora eran 61.
  • Mantense o dereito á xubilación con quince anos de cotización, pero baixa a porcentaxe do 60 ao 50%.
En definitiva, pensións máis baixas -hai que ver a cara do ministro que ten a desvergoña de dicir que non hai recorte- conseguidas máis difícilmente.
Hai máis de 20 anos que os traballadores non teñen, nas súas condicións básicas, ningunha mellora: a xornada de traballo non se reduce e a participación na riqueza é cada vez menor. Que clase de sociedade xusta é esta?

19 de xullo de 2011

O presidente da CEOE, "a la carga"

O presidente da patronal, Juan Rossell, cargou contra os empregados públicos, indicando que hai que acabar cos funcionarios prepotentes e incumplidores e dando as receitas para saír da crise. Entre outras, as medidas que propón son:
  • Acabar cos funcionarios prepotentes e incumplidores
  • Acabar cos que se apunten ao paro porque si
  • Cortar as visitas médicas
  • Cortar os abusos do fracaso estudiantil
  • Cambiar o funcinamento dos servizos públicos
O da patronal xa non ten nome. Tendo exprimidos ao máximo aos seus traballadores, este fato de explotadores quere meter o culler na torta dos servizos públicos e, para iso, non dubidan en difamar e atacar, incluso, aos máis desprotexidos, como os enfermos, escondéndose e axitando a bandeira dos supostos privilexios dos empregados públicos. Postos a acabar con alguén, cando acabaremos con Juan Russell e a súa patulea?

18 de xullo de 2011

Traballar pola tarde?

A Xunta plantexa a posibilidade de traballar polas tardes, de forma voluntaria. En principio, habería que valorar se esta voluntariedade é real ou se hai algún intento de forzar a que a xente se vexa obrigada, nalgúns sitios, a traballar pola tarde aínda que non queiran. Por outro lado, non se pode implantar unha medida deste tipo sen contar coa aprobación dos representantes dos traballadores, por moi voluntario que fose. Tamén hai que valorar, que as tardes libres é unha conquista moi valiosa que non se pode perder porque dean algunha migalla a algúns.
Para saber a vosa opinión, puxemos, na columna esquerda, unha enquisa con este tema. Colaborade contestanto.

14 de xullo de 2011

Continúan os recortes da administración autonómica

Agora xa non se cubren nin as ausencias nos Rexistro Únicos

A mediados da semana pasada Función Pública decidía volver a meter a tixeira na xestión de persoal. Si ata o que agora tanto a Consellería de Educación (persoal docente) como a de Presidencia eran as única nas que o persoal en vacacións ou baixa serían substituídos, a partir agora, a Consellería de Presidencia decidiu non substituir ao persoal que estea a disfrutar das súas vacacións. Esta decisión afecta aos Rexistros Únicos de toda Galicia.
A decisión terá un efecto directo sobre os cidadáns que verán como as colas habituais nos Edificios Administrativos aumentan ante a falla de persoal, ao tempo que as solicitudes e trámites que teñan que realizar sufriran un retraso na súa remisión ás distintas dependencias administrativas, volvendo os tempos nos que os rexistros (sobre todo o da Coruña e o de Vigo) acumulaban significativos retrasos.
Aínda que sempre haberá quen atribúa estes problemas á vagancia consustancial do funcionariado o certo é que a xestión de persoal que está realizar este goberno é a única responsable e, a maiores, fai caer a súa inoperancia directamente sobre os cidadáns dándolles un novo argumento (falso) para cargar contra os empregados públicos.

13 de xullo de 2011

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia dá a razón á CGT e condea á Xunta por vulnerar a Lei Orgánica de Liberdade Sindical

O pasado día 6 de xullo fíxose pública a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que ratificaba a sentenza do Tribunal Contencioso-Administrativo nº 2 de Pontevedra de principios de ano, que condeaba á Xunta de Galicia a proporcionar un local sindical e un taboleiro de anuncios á Sección Sindical de CGT na Xunta de Galicia no Edificio Administrativo de Pontevedra. Dende a ocupación do novo Edificio Administrativo da Xunta en Pontevedra (xestionada polo anterior goberno) a CGT mantivo un conflito coa Delegación de Presidencia (tanto na etapa do PSOE como na do PP) que se negou a dotar ao noso sindicato dun local sindical igual que ao resto de organizacións sindicais con presenza na Xunta de Persoal. Aínda que a sentenza do Contencioso-Administrativo de Pontevedra e anterior ás pasadas eleccións sindicais a Xunta recurriu ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia nun intento impedir o normal desenvolvemento da nosa acción sindical en Pontevedra. Primeiro o Xulgado nº 2 do Contencioso-Administrativo de Pontevedra, en plena campaña electoral ordeaba a execución cautelar da sentenza (orden que a Xunta desoíu) e agora o TSXG volve a dar a razón a CGT.
Aínda así a Xunta segue sen executar a sentenza e a CGT xa volveu a recurrir os tribunais para que obriguen á Administración a deixar de boicotear a nosa acción sindical.

4 de xullo de 2011

Festividades 2012

No DOG de hoxe publícas a disposición pola que se establece o calendario laboral do ano 2012. Pódese consultar picando aquí.

1 de xullo de 2011

Os produtos básicos seguen subindo

A electricidade, o butano e o gas cidade seguen subindo imparablemente. Cando os traballadores estamos coa augo ao pescozo, con recortes históricos nos nosos dereitos económicos e laborais, os poderosos seguen a facer todo o negocio que poden, coa complicidade da clase política. Se a esta suba de prezos lle engadimos a das hipotecas, temos unha fotografía nídia da situación actual: os traballadores xa non temos de onde rascar un pataco. Cada vez temos menos que perder.

24 de xuño de 2011

A reforma da negociación colectiva, outro ataque contra os dereitos laborais

O Secretariado Permanente da CGT ven de facer público o seguinte comunicado:

"CGT contra la reforma de la negociación colectivo, nuevo ataque frontal a los derechos laborales.
PARA LA CGT LA REFORMA DE LA NEGOCIACIÓN COLECTIVA REPRESENTA EL ÚLTIMO ATAQUE FRONTAL A LOS DERECHOS LABORALES.- El Gobierno otorga todo el poder e impunidad a la patronal para empobrecer a las y los trabajadores.
Hoy 22 de junio de 2011, el Congreso de los Diputados plantea el primer debate sobre la Reforma de la Negociación Colectiva. Esta Reforma, junto con el Nuevo Reglamento de los Expedientes de Regulación de Empleo (ERE`s) aprobado la semana pasada por el Gobierno, son un paso más en la escalada de ataques continuados que el gobierno, la patronal y la complicidad del sindicalismo institucional, están cometiendo contra los derechos del conjunto de la clase trabajadora.

23 de xuño de 2011

Populismo ruín e demagóxico

O enésimo anuncio do goberno xunteiro de Feijóo de que vai controlar o absentismo laboral e as baixas por enfermidade xa pasa de castaño oscuro. Coa inestimable colaboración da prensa afin, sempre proclive a poñer aos traballadores públicos nas portadas dos periódicos para ter entretido ao persoal, o presidente volve poñernos na picota trasladando á opinión pública que na Xunta non hai máis que vagos, incumpridores e privilexiados.
Se teñen que perseguir condutas intolerables, que o fagan, que lles vai no soldo. Pero que deixen de xeralizar e de facerse propaganda a conta duns traballadores que xa están fartos de ser a cabeza de turco dunha crise provocada por outros bastante máis poderosos e que nunca están no punto de mira dos políticos.

22 de xuño de 2011

O pacto do euro

O Secretariado Permanente da CGT ven de facer público o seguinte comunicado:

"El Pacto del Euro: la nueva estrategia de la Unión Europea, al servicio de las Grandes Empresas y el Capital.


¿Qué es el Pacto del Euro o la nueva estrategia sobre la competitividad ?

La crisis de la deuda soberana en Europa, con tres países desahuciados y endeudados de por vida, Grecia, Irlanda y Portugal, y la amenaza y ataques especulativos sobre el Estado español, conllevo la creación del fondo de rescate europeo (dotado con 440.000 millones de euros) para comprar directamente deuda a los países afectados por la “especulación de los mercados”1 y, de esta manera, garantizar la devolución de lo prestado al sector financiero con sustanciales intereses.

Cartiños

O DOG de hoxe publica a resolución pola que se fan públicas as subvencións ás organizacións sindicais de Galicia. A CGT, por decisión propia, non figura na relación.

21 de xuño de 2011

Control das incapacidades temporais

O DOG de hoxe publica o Acordo de encomenda de xestión á Consellería de Sanidade para que os seus servizos de inspección colaboren, en principio ata o 31 de decembro de 2013, no control das incapacidades temporais do persoal das Consellerías de Presidencia, Medio Ambiente, Educación, Traballo e Medio Rural. O persoal específicamente afectado será o pertencente a MUFACE e a MUGEJU.

16 de xuño de 2011

Novo recorte salarial aos funcionarios, segundo o Banco de España

O informe anual recentemente presentado polo Banco de España considera que aínda hai unha marxe para "reaxustar" os soldos dos empregados públicos, dado que "se observan diferenzas salariais significativas entre a remuneración do sector público e o privado, especialmente nos estratos de baixa cualificación". Isto quere dicir que, para o Banco de España, os empregados públicos con menor salario son os que deben sufrir o novo recorte proposto.
Xa se nos agota o diccionario para cualificar a este lacaio dos poderes económicos que é Miguel Ángel Fernández Ordóñez, sempre rápido para propoñer recortes aos traballadores e ás capas máis desfavorecida da poboación e lento para entrar a propoñer medidas contra a especulación e o regulamento do poder financeiro.
Non sabemos se ousarán levar adiante este novo recorte, pero a tímida reacción que tivemos o ano pasado fertilizou o terreo para que se lles poida ocorrer facelo de novo. Nas nosas máns está evitalo.

Joan Rosell, a favor da reducción dos funcionarios

Como ven sendo habitual nestes últimos tempos, a organización patronal CEOE non se limita á defensa dos seus intereses directos como organización da insaciable patronal española senón que pretende dirixir a política de persoal das administracións públicas. Non contentos con pedir que se acabe cos salarios fixos e coa negociación colectiva no sector privado, reclaman, ademáis, a redución dos empregos públicos para (iso non o din) aumentar a súa participación na torta. É a CEOE enimiga, non só dos traballadores do sector privado, senón de todos nós e así temos que tratala.

Xornada de verán

Este ano estará comprendida entre o 20 de xuño e o 20 de setembro, sendo o horario entre as 8:30 e as 14:30, tal como sae publicado no DOG de hoxe.

15 de xuño de 2011

Comunicado da FETAP

A Federación Estatal de Traballadores da Administración Pública da CGT ven de facer público o seguinte comunicado referido á decisión do Tribunal Constitucional de avalar o recorte salarial dos empregados públicos:
"El Tribunal Constitucional avala la rebaja de salarios de los empleados públicos

La FETAP-CGT rechaza de plano la motivación de la sentencia dictada por el TC

Este aval por parte del T. Constitucional, que ya se veía venir, supone la convalidación juridica de una agresión sin precedentes al conjunto de las y los empleados públicos. Recordemos que el TC es una copia del reparto del poder en el Congreso de los Diputados, ya que tienen la capacidcad de nombrar a sus miembros con las mismas cuotas de poder que mantienen en dicha cámara.

O Tribunal Constitucional, como non podía ser doutro xeito, co poder

Os anarcosindicalistas xa non confiabamos no chamado poder xudicial porque non é máis que un mecanismo do poder, un brazo máis da hidra do Estado. Como tal, acaba de rexeitar os recursos contra o recorte salarial dos empregados públicos.
Para o Tribunal Consitucional -andan estes días todos preocupados porque non se nomean os membros que faltan e nadie se pregunta se fan falta- o dereito á negociación colectiva, a pesar de ser fundamental, non significa que os acordos non podan ser modificados unilateralmente polo Estado. Nós, que non entendemos de palabreíría xurídico-política preguntámonos: e para que serve a negociación se o negociado non o hai que respectar?
Tamén din os señores maxistrados que a admisión dos recursos poderían provocar efectos non desexables e que é conveniente rexeitalos agora. Cales son eses efectos non desexables, se se trata de facer xustiza, como sempre predican?
En fin, o que algún xa supoñíamos aconteceu: que o can non mordeu a man do que lle da de comer.

10 de xuño de 2011

Os xesuítas descubren o Pacífico

A Escola Superior de Administración e Dirección de Empresas, unha influínte escola privada de negocios vencellada á Compañía de Xesús, ven de descubrir, nun informe, que a culpa da situación da crise é dos empregados público, tal e como descubriron con anterioridade políticos e expertos de todo tipo, aínda que todos eles ven situados economicamente. Como bos xesuítas, din que eles non queren que os salarios do funcionariado se conxele ou se baixe, senón que se trate como os do resto dos traballadores. Mágoa que isto non o dixeran nos dez anos anteriores, cando os salarios públicos subían por baixo dos privados.

6 de xuño de 2011

Integración do persoal das fundacións de desenvolvemento comarcal

Publica o DOG de hoxe a resolución da Consellería de Medio Rural pola que se fixa un prazo de 7 días (ata o día 13 de xuño) para que este persoal presente a solicitude de integración correspondente, segundo o aprobado no seu momento na Lei de acompañamento.

2 de xuño de 2011

Seguen co conto de que sobran funcionarios

A patronal, neste caso as caixas de aforro, seguen poñendo o punto de mira da crise nos empregados públicos e manipulando as cifras, aínda que os datos reais se lle escapen polas marxes dos informes. Seguen dicindo que sobran empregados públicos, aínda que recoñezan que as cifras españolas son similares á media europea e que esté claro que somente aumentou, nestes últimos dez anos, o número de profesores e de sanitarios, sen contar, claro está, aos policías. Tampouco fan moito énfase no incremento das situacións de interinaxe e precariedade.

1 de xuño de 2011

Asistencia aos tribunais de selección

O DOG de hoxe publica unha corrección de erros pola que se fixan os importes que percibirá o persoal que realice tarefas de auxilio aos tribunais de selección de persoal. Media xornada (mañá ou tarde) será compensada con 100 euros e a xornada completa (mañá e tarde) será compensada con 180 euros.

27 de maio de 2011

Subvencións

O DOG de onte publica a disposición pola que se conceden subvencións ás organizacións sindicais e patronais correspondentes aos cursos de formación, cun totoal de 9 millóns de euros. Como se pode observar, a CGT non recibirá, por decisión propia, nin un patacón.

26 de maio de 2011

De desmentido en desmentido

O vicepresidente Chaves desminte que vaia haber máis recortes aos funcionarios "a lo largo de esta legislatura". Agradeceríamos esta noticia se non fora porque a esta lexislatura lle quedan moi poucos telediarios. Tamén segue sen aclarar cal vai ser a suba do ano que ven e cando os empregados públicos recuperarán o perdido, tal e como prometeron cando o recorte do 5%.

16 de maio de 2011

O goberno nega

O goberno nega que vaia haber máis recortes aos funcionarios e que os rumores sobre isto so infundados. O que non explica é se vai haber incremento salarial para o próximo ano e cando recuperaremos o prometido poder adquisitivo.

13 de maio de 2011

Cursos

O DOG de hoxe publicou unha resolución convocando diversos cursos para o persoal da Xunta de Galicia. O prazo de presentación de instancias remata o 23 de maio e os interesados terán que facelo a través da web da EGAP, picando aquí.

12 de maio de 2011

Os prezos, polas nubes

O IPC do mes de abril situouse no 1,2 %, polo que a suba interanual xa está polo 3,8% . Neste último ano, a suba do vestido calzado foi do 9,6%, os combustibles o 18,7%, os alimentos sen elaborar e a electricidade o 11,8% e o alumbrado e maila auga o 14,9%.

Ante este panorama en produtos básicos, a mera intención dos gobernos de facer novos recortes é unha obscenidade e enha salvaxada. Non o consintamos.

10 de maio de 2011

Os trienios dos interinos

Recentemente, unha sentencia do Tribunal Supremo recoñécelles aos interinos o dereito de percibir os atrasos de trienios que lles corresponden (ata cinco anos), do mesmo xeito que o persoal funcionario. A Xunta anunciou que cada interino deberá reclamar, é dicir, que non fará o pagamento de oficio. Animamos aos interinos a que reclamen o que se lles debe para superar o discrimintorio trato que, neste tema, veñen sofrindo en comparanza cos funcionarios de carreira. Tamén reclamamos da Administración autonómica que se supere as reticencias que hai para pagar as vacacións ao peroal interino nalgún departamento, por exemplo no que respecta ao persoal da Administración de Xustiza. Non podemos deixar de recordar que a única diferenza entre os dereitos do persoal interino con respecto ao persoal funcionario é a directamente derivada da interinaxe e ningunha máis. É que hai xente que non se quere enterar.

6 de maio de 2011

Escolas infantís para o persoal da Xunta

O DOG de hoxe publica a Orde da Consellería de Traballo que fixa o procedemento para a adxudicación de prazas nas escolas infantís (0-3 anos) para o persoal da Xunta de servizos centrais, de Vigo e de Pontevedra. O prazo de solicitudes está aberto ata o 16 de maio.
O resto do persoal da Xunta, polo visto, é dunha raza inferior.

5 de maio de 2011

Nomeamento de laborais

O DOG de hoxe publica a Orde pola que se nomea persoal laboral da Xunta aos que superaron as probas selectivas do da categoría 041 (oficiais contra incendios forestais). Os interesados poden interpoñer un recurso de reposición no prazo dun mes ou ir directamente ao contencioso no prazo de dous. Noraboa.

4 de maio de 2011

Un novo recorte?

Alarmante é a nova que o diario Expansión dá sobre as retribucións dos empregados públicos: o goberno non descarta a posibilidade dunha nova conxelación salarial para o ano 2012, ou incluso unha nova "cirurxía" se o crecemento económico non é o axeitado.
Se o volven facer e non respondemos contundentemente, teremos o que nos merecemos.

3 de maio de 2011

Non hai xustificación que valga para o retraso da nómina

Por moitos panos quentes que queiran poñer os responsables de Facenda, non hai xustificación ningunha para que todo o persoal da Xunta non teña percibido as súas retribucións o último día laborable do mes. Se o Tesouro asina as ordes de transferencia de fondos o día 29, venres, a media mañá, é materialmente imposible que os cartos estean en cada entidade bancaria xa non o mesmo día 29, senón nin siquera o día último do mes, o 30. Cando se actúa así, non se lle pode botar a culpa ás entidades bancarias e ameazar con investigacións e outras parvadas para esconder a propia ineficacia.

26 de abril de 2011

Casi unha semana sen poñer na picota aos empregados públicos

Un novo record da Xunta de Galicia. Unha semana levábamos sen que a Xunta de Galicia puxera aos emregados públicos no disparadeiro. Agora a escusa ven a ser o absentismo laboral que, supostamente, é moito maior na Xunta que nas empress privadas. Ante esta teima de ter entretido ao persoal botando pestes sobre o funcionariado, temos que preguntarnos se a "eficacia da empresa pública" se refire ao sistema de amedrentamento, presión e altas laborais fraudulentas que fan as mutuas en complicidade cos empresarios forzando a traballar a persoas que non están en condicións.
A CGT non dubida de que hai algunha baixa fraudulenta, pero a inmensa maioría non o son; a diferenza coas empresas privadas nos índices son máis debidos aos procesos de acoso que os traballadores sofren nas privadas para reincorporarse antes de estar en condicións que a que haxa fraudes. Políticos: ide traballar!

20 de abril de 2011

Actos do Primeiro de Maio

A Coruña: A manifestación, convocada conxuntamente coa CUT, sairá, ás 12:00 horas, da Praza de Pontevedra e percorrerá o centro urbano para rematar na Praza do Humor. (Convocatoria)

Vilagarcia de Arousa : Convocada pola CGT de Pontevedra e de Vilagarcía, manifestación. 12 horas, desde la plaza Ravella, con mitin final en plaza de Galicia. (Convocatoria completa, en http://www.cgtgalicia.org/2011/04/1%C2%BA-maio-manifestacion-en-vilagarcia/)

Vigo : Ás 11:00 dende a Praza de Fernando o católico ata a Porta do Sol, manifestación conxunta coa CUT. (Convocatoria) Actividades previas a la manifestación, en http://www.cgtgalicia.org/2011/04/1%C2%BA-de-maio-en-vigo/

19 de abril de 2011

Concurso de traslados do persoal laboral

Apareceu no DOG de hoxe o concurso de traslados para o grupo V do Convenio Colectivo do persoal laboral da Xunta de Galicia. As instancias deberán presentarse telemáticamente no prazo de 25 días contados a partir do seguinte ao da publicación.

18 de abril de 2011

O Xulgado do Contencioso-Administrativo nº1 de Pontevedra volve dar a razón á CGT

O pasado venres 8 de abril en auto do Xulgado Contencioso-Administrativo nº1 de Pontevedra ordenábase á Xunta de Galicia que procedera a facilitar un local sindical e taboleiro sindical ao Sindicato de Administración Pública de Pontevedra da CGT, aplicando cautelarmente a sentencia favorable á CGT por tutela de dereitos fundamentais dictada en setembro de 2010 e recorrida pola Administración no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
O auto considera que o prexuízo para CGT ao non dispor de local e taboleiro sindical durante a campaña electoral pode ocasionar un prexuízo de imposible reparación, tal e como sucedeu, xa que, a negativa da Administración a darnos o que nos corresponde legalmente influíu tanto na elaboración da candidatura do noso sindicato como os resultados acadados no Edificio Administrativo de Pontevedra onde partíamos coa enorme desventaxa de non ter local sindical como o resto dos sindicatos con representación e nin tan sequera taboleiro.
Dende o Sindicato de Administración Pública de Pontevedra da CGT agardamos que o fulminante cesamento, o mesmo día de coñecerse a sentencia, do Xefe Territorial de Presidencia, principal interesado en non darnos o local sindical e o taboleiro, facilite que dunha vez por todas a Administración comece a cumprir a legalidade.

O Sindicato de Administración Pública de Pontevedra da CGT revalida os seus dous delegados

O pasado 14 de abril tiveron lugar as eleccións para a Xunta de Persoal funcionario na provincia de Pontevedra onde a CGT revalidou os 2 delegados que xa tiña. Aínda que non se aumentou en número de delegados os resultados deben de ser considerados como un éxito xa que supoñen a consolidación da alternativa CGT na provincia de Pontevedra e un crecemento espectacular no Edificio Administrativo de Vigo onde se sobrepasa o 15% de representatividade superando, por primeira vez a CSIF e máis UGT, a gran perdedora deste proceso electoral.
A nova Xunta de Persoal queda do seguinte xeito: CIG 10 (+1), CSIF 6 (+1), CC.OO 4 (+2), UGT 3 (-2) e CGT 2.

15 de abril de 2011

Consolidación de emprego C2

O DOG publica hoxe a Orde pola que se nomean funcionarios de carreira do subgrupo C2 aos que superaron o proceso de consolidación de emprego a través da Orde do 4 de xullo de 2008. Felicitacións a todos eles.

7 de abril de 2011

1º de maio, é hora de pasar á acción

O Secretariado Permanente do Comité Confederal da CGT ven de facer un comunicado ante o próximo 1º de maio. Di o seguinte:
"El 1º de Mayo es una fecha especialmente simbólica para la clase trabajadora de todo el mundo. Con ella recordamos y recuperamos la heroica lucha de trabajadores asesinados por la patronal en Chicago en demanda de la jornada de ocho horas, allá por el año 1886.
Hoy, las y los trabajadores tenemos que seguir la lucha con la misma contundencia porque el ataque que estamos sufriendo por parte del capital recuerda el salvajismo patronal del siglo XIX.

6 de abril de 2011

Lustros de sensatez salarial

O ministro de Traballo, Valeriano Gómez, acaba de declarar que España necesita "lustros" de moderación salarial. Este home, que ten no seu currículo o ter sido un destacado sindicalista da UGT (tampouco é de extranar), abogou pola contención dos costes salariais nos próximos anos.
Polo que se ve, para Valeriano os salarios viñeron subindo moito nos últimos anos. Temos qeu recordarlle que, na función pública, a maioría das veces os salarios subiron por baixo do IPC, houbo dúas conxelacións salariais e, desde o ano pasado, sofrimos unha rebaixa nas nosas retribucións. Pois ben, aínda así, entre outras noxentas medidas, o agora ministro propón sensatez por, polo menos, dez anos (1 lustro = 5 anos; lustros = polo menos 10 anos).
Outro máis na lista dos lacaios dos poderosos.

Novos funcionarios do subgrupo C2

Hoxe publica o DOG a Orde pola que se nomean funcionarios da Xunta aos aspirantes do subgrupo C2 que superaron a canvocatoria do 4 de xullo de 2008. Os prazos de reclamacións son os habituais dun mes (reposición) ou de dosu meses (contencioso).

4 de abril de 2011

A oferta de emprego público, no DOG

O DOG de hoxe publica do decreto de oferta de emprego público do ano 2011 para o persoal funcionario da Xunta. Como xa dixemos anteriormente, a oferta é cativa, o número de prazas é ruín e a oferta de promoción interna é inexistente, salvo para sacar prazas que non se cubriron nas ofertas públicas anteriores. Tamén é curioso observar cómo o que sacan para o acceso libre son prazas de escalas especiais mentras deixan, como sempre, os corpos xerais, sen cubrir.
Pura propaganda.

1 de abril de 2011

Pero, cantas veces nos van controlar o horario?

A Xunta ven de anunciar, outra vez!, un novo sistema de fichaxe para os funcionarios. Dado que non teñen nin ideas nin fan nada salientable, adícanse os nosos gobernantes en repetir cantos funcionarios van ser controlados nos seus horarios y en darlle bombo a ofertas de emprego inexistentes.
Repetimos: se teñen que controlar o horario, que o fagan dunha puñetera vez!

30 de marzo de 2011

Oferta pública 2011

A Xunta sacará este ano unha parodia de Oferta de Emprego Público. Escudándose na crise, pero sen deixar de intentar facer propaganda, anuncia a convocatoria de 250 prazas. A cuestión é que delas, 96 son de promoción interna (15 para o A1 e 81 para o C2) e o 20 % das restantes responden a sentencias xudiciais pendentes de recurso.
Máis información: La Voz de Galicia El País El Mundo Faro de Vigo

28 de marzo de 2011

A xubilación dos funcionarios de clases pasivas

Xuntamos aquí a proposta presentada aos sindicatos CC.OO-UGT e CSIF polo goberno na que se pretende subir a idade de xubilación do funcionariado dependente das mutualidades (Muface e outras); tamén se inclúe o incremento dos requisitos tanto para a xubilación ordinaria como a anticipada.
Daqueles lodos...

Declaración da renda

Están dispoñibles os datos fiscais e o borrador da declaración da renda do ano 2010 na páxina web da Consellería de Facenda. Os interesados poden ver o manual picando aquí e seguindo as instrucións.

25 de marzo de 2011

Xeralizar a xubilación aos 67 anos

O goberno presentou aos sindicatos máis representarivos na función pública (CC.OO.-UGT e CSIF) unha proposta para xubilar ao persoal de clases pasivas aos 67 anos, equiparándoo ao do Réxime Xeral da Seguridade Social. Esta medida eliminaría, ademáis, a posibilidade de xubilación anticipada que na actualidade ten dito colectivo.
Tras a tímida mobilización dos empregados públicos ante os recortes anteriores, non é previsible que haxa moita oposición, sobre todo se temos en conta que moitos funcionarios xa optaron pola seguridade social nos últimos anos e outros xa nun ca foron integrados no Réxime de Clases Pasivas.
Por certo: a xeralización non é tanta dado que quedan algúns colectivos fóra da reforma.
Só unha mobilización de todos, contundente, continua e firme, pode ter algunha posibilidade de ser escoitada.

21 de marzo de 2011

Ante o bombardeo de Libia

 O Secretariado Permanente do Comité Confederal da CGT ven de facer público o seguinte comunicado:
"Tras muchos días de inoperancia de los gobiernos e instituciones con responsabilidad directa en acabar con la masacre del pueblo de Libia por parte del dictador Gadafi y sus miserables mercenarios, la “solución” encontrada y “legitimada” por la ONU, la Unión Europea, Estados Unidos, la OTAN, la Liga Árabe y otros países ricos... ha sido la intervención militar. Los bombardeos ya han comenzado con un alarde de precipitación, improvisación y objetivos difusos.

Las instituciones mundiales y los gobiernos de los principales países del mundo han sido incapaces de adoptar ningún tipo de medidas previas para evitar la brutal represión y genocidio del pueblo libio en demanda de libertad, respeto de los derechos humanos y justicia social. Una vez más se ha demostrado que, para los dirigentes políticos, no es prioritario evitar el sufrimiento

18 de marzo de 2011

Abertos os prazos de ceses e posesións

No DOG de hoxe publícase a Orde de apertura dos prazos de cesamento e posesión derivados do concurso xeral de 2010. O prazo de cesamento será de tres días contados a partir da publicación e o de posesión será de tres días, no caso da mesma localidade, ou dun mes, no caso de distinta localidade, contados a partir do día seguinte do cesamento.

Adxudicacións de postos e nomeamentos

O DOG de hoxe publica as Ordes de adxudicacións de postos e nomeamentos de diverso persoal funcionario da Xunta de Galicia:

Adxudicacións:
  • Grupo E - 2007
  • Subgrupo A2 - Consolidación 2008
  • Subgrupo A2 - 2008
  • Agrupación profesional subalterno - Consolidación 2008
  • Subgrupo C1 - 2008
Nomeamentos:
  • Subgrupo A1 - 2008
  • Subgrupo A1 - 2009
  • Subgrupo A2 - 2009
  • Subgrupo C2 - 2009
  • Subgrupo C1 - 2009

15 de marzo de 2011

A oferta do C1

Onte fíxose a elección de destino dos aprobados do subgrupo C1. En contra de toda razón e xustiza, Función Pública ofreceulles niveis 16 que, lóxicamente, foron cubertas rapidamente. Cando centos de persoas levan moitos anos sen poder acceder a un nivel e aos novos se lles ofrecen, por pura icapacidade administrativa, postos de niveis, non se lles pode esixir dedicación nin compromiso no seu traballo. A resposta lóxica é ¡qué traballen eles!

10 de marzo de 2011

Elección de prazas

Xa están previstos os actos de elección de destino para os aprobados de novo ingreso do subgrupo C1 e das agrupacións profesionais . Terán lugar o luns, 14 de marzo, no salón grande da Consellería de Presidencia en San Caetano cos seguintes horarios:

  • C1 - 10:30
  • Agrupacións profesionais - 12:30
  • C2 - 9:00
Pódese acceder ás Ordes do DOG picando aquí (C1 e AA.PP.) ou aquí (C2).

3 de marzo de 2011

O IPC, polas nubes

Os prezos subiron un 3,6% os últimos doce meses, segundo o IPC. Dando por bos os números deste manipulado índice, o persoal das administracións públicas perdemos case un 9 % de poder adquisitivo. Isto supón que temos menos cartos para repartir entre vivenda, comida, vestido, calzado, transporte e enerxía, os grupos que máis subiron e que máis pesan nas economías domésticas. Ante isto, gobernos e patronal reclaman moderación salarial e incremento do consumo privado. Búrlanse de nós e tan tranquilos.

28 de febreiro de 2011

O concurso, por fin no DOG

No DOG de hoxe publícase a Orde de Facenda que resolve o concurso de traslados 01/2010, convocado pola Orde do 4 de maio de 2010. O prazo para o recurso de reposición é dun mes e dous meses para o contencioso. En canto aos cesamentos, o prazo de tres días contará a partir de que saia a orde correspondente.

25 de febreiro de 2011

Un pouco máis de propaganda

A Xunta de Galicia ven de anunciar o enésimo sistema de control horario do persoal. Xa estamos afeitos a ser o pim-pam-pum do político de turno, pero, por favor, que controlen ou que non controlen dunha vez por todas. E que nos deixen tranquilos.

24 de febreiro de 2011

Xa está o listado de adxudicaciones do concurso

Xa está colgada en internet a listaxe de adxudicacións do concurso de traslados dos corpos xerais. Os interesados poden picar aquí.

O concurso xeral, proximamente

A resolución do concurso de traslados de corpos xerais da Xunta de Galicia sairá publicado, se non hai novidade, o próximo día 28, luns, no Diario Oficial de Galicia. Os interesados poderán picar, entón, na ligazón que figura na columna esquerda deste blog.

11 de febreiro de 2011

Recoñecementos médicos

Sae no DOG de hoxe a campaña de recoñecementos médicos para o persoal da Xunta de Galicia. Os interesados poderán facer a solicitude premendo nesta ligazón. O prazo rematará o día 11 de marzo.

10 de febreiro de 2011

Cursos de linguaxe administrativa

O DOG ven de publicar unha resolución pola que se convocan cursos de linguaxe administrativa para o persoal da Xunta. Os cursos serán tanto presenciais como de teleformación e o prazo da matrícula remata o día 22 de febreiro.

9 de febreiro de 2011

Fondo de Acción Social 2010

Publica hoxe o DOG os criterios para solicitar o Fondo de Acción Social do ano 2010. Os interesados deben seguir o procedemento indicado e cubrir as solicitudes entrando na páxina web correspondente. O prazo para facelo e entregar as solicitudes nos órganos de personal rematará o día 28 de febreiro deste ano.

7 de febreiro de 2011

Rosell, máis do mesmo

O novo presidente da CEOE, Juan Rosell, defendeu que as subas salariais estean vencelladas á cmpetitividade das empresas e non á inflación. O que non di é que esta postura durará mentras a competitividade (palabro baleiro como non hai outros) sexa inferior á inflación; cando a inflación sexa inferior á competitividade defenderá que as subas salariais estean en relación coa inflación. Pero xa sabemos como é a patronal: voraz e insaciable.
Tamén, como quen non quere a cousa, deixou caer as receitas para acabar cos cinco millóns de parados; entre outras dixo que o goberno ten que facer fácil a contratación. Engadimos nós que é tan difícil contratar como facer o O cun canuto; pero claro, hai empresarios que facer isto élles moi intrincado.

4 de febreiro de 2011

As novas amezas que nos veñen encima

Despois da chantada que lle meteron ao sistema de pensións, os poderosos non se conforman  preparan novas medidas para seguir enchendo os seus petos a costa dos asalariados. Así, as inminentes medidas que propoñen son, entre outras, as seguintes:
  • Deixar de vencellar as subas salariais ao IPC como referencia. Evidentemente, isto non quere dicir que haxa que subir máis que o manipulado IPC, senón todo o contrario.
  • Eliminar a retroactividade dos convenios de traballo, é dicir, que os convenios non se prorroguen automáticamente mentres se negocia o seguinte e que haxa que partir de cero en cada negociación.
  • Rebaixar o gasto en Sanidade por calquera sistema: copago, eliminación de fármacos e tratamentos ou privatizacións.
A pesar dos retrocesos dos últimos tempos, segue dependendo dos traballadores que os agresores consigan os seus obxectivos: os sacrifizos que teñamos que afrontar agora para loitar polos nosos dereitos pagan a pena, se sabemos ver o que nos espera se estamos man sobre man.

3 de febreiro de 2011

Números

IPC 2010: 3%
Recorte salarial empregados públicos 2010: 5%
Suba 2011: 0%
Parados inscritos: 4.230.000
Parados sin prestacións: 1.600.000
Fogares con todos en paro: 1.300.000

Arrepiante.

31 de xaneiro de 2011

Saqueo do sistema público de pensións

Comunicado do Secretariado Permanente da CGT:

"Para la CGT, el gran pacto social entre el gobierno, la patronal y UGT-CCOO representa el SAQUEO del sistema público de pensiones en beneficio de los planes privados, todo ello en un contexto de aumento del paro hasta el 20,3% y el expolio del patrimonio social de las cajas de ahorro.
El gran pacto social firmado entre el gobierno, la patronal y los sindicatos CCOO y UGT, en relación a la reforma del sistema público de pensiones representa un ATRACO directo a los bolsillos de las y los trabajadores y la población más precaria, un recorte inasumible de los derechos sociales, la negación a la juventud a una pensión digna…

28 de xaneiro de 2011

Folga Xeral: o sindicalismo combativo aínda está vivo

A pesar do bloqueo informativo, a pesar das manobras da Xunta de Galicia para intentar ilegalizar a nosa convocatoria e a pesar das actuacións antisindicais de empresas como Renfe ou Adif, o sindicalismo combativo saíu á rúa co suficiente pulo como para demostrar que hay un importante sector da clase obreira que non está durmida e que é capaz de facerlle fronte ás agresións dos poderosos. Se non pode dicir ¿para que sirveu? Para dúas cousas: evidenciar aínda máis a traizón de CC.OO.-UGT (onte racháronse carnés destes sindicatos) e para dar azos a aqueles que, coma nós, pensamos que temos dereito a unha vida mellor, merecente de ser vivida.
A CGT demostrou onte a súa capacidade ao convocar -soa ou con outros sindicatos- Folga Xeral en Cataluña, en Galicia, en Navarra e noutros lugares e que, a pesar do entreguismo de quen non é merecente de que os volvamos nomear, a paz social non está asinada polo conxunto da clase obreira.
En canto ao resto, é hora de plantexarse a asunción ou rexeitamento efectivo dun sistema político que non é máis que a correa de transmisión dun sistema económico inxusto, depredador e que só responde ás necesidades e esixencias dos poderosos. Nesas estamos.

21 de xaneiro de 2011

Manifestacións o día da Folga Xeral

A CGT convoca o próximo día 27, día da Folga Xeral, baixo o lema de "Contra o paro e o saqueo das pensións" as seguintes manifestacións:
  • A Coruña: 12:30 horas. Saída da Praza de Portugal e remate na Delegación do Goberno. Conxuntamente coa CUT.
  • Ourense: 12:00 horas. Saída do Pavillón dos Remedios e remate na Subdelegación do Goberno. Coa CIG.
  • Pontevedra: 19:00 horas. Saída da Praza da Ferería e remate na Subdelegación do Goberno.
  • Vigo: 11:30 horas. Saída da Praza de Fernando o Católico e remate na Porta do Sol. Unitaria coa CUT.

20 de xaneiro de 2011

Publicado o acordo sobre prevención de riscos laborais

O DOG de hoxe publica o Acordo sobre dereitos de participación do persoal da Xunta en materia de prevención de riscos laborais. Este acordo, asinado por CC.OO., UGT e CSIF, establece as funcións dos delegados de prevención, así como a composición dos comítés de prevención de riscos. Ademáis do persoal da Administración xeral da Xunta de Galicia, está comprendido no acordo o persoal dos centros educativos e sanitarios, así como o persoal de Xustiza.

18 de xaneiro de 2011

A CGT de Galicia formalizou a convocatoria de Folga Xeral

O pasado sábado, 15 de xaneiro, a CGT de Galicia presentou ante as autoridades e a representación patronal a convocatoria formal de folga xeral en Galicia para o próximo día 27 de xaneiro.
A Confederación Xeral do Traballo (CGT) fai un chamamento a clase traballadora e a toda sociedade galega para que o día 27 de xaneiro faga folga e participe nas mobilizacións que se anuncien nas principais cidades de Galicia, dispoñéndose a defender os dereitos laborais, económicos e sociais dos traballadores e traballadoras fronte as agresións que estamos a sofrir polas políticas antisociais do goberno e do parlamento e para impoñer a derrogación da Reforma Laboral e deter a inminente ameaza sobre o sistema público de pensións e xubilacións.

7 de xaneiro de 2011

Modificación das RRPPTT para os procesos de consolidación

O DOG de hoxe fai pública a resolución da Consellería de Facenda que a proba a modificación dos postos de traballo da Xunta referidos ao proceso de consolidación sinalado polo V Convenio colectivo do persoal laboral da administración autonómica e pola Lei da función pública de Galicia.

5 de xaneiro de 2011

A CGT de Galicia acorda a convocatoria de Folga Xeral

O Comité Confederal da Confederación Xeral do Traballo (CGT) de Galicia, reunido en plenaria o día 5 de xaneiro en Pontevedra, adoptou os seguintes acordos:
  • 1. Promover a convocatoria e celebración dunha Folga Xeral antes do día 28 de xaneiro, para poñer fin ás continuas agresións que estamos sufriendo os traballadores e o conxunto da sociedade a mans do goberno; en particular, a última Reforma Laboral, xa en vigor, a persistencia de máis de catro millóns de traballadores en paro e a ameaza global ao sistema de pensións.

4 de xaneiro de 2011

O IPC do ano 2010, disparado

O 2,9 %. Este é o IPC do mes de decembro de 2010. Quere dicir que a lista de produtos que o goberno escolle para analizr o comportamento dos prezos subiu un 2,9 % o ano pasado. Quere dicir que, polo menos (xa tivemos outras ocasións para falar do que é realmente o IPC) o estado recoñece que somos un 2,9 % máis pobres.
A isto lle temos que engadir as subas xa anunciadas para este ano: a enerxía eléctrica, o gas, o transporte, o pan... todos produtos de primeira necesidade.
E que pasa cos funcionarios? Para que nos fagamos unha idea, picando aquí temos acceso a unha táboa que amosa a evolución salarial dos empregados públicos da Xunta de Galicia nos últimos 20 anos. A bote pronto, podemos facer as seguintes observacións básicas:

3 de xaneiro de 2011

As libres disposicións outra vez

Como consecuencia da lei de acompañamento para o ano 2011, modifícanse as RRPPTT no sentido de que pasan a ser unha chea de prazas de libre designación. A resoución, no DOG de hoxe.

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo