15 de decembro de 2011

Os funcionarios son os culpables de todo

Isto é o que se desprende das declaracións do presidente da patronal, Juan Rosell. Para este inimigo dos traballadores, o sector público está "sobredimen-sionado" e hai que facer cos empregados públicos o mesmo que no sector privado: expedientes de regulación de emprego.

Aproveitando que pasaba por aalí, o presidente dos depredadores non esqueceu que o "inmenso gasto" do Estado en sanidade, educación e servizos sociais pódese xestionar mellor deixando entrar ás empresas privadas no reparto da torta.
Non imos repetir novamente que o sector privado o único que quere son beneficios económicos e que estes non os pode haber nestes sectores se non é a costa do servizo público; o que si imos reiterar é que so a unidade de acción e a mobilización pode pararlles os pés a estes desalmados.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo