31 de decembro de 2010

Xubilarémonos aos 67 anos; Zapatero, antes

Zapatero anunciou que o aumento na idade de xubilación se fará paulatinamente e que estará totalmente implantada no ano 2027, iniciándose a incremento a partir do ano 2013.
Está claro que o presidente confía en que, facéndoo así, a pílula sexa máis fácil de dixerir por dous motivos: os que están próximos a xubilarse non se preocuparán porque uns meses máis ou menos non lles importa; e os que son novos non se preocuparán porque a xubilación lles queda moi lonxe. Se a isto lle engadimos o engado de que poderá haber xubilacións anteriores á dita idade segundo os anos de cotización ou segundo ao sector laboral de pertenza, a trampa é perfecta.
Non nos deixemos enganar: o único que se busca é a reducción das pensións de xubilación e contra isto debemos loitar sen agardar máis.

As modificacións da Lei da Función Pública galega

Na lei de acompañamento dos presupostos da Xunta para o ano 2011 aparecen bastanstes modificacións da lei da Función Pública de Galicia. Entre outras:
  • Volven meter as xefaturas de servizo como libres designacións, que estarán sometidas a dispoñibilidade horaria.
  • Establécese a posibilidade de readscribir efectivos, incluso a outras consellerías.
Sebn olvidar a creación da Axencia Tributaria e a de Desenvolvemento Rural, novos chiringuitos.

A lei dos chiringuitos, no DOG

O DOG de hoxe publica a Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia. Nesta lei conságrase a creación das "Axencias públicas autonómicas", entre outros chiringos como os consorcios e entidades. Entroutras cousas, a lei saca do Estatuto Básico do Empregado Público ao persoal laboral destes chiringos, quedando sometidos ao Estatuto dos Traballadores e ao convenio que lles sexa aplicable (quere isto dicir que non é aplicable o convenio da Xunta?).
Un paso atrás nos dereitos laborais do persoal autonómico.

30 de decembro de 2010

Sebastián, métete o café por onde ti sabes


O ministro Miguel Sebastián declarou que a suba da factura eléctrica é pouca cousa, "poco más que el precio de un café" mensualmente por persoa. A este señor, a parte de que os seus cafés son máis caros que os dos demáis mortais, parécelle pouco unha suba do 10% nun produto básico, que hai que sumar ao resto das subas xa anunciadas de outros como o gas, o pan, etc. É que rin de nós á nosa cara, como se fosemos parvos.

Veñan leis

O DOG de hoxe publica a Lei de orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2011 e a Lei de medidas fiscais (de acompañamento). Especialmente nesta última hay modificacións da Lei da función pública de Galicia, nada favorables ao persoal e que xa comentamos no seu momento.

27 de decembro de 2010

Cursos para o persoal da Xunta

O DOG de hoxe publica unha resolución da EGAP pola que se convocan varios cursos formativos para o persoal da Xunta. A solicitude deberá ser efectuada telemáticamente na páxina da EGAP e o día límite é o 13 de xaneiro.

24 de decembro de 2010

CGT diríxese ao resto de organizacións cara uha nova Folga Xeral

O Secretariado Permanente do Comité Confederal da CGT ven de dirixirse ao resto de organización sindicais e sociais de ámbito español nos termos seguintes:
"Tras la pasada Huelga General del 29 de septiembre, el gobierno continúa con la misma política antisocial, sigue sin derogar ni rectificar la Reforma Laboral, ni los Planes de Ajuste para reducir el Déficit Público y además ha vuelto a aprobar nuevos decretos-ley para recortar los derechos sociales y laborales como la eliminación de la ayuda de 426 euros para las personas desempleadas, la privatización de nuevas empresas públicas y anuncia una nueva Reforma del Sistema Público de Pensiones nefasta para los intereses de los y las trabajadoras y la mayoría de la población.

Os funcionarios murcianos non tragan

O goberno murciano ven de aprobar novos recortes presupostarios. Os empregados públicos lanzáronse á rúa para dicirlles cara a cara aos políticos o que pensaban sobre eles. Como sempre, a contestación é a represión e o intento de silenzar os acontecementos nas televisións. A noticia completa, picando aquí.

Máis información: http://www.rojoynegro.info/2004/spip.php?article32783

23 de decembro de 2010

Presupostos xerais do Estado

No BOE de hoxe publícase a Lei de presupostos xerais do Estado para o ano 2011, que recolle, entre outras medidas, o incrmento cero das retribucións dos empregados públicos. E seguimos agardando que caia maná do ceo!

21 de decembro de 2010

Revisión médica do persoal de centros educativos

O GOD de hoxe publica unha resolución da Consellería de Educación referida ás revisións médicas do persoal non docente dos centros educativos. Este persoal pódese inscribir no propio centro no prazo de 20 días.

Plan de formación continua para 2011

O DOG de hoxe publica unha resolución da EGAP que contén o Plan de formación continua para o ano 2011 do persoal ao servizo da Administración pública galega. Pódese consultar picando aquí.

16 de decembro de 2010

Comeza o recorte das pensións

O PP e o PSOE pactaron aumentar o número de anos de cómputo para o cálculo das pensións, dentro do chamado Pacto de Toledo. Aínda que non hai número concretos, prevese que o que se pretende é aumentalos de 15 a 20, co que, na maioría dos casos, as pensións sexan máis baixas. Por outro lado, non se concretou aínda a idade ordinaria de xubilación, que intentan que sexa aos 67 anos.
O 28 de xaneiro, o goberno presentará o proxecto de lei correspondente. Cada vez temos menos tampo para pararlles os pes. Mentras o resto de Europa fai mobilizacións contundentes ante os recortes, nós asubiamos e miramos para outro lado. Toca despertar.

7 de decembro de 2010

Comunicado da CGT de Aena

Dada a extraordinaria situación que se producíu estes días nas que o goberno decidiu que o tráfico aéreo estaría baixo control militar, este blog decide reproducir o comunicado que a sección sindical da CGT de AENA fixo público sobre o asunto:

"CGT/Aena : El estado de alarma, ¿un riesgo calculado?

SECCIÓN SINDICAL DE CGT/AENA-BARAJAS | 2010-12-05 14:16:32 Con el paso de las horas va quedando claro quién es el verdadero responsable del caos producido en el espacio aéreo español. A CGT/Aena no le queda ninguna duda a la hora de afirmar que el ministro Blanco ha demostrado ser un gestor incapaz, claramente incompetente, que ha demostrado un desconocimiento del sector del transporte aéreo y una falta de preparación alarmante. Y lo que es peor, que ha querido que esto sucediese así para defender los intereses económicos y políticos de las grandes empresas de este país, legislando a golpe de decreto, y secuestrando en los aeropuertos españoles a 300.000 ciudadanos.

3 de decembro de 2010

Cursos da EGAP

No DOG de hoxe sae a convocatoria de cursos de perfeccionamento de xefes de sección e de negociado. As bases podédelas consultar picando aquí.

2 de decembro de 2010

Comunicado do Secretariado Permanente

O Secretariado Permanente da CGT ven de difundir o seguinte comunicado ante as novas e agresivas, para os traballadores, medidas de Zapatero:

"Tras reunirse días atrás con los 37 empresarios poderosos, el presidente del gobierno ha presentado hoy un conjunto de nuevas medidas antisociales para seguir privatizando los bienes públicos, eliminar la ayuda a las personas en paro y rebajar los impuestos a las empresas Pymes. El presidente del gobierno socialista ha arrodillado a todo el pueblo ante los intereses y las presiones de los mercados, de los banqueros, de los empresarios.
No olvidemos que la crisis fue creada precisamente por las grandes multinacionales, los mercados financieros, la banca y que todos ellos en el año 2009 recibieron 300.000 millones de euros de nuestros bolsillos para que esto no pasara.

1 de decembro de 2010

Zapatero anuncia recortes nos sistemas de Clases Pasivas e do mutualismo administrativo


Hoxe, no Congreso, Zapatero adiantou no Congreso que os novos funcionarios entrarán directamente na Seguridade Social, "co fin de simplificar o sistema de clases pasivas, que quedará a extinguir". A ninguén se lle escapa que o que se pretende non é unha simplificación, senón un calculado recorte. A partir da reforma -en espera da concreción das medidas- os empregados públicos pasarán a cotizar máis que o que se cotiza actualmente para clases pasivas e mutualidades e, aínda que oficialmente tamén o Estado cotice máis, supoñerá que ingresará máis cartos que co sistema actual, dado que o cota empresarial non implica máis que un gasto ficticio ao saír os cartos por unha porta e entrar por outra (a Tesourería da Seguridade Social).
A CGT non se opón a que todos os traballadores teñan o mesmo sistema sanitario e de xubilacións, pero o que non é aceptable é que o recorte vaia sempre no mesmo sentido: quitar dereitos -falazmente presentados como provilexios- a colectivos determinados facendo unha política falsamente igualitarista, en vez de condeder dereitos a aqueles que non os teñen.

Outra lumbrera para a CEOE

Jesús Banegas, outro candidato a presidir a CEOE, xa ten o remedio milagroso para o país: que se eliminen os funcionarios elixidos a dedo. O que non sabemos é a que se refire a esto de "elixidos a dedo"; millor dito, lendo a noticia, o que está claro é que o que non o sabe e él, pero sempre queda ben para chamar a atención dos votantes meterse co tema dos funcionarios. Tamén propón que se prescinda dos funcionarios que non se poidan pagar, "igual que fan as empresas", dí. Finalmente, como a xente que está no paro o que quere facer é cobrar sen traballar, propón que se lles elimine facilmente a prestación.
En fin, viva o estado do benestar! Para algúns.

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo