1 de decembro de 2010

Zapatero anuncia recortes nos sistemas de Clases Pasivas e do mutualismo administrativo


Hoxe, no Congreso, Zapatero adiantou no Congreso que os novos funcionarios entrarán directamente na Seguridade Social, "co fin de simplificar o sistema de clases pasivas, que quedará a extinguir". A ninguén se lle escapa que o que se pretende non é unha simplificación, senón un calculado recorte. A partir da reforma -en espera da concreción das medidas- os empregados públicos pasarán a cotizar máis que o que se cotiza actualmente para clases pasivas e mutualidades e, aínda que oficialmente tamén o Estado cotice máis, supoñerá que ingresará máis cartos que co sistema actual, dado que o cota empresarial non implica máis que un gasto ficticio ao saír os cartos por unha porta e entrar por outra (a Tesourería da Seguridade Social).
A CGT non se opón a que todos os traballadores teñan o mesmo sistema sanitario e de xubilacións, pero o que non é aceptable é que o recorte vaia sempre no mesmo sentido: quitar dereitos -falazmente presentados como provilexios- a colectivos determinados facendo unha política falsamente igualitarista, en vez de condeder dereitos a aqueles que non os teñen.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo