16 de decembro de 2010

Comeza o recorte das pensións

O PP e o PSOE pactaron aumentar o número de anos de cómputo para o cálculo das pensións, dentro do chamado Pacto de Toledo. Aínda que non hai número concretos, prevese que o que se pretende é aumentalos de 15 a 20, co que, na maioría dos casos, as pensións sexan máis baixas. Por outro lado, non se concretou aínda a idade ordinaria de xubilación, que intentan que sexa aos 67 anos.
O 28 de xaneiro, o goberno presentará o proxecto de lei correspondente. Cada vez temos menos tampo para pararlles os pes. Mentras o resto de Europa fai mobilizacións contundentes ante os recortes, nós asubiamos e miramos para outro lado. Toca despertar.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo