11 de novembro de 2014

¡Qué buenas son las hermanas ursulinas!

O BOE de hoxe publica unha orde pola que se modifica o modelo oficial dos recibos de salarios (as nominillas). A modificación consiste en que, de agora en adiante, no recibo figurará, ademáis da aportación do traballador á Seguridade Social, a aprte que o empresario cotiza. A idea, supoñemos, é que os traballadores coñezan o caro que lles saímos, coa finalidade de que non nos queixemos tanto ante os pobriños empresarios.
A ridiculez da medida dános a idea do goberno que temos: o único que lles interesa é a propaganda, en troques da resolución dos problemas do pobo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo