29 de decembro de 2012

Os traballadores da Xunta non recuperaremos a paga completa os próximos anos

Este é o plan que Feijóo, o mentirán, ten para nos durante os próximos anos, a saber cantos. No proxecto de Lei de Orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2013 aparece unha disposición pola que se prevé a necesidade de manter os niveis retributivos actuais ata que se acaden ingresos similares ao momento no que se incorporou o complemento específico na paga extra. Se se ten en conta que os presupostos eran, naquel momento, un 36 % superiores aos actuais, ¿cantos anos farán falta, non para recuperar o poder adquisitivo, senón para cobrar o mesmo que no ano 2009?
Participemos en todas as mobilizacións, non lles deixemos pasar unha, que teñan que entrar polas portas de atrás avergoñados... Depende de nós que a política destes destrutores do que nos costou deceniso crear se deteña.

Novas mobilizacións

A Plataforma Galega en Defensa dos Servizos Públicos celebrou, o día 27, unha reunión en Compsotela. Nesta reunión acordouse continuar coas mobilizacións en toda Galicia, así como asambleas en todos os centros de traballo nos que sexa posible.
As mobilizacións concretaranse en cada localidade, aínda que en principio prevense as seguintes:
  • A Coruña: Delegación do Goberno
  • Santiago: Praza do Toral
  • Ferrol: Praza de España
  • Pontevedra: Subdelegación do Goberno
  • Vigo:  Museo de Arte Contemporánea
  • Ourense: Subdelegación do Goberno
  • Lugo: Subdelegación do Goberno
 Todas comezarán ás 19 horas o día 17 de xaneiro, e serán concentracións ou manifestacións dependendo das persoas que participen.

28 de decembro de 2012

A Xunta afirma que non baixará o soldo no "seu tramo"

As probabilidades sobre próximos recortes salarias para os empregados públicos crecen, pero o tema está fóra do calendario electoral e, polo tanto, non se retomará ata despóis das eleccións. Agora a Xunta nega que vaia baixar os retribucións "no seu tramo" e que son fixadas polo goberno central. Se lle damos a volta a esta afirmación é casi un recoñecemento de que estes recortes xa están á volta da esquina.
A CGT fai un chamamento a todos os empregados públicos para que estean atentos e para que se preparen para unhas mobilización que, obrigadamente, deberán ser contundentes se queremos parar esta anunciada agresión.

Anticipo

O DOG de hoxe publica un decreto polo que se regula a prórroga dos presupostos da Xunta. Na disposición adicional primeira deste decreto establécese a posibilidade, por parte do persoal da Xunta, de solicitar o anticipo do 50 % dos conceptos de soldo, trienios e complemento de destino da paga extra de xuño. Os traballadores que desexen utilizar este anticipo, deberán solicitalo antes do 11 de xaneiro.
Continúa así a política paternalista de Feijóo, que che recorta o soldo e, ao mesmo tempo, dache un anticipo do resto. Se aínda por riba témoslle que estar agradecidos!

Oferta de emprego público ridícula

O DOG do día de hoxe publica a oferta de emprego público para o ano 2012 (xa non era sen tempo), unha oferta que supón, de feito, un novo recorte nos servizos públicos dado que trae consigo unha diminución real de efectivos. A oferta resúmese no seguinte:

Acceso libre (10 prazas)
  • Corpo superior (Escala de finanzas - A1): 3
  • Corpo de xestión (Escala de finanzas - A2): 7

26 de decembro de 2012

Olvídanse do resto

Para que non sigamos dicindo o que pensamos do goberno, acordaron devolverlles aos funcionarios as cotizacións descontadas de máis pola paga extra de decembro polos conceptos de mutualidades e clases pasivas. Esta devolución farase durante o próximo trimestre.
Do que non din nada é sobre qué farán con respecto a todos os que levan cotizando de máis desde xuño de 2010 ao Réxime Xeral da Seguridade Social -a maioría do persoal da Xunta- e que tamén están sofrindo unhas cotizacións sobre uns salarios que no perciben. Esta decisión, aprobada primeiro por Zapatero e continuada por Rajoy, contravén toda a lexislación de Seguridade Social e mantén unhas cotizacións elevadas con respecto aos salarios reais. Podemos velo nas comunicacións da Seguridade Social que se están recibindo nas casas nestes días.

21 de decembro de 2012

Un 4 % de recorte salarial

Se non somos capaces de paralos, o 4 % será o recorte medio dos salarios para os funcionarios da Xunta de Galicia no ano 2013 con respecto ao ano 2011. Feijóo ten a cara de burlarse do persoal dicindo que "se recupera parte da paga de nadal" e que se cobrará máis que o ano 2012. Tamén ten a cara de conseguir que un tercio do recorte para o ano 2013 sexa a costa dos traballadores. Así administra calquera!
O sistema que parecen ter previsto é a da desaparición do complemento específico nas pagas extraordinarias de verán e nadal do ano 2013, que supoñen, segundo o nivel de cada ún, entre un 2 e un 6 %, das retribucións anuais.
Non son tempos de covardías e timideces! Non consintamos que estes individuos paseen tan tranquilos mentres sementan inquedanza e dor entre nós! A mobilización, as accións firmes son máis necesarios que nunca!

Siempre cebándose nos máis débiles

Novamente o goberno ataca aos máis débiles e desprotexidos. Así, para o ano 2013 propón unha suba do 0,6 % no Salario Mínimo Interprofesional, que quedaría en 645,30 euros mensuais. Tamén propón que o Iprem (o indicador que se usa para prestacións como becas, desemprego e axudas) quede como está no ano 2012, é dicir, 532,51 euros ao mes.
Tras as conxelacións do ano pasado e as subas dos produtos básicos (alimentos, enerxía, vestido...) deste, é un novo ataque aos máis débiles, cometido por un goberno sen escrúpulos.
Máis información, picando aquí.

Que se aclaren dunha puñeteira vez!

Ante os rumores que se están estendendo entre o persoal da Administración pública galega, e á vista das diferentes noticias de prensa, a CGT esixe que o goberno de Feijóo aclare, inmediatamente, cales son as suas intencións ao respecto da redución salarial que, presuntamente, está prevista para o ano que ven. É unha burla que o Presidente faga pasar unha posible redución da paga extra como un incremento das retribucións (di que se cobraría máis que este ano). Outra posibilidade que se baralla a a redución do complemento específico dun xeito proporcional -que tampouco é un consolo- e que tería, como gravísima consecuencia, a consolidación da redución.

20 de decembro de 2012

Novo recorte salarial?

Segundo algúns medios de comunicacións, o goberno da Xunta prepara un novo recorte salarial do 7% para o ano 2013. Ate esta noticia, é imprescindible que a Xunta faga, inmediatamente, unha declaración pública desmentindo ou confirmando estas intencións. Os empregados públicos teñen que saber cal é o seu futuro e coñecer se se trata doutro patinazo periodístico -xa sabemos que non son os periodistas expertos en precisar as informacións, senón máis ben expertos en confundilo e mesturalo todo- ou se somentes se trata dunha redución presupostaria derivada da redución de contratacións e a falta de renovación dos cadros de persoal.
Mentras, a Plataforma Galega en Defensa dos Servizos Públicos, a causa das manobras de CC.OO., UGT e CIG, decide aprazar as mobilizacións ata o mes de xaneiro, nun caso sen parangón de miopía aguda. A pesar deste erro maiúsculo, a CGT seguirá participando nas mobilizacións de empregados públicos contra o desmantelamento do sector.

14 de decembro de 2012

Os recortes de hoxe

O Ministerio de Sanidade acaba de publicar unha relación de 300 medicamentos que, de agora en adiante, serán obxecto de pagamento por parte dos pacientes. Estes medicamentos son de dispensación hospitalaria e  ata agora eran gratuítos. O motivo da dispensación hospitalaria é a conplexidade do tratamento ou os graves efectos secundarios e, entre eles, hai produtos anticanceríxenos e contra a hepatite C.
Ao mesmo tempo, o Ministerio fixa os prezos -ata agora gratuítos- dos produtos ortoprotésicos, como as muletas ou as cadeiras de rodas, e todo isto unido ao pagamento das ambulancias comentado onte.
O ataque contra os servizos público, neste caso a sanidade, é brutal. Non podemos seguir indiferentes mentras unha banda segue destrozándonos o futuro. Cada mobilización, cada berro de protesta é imprescindible. Non quedemos na casa.

13 de decembro de 2012

Patinazo da Plataforma

Onte celebrouse en Compostela unha reunión da Plataforma Galega en Defensa dos Servizos Públicos. A reunión era para concretar as mobilizacións -manifestacións e concentracións- que ían ter lugar o día 19 e que foran xa debatidas previamente entre CC.OO., UGT, CIG e CSIF. A CGT asistíu á reunión coa idea de seguir apoiando as mobilizacións, aínda que segue sen estar de acordo co protagonismo que estes sindicatos se arrogaron desde o principio.
Sen embargo, a política, coa forma da Alianza Social Galega, cruzouse no camiño da Plataforma e CC.OO., UGT e CIG propuxeron na reunión, ante a sorpresa xeralizada e o conseguinte rebumbio, que nos debíamos sumar ás mobilización que a Alianza tiña convocadas para o día 20, asumindo as súas reivindicacións e engadindo as dos empregados públicos.

Outro copagamento. E xa van...

O Ministerio de Sanidade enviou ás Comunidades autónomas un proxecto polo que haberá que pagar o servizo de ambulancias, salvo escasas excepcións. Así, establécese que o prezo do trasporte en ambulancia custará cinco euros, cuns límites mensuais en función dos ingresos de cada usuario.
Novamente, os doentes crónicos e as rendas máis baixas serán as desfavorecidas. E todos entretidos coas cousas de Mourinho.

10 de decembro de 2012

Queremos a paga extra

Ante o desconcerto que se está a producir sobre as distintas iniciativas existentes sobre a paga extraordinaria de decembro, a CGT quere manifestar:
  • a) Que reclama o pagamento da paga extra de decembro, inxustamente incautada polos poderes públicos aos seus empregados.
  • b) Que a CGT non reclama o adianto da paga extraordinaria de xuño, que non soluciona nada e que non supón a recuperación do incautado.
  • c) Que a norma aprobada no seu momento pola Xunta de Galicia non impide que en xaneiro de 2013 se recupere a paga incautada, polo que esta recuperación só é cuestión de vontade política.

Vacacións e asuntos particulares ata o 31 de marzo

A Direccións Xeral da Función Pública ven de asinar unha circular pola que se amplia o prazo para que o persoal da Xunta poida pedir os días pendentes do ano 2012, tanto de vacacións coma de asuntos particulares, ata o día 31 de marzo de 2013.

4 de decembro de 2012

O atraco aos pensonistas

Comunicado emitido polo Secretariado Permanente da CGT:
La Confederación General del Trabajo (CGT) denuncia que el Gobierno ha decretado, contra la propia ley, pacto sobre las pensiones públicas, contra el sentido común y contra la justicia más elemental, que las pensiones pierdan poder adquisitivo y que los casi 9 millones de personas pensionistas sean, una vez más, maltratadas económica y socialmente. Todo ello el mismo día que el gobierno de Rajoy decide entregar 18.000 millones de euros públicos a BANKIA.
El gobierno del PP actualizará las pensiones solo el 1% de forma general y el 2% a las de menos cuantía durante el año 2013, mientras que la inflación anual en noviembre de 2012, la que mide la subida de las pensiones, ha sido del 2,9%, con lo que millones de pensionistas no se verán compensados este año por el 1,9% restante.

3 de decembro de 2012

Contra a represión

Reproducimos un comunicado do Secretariado Permanente do Comité Confederal da CGT:
Desde la pasada Huelga General del 29 de marzo, desde las diferentes manifestaciones y movilizaciones de lxs minerxs, jornalerxs, empleadxs públicos, movimiento 25S, trabajadorxs, con motivo de la Huelga General del 31 de Octubre y finalmente en la pasada Huelga General del 14N, son centenares las personas, pertenenecientes al movimiento sindical y movimiento social, que están sufriendo directamente la represión del gobierno y la violencia policial por ejercer su derecho a la manifestación, su derecho a la Huelga.

30 de novembro de 2012

Felipe e Beteta

Estamos rodeados de impresentables e irresponsables. Os penúltimos, Felipe González, ex presidente do goberno e folgado benpagado; e Antonio Beteta, secretario de estado de Administracións Públicas e incendiario tamén benpagado.
Non contentos coa escabechina que os gobernos -actual e pasado- están facendo cos servizos e empregados públicos, botan a boca a pacer e soltan públicamente ocorrencias que serían para collelos polas orellas e botalos fóra do país para que os aturaran noutros lares.
Felipe González ven dicir que sobra o 20 por cento dos empregados públicos, coa súa graza habitual. para este personaxe, un de cada cinco traballadores do sector público estase tocando a barriga.

29 de novembro de 2012

A CGT rexeita a nova Lei de Taxas Xudiciais


Ante a aprobación da Lei de Taxas Xudiciais, o Secretariado Permanente da CGT fixo público o seguinte comunicado:
El pasado día 20 de noviembre el Consejo de Ministros ha aprobado una nueva Ley de Tasas Judiciales que supone una nueva agresión al conjunto de la ciudadanía y en especial a las clases más desfavorecidas.

Enquisa sobre a paga extra

Na columna da esquerda do blog puxemos unha pequena enquisa sobre a paga extra de decembro. Por favor, colaborade. Podedes dar varias respostas.

28 de novembro de 2012

Carta a Montoro

Recentemente o ministro de Facenda e Administracións Públicas, Cristóbal Montoro, asegurou que os Presupostos Xerais do Estado para o 2013 son os máis sociais da historia da democracia española. A Federación Estatal de Traballadores da Adminsitración Pública (FETAP) da CGT lle fixo chegar a seguinte carta:
La sociedad española no cabe de gozo ante tamaña noticia y espera, como agua de mayo, el fluir generoso de este caudal de recursos públicos que, con toda seguridad, será el alimento preciso para que afloren esos anhelados brotes verdes tan necesarios para conseguir el fruto que alimente la hambrienta economía patria.

23 de novembro de 2012

Demandas contra os recortes

A Federación Estatal de Traballadores da Administración Pública (FETAP) da CGT decidiu impugnar xurídicamente a Instrución Conxunta da Secretaría de Estado de Administracións Públicas e da Secretaría de Estado de Presupostos e Gastos, para a aplicación do Título I do Decreto-lei 20/2012, do 13 de xullo, de Medidas para garantir a estabilidade presupostaria y de fomento da competitividade no ámbito do sector estatal. Terase en conta a supresión da paga de nadal, a normativa sobre a IT, a merma de permisos e vacacións, e cantas disposicións encadradas no dito Decreto-lei atenten contra a normativa superior vixente.
Posteriormente farase a impugnación do acordo da Mesa xeral de negociación da Administración Xeral do 29 de outubro de 2012 publicado no BOE o día 14. Nel estanse conculcando gravemente a Lei Orgánica de Liberdade Sindical, o Estatuto dos Traballadores e a Lei de Prevención de Riscos Laborais, entre outras normativas.
Estas accións legais non impiden as reclamacións que se realicen ante actos individuais contra calquera traballador derivados de ambas disposicións.

Festas locais

O DOG de hoxe publica a resolución coas festas locais nas catro provincias galegas para o ano 2013.

22 de novembro de 2012

Outro recorte trampulleiro

O BOE de onte publicou a infamante Lei de taxas da Administración de Xustiza, unha lei creada co único obxectivo de recadar, xa sexa de forma directa a aqueles que decidan meterse nun preito, ou de xeito indirecto, dado que en moitos casos -coma as multas de tráfico máis comúns- é máis caro o foro que o ovo, é dicir pagaremos máis por que nos quiten unha multa que pola multa en si.
Pero por se iso non fose suficiente, o goberno aproveitou, sen luces e taquígrafos, para facer outro recorte específico para os funcionarios, non vaian seguir tranquilos. A lei derroga o apartado 3 do artigo 23 da Lei 29/1998, da xurisdición contencioso-administrativa. E en que afecta iso aos funcionarios? Pois o artigo derrogado dicía que os funcionarios poderían comparecer perante os xulgados do contencioso por si mesmos en defensa dos seus dereitos, cando se refiran a cuestións de persoal, é dicir, que non tiñan que ir con procurador e avogado. Así que de agora en diante, haberá que ir con toda a parafernalia -pagando, por suposto- se queremos reclamar unha situación administrativa, un trienio ou calquera outra cuestión de persoal.

21 de novembro de 2012

Cabezas de turco

Os inmigrantes non só están a sofrir as penalidades propias da súa situación (discriminación, alonxamento dos seus familiares e amigos, marxinación), senón que aínda ven agravada a súa situación polas políticas dos gobernos de turno, nesta ocasión polo goberno da Xunta. Hoxe publica o DOG un decreto da Consellería de Sanidade no que se publican as tarifas dos servizos prestados no SERGAS e nas fundacións públicas sanitarias. Estas tarifas inclúen aos estranxeiros que non teñan dereito, por ser irregulares, non ter papeis ou, simplemente, por perder o dereito por estar no paro e ter transcorrido o tempo fixado nas leis.
A salvaxada das tarifas que se lles aplica é de tal calibre que non é posible calificala. Só hai que dicir que este, que é o país da Europa no que menos gasto social e sanitario hai por persoa, pretende cobrar aos particulares o mesmo que lle paga aos centros privados cos que concerte, é dicir, non se ten en conta nin siquera que a sanidade privada ten un beneficio. En definitiva, que a sanidade pública galega ten intención de gañar cartos cos inmigrantes.

15 de novembro de 2012

Éxito da folga

De éxito indiscutible pode calificarse a xornada de folga de onte. Na Xunta de Galicia a participación foi dun 70% nos edificios administrativos máis significativos e sempre superior ao 60% no resto. A Xunta decidiu colaborar coa austeridade dando orde de encender as luces de todas as oficinas e despachos para aumentar o consumo enerxético.
Esters trileiros non teñen cura.

Non teñen vergoña!

Referímonos a CC.OO., UGT, CSIF, USO e CIG, asinantes do acordo que aparece no BOE o día 14, o mesmo día que nos chamaban á loita e á Folga Xeral. O acordo, de momento para a Administración Xeral do Estado, xustificado para dotar de medios á representación laboral a causa do fin das liberacións consiste, fundamentalmente, na eliminación de "créditos fragmentados individualmente". E isto como se consegue? Moi fácil, eliminando comités de laborais que, ata agora, tiñan unha representación como nas empresas privadas. A partir deste acordo, desaparecen na práctica os Comités dos laborais dos centros de traballo, que quedan unificados provincialmente.
Qué é o que se gaña a cambio de deixar aos laborais sen represntación directa para os problemas cotiáns? Pois unha manchea de liberados sindicais, que tamén se indica no acordo. De paso, cepíllanse as centrais sindicais chamadas minoritarias, normalmente incómodas, tanto para a administracións como para os sindicatos mási representativos, sempre prestos a asinar.
Penosa actitude dos asinantes, que ceden así á chantaxe do goberno e elixen o mantemento do seu aparato a costa da representación máis directa dos traballadores.

13 de novembro de 2012

Polas nubes

O IPC subiu un 0,8 no mes de outubro, polo que a taxa interanual se coloca no 3,5%. Esta suba é debida, en gran parte, pola decisión do goberno de facer unha suba xeralizada do IVE, incluidos moitos produtos básicos. Con esta suba, a perda de poder de compra dos empregados públicos vese agravada considerablemente, tendo en conta a eliminación da paga extraordinaria de decembro e a conxelación prevista para o ano que ven.
Por outra parte, cada vez hai máis base para a preocupación sobre a paga compensatoria dos pensionistas, aos que se lle subiran as pensións nun 1% e, polo tanto, aos que lles falta aínda un 2,5% para manter o seu poder adquisitivo. Cada vez é maís posible a utilización do índice recién inventado para estas ocasións, o IPC-IC, que suporía que aos pensionistas se lles subiría un 0,5%, sisándolles 2 puntos de suba que lles corresponde legalmente.
En fin, outro motivo máis para non ir traballar mañá.

O 14 de novembro, respira e berra

Este 14 de novembro, respira e berra.

Axudas persoas discapacitadas Fondo de Acción Social

O DOG de hoxe publica o anuncio de exposición das listaxes definitivas de axudas do Fondo de Acción Social para persoal da Xunta de Galicia no programa de atención a persoas discapacitadas. Os interesados poden acceder á información picando aquí, tendo tamén un mes de prazo para presentar recurso de alzada.

9 de novembro de 2012

Manifestacións do 14N

A CGT convoca as seguintes manifestacións o próximo 14 de novembre, día da Folga Xeral:
  • Vigo: 11:00 horas. Saída de Fernando o Católico. Conxuntamente con CUT, CNT, STEG e SF
  • Ourense: 12:00 horas. Saída da Ponte Romana, con séquito propio.
  • Pontevedra: 12:00 horas. Saída da Praza da Ferrería.
  • A Coruña: 12:30 horas. Saída da Praza de Portugal. Conxuntamente coa CUT.

8 de novembro de 2012

Récord no INEM

O Secretariado Permanente da CGT fixo público este comunicado:
El paro registrado aumenta en 128.242 personas en octubre y el total del número de personas demandantes de empleo en las oficinas del INEM se sitúa en 4.833.521. Ante este nuevo récord del paro registrado en el país, la Confederación General del Trabajo (CGT) considera inadmisibles estos datos y condena una vez más la política económica del Gobierno del PP que se demuestra incapaz de abordar el gravísimo problema del desempleo. Según los datos conocidos, CGT considera que la Reforma Laboral aprobada recientemente no está sirviendo para generar empleo, sino más bien para todo lo contrario, ya que la destrucción de puestos de trabajo y los despidos están siendo una constante.

6 de novembro de 2012

Co Real decreto-lei 20/2012 a voltas

A Secretaría de Relacións Laborais de Función Pública (Administración Xeral do Estado), remitiu as instrucións para a aplicación do Real decreto-lei 20/2012, que é o decreto dos recortes, nas que se explican a aplicación (incluidas as Comunidades Autónomas) dos novos recortes: supresión da paga de decembro, normativa sobre as baixas por enfermidade, restruturación dos permisos sindicais, rebaixa de permisos e vacacións... De interés xeral.

4 de novembro de 2012

Basta xa de agresións! Outro recorte de dereitos

O BOE de onte publicou un importantísimo recorte de dereitos sanitarios para os traballadores. Un novo Real decreto dispón que, de agora en adiante, as prótesis sanitarias correrán a cargo, parcialmente, polos usuarios. É dicir, todos os que necesiten, por exemplo, unha prótese de cadeira, ou un parafuso ortopédico, ou unha cadeira de rodas, ou un marcapasos, ou produtos similares, deberán pagar parte do seu custo.
  1. Os prezos que se deberán aboar serán os da prestación farmacéutica, como norma xeral, é dicir:
  2. Para ingresos iguais ou superiores a 100.000 euros, o 60%
  3. Para ingresos iguais ou superiores a 18.000 euros e inferiores a 100.000, o 50%
  4. Para o resto de beneficiarios en activo e os seus familiares, o 40%

2 de novembro de 2012

Agora as xubilacións

O goberno está estudando meterlle man ás xubilacións anticipadas dos funcionarios, neste caso ao dereito que teñen os funcionarios de Clases Pasivas a xubilarse aos 60 anos sempre que teñan 30 anos efectivos de servizo na Administración.
É un exemplo claro da estratexia de "divide e vencerás" do goberno: primeiro se eliminan dereitos dun colectivo e, a continuación, se presentan os dereitos doutro colectivo como privilexio. Así, todos tortos.
Despois da normativa sobre os EREs dos empregados públicos ven este novo ataque, un motivo máis para sumarse ao Paro Xeral do día 14. A o mesmo tento, un motivo máis para aborrecer as organizacións que continúan bicándolle os fondos ao poder e que se presentan como representantes únicos do funcionariado.

31 de outubro de 2012

A insuficiencia presupostaria

A reforma leboral incluíu o concepto de "insuficiencia presupostaria" como unha causa obxectiva para o despedimento nas Administracións Públicas. O Regulamento publicado onte no BOE ven explicar cando se considera que existe insuficiencia presupostaria nunha Administración ou nunha empresa pública.
Segudo este Regulamento, se poden facer Expedientes de Regulación de Emprego cando cando a Administración tivese déficit o exercicio anterior e diminúa o presuposto o 5% nun ano ou o 7% en dous anos, contando tamén as reducións que se fagan durante o exercicio. Consecuencia: hoxe se poden facer EREs en calquera Administración Pública e non hai ningunha defensa contra decisións políticas. É verdade que se refiren unicamente ao persoal laboral (incluidos os fixos), pero iso non significa que á volta da esquina cren unha norma específica para o persoal funcionario.

30 de outubro de 2012

Os despidos colectivos nas administracións públicas, no BOE

O BOE de hoxe publica o Real Decreto 1483/2012, polo que se aproba o Regulamento dos procedementos de despido colectivo, de suspensión de contratos e de redución de xornada. Neste regulamento establécesnse as "peculiaridades del procedimiento del despido en el sector público y específicamente en el ámbito de las Administraciones Públicas"
Esta norma ameaza directamente aos contratados laborais, pero non quere dicir que o persoal funcionario non corra riscos, dado que xa se están preparando normas similares para este persoal, só que coa diferenza que non están suxeitos á lexislación laboral e ao Estatuto dos Traballadores. Se queredes ler un resume da norma, picade aquí.

29 de outubro de 2012

A funcionarización de 6.000 laborais na Xunta

O anuncio de Feijóo de funcionarizar a 6.000 contratados laborais hai que collela con todas as cautelas do mundo, aínda que a algún se lle fagan os ollos chiribitas. En primeiro lugar, queremos deixar crara a nosa postura: a CGT abogou sempre pola existencia dunha única figura de empregado púbico, desaparecendo as diferenzas entre funcionarios, laborais e outras históricas que aínda sobreviven como os contratados administrativos, pero sempre atendendo a criterios e sistemas de acceso de mérito e capacidade. Na actualidade, os contratados laborais da Xunta proveñen de todo tipo de situacións: persoas que aprobaron probas selectivas, persoas que están por sentenza, persoas que foron seleccionadas a dedo, etc., e polo tanto, a norma pola que se proceda a facer a funcionarización haberá de ter en conta todas as situacións.

26 de outubro de 2012

Os soldos públicos e o INE

Parecería que o INE está para facer estudos estatísticos que fosen útiles para o coñecemento da realidade na que vivimos, pero non sempre é así. Nestes últimos días, os medios de comunciación veñen bombardeando á poboación con afirmacións como "os salarios do sector público son un 37% superiores ao sector privado" e semellantes. Pois ben, para comprobar a falsidade desta afirmación non hai máis que ir á nota de prensa no que o INE fixo un resume do estudo.
O primeiro problema que se plantexa é que os datos son recollidos a partir dos boletíns de cotización á Seguridade Social, é dicir, deixa fóra a todos os mutualistas. Tamén deixa fóra todas as retibucións que non cotizan e que son frecuentes nas empresas privadas, como o famoso sobre en negro. Tamén recolle todos os soldos públicos, incluíndo non só directivos, senón asesores e políticos. Todo isto supón unha tremenda desviación do que se pretende averiguar.

24 de outubro de 2012

A CGT convoca Paro Xeral o 14 de novembro

A CGT, en Plenaria celebrada o 23 de outubro en Madrid, acordou o seguinte (reproducimos o texto cos acordos):
1. La CGT decide trasladar su convocatoria de Huelga General, que ya tiene registrada para el 31 de Octubre, a la fecha del 14 de Noviembre de 2012 con objeto de coincidir con la Huelga General que se va a convocar en el Estado Español, en Portugal, en otros países del sur de Europa y las movilizaciones de ámbito europeo que se están convocando, para esa fecha, por decenas de sindicatos de la Unión Europea.
La CGT sigue manteniendo para el 14 de Noviembre, su propia convocatoria de Huelga General, sus propios objetivos, reivindicaciones, motivos, por los que convocó la Huelga General del 31 de octubre.

A Xunta de Galicia mente

A Xunta de Galicia fixo pública unha nota na que di que a cotización da paga extra a fará ela e que non suporá ningún desconto nas nóminas dos funcionarios. A CGT, ante esta nova mentira do goberno autonómico, quere aclarar, novamente, que a Lei de presupostos do estado para o ano 2012 (aprobado en xuño e que supoñía a eliminación da extra de decembro) indica que as bases de cotización serán as mesmas que había en decembro de 2010 e, polo tanto, as que había xa antes do recorte de Zapatero, que tamén decidiu non baixar as cotizacións a pesar da rebaixa do soldo no 5% (Real decreto-lei 8/2010).
En definitiva, a realidade é que os empregados públicos que están na Seguridade Social están cotizando por salarios de 2010 anteriores á rebaixa de Zapatero e que, no caso de este ano, mensualmente estase cotizando como se fosen haber pagas extradordinarias. Evidentemente, non haberá redución do salario en decembro porque xa se está cotizando desde xaneiro pola paga inexistente.

23 de outubro de 2012

As marabillas da estatística: cada vez hai menos pobres

O Instituto Nacional de Estatística ven de publicar a Enquisa de Condicións de Vida do ano 2012. Neste documento podemos observar algunhas circustancias, como é a diminución dos ingresos medios anuais no ano 2011 nun 1,9%. Nembargantes, o dato máis curioso é o da poboación en risco de pobreza, que pasa do 21,8% en 2011 a 21,1% no ano 2012. E por qué misteriosa circunstancia se dá esta situación? Pois moi fácil: porque baixou o umbral de pobreza, que é a mediana dos ingresos. Temos menos ingresos, ergo hai menos pobres cada ano que pasa. Esta metodoloxía, presuntamente científica, pode acabar derivando en que en España haxa menos pobres que en Etiopía ou en Haití, por exemplo.

16 de outubro de 2012

As enfermidades dos mutualistas

Hoxe entra en vigor a rebaixa nas retribucións daqueles mutualistas que estean enfermos, segundo o decreto que se aprobara en xullo. En caso de continxencias comúns, os tres primeiros días perderán o 50% das retribucións e o 25% entre o cuarto e o vixésimo.
E así, encamiñámonos todos hacia a miseria.

12 de outubro de 2012

Mentiráns e trileiros

Xa sabiamos que os políticos, nete caso concreto o goberno de Rajoy, son uns mentiráns e que utilizarían calquera engano con tal de continuar no poder, pero o que non esperabamos -recoñecemos a nosa inxenuidade- é que, ademáis, foran dos que se fan trampas xogando ao solitario ou dos que contan mal para comer fichas no parchís.
O último invento é o do IPC sen impostos. Consiste o artiluxio en que, non contentos coa manipulación que supón a existencia do IPC "normal" e que sempre indica un coste da vida inferior ao real, o goberno ten a intención de aplicar un novo IPC para o cálculo da revalorización das pensións. Así, con este IPC novo, a suba sería do 1,4% en troques do 3,5%, aforrando 2.100 millóns este ano e outros tantos o ano que ven. É o que é pior, dicindo en voz alta que revalorizan as pensións.
Mentiráns, ladróns, trileiros, enganabobos, falabaratos, cuentistas, farsantes...

Os Presupostos Xerais do Estado para o ano 2013

O Secretariado Permanente do Comité Confederal da CGT fixo público un comunicado no que fai unha análise dos Presupostos Xerais do Estado para o ano 2013. Destacamos o seguinte:

PENSIONES
  • Este apartado representa una de las mayores mentiras que el gobierno intenta disfrazar ente la opinión pública.
  • Las pensiones fueron congeladas por el Gobierno Zapatero, subieron un 1% con el Gobierno Rajoy (2012) y se les volverá a subir en el 2013 otro 1%. La burla de la Ley de la Seguridad Social por parte de ambos gobiernos (PSOE/PP), que obliga a revalorizar las pensiones en función del IPC, con una inflación a septiembre 2012 del 3,5%, ha llevado y llevará a un empobrecimiento aún mayor de estos casi 9 millones de personas.

11 de outubro de 2012

Novas "flexibilizacións"

O presidente do Banco Central Europeo, Mario Draghi, manifestou a necesidade de flexibilizar os salarios en Europa, acabando coas rixideces á baixa dos soldos.
Este elemento o que quere dicir con "flexibilizar" é claramente baixar, como se os traballadores fosen os culpables da crise e, ademáis, sen dar ningunha garantía que a baixa de soldos sexan ningunha solución.
Temos que acabar xa non só con estes paxaros de boa vida que só se preocupan dos seus bandullos e de quen os colocou nos postos que ocupan, senón coa propia estrutura que posibilita a súa existencia. Non é doado, pero é moito máis ilusorio pensar que esta caterva de magnates e políticos ao seu servizo nos van solucionar a vida.

10 de outubro de 2012

Manifestacións do día 15

Xa se van concretando as manifestacións convocadas pola Plataforma Galega en Defensa dos Servizos Públicos para o día 15. De momento, podemos confirmar as seguintes:
  • A Coruña, ás 19:00 horas, na praza de Pontevedra
  • Ourense, ás 19:00 horas, no Pabillón dos Remedios
  • Pontevedra, ás 20:00, na praza da Ferrería
  • Compostela, ás 19:00, na Alameda
  • Ferrol, ás 19:00, na praza de España
  • Lugo, ás 19:00, no Edificio da Xunta
  • Vigo, ás 20:00, na Vía Norte
 A CGT quere animar a toda a poboación, non só aos empregados públicos, que saia á rúa para manifestarse contra os recortes e o desmantelamento dos servizos públicos, que están agravando aínda máis a situación das capas máis débiles do pobo. Podemos paralos!

5 de outubro de 2012

Desmontando mentiras

Os empregados públicos estamos xa fartos de ter que aturar aos partidarios do desmantelamento dos servizos públicos cando din que o número de funcionarios en España é insostible e que o Estado ten moitos máis empregados que os necesarios e que os "países de nuestro entorno".
Xuntamos aquí un gráfico que demostra xustamente o contrario, con datos obtidos da Organización Internacional do Traballo (oficina da ONU): en España hai 15 cidadáns por cada traballador público, mentras que en Francia, por exemplo, hai casi 10 e en Dinamarca perto de 6. Quere isto dicir que o peso dos empregados públicos no conxunto do Estado é moi inferior á maioría dos países veciños. Só Austria, Portugal e Italia teñen lixeiramente menos funcionarios segundo á poboación, mentres hai máis en Alemania, Reino Unido, Francia, Suecia...

Rapiñando cartos

Ante a cada vez máis próxima incautación da paga extraordinaria dos empregados públicos, a CGT quere recordar a todos que o roubo non é ese unicamente, senón que, ademáis, consiste en facer os descontos como se non houbese redución de salarios. No caso dos afiliados á Seguridade Social, mantéñense as bases de cotización anteriores ao recorte de Zapatero e, no caso dos mutualistas, faise o desconto de dereitos pasivos e de mutualidade como se foran cobrar a paga extraordinaria de decembro.
Así, que xa o sabedes, seguiremos cobrando cada vez menos.

2 de outubro de 2012

Contra o desmantelamento do sector público, mobilización

A Plataforma Galega en Defensa do Sector Público celebrou hoxe unha reunión en Santiago para concretar as próximas mobilizacións contra o desmantelamento dos servizos públicos e contra os recortes dos dereitos salarias e sociais. Acordouse o seguinte.
  • O mércores, día 3, terán lugar asembleas de 24 horas nos centros de traballo de referencia.
  • O luns, día 15, ás 19 horas, realizaranse manifestacións masivas en toda Galicia, implicando a toda a cidadanía nas mobilizacións.
A CGT fai un chamamento a todos os empregados públicos e poboación en xeral para que se mobilicen e non consintan o desmantelamento e privatización dos servizos públicos e para que se manifesten en contra das políticas antisociais do goberno.

27 de setembro de 2012

Mobilizacións exitosas

As mobilizacións de hoxe dos empregados públicos amosan que non non van calar, aínda que pretendan facernos ver que non pasa nada. En todo o país continúan as manfestacións, os cortes de tráfico e os encerros en protesta pola perda de dereitos salariais e sociais.
De momento, a Plataforma Galega en Defensa do sector Público, integrada por todos os sindicatos, fai un descanso nas concentracións, pero convoca asembleas permanentes nos centros de traballo a partir do próximo día 3. Que non decaiga o ánimo!

Continúa a conxelación

O goberno xa decidiu oficialmente o que todos xa sabiamos: o ano que ven os salarios públicos permanecerán conxelados. Por outra parte, véñennos co conto de que o ano que ven se abonará a paga extraordinaria de decembro. A esta panda de mentiráns (son mentiráns obxectivamente, non é un insulto) se lles olvida que os presupostos deste ano tamén tiñan a paga extra incluida e isto non lles foi ningún obstáculo para eliminala por decreto en canto lles petou; así que o ano que ven non hai ningúnha garantía sobre as retribucións, dados os antecedentes e as receitas deste goberno raposeiro.
Non debemos esquecer tampouco que o ano que ven non se repoñerán os postos de traballo que queden vacantes por xubilación ou falecemento, polo que seguirán deteriorándose os servizos públicos.
Os empregados públicos só temos un camiño, o da protesta e a mobilización. Non deixemos que os políticos anden coa cabeza alta polas rúas e fagamos que se avergoñen (non é doado, téñena moi dura).

Nomeamento de letradas

O DOG de hoxe publica a Orde pola que se nomean funcionarias do corpo superior da Xunta de Galicia, (A1, lerados). Noraboa.

26 de setembro de 2012

A CGT denuncia o autoritarismo do goberno e a violencia policial na manifestación de onte

O Secretariado permanente da CGT fixo público este comunicado:

La CGT condena y denuncia la actuación de la policía, que realizaró varias cargas brutales con porras y pelotas de goma, dando lugar, una vez más, a situaciones e imágenes de intolerable ensañamiento contra personas de toda edad, así como la intimidación y retención realizada contra varios periodistas gráficos. Denunciar y condenar también la actitud de la policía y el Gobierno por su falta de respeto por los derechos fundamentales, al impedir la libre circulación de las personas, al registrar de forma indiscriminada los autobuses que llegaban a Madrid, provocando sus retenciones, desvíos..., con objeto de impedir la afluencia a la manifestación.

20 de setembro de 2012

Continúan as mobilizacións

Hoxe os empregados públicos voltamos saír ás rúas galegas para mobilizarnos contra os recortes e as medidas antisociais do goberno. As mobilizacións están a ser moi numerosas, demostrando as concencia nos traballadores de que a constancia é imprescindible e que lles temos que seguir dicindo a estes gobernantes de que non nos van calar e que non vamos consentir que os responsables queden impunes polas súas falcatruadas.
Por outra banda, o día 19 houbo unha nova reunión da Plataforma Galega en Defensa dos Servizos Públicos, na que participa a CGT, na que se tomou, entre outros acordos como o de continuar este mes de setembro coas concentracións dos xoves, a decisión de facer grandes manifestacións sobre o día 16 ou 18 de outubro en todas as comarcas galegas.

14 de setembro de 2012

Publicada no DOG a exclusión dos estranxeiros da sanidade pública

Como se colle antes a un mentirán que a un coxo, o DOG acaba de destapar a falta de escrúpulos do presidente da Xunta. Ven de publicar a instrución sobre a atención médica aos estranxeiros que non teñan dereito á tarxeta grazas a Rajoy e, a pesar das declaracións públicas de Feijóo, si quedarán sen atender moitas persoas que viven en Galicia.

De agora en diante, o SERGAS só pode atender as persoas que estean nalgunha das seguintes situacións:
  • a) De urxencia por enfermidade grave ou accidente, calquera que sexa a causa, ata a situación de alta médica.
  • b) De asistencia ao embarazo, parto e posparto.

12 de setembro de 2012

Fondo de Acción Social 2011

O DOG de hoxe anuncia a publicación das listaxes provisorias de axudas aprobadas do Fondo de Acción Social do ano 2011. Trátase, como xa sabemos, únicamente do programa de axuda para a atención de persoas discapacitadas, dado que o resto foi recortado por Feijóo.
Os interesados poden consultar a situación da súa solicitude picando aquí, habendo dez días hábiles de prazo para enmendar ou reclamar a resolución provisional.

Informáticos do subgrupo A2

Publicou o DOG de hoxe a resolución do tribunal pola que se fai pública a listaxe dos que aprobaron as probas selectivas do subgrupo A2, escala de xestión de sistemas de información, convocados pola Orde do 21 de xullo do ano pasado.
Os aprobados teñen 20 días naturais para presentar a documentación indicada nas bases e os interesados dispoñen dun mes para presentar recurso de alzada.

11 de setembro de 2012

Probas de ofimática de carácter libre

O DOG de hoxe publica a convocatoria de probas de avaliación do Plan de Ofimática para o persoal da Xunta de Galicia.
A matrícula poderá facerse picando aquí desde mañá, 12 de setembro, ás 8:00 horas, ata o 17 de outubro, ás 14:00 horas.

10 de setembro de 2012

Grazas, conselleira

A Conselleira de Facenda dixo que a Xunta non se plantexa "tomar ningunha medida de redución dos salarios dos empregados públicos". Dámoslle as grazas a Elena Muñoz por ser tan caritativa e considerada cos seus servidores; tamén lle dicimos que o que diga non nos merece maior crédito, sobre todo se temos conta afirmacións anteriores, súas e dos seus colegas.
Por outro lado, dado que estamos en período de rebaixas preelectorais, querémoslle recordar que a eliminación, por exemplo, do Fondo de Acción Social do persoal da Xunta foi antes da eliminación da paga extra e que ésta supoñeu un aforro moito máis grande do previsto nas arcas autonómicas, polo que non hai ningún motivo para repoñer de inmediato o FAS. Éste si sería un feito a ter en conta polo persoal e non as declaracións vacuas, simplistas e, probablemente, mintireiras.

7 de setembro de 2012

O goberno legaliza a escravitude

O Consello de Ministros de hoxe aprobou un Real Decreto Lei pola que se decide que os parados poden ser obrigados a colaborar en reconstrución e limpeza de zonas afectadas por incendios forestais.
Para a CGT, a decisión do goberno non é máis que un novo paso na estigmatización dos parados, aos que se lles trata como lacazáns que perciben unha prestación sen tela merecido.

6 de setembro de 2012

Curso de represión

O pasado mes de xuño, a Xunta eliminou 45 cursos de formación para o persoal xa programados con anterioridade, coa escusa de "axuste nos créditos asignados". Hoxe, a Xunta, sempre pendente de dar a axeitada formación ao seu persoal, publica a convocatoria dun curso "básico de manexo e utilización do bastón extensible". A duración será de 12 horas e inclúe un módulo de "práctica policial".
Ante este desequilibrio evidente na formación, que indica que para a Xunta é moito máis importante que os policías saiban repartir estopa a que os traballadores públicos melloren na prestación dos seus servizos, suxerimos que se imparta aos posibles destinatarios dos bastonazos os pertinentes cursos de autodefensa con cargo aos orzamentos da comunidade autónoma, así como as correspondentes prácticas de elusión da brutalidade policial cotiá.

Ana Mato continúa desmantelando a Seguridade Social

Ana Mato, ministra de Sanidade e persoa que leva chuchando das ubres públicas desde o ano 1983, continúa desmantelando a sanidade pública e incrementando o negocio das empresas privadas. Na actualidade, está estudando retirar da Seguridade Social prestacións como as probas de selección xenética, as rehabilitacións funcionais, as probas para prever ou detectar doenzas, os tratamentos de fertilidade e os implantes oftalmolóxicos.
Outra posibilidade é que algunha destas prestacións sanitarias pasen a formar parte das que teñen implantado o copagamento. Sexa como sexa, é un novo ataque destes desalmados, que non dubidan en xogar coa saúde dos máis débiles.

5 de setembro de 2012

Manifestación unitaria en Compostela

O próximo sábado, día 8 de setembro, a Plataforma Galega en Defensa dos Servizos Públicos ten convocada unha gran manifestación unitaria en Compostela. A mobilización comezará ás 11:30 na Alameda e nela participarán os traballadores de toda Galicia.
Para a CGT, a protesta contra os recortes e en defensa dos servizos Públicos non se circunscribe aos empregados públicos, senón que é unha cuestión fundamental para todos os traballadores. Así o está facendo saber en todas as empresas para lograr que non só os empregados públicos participen, senón que o fagan todos aqueles dispostos a combater a actual política económica antiobreira do goberno.
Todos a Compostela o día 8!
Non permitamos que nos asoballen!

3 de setembro de 2012

O goberno do PP contra a poboación migrante

 O Secretariado Permanente da CGT, ante as medidas contra os emigrantes adoptadas, fai público o seguinte comunicado:
El gobierno del PP ha decidido dejar sin asistencia sanitaria a varios miles de personas migrantes, en “situación administrativa irregular”, a partir del 31 de agosto, de tal manera que sólo recibirán atención en caso de “urgencia por enfermedad grave o accidente; asistencia al embarazo, parto y postparto, y en el caso de ser menores de 18 años”.
.La Confederación General del Trabajo (CGT) denuncia que la decisión que ha tomado el gobierno del PP dejará a los colectivos más débiles en una situación de total "desprotección". Así mismo, para CGT, la decisión del Gobierno supone un atentado gravísimo contra los derechos humanos, sin tener en cuenta que:

31 de agosto de 2012

Retomamos as mobilizacións unitarias

Despóis da incomprensible paralisación das mobilizacións unitarias por decisión de CC.OO., UGT e CIG, durante o mes de agosto, para substituílas por unhas raquíticas concentracións  exclusivas que marxinaban á maioría do persoal, a partir do próximo xoves, día 6 de setembro, os traballadores volverán ás concentracións e manifestacións diante dos centros de traballo.
A CGT dá a benvida a estas mobilizacións, no convencemento de que é a única oportunidade que temos e que, sen elas, a derrota e perda de dereitos está asegurada.

29 de agosto de 2012

Comunicado da CGT sobre a Cumbre Social

 O Secretariado Permanente da CGT ven facer o seguinte comunciado:

El pasado 25 de julio tuvo lugar en Madrid la 1ª Cumbre Social auspiciada por los sindicatos CCOO y UGT. La Cumbre Social se ha dotado de una Declaración de Principios y de una Hoja de Ruta. En su constitución han participado diferentes organizaciones sindicales, sociales, vecinales, profesionales, sectoriales e incluso organizaciones empresariales. La 2ª Cumbre está previsto que se celebre el próximo 10 de septiembre y mientras tanto se están constituyendo réplicas de la misma por Territorios y Comunidades Autónomas así como en sectores del mundo laboral. Tras analizar la Declaración de Principios, la Hoja de Ruta planteada, tener en cuenta las organizaciones que integran la Cumbre Social y, especialmente, valorar la dramática situación de recortes y reformas a la que está siendo sometida la mayoría de la población, que están provocando situaciones de auténtica emergencia social, la Confederación General del Trabajo (CGT) manifiesta:

28 de agosto de 2012

O goberno empéñase en empobrecer aos máis débiles

 Ante as últimas medidas antisociais do goberno, o Secretariado Permanente da CGT emitiu o seguinte comunciado:
El gobierno se afana en empobrecer a los más débiles.
Endurece el acceso a la ayuda de 400 euros
El desalojo exprés no afronta el problema de la vivienda

Para la CGT, en el Consejo de Ministros del pasado viernes, según recoge el BOE del sábado 25 de agosto, el gobierno autoritario y populista del PP, como buen gobierno de ultraderecha, un gobierno ilegítimo socialmente, en claro fraude “democrático” y valedor de los intereses de las grandes corporaciones empresariales y financieras, vuelve a aprobar mediante otro decretazo, nuevas medidas económicas y sociales para ensañarse contra las y los más débiles.

27 de agosto de 2012

Axustado o IRPF

Nas nóminas do mes de agosto producíuse, por fin, o axuste do IRPF que resulta da expropiación da paga extra de decembro, polo que se cobrará un chisquiño máis. Pero como a ledicia dura pouco na casa do pobre, o IRPF volverá subir en xaneiro, co cal volveremos cobrar menos que na actualidade.

22 de agosto de 2012

Cursos de galego

O DOG de hoxe publica unha orde pola que se convocan cursos (medio e superior) de linguaxe administrativa galega para persoal das administracións e cursos abertos preparatorios para obtención do certificado Celga.
As solicitudes poden presentarse picando nesta ligazón, así como cubrindo o impreso correspondente. Os prazos será desde o día seguinte da publicación ata o 10 de setembro, no caso da de linguaxe administrativa, e ata cinco días antes do comezo da realización do curso, no caso dos Celga.

17 de agosto de 2012

Medicamentazo habemus

O Ministerio de Sanidade (tamén se chama de Servicios Sociais e de Igualdade, pero parece unha broma), publicou hoxe no BOE unha resolución eliminando máis de 400 medicamentos da Seguridade Social. A maioría destes fármacos son eliminados por "estar indicado en tratamiento de síntomas menores". É dicir, que de agora en diante, os catarros e os dolores musculares debemos curalos con coñac, leite e fregas, dado que haberá que pagar polos medicamentos que os alivian.

10 de agosto de 2012

A canalla do BCE, contra os máis débiles

O Banco Central Europeo, como fiel lacaio dos seus amos capitalistas, ven de facer unha serie de recomendacións para os países con dificultades económicas e altas taxas de paro, como son España e Grecia.
Propoñen estes boitres, entre outras cousas, o seguinte:
  • Reducir os costes laborais
  • Flexibilizar a fixación de salarios
  • Diminuir a proteción legal do emprego
  • Non vencellar os salarios ao coste de vida
  • Reducir os salarios mínimos
  • Fixar os salarios empresa pro empresa
Como vedes, un panorama aterrador para os traballadores españois. E ahí estamos todos, os empregados públicos e os das empresas privadas.

Festas laborais propias de Galicia para 2013

NO DOG de hoxe publícase o Decreto que establece as festas de Galicia do calendario laboral do próximo ano 2013. Facéndoo cada vez máis complicado, no calendario só aparecen as festas propias de Galicia, e hai que esperar a que o Estado publique o resto. As festas propias son: Día das letras galegas (17 de maio), san Xoán (24 de xuño) e o Santiago (25 de xullo).

9 de agosto de 2012

A CGT acorda un calendario de mobilizacións, sen treguas nin distraccións


O Comité Confederal da CGT, reunido en Plenaria, ven de acordar o seguinte:
La Confederación General del Trabajo (CGT), tras analizar la dramática situación de recortes y reformas a la que está siendo sometida la mayoría de la población, entiende que la mejor herramienta que le queda a las y los trabajadores y clases populares es la movilización permanente, la lucha por sus derechos y libertades, la Huelga General.
Sin dilaciones, ni treguas, ni distracciones, ni instrumentos desmovilizadores, ni pacto social, ni burocracias, ni referéndum, ni Consulta Popular... en consecuencia:
-CGT no firmará la Declaración de la “Cumbre Social” del pasado 25 de Julio auspiciada por CCOO – UGT.

A supresión da paga extra de decembro, no DOG

O DOG de hoxe publica a Lei pola que se elimina a paga de Nadal deste ano, segundo o acordara, no seu momento, o goberno de Rajoy. Segundo a Lei, poderase negociar colectivamente que a dedución se faga rateada entre os meses que restan ata fin de ano e ademáis que as cantidades deducidas "serán obxecto de recuperación en exercicios futuros", aínda que non sabemos se será no ano 2013 ou no ano 2113.

7 de agosto de 2012

Despedimentos colectivos do persoal laboral

Tal como se prevía no decreto de recortes, o goberno está preparando outro decreto que regulará os despediemntos colectivos do persoal laboral a través de Expedientes de Regulación de Emprego. As causas oficiais son as mesmas que a do resto dos traballadores (económicas, técnicas, organizativas ou de produción), pero o sistema é unha burla aos traballadores; faise da forma seguinte:
  • a) Baixase o presuposto dun organismo.
  • b) Xustifícase o despedimento do persoal porque non hai cartos suficientes.
  • c) A Administración, convertida en xuíz e parte, aproba os despedimentos.
Temos pois unha gravísima agresión ás portas, que poden supoñer a antesala do que lle poden facer nun futuro próximo ao resto do persoal, incluídos os funcionarios de carreira. Non podemos estar mirando como nos caen as pedras do ceo sen responder axeitadamente.
Máis información, picando aquí.

2 de agosto de 2012

O Parlamento galego, ás carreiras

Nun Consello de Goberno da Xunta celebrado de maneira urxente onte, decidiuse que hoxe habería unha sesión extraordinaria no Parlamento Galego para debater, e aprobar, a Proposta de tramitación polo procedemento de lectura única do Proxecto de lei de adaptación das disposicións básicas do Real decreto lei 20/2012, do 13 de xullo, de medidas para garantir a estabilidade orzamentaria e de fomento da competitividade en materia de emprego público, e se é o caso, debate e votación deste proxecto de lei.

31 de xullo de 2012

Reunión da plataforma sindical da área pública de Galicia

Celebrouse onte unha reunión da plataforma, na que se plantexaron algunhas cuestións sobre o acontecido ata o de agora.
A CGT comezou propoñendo que as pancartas fosen en orde distinta, dado que non era razoable que a pancarta da plataforma, con todas as organizacións, fose detrás da pancarta dos sindicatos chamados maioritarios. Esta proposta foi rexeitada.
En canto ás mobilizacións futuras, quean como segue:
  • Durante o mes de agosto, concentracións de delegados diante das subdelegacións do goberno os venres que haxa Consello de Ministros. Estas concentracións están convocadas exclusivamente por CC.OO., UGT e CIG. A pesar dalgunhas intervención, entre elas a da CGT, que propoñían manter as mobilizacións unitarias diante dos centros de traballo, éstas foron desbotadas.

Novo éxito das mobilizacións

Milleiros de empregados públicos, coa participación de moitos traballadores doutros sectores que amosaban a súa solidariedade, manifestáronse onte polas rúas das cidades galegas. As continuas agresións do goberno de Mariano Rajoy aos traballadores, os recortes e a perda de dereitos, tiveron onte unha cumprida resposata por parte destes.
As mobilizacións continuarán, diante do mes de agosto, os venres diante das subdelegacións do goberno. A CGT propuxo, na reunión que se fixo onte, que se seguise coas mobilizacións ante os centros de traballo, postura que foi rexeitada polos sindicatos chamados maioritarios.
Pontevedra          Ourense         A Coruña

30 de xullo de 2012

Os recortes e o IRPF

A redución das retribucións previstas durante este ano para os empregados públicos debería provocar, automáticamente, a redución do IRPF a partir do mes de xullo e a compensación dos meses nos que se aplicou un imposto superior, é dicir, os que levan trancorridos no ano. Sen embargo, a Xunta de Galicia dicidiu que isto non se fixera na nómina de xullo (xa veremos nas próximas) e aplicou o IRPF como se fósemos cobrar a paga extraordinaria de decembro.
Non sabemos que significado ten esta decisión, pero o resultado é que, por enrriba dos recortes, a Administración autonómica estase quedando con cartos de todos os seus traballadores. Desde aquí esiximos a inmediata aplicación da correción do IRPF e que teñan tanta dilixencia en baixalo como a que tiveron cando o subiron.

Recortes por aquí, recortes por alá

Dentro da carreira "a ver quen recorta máis" emprendida por todas as administracións e institucións públicas, a Muface non se podía quedar atrás. O BOE do sábado pasado publica unha resolución mediante a que se elimina a axunda á adquisición de vivenda e a axuda podolóxica aos anciáns e diabéticos, así como o termalismo para maiores.
Nin que dicir ten que a xustificación ocupa moito máis que o texto da resolución e que todo está debidamente motivado. Desde a mentira, craro.

27 de xullo de 2012

Continúan as mobilizacións. O día 30 a loita está na rúa

As mobilizacións dos empregados públicos seguen vivas. Onte, en todos os centros de traballo de Galicia, producíronse accións unitarias por parte dos traballadores, que demostraron aos políticos que non se poderán ir de vacacións como se a cousa non fora con eles. Non estamos dispostos a esquecer e a que nos deixen sen uns dereitos que teñen todos os traballadores do país.
O día 30 haberá novamente grandes manifestacións. Todos os sindicatos participarán nelas, a pesar do intento de CC.OO., UGT, CIG e CSIF de erixirse en representantes exclusivos e de saltarse nas comarcas os acordos asinados o día 12 de xullo en Compostela. Somos conscientes da gravidade da situación e por iso, a CGT seguirá intentando que as mobilizacións sexan unitarias. Da actitude doutros dependerá de que siga sendo así.
Compostela          A Coruña          Vigo          Vídeo

24 de xullo de 2012

Continúan as mobilizacións

A CGT fai un chamamento para a participación nas concentracións e manifestacións do sector público dos próximos días. Así, o xoves, día 26, faranse concentracións pola mañá diante dos edificios administrativos significados e dos hospitais e o próximo día 30, luns, haberá manifestacións pola tarde. Da concreción de cada mobilización (horario e percorrido) haberá cumprida información nos centros de traballo.
A posición inmobilista e autoritaria do goberno esixe unha resposta axeitada. Por outro lado, a situación de absoluto deterioro e desmantelamento do sector público excede con moito o que sería unha simple cuestión sectorial: todos os traballadores debemos seguir nas rúas facendo fronte a este goberno tiránico e mentirán que, coa coartada da crise, están levando á miseria a milleiros de traballadores.

20 de xullo de 2012

Mobilizacións masivas

Centos de milleiros de traballadores manifestáronse onte para protestar polas continuas agresións do goberno de Mariano Rajoy ás clases populares. A decisión dos sindicatos malchamados "minoritarios" de converter en unitarias as manifestacións, deixando atrás as pretensións de protagonismo de CC.OO.-UGT e, en Galicia, da CIG, foron a máis clara demostración da súa necesidade e do sentemento xeralizado de que o momento obriga ás organizacións de traballadores a deixar a un lado as diferenzas e apostar polo camiño da mobilización unitaria.
Por parte da CGT, non temos ningunha dúbida: a gravidade da situación obríganos a facer un esforzo en prol da unidade na mobilización, deixando a un lado actuacións pasadas e o pactismo doutros. So así conseguiremos frear esta manda de hienas que nos goberna.

Crónicas: A Coruña          Vigo          Pontevedra

19 de xullo de 2012

A chantaxe de Montoro

O ministro de Facenda, Critóbal Montoro, ven de utilizar no Congreso, aos empregados públicos para chantaxear ao país dicindo que hai que aprobar as súas medidas recadatorias e de recortes ou, polo contrario, "o pago das nóminas dos funcionarios corre perigo".

Estamos fartos de que os traballadores públicos sexamos a escusa perfecta para todas as medidas regresivas do goberno de turno, estamos fartos de que nos traten coma peleles, estamos fartos de que se diga ao país que a eliminación e desmantelamento do sector público é a solución, estamos fartos duns políticos ruíns e avantaxistas...

16 de xullo de 2012

Comunicado da CGT ante as medidas do PP publicadas no BOE e non anunciadas polo goberno

O Secretariado Permanente do Comité Confederal da CGT fai público o seguinte comunicado:
El Gobierno oculta información, manipula la opinión pública engaña, miente y roba a la mayoría de la población

El pasado miércoles 11 de julio, el Presidente del Gobierno no anunció en el Parlamento todas las medidas del Nuevo Plan de Ajuste. El viernes 13 de julio, el Gobierno no informó de todas las medidas aprobadas en el Consejo de Ministros. El sábado 14 de julio, el BOE publica esas medidas pero tampoco informa de los millones de euros que se van a recortar para pagar a los banqueros y mercaderes especuladores (esta información se publica en una página web de economía europea).

Para la CGT, el gobierno del PP está tomando el pelo a todo el pueblo, no sólo robándolo, sino ofendiendo a su inteligencia, manipulando la información, ninguneando a las propias reglas del juego democrático parlamentario.

14 de xullo de 2012

O BOE publicou os recortes

No día de hoxe, o BOE publicou o decretazo cos recortes cometidos polo goberno. Á espera de podelos ver con maior detemento, invitámosvos a que lles botedes unha ollada. A nós parécenos que tamén eliminan os días adicionais de vacacións por antigüidade...

13 de xullo de 2012

O Trío Calavera concretou os recortes

En rolda de prensa posterior ao Consello de Ministros de hoxe, os ministros de Economía e Facenda e a vicepresidenta do goberno concretaron os recortes anunciados o mércores por Rajoy. No que atinxe directamente aos empregados públicos, acordaron suprimir a paga extraordinaria de Nadal (eles chámano suspensión) e deixar os días de asuntos particulares en 3, eliminando totalmente os adicionais de libre disposición por antigüidade e reducindo os chamados moscosos á metade.
O trío segue tomando o pelo ao persoal dicindo que os cartos perdidos recuperaranse a partir do ano 2015, se as cousas van ben, a través dos plans de pensións, plan que, por certo, non teñen os traballadores da Xunta de Galicia nin a administración local.

Ante o novo plan do goberno, mobilización e Folga Xeral

Ante o novo plan de axustes do goberno, o Comité Confederal da CGT fixo público o seguinte comunicado:

La Plenaria del Comité Confederal de la CGT celebrada el día 12 de Julio de 2012, ante el nuevo Plan de Medidas de Ajuste planteadas por el Gobierno, que implican recaudar 65.000 millones de euros del pueblo para dárselos a los banqueros especuladores y prestamistas usureros, con medidas como la subida del IVA, la reducción de prestaciones por desempleo, la eliminación de la paga extra a las y los empleados públicos, los despidos masivos en las administraciones públicas, la reducción del gasto social para ayudas a la dependencia... DECLARA:

12 de xullo de 2012

Unidade na mobilización sindical fronte aos recortes

Hoxe pola mañá, reuníronse os sindicatos da área pública de Galicia (CC.OO., UGT, CIG, CGT, USO, SATSE, SAE, CEMS, STAFJ) para acordar un calendario de mobilizacións unitarias contra os recortes anunciado onte por Mariano.
Acordouse o seguinte:
  • Participar unitariamente nas concentracións previstas para mañá fronte aos edificios representativos e centros de traballo principais (hospitais, xulgados, etc.) da área pública de 11 a 12 horas.
  • Convocar concentracións fronte aos centros de traballo, de 11 a 12, os días 19 e 26 de xullo, xoves.
  • Apoiar e participar nas convocatorias de manifestacións anunciadas para o día 19 pola tarde.
  • Covocar manifestacións nas principais cidades e vilas de Galicia o día 30 de xullo, polo serán.
  • Volverse reunir o día 30 para preparar o calendario de mobilizacións en agosto e setembro.
 A CGT fai un chamamento para que os traballadores participen nestas mobilizacións, con convencemento de que a marcha atrás nas agresións sufridas é posible se se actúa con contundencia e perseverancia.

Búscase


11 de xullo de 2012

A perda salarial dos empregados públicos é un roubo

Esta mañá, Mariano decidiu meter as mans nos petos dos traballadores. Parados e funcionarios foron, nesta ocasión, as vítimas do seu atraco. A baixa salarial dos traballadores públicos é, en termos anuais, dun 7,11%, unidos ás conxelacións e baixas decididos por Zapatero.
Picando aquí  pódese acceder a un documento no que se recolle unha táboa indicativa da evolución salarial dos traballadores da Xunta nos últimos vinte anos. Nela podemos observar, entre outras "curiosidades", que se o noso salario perdía no ano 2009 un 7,97 % cn respecto ao ano 1991, este ano a perda chegará ao 23,62%. Isto quere dicir que nos terían que subir un 30,92% as retribucións para equipararse coas do ano 1991 en capacidade de compra.
Mañá, en Santiago, haberá unha reunión urxente de todos os sindicatos. É imprescindible a recuperación da unidade na mobilización esquecida nos últimos meses. Os traballadores están indignados e esixen unha resposta contundente e urxente. Non os fagamos esperar.

Unha resposta contundente e inmediata é necesaria

Os recortes anunciados, polo momento, por Rajoy:
  • Suba do IVE do 18 ao 21%. O IVE reducido sube do 8 al 10%.
  • Redución da prestación por desemprego, a partir dos 6 meses, do 60 ao 50%.
  • Supresión da dedución por compra de vivenda.
  • Esixencia de ter traballado previamente para ter dereito á Renda Activa de Inserción.
  • Eliminación da paga de decembro aos empregados públicos.
  • Redución dos complementos por IT aos empregados públicos.
  • Redución dos días de libre disposición dos empregados públicos.
E cales son os sacrificios que farán os empresarios?:
  • Aos empresarios redúcenlles as cotizacións á Seguridade Social.

Rajoy anuncia a eliminación temporal da paga de decembro

Mariano Rajoy ven de anunciar no Congreso que a paga extraordinaria de decembro dos empregados públicos. Esta paga, segundo este elemento, será compensada, a partir do ano 2015, a través do incremento dos planes de pensións.
O que non di Mariano, e terá que dicir Feijóo, é cómo se vai compensar este roubo aos empregados da Xunta, que non temos plans de pensións.

10 de xullo de 2012

A xornada laboral dos empregados públicos

O Ministro de Facenda e Administracións Públicas, Cristóbal Montoro, ven de facer unhas manifestacións nas que defende a equiparación laboral dos empregados públicos cos traballadores do sector privado no referente á xornada. Nesta equiparación inclúese a ampliación da xornada laboral.
Montoro, que presume de funcionario pero que leva sen traballar desde o ano 1993, ano no que comezou de diputado, volve intentar enfrontar os traballadores públicos cos privados, evidenciando presuntos privilexios daqueles con respecto a estes e presentando aos funcionarios como ineficaces e vagos que, co conto de ter aprobada unha oposición, non se esforzan nin cumpren coa súa función.

9 de xullo de 2012

Entrou en vigor a Reforma Laboral

O decretazo de febreiro xa entrou en vigor en forma de Lei. O BOE publicou o día 7, sábado a Reforma Laboral que consagra a redución das indemnizacións por despedimento, permita as decisións unilaterais do empresario en materias que antes eran obxecto de nagociación (xornada, por exemplo), elimina de feito os convenios colectivos, reduce os salarios pola vía dos feitos consumados, etc. 79 páxinas de BOE que son unha estafa e un ataque directo aos dereitos dos traballadores, incluídos os empregados públicos.

6 de xullo de 2012

Agora, a extra de Nadal

Os empregados públicos somos o pim-pam-pum do goberno. De cando en cando, e cada vez con máis frecuencia, aparecemos como culpables da crise ou como obxecto, ante o regocixo do persoal, de novos recortes salariais e de dereitos, recortes que sofre toda a cidadanía ao caer a calidade dos servizos públicos. Neste caso, é a publicación Cinco Días o que se fai eco de fontes, nunca identificadas, que din que o goberno está preparando a eliminación, durante varios anos, da paga extraordinaria de Nadal.

4 de xullo de 2012

O goberno lanza rumores de novos recortes para preparar á poboación

Novamente, Mariano Rajoy volve utilizar o rumor como globo-sonda para ir preparando á poboación para novos recortes. Neste caso, a prensa, sen precisar máis fontes da súa información que outros medios -é fácil vender noticias con semellante práctica periodística- informa do próximo recorte de ata 30.000 millóns de euros, principalmente en soldos de funcionarios, pensións e subsidios de desemprego. Así, terán a todo o país con medo e, a continuación, aliviados porque o recorte non foi tan grande ou lle tocou a outros.
Este repugnante sistema de des-información non nos pode facer olvidar quen son os culpables, quen está pagando a crise creada por outros e que non se vai poñer freo se seguimos esperando a que escampe.

3 de xullo de 2012

Concursos de traslados

O DOG de hoxe convoca diversos concursos de traslados: 62 prazas das escalas de axentes de extensión pesqueira e do servizo de gardacostas, 14 prazas de inspectores e subinspectores de consumo e 12 prazas de estatísticos. As solicitudes poderán presentarse ata o día 20 de xullo, picando aquí.

2 de xullo de 2012

Nomeamentos A1 e A2

No DOG de hoxe publícase o nomeamento como funcionarios en prácticas dos aspirantes que superaron as probas selectivos dos subgrupos A1 (superior de finanzas) e A2 (técnicos de finanzas). As probas foran convocadas en xaneiro de 2011. Noraboa.

29 de xuño de 2012

Instrucións sobre o horario de verán

Desde o próximo luns, día 2 de xullo, entrará en vigor a xornada de verán, que finalizará o 14 de setembro. As instrucións pódense mirar picando aquí.

A rebaixa dos soldos dos empregados públicos, un secreto a berros

Elvira Rodríguez, funcionaria en postos políticos desde hai case vinte anos, agora como presidenta da Comisión de Economía e Competitividade do Congreso, ven de dicir ás claras que hai que facer unha restruturacións que suporía eliminar á forza empregos públicos, dado que a rebaixa dos seus soldos non son suficientes e que a administración lle quita recursos ao sector privado.
Así, ás claras é como hai que falar: redución de emprego público, rebaixa de soldos, pasar recursos da Administración para o sector privado. Sen medias tintas nin desmentidos continuos sobre as auténticas intencións do PP. Así da gusto.
Pódese votar un vistazo ás declaracións picando aquí.

28 de xuño de 2012

Beteta descubre as intencións do goberno de baixarnos o soldo

Antonio Beteta, Secretario de Estado para as Administracións Públicas, declarou que o goberno estaba "estudiando" a recomendacion de Bruxelas de baixar o soldo dos empregados públicos. Hai que recordar que este paxaro dixo hai ben pouco que o goberno faría calquera cousa antes que este novo recorte.
Non sabemos como quedará a cousa, pero do que estamos seguros é de que só a mobilización frontal e contundente nos fará deter esta próxima agresión e facerlles cumprir a prometida recuperación do poder adquisitivo perdido coa rebaixa anterior e a actual conxelación.

A Reforma Laboral apróbase hoxe

A Reforma Laboral que convirte os patróns en amos apróbase hoxe. A Reforma dos contratos de despdo libre sen indemnización durante un ano, a Reforma de ti cobras o que eu digo, traballas cando eu digo, fas o que eu digo e, se non, vás á rúa con despido subvencionado. A Reforma que pon a disposición dos empresarios a xornada e as condicións de traballo. A Reforma de que o convenio queda anulado se os patróns non asina a revisión. Todo iso, e máis.
Ao mesmo tempo, os empresarios, eses voitres preeiros, seguen pedindo menos indemnizacións, máis flexibilidade, menos pensións, menos subsidios para os que están no paro...
E mentres tanto: yo soy español, español, español! Non sexamos parvos.

27 de xuño de 2012

A saúde dos pobres non é importante

O Ministerio de Sanidade ven de informar que 456 fármacos de uso común deixarán de ser financiados pola sanidade pública. Neste listado están algúns corticoides, laxantes, antiinflamatorios, astrinxentes, analxésicos, vasodilatadores ou antidiarreicos.
Segundo este plan, dolencias para eles leves como a tos, a conxestión nasal, o estreñimento, a diarrea, as varices, a psoriase, a ansiedade leve, o colesterol, as migrañas, o deterioro cognitivo asociado a idade, etc. serán sufragadasintegramente polos doentes.
Xa vai sendo hora de que nos enfrontemos a estas feras e de dicirlles que non cremos as mentiras de aqueles que están dispostos a endebedarnos a todos para darlles miles de millóns á banca e nos negan un xarope. O pobo non vai ver impasible como o machacan.

22 de xuño de 2012

O cabrón anda solto

José Luis Feito, o desalmado que propuxera que os parados deberían prepararse para traballar aínda que fora en Laponia, presentou un "estudio" (dalgunha manera había que chamalo), coas propostas do Instituto de Estudios Económicos (IEE) para a solución da crise.
Para este grupo de chupasangues, a solución pasa polo seguinte:
  • Reducir soldos e número de funcionarios
  • Reestructuración do sistema de pensións
  • Redución das prestacións por desemprego
  • Oposición aos incrementos de impostos
  • Redución de cotas á Seguridade Social
Como se ve, unha batería de medidas neutrais e obxectivas, que permitirían aos pobres "emprendedores" crear riqueza para todos. Sería para rir, se non fora para sair á rúa e apedrealos.

19 de xuño de 2012

Anulados 45 cursos da EGAP

A EGAP ven de ditar unha resolución pola que decide a anulación de 45 cursos de formación para o persoal da Xunta, a maioría deles polo sistema de teleformación.
A EGAP bótalle a culpa á "diminución nas trasnferencias de financiamento á Comunidade Autónoma de Galicia en concepto de formación para o emprego" e que a situación esixe un "axuste nos créditos asignados inicialmente" para conseguir un "equilibrioentre ingresos e gastos". En definitiva, que non hai cartos.
A realidade é que a Xunta segue facendo recortes nos gastos do persoalpor todas as vías que pode; neste caso nos cursos de formación. Supoñemos que o gabinete de prensa de Feijóo atopará o modo de botarlle a culpa aos empregados autonómicos da diminución de cursos ou de enviar mensaxes á opinión pública no sentido do "privilexiados" que somos por ter cursos de formación.

17 de xuño de 2012

O FMI, os recortes salariais e os sindicatos

O Fondo Monetario Internacional, esa organización que, co paraugas da ONU, aplica a política económica internacional dos grandes poderes financeiros, acaba de reclamar que Rajoy lles rebaixe os salarios aos funcionarios. O presidente do goberno español xa se apresurou a responder que non tiña pensado facelo, "polo de agora".
Coñecendo o que vale a palabra dada por Mariano, os traballadores públicos non deberiamos quedar de brazos cruzados.
Por iso, a CGT da Xunta quere fecer un chamamento á recuperación da unidade de acción sindical que tan boa acollida tivo para nos enfrontar, antes da Folga Xeral, ás medidas de recortes na función pública galega, cunha mobilización que foron abandoadas aínda non sabemos por qué.

15 de xuño de 2012

La Voz de Galicia tennos aburridos

A falta de noticias máis interesantes, La Voz de Galicia adícase a machacar ao persoal da Xunta de Galicia nos últimos días a conta do horario de verán, utilizando titulares espectaculares e a varias columnas. Este medio de comunicación? é o voceiro do gabinete de prensa do señor Feijóo e, como tal, manipula a información para facer ver as excelencias da súa xestión en materia de persoal.
Desde a CGT solicitámoslle á dirección de La Voz que lle dea ao asunto do horario de verán dos empregados públicos a mesma importancia que lle dá, por exemplo, aos despedimentos no seu periódico e en Radio Voz e que deixe de poñer na picota aos traballadores ante a opinión pública, utilizándoos de engado para desviar a atención de cuestións moito máis improtantes para todos.

12 de xuño de 2012

A voltas coa xubilación

A OCDE -unha organización de estados creada para validar a política económica dos Estados Unidos no estranxeiro- ven de facer unhas recomendacións aos seu países membros entre a que está a necesidade de retrasar a xubilación "máis alá dos 67 anos".
É evidente o que supón para os traballadores esta "recomendación": unha nova perda dos dereitos adquiridos (é evidente que máis alá dos 67 anos son 68 polo menos) e un retroceso na nosa calidade de vida. Ademáis a recomendación ven cuns consellos engadidos, entre os que están que a pensión de xubilación non supere o 50% das retribucións dun activo e que se complementen as pensións públicas con plans privados.
É unha nova burla aos traballadores que, golpeados pola crise, estes expertos paniaguados nos digan que temos que facer, co que nos sobra todos os meses, plans privados de xubilación. E non podemos consentir que se burlen nosa.

8 de xuño de 2012

Agora os moscosos

Hai rumores na prensa (o goberno o desmitiu, pero tampoco quere dicir nada) sobre a posibilidade de desaparición dos días de asuntos particulares dos empregados públicos. Todo é posible, segundo o ritmo de elminación de dereitos que levan estes individuos.
O que si é importante é recordar que os días de asuntos particulares, en maior ou menor cantidade, é unha figura habitual nos convenios colectivos e non se pode, polo tanto, tratar como un privilexio do funcionariado.
Finalmente, hai que advertir aos sindicatos da Mesa da Función Pública que a aceptación, pola súa parte, dunha diminución no número de días non pode ser considerado unha victoria; isto vai por se queren negociar, como noutras ocasións.

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo