17 de agosto de 2012

Medicamentazo habemus

O Ministerio de Sanidade (tamén se chama de Servicios Sociais e de Igualdade, pero parece unha broma), publicou hoxe no BOE unha resolución eliminando máis de 400 medicamentos da Seguridade Social. A maioría destes fármacos son eliminados por "estar indicado en tratamiento de síntomas menores". É dicir, que de agora en diante, os catarros e os dolores musculares debemos curalos con coñac, leite e fregas, dado que haberá que pagar polos medicamentos que os alivian.

Produtos tna comúns como o Fenergan, o Algasel, o Voltarén, o Mucosán, o Fluimucil, o Almax, o Maalox, o Calmatel... e moitos máis que se poden consultar picando na ligazón, deixaran de ser gratuitos e suporán unha nova mordida aos ingresos dos traballadores e xubilados, se é que lles quedan cartos para afrontar o gasto.
Unha nova agresión contra o pobo destes lacaios do capitalismo. E algúns sindicatos mandando parar ata setembro, como se os recortes tiveran vacacións.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo