2 de agosto de 2012

O Parlamento galego, ás carreiras

Nun Consello de Goberno da Xunta celebrado de maneira urxente onte, decidiuse que hoxe habería unha sesión extraordinaria no Parlamento Galego para debater, e aprobar, a Proposta de tramitación polo procedemento de lectura única do Proxecto de lei de adaptación das disposicións básicas do Real decreto lei 20/2012, do 13 de xullo, de medidas para garantir a estabilidade orzamentaria e de fomento da competitividade en materia de emprego público, e se é o caso, debate e votación deste proxecto de lei.

En definitiva, que hoxe pola tarde aprobarán de qué maneira nos roubarán na Xunta a paga extra.
E que di o proxecto de lei? Pois que en decembro quedamos sen ela ou, se se quere facer unha negociación colectiva, que nos reparten o roubo nos meses que restan ata decembro. Tamén di, ambiguamente, que se recuperará en exercicios futuros, supoñemos que igual que temos recuperados anteriores recortes.
E nós, os traballadores, aturando que os sindicatos chamados maioritarios suspendan as mobilizacións en agosto.
Se queredes ver o proxecto, aquí o tedes, a partir da páxina 151.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo