27 de marzo de 2013

Para que serve o Banco de España?

O último boletín do Banco de España reflicte exactamente para que serve este organismo nun momento en que as decisións económicas importantes se toman fóra das fronteiras españolas: non é máis que un instrumento dos poderosos para imprimirlle autoridade ás medidas máis antiobreiras e antisociais do goberno de turno.
Neste último número, o Banco de España, ven a dicir que os soldos dos traballadores deberían baixar máis e que as empresas deben facer "un mejor aprovechamiento de las posibilidades que ofrece la nueva legislación laboral para adaptar los salarios al tono de extrema debilidad del mercado de trabajo" e que esta baixada suporá un empurrón ao crecemento do emprego.

Borrador da declaración da renda

A Consellería de Facenda facilita, a través da páxina do empregado público, o borrador ou os datos fiscais dispoñibles dos empregados públicos da Comunidae Autónoma de Galicia.
Os interesados poden tamén consultar a guía rápida para a información que precisen.

25 de marzo de 2013

Pensións: o desmantelamento dun ben colectivo

O Secretariado Permanente do Comité Confederal da CGT ven de facer público o seguinte comunicado:
El pasado viernes el Consejo de Ministros ha sometido a la clase trabajadora a una nueva agresión que completa los planes de la reforma de las pensiones del 2011, con un endurecimiento del acceso a este derecho y una bajada generalizada de las cuantías a percibir.

20 de marzo de 2013

Licenzas e permisos

No DOG de hoxe publicáronse as normas sobre as vacacións, licenzas e permisos do persoal da Xunta de Galicia, tal como se informou anteriormente. Podes descargar o DOG picando aquí.

19 de marzo de 2013

Os costes salariais, segundo o INE

O INE ven de facer pública unha nota de prensa na que fai públicos os datos comparativos interanuais dos costes salariais en España. Se observamos, por exempo, o cadro que hai na páxina 3, veremos que os sectores nos que os costes salariais cáeron en picado son a Administración Pública (14,4%) e Sanidade (9,3%); tamén podemos ver, na páxina 4, que Galicia foi a terceira comunidade na que máis caeron os soldos de xeito global (6,6%), tras Andalucía e Extremadura. Dobre pau, polo tanto.
En definitiva, unha nota de prensa interesante, aínda que xa sabiamos que os empregados públicos estamos pagando duramente unha crise da que non temos ningúnha culpa.

18 de marzo de 2013

IRPF

Xa estamos recibindo os empregados públicos o certificado dos ingresos anuais para a declaración da renda do ano 2012. A CGT proponvos o seguinte exercicio: collamos os certificados desde o ano 2009, por exemplo, e vaiamos mirando as retribucións anuais; despóis, se temos gañas, sumémoslles o IRPF. Finalmente, reflexionemos sobre as verbas dos políticos: "non se perde poder adquisitivo", "este ano cóbrase máis que o pasado"...
Revisemos, definitivamente, as nosas posicións con respecto á democracia burguesa, ao capitalismo, ás ilusións parlamentarias... e actuemos en consecuencia.


Compatibilización da pensión e dun traballo para os empregados públicos

O pasado sábado apareceu publicado no BOE o Real-decreto lei que permite a compatibilización dun traballo coa pensión, reducindo esta nun 50% e podendo exercer a metado da xornada laboral nun traballo. Esta medida non afecta só aos traballadores do sector privado, senón que tamén afecta aos empregados públicos, dado que, no caso dos laborais e dos funcionarios que estean no réxime xeral da Seguridade Social, a lexislación é a mesma que no sector privado e, no caso dos funcionarios suxeitos á normativa de Clases Pasivas, a norma modifica a lexislación existente para favorecer a posibilidade de compatibilización.
Neste caso, o persoal afectado será todo aquel que causara baixa con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2009 e só poderán ser compatibles aqueles cuxo haber regulador acadara o 100%.

15 de marzo de 2013

Outra vez machacando a xubilación

O goberno aprobará, por decreto, como xa é o seu costume, novas modificacións que endurecen o acceso á xubilación. Tamén aprobarán a compatibilidade da xubilación con realizar un traballo. Así, os traballadores que cheguen á idade de xubilación poderán cobrar parte da pensión e seguir traballando para completar os seus ingresos. Cotizarán, pero a cotización  non valerá para incrementar a súa pensión cando se xubilen totalmente.
Este é o futuro que nos espera: xente nova e xubilados competindo por traballos de merda con salarios de miseria. Nesta situación, chegou a hora de que os traballadores nos desprendamos das ilusións "democráticas" e apostemos polas actitudes revolucionarias.

Confección de nóminas

Publica o DOG de hoxe a Orde coas instrucións para a confección de nóminas do persoal da Administración Autonómica para o ano 2013.
Picando aquí podedes consultala e ver os importes de cada concepto, incluido o novo recorte, que este ano se traduce na eliminación do específico nas pagas extraordinarias.

13 de marzo de 2013

Instrucións sobre licenzas, permisos e vacacións

A Comisión de Persoal ven de acordar unha resolución coas instrucións sobre o réxime de vacacións, licenzas e permisos do persoal ao servizo da Xunta de Galicia.
Estas instrucións definen conceptos ás veces discutidos, como son os graos familiares, as parellas de feito, ter a cargo, enfermidade moi grave, etc.
Como novidade, permítese a utilización de ata seis días de vacacións como se fosen días de asuntos persoais. Tamén se especifica que se o 24 e o 31 de decembro caen en sábado ou domingo, ou se un festivo nacional ou autonómico coincide en sábado, esta situación compensaranse con días de asuntos persoais.

8 de marzo de 2013

Contra o paro, ocupa a empresa

Reproducimos o último comunciado do Secretariado Permanente da CGT:
En la CGT creemos que es la hora de que el conjunto de la clase trabajadora y de las personas que aquí vivimos demos un salto hacia adelante en nuestras propuestas y planteamientos a partir de la necesidad de repartir la Riqueza y el Trabajo.

7 de marzo de 2013

Traslados de laborais

O DOG de hoxe publica a resolución do concurso de traslados de persoal laboral dos grupos I, II, III e IV que fora convocado pola Orde do día 2 de maio de 2012.
Pode presentarse reclamación administrativa dentro do prazo dun mes contado a partir do día seguinte á publicación. Rematará o prazo, pois, o 8 de abril ao ser o día 7 domingo.

4 de marzo de 2013

Contra os enfermos

Que o goberno de Rajoy é un goberno antiobreiro, ao servizo do empresariado máis voraz e contrario a calquera idea de xustiza social xa o sabiamos. Agora, novamente, volve a dar unha nova volta de torca contra os traballadores, neste caso os enfermos.

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo