27 de marzo de 2013

Para que serve o Banco de España?

O último boletín do Banco de España reflicte exactamente para que serve este organismo nun momento en que as decisións económicas importantes se toman fóra das fronteiras españolas: non é máis que un instrumento dos poderosos para imprimirlle autoridade ás medidas máis antiobreiras e antisociais do goberno de turno.
Neste último número, o Banco de España, ven a dicir que os soldos dos traballadores deberían baixar máis e que as empresas deben facer "un mejor aprovechamiento de las posibilidades que ofrece la nueva legislación laboral para adaptar los salarios al tono de extrema debilidad del mercado de trabajo" e que esta baixada suporá un empurrón ao crecemento do emprego.

Tamén di o boletín que a eliminación da paga extra non servíu para nada (non ons explican para que servirá a rebaixa do soldo do resto dos traballadores), algo que os empregados públicos xa sabiamos antes de que o Banco de España fixera o seu sesudo informe.
Finalmente, queremos recordar aos responsables deste informe que, aínda sendo importantísimo que a xente teña traballo, non o é menos que sexa digno, e que, aínda que de golpe se conseguise o pleno emprego, non suporía, nin de lonxe, a compensación do proceso de desigualdade producido nos últimos anos nin a recuperación dos dereitos dos traballadores polas políticas do goberno de turno, sempre apoiadas e sempre tachadas de cortas polos expertos do Banco de España.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo