A CGT comezou propoñendo que as pancartas fosen en orde distinta, dado que non era razoable que a pancarta da plataforma, con todas as organizacións, fose detrás da pancarta dos sindicatos chamados maioritarios. Esta proposta foi rexeitada.
En canto ás mobilizacións futuras, quean como segue:
- Durante o mes de agosto, concentracións de delegados diante das subdelegacións do goberno os venres que haxa Consello de Ministros. Estas concentracións están convocadas exclusivamente por CC.OO., UGT e CIG. A pesar dalgunhas intervención, entre elas a da CGT, que propoñían manter as mobilizacións unitarias diante dos centros de traballo, éstas foron desbotadas.