6 de xullo de 2012

Agora, a extra de Nadal

Os empregados públicos somos o pim-pam-pum do goberno. De cando en cando, e cada vez con máis frecuencia, aparecemos como culpables da crise ou como obxecto, ante o regocixo do persoal, de novos recortes salariais e de dereitos, recortes que sofre toda a cidadanía ao caer a calidade dos servizos públicos. Neste caso, é a publicación Cinco Días o que se fai eco de fontes, nunca identificadas, que din que o goberno está preparando a eliminación, durante varios anos, da paga extraordinaria de Nadal.

Descoñecemos se a fonte é o ministro ou o primo dun ordenanza do ministerio de facenda que escoitou unha conversa de cafetería, pero a cuestión non é tanto se isto é certo (habería que cambiar o Estatuto Básico, e non se fai en dous días), senón qué é o que estamos dispostos a facer nós ante os previsibles recortes qu4e se achegan, veñan por onde veñan.
Todo o demáis, se as pagas extras, se a rebaixa de soldos, se eliminan os moscosos, se recortan os días adicionais, etc. non son máis que preocupacións subsidiarias e que non nos conducen a ningunha parte. O único importante é a determinación de enfrontármonos a eles, de aprender doutros, coma os mineiros, e de non deixarse amedrentar.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo