10 de xullo de 2012

A xornada laboral dos empregados públicos

O Ministro de Facenda e Administracións Públicas, Cristóbal Montoro, ven de facer unhas manifestacións nas que defende a equiparación laboral dos empregados públicos cos traballadores do sector privado no referente á xornada. Nesta equiparación inclúese a ampliación da xornada laboral.
Montoro, que presume de funcionario pero que leva sen traballar desde o ano 1993, ano no que comezou de diputado, volve intentar enfrontar os traballadores públicos cos privados, evidenciando presuntos privilexios daqueles con respecto a estes e presentando aos funcionarios como ineficaces e vagos que, co conto de ter aprobada unha oposición, non se esforzan nin cumpren coa súa función.

Ante isto, cómpre recordarlle ao ministro que a obtención dun posto de traballo estable é a única garantía de independencia do funcionario fronte ás arbitrariedades do poder político, que a calidade dos servizos públicos non existirá se os traballadores non teñen empregos dignos e que existen, na lexislación actual, mecanismos suficientes para correxir as conductas daqueles que incumpran o seu cometido, perda do posto incluída.
Unha observación, se finalmente hai unha ampliación da semana laboral, suporá, case indefectiblemente, a desaparición da xornada contínua. A agresión que supón para todos nós esta perda en calidade de vida non debería quedar sen a resposata axeitada.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo