30 de abril de 2010

Esade apúntase ao recorte de funcionarios

A Escola de Administracións de Empresas da Universidade Ramón Lulio propón que se recorte tanto os salarios dos funcionarios como a cantidade deles para reducir o déficit público. Tamén fan propostas tan marabillosas como establecer o copagamento pola Sanidade e a Educación. Se non se fai así, acabaremos como Grecia, din.

Da gusto ver como se preocupan os ricos do país e da economía dos cidadáns e como solucionan, a costa dos de sempre, os problemas.

19 de abril de 2010

Que CC.OO informe está ben; que minta, non tanto

Nos últimos días, CC.OO. distribuìu unha nota que di o seguinte:

"O XULGADO REXEITA O RECURSO PRESENTADO POLA CGT CONTRA O ACORDO DO PERSOAL FUNCIONARIO NON DOCENTE DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN e O.U.

O Xulgado Contencioso-Administrativo nº1 de Santiago declara a inadmisión do recurso presentado pola CGT contra o Acordo sobre xornada de traballo do persoal subalterno e retribucións do persoal subalterno e auxiliar destinado en centros de ensino dependentes da Consellería de Educación. ¡E menos mal! Só faltaba que botaran abaixo o primeiro e único Acordo para este colectivo desde que existe a Xunta de Galicia só porque eles non o asinaron. A verdade é que con políticas sindicais así imos de cu. Os da CGT ¿Paráronse a pensar qué ocorrería se prosperaba a denuncia? ¿A retirada do nivel, dos 70€ no específico, a devolución das contías recibidas ata agora? ¿É así como pensan conseguir avances? Para CCOO os avances conséguense nas mesas de negociación e é alí onde hai que pelexar. O Acordo pódese mellorar se contamos co apio do colectivo, pero retroceder...iso nunca...”¡virgencita, virgencita, que me quede como estoy!”."

Temos que aclarar que o que está dicindo CC.OO. é mentira: o que realmente sucedeu no Contencioso de Santiago non foi o rexeitamento da nosa denuncia, senón que a xuíza, por informe do fiscal e tendo en conta que o Acordo fora, finalmente, ratificado polo Consello da Xunta, decidiu a inhibición a favor da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que será onde finalmente se decida a cuestión. Tempo terán de "cantar victoria" se o TSX ratifica a desigualdade acordada.

En canto ás preguntas que se fai CC.OO., respóndense elas soas: non queremos privilexios, e o famoso "acordo" é un privilexio dos auxiliares dos centros de ensino no tema do nivel con respecto ao resto dos auxiliares da Xunta. Por outro lado, está a venda do persoal subalterno dos centros do ensino, venda asinada, entre outros, por CC.OO. no mesmo acordo.

A culpa é dos funcionarios

Iso é o que di Taguas, antiga man dereita económica de Zapatero na Moncloa. Tamén dos parados, engade a lumbrera á súa exposición. O que non di é cantos economistas e paxaros de mal agoiro sobran.

13 de abril de 2010

Consolidación de emprego do persoal subalterno

O DOG de hoxe publica unha resolución do tribunal correspondente pola que se da publicidade á relación dos aspirantes que superaron o proceso selectivo de consolidación de emprego na agrupación profesional de persoal subalterno da Xunta. Hai 20 días para presentar a documentación e un mes para o recurso de alzada.

9 de abril de 2010

Negociación do concurso

Estase negociando o concurso de traslados de funcionarios de corpos xerais. Picando aquí pódese ver a proposta da Administración e as novidades que a Xunta quere facer con respecto ao concurso de hai dous anos.

7 de abril de 2010

Correos, un servizo público que se desfai. Manifestación

O apagón postal (a desaparición do servizo público de Correos) está a punto de producirse. Contra esta falcatruada os compañeiros e compañeiras manifestaranse o próximo día 9, venres, na Coruña entre a Xefatura Provincial de Correos e a Delegación do Goberno. A manifestación sairá ás 12:30 horas. A CGT da administración pública manifesta o seu apoio á mobilización, invitando a todo o que poida a que se sume á loita.

Novos funcionarios

No DOG de hoxe publícanse as ordes polas que son nomeados novos funcionarios superiores e de xestión da Xunta (escalas superior e técnica de finanzas) dos que aprobaron as convocatorias do día 10 de marzo de 2008. Noraboa a todos.

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo