13 de setembro de 2018

A minisuba

O DOG de hoxe publica a Orde pola que as retribucións do persoal da Xunta suben, con efectos do día 1 de xullo pasado, un 0,25%. Con esta minisuba, as retribucións son, a partir de xullo, 1,75% máis altas que en decembro do ano pasado.
Esta suba supón unha nova merma na nosa capacidade de compra, se temos en conta que o IPC dos últimos doce meses subiu un 2,2%. Para esta desviación no IPC non hai prevista ningunha revisión salarial. Podemos agradecer aos sindicatos chamados "maioritarios" este novo estacazo ás nosas retribucións, que se fai non só sen mobilizacións nin mostras de rexeitamento por parte dos traballadores, senón que se aplica coa sinatura dos que deberían encabezar a dita protesta.
Supoñemos que a suba e os míseros atrasos se farán na nómina deste mes, dado que non hai ningún motivo para non facelo.

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo