29 de abril de 2015

Lei do emprego público

O Parlamento Galego apreobou onte a Lei do emprego público de Galicia, unha norma que ven a substituír a antiga lei da Función Pública.
Xa analisaremos polo miúdo, pero podemos avanzar que esta lei é a lei da arbitrariedade e a de colocar aos empregados públicos, mediante a figura da "avaliación do desempeño", aos pés dos cabalos.
Por outro lado, non nos esquecemos que esta lei é a adaptación galega do Estatuto Básico do Empregado Público, promovido no seu momento polo PSOE e avalado polos sindicatos maioritarios que agora se queixan iradamente cando se concreta a súa aplicación.
Tamouco nos esquecemos de todo o que nos roubou este goberno e non admitimos que miserentas esmolas se nos presenten, polos seus voceiros da prensa, como "recuperacións" ou "conquistas" de poder adquisitivo e dereitos.

27 de abril de 2015

EPA do primeiro trimestre de 2015

“El sufrimiento que padecen las personas, la mayoría social, por culpa de la gran estafa de los poderes económicos y políticos”

O Secretariado Permanente do Comité Confederal ven de facer público este comunicado:
La EPA correspondiente al primer trimestre del 2015, no hace sino pinchar el “globo mediático de los poderosos (políticos, empresarios, FMI, Comisión Europea y BCE) sobre la recuperación y salida de la crisis, debido a las políticas suicidas y criminales de recortes y robos”.
La ocupación (personas con empleo) desciende en 114.300 personas es decir, se destruye empleo, situándose el total de ocupados y ocupadas en 17.454.800 personas. El sector privado ha bajado la ocupación en 143.500 personas y el público la ha aumentado en 29.200.

22 de abril de 2015

Cursos

o DOG de hoxe publica a convocatoria de novos cursos de formación para o persoal da Xunta de Galicia. As persoas interesadas deberán matricularse picando nesta ligazón, no prazo de dez días naturais que deberán contarse a partir de mañá.

20 de abril de 2015

Manifestacións Primeiro de Maio

Este Primeiro de Maio, a CGT volverá sair ás rúas, reafirmando a súa pertenza á clase obreira e reivindicando a necesidade de combater e derrubar este noxento sistema capitalista desapiadado e voraz. As manifestacións previstas son as seguintes:
  • A Coruña: 12:30 horas na Praza de Pontevedra. Participan, entre outros: CGT, CUT e SE.
  • Ourense: 11:45 horas na rúa Rei Soto. Participan, entro outros: CGT, CNT, SF, CUT e CEL.
  • Pontevedra: 13:00 horas na Praza da Ferrería. Participan, entre outros: CGT e CNT.
  • Vigo: 11:00 horas na Praza de Fernando o Católico. Participan, entr outros: CGT, CNT, CUT, SF, STEG, SE e SX.

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo