17 de xuño de 2012

O FMI, os recortes salariais e os sindicatos

O Fondo Monetario Internacional, esa organización que, co paraugas da ONU, aplica a política económica internacional dos grandes poderes financeiros, acaba de reclamar que Rajoy lles rebaixe os salarios aos funcionarios. O presidente do goberno español xa se apresurou a responder que non tiña pensado facelo, "polo de agora".
Coñecendo o que vale a palabra dada por Mariano, os traballadores públicos non deberiamos quedar de brazos cruzados.
Por iso, a CGT da Xunta quere fecer un chamamento á recuperación da unidade de acción sindical que tan boa acollida tivo para nos enfrontar, antes da Folga Xeral, ás medidas de recortes na función pública galega, cunha mobilización que foron abandoadas aínda non sabemos por qué.

Este chamamento diríxes especialmente a CC.OO.-UGT, que a semana pasada convocou mobilizacións sen ter en conta ao resto dos sindicatos, provocando o desconcerto enre os traballadores ao decatarse que estes outros sindicatos daban de lado as mobilizacións.
Non son os tempos para andar con andrómenas. Os novos recortes salariais e no resto das condicións de traballo están á vista y só a acción concertada de todos pode facerlles fronte.
Non valen escusas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo