6 de setembro de 2012

Curso de represión

O pasado mes de xuño, a Xunta eliminou 45 cursos de formación para o persoal xa programados con anterioridade, coa escusa de "axuste nos créditos asignados". Hoxe, a Xunta, sempre pendente de dar a axeitada formación ao seu persoal, publica a convocatoria dun curso "básico de manexo e utilización do bastón extensible". A duración será de 12 horas e inclúe un módulo de "práctica policial".
Ante este desequilibrio evidente na formación, que indica que para a Xunta é moito máis importante que os policías saiban repartir estopa a que os traballadores públicos melloren na prestación dos seus servizos, suxerimos que se imparta aos posibles destinatarios dos bastonazos os pertinentes cursos de autodefensa con cargo aos orzamentos da comunidade autónoma, así como as correspondentes prácticas de elusión da brutalidade policial cotiá.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo