O Consello de Ministros de hoxe aprobou un Real Decreto Lei pola que se decide que os parados poden ser obrigados a colaborar en reconstrución e limpeza de zonas afectadas por incendios forestais.
Para a CGT, a decisión do goberno non é máis que un novo paso na estigmatización dos parados, aos que se lles trata como lacazáns que perciben unha prestación sen tela merecido.
Querémoslle recordar a este fato de malnacidos que constitúe o goberno que as prestacións por desemprego (agora máis miserentas que nunca) son o produto das cotizacións previas dos propios parados e que, neste país, os traballos forzados están prohibidos, aínda que se disfracen de "traballos de colaboración social".
Polo tanto, a CGT considera lexítimo calquera mecanismo polo que os traballadores forzados consigan eludir o cumprimento desta obriga. Se as Administracións Públicas necesitan persoal para a recuperación forestal, que faga as contratacións que sexan precisas, que boa falta fan.
Ningún comentario:
Publicar un comentario