1 de febreiro de 2012

Redución dos asuntos particulares

Segundo a prensa, a Xunta presentará nos próximos días a rebaixa dos días de asuntos particulares de nove a seis. A medida está presentada como unha "homologación" co persoal da Administración central, aínda que, noutros aspectos como as retribucións, a "homologación" non exista.
Tamén é curioso como o gabinete de prensa presenta a noticia: rebaixaranse os días de asuntos particulares sen rebaixar o soldo. Era o que faltaba!

1 comentario:

  1. Esta é só unha das medidas que se están a barallar. De momento, se filtrou esta decisión, pero xa se fala tamén da eliminación do complemento por incapacidade temporal, por exemplo. Non esquezamos que este complemento o ten garantido calquer traballador do sector privado, incluso os suxeitos aos convenios máis miserables. Os empregados públicos, tal como xa sucede en outras C.C.A.A. que xa tomaron esta medida, pasariamos a ser os traballadores máis desprotexidos en caso de baixa por enfermidade. Absolutamente escandaloso.

    ResponderEliminar

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo