22 de febreiro de 2012

Ante as agresións só cabe defenderse e loitar

Estes días de mobilización demostraron que os poderosos, cando os traballadores loitan e se amosan reivindicativos, póñense nerviosos. Cunhas poucas manifestacións coordenadas xa conseguimos que o ex interino Feijóo presentara unhas mínimas melloras no asunto das retribucións nas baixas por enfermidade. Con isto demóstrase que, se incrementamos a contundencia das mobilizacións, poderemos conseguir a volta atrás nas intencións deste fato de desvergonzados.
Están anunciando que as medidas de roubo dos nosos dereitos aprobaranse o día 28 próximo no parlamento.
Isto non nos ten que deter na nosa loita; ao contrario, isto tennos que decidir a aumentar o ritmo e a profundidade das mobilizacións, pero sen que supoña que a partir do 28 esteamos quedos.
Os tramposos do goberno galego pensan que os traballadores públicos, coa norma aprobada, non serán quen de manter as mobilizacións. Demostrémoslles que están equivocados e sexamos conscientes de que o mesmo que a aprobaron, a poden derrogar.

OS DEREITOS NON SE NEGOCIAN, DEFÉNDENSE!
CONTRA OS RECORTES AOS EMPREGADOS PÚBLICOS, MOBILIZACIÓN!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo