9 de febreiro de 2012

A reforma laboral que se aprobará mañá

O Consello de Miistros de mañá aprobará a nova e secreta reforma laboral. Esta reforma, segundo todas as trazas, terá os seguintes contidos:

Despedimentos máis baratos
  • Xeralizarase o despedimento con indemnización de 33 días en troques do de 45 días que é o actual. Tamén se baixará o tope (24 meses en lugar de 42).
  • "Clarificación" das causas do despedimento obxectivo, que ten unha indemnización de 20 días por ano.
  • Posibilidade de eliminar a autorización administrativa nos ERE.
  
Máis negocio para as ETT
  • Incremento das súas facultades legais e permiso para convertirse en axencias privadas de colocación.


O pactado será fácil de incumprir
  • Facilidades para que as empresas incumpran os convenios colectivos se teñen dificultades
  • Fomento dos convenios de empresa sobre os sectoriais.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo