20 de febreiro de 2012

Apoia as mobilizacións

Finalmente o goberno do Feijoo modificou as coberturas de IT. De 0 a 50% nos primeiros 3 días ou 40 % si é unha segunda baixa, subindo do 60 ao 75% entre o 4º e o 20 día de baixa. Amplíase ao 100% as coberturas por calquera continxencia que xere hospitalización ou intervención cirúrxica. En resume, continúase a penalizar ao traballador enfermo. Dos demais recortes: supresión do Fondo de Acción Social, recorte de horario e retribucións do persoal interino, reducción dos días de asuntos propios, nada de nada.
Dende a CGT pensamos que se o goberno recuou no asunto das baixas foi grazas á presión dos empregados públicos. A unidade e a participación masiva nas mobilizacións decididas moitas delas polas Asembleas de traballadores foron as claves da participación.
Agora o anteproxecto de lei inicio o seu camiño parlamentario, onde podería ser modificado mediante emendas. Esta é unha nova oportunidade para conseguir a supresión de todos os recortes ou dos máis lesivos deles.
Cunhas mobilizacións de baixo custe como foron as concentracións que fixemos durante estas dúas semanas, acadouse unha modificación que case ningún pensaba conseguir a priori. Trátase entón de aumentar a intensidade das protestas neste tempo de debate parlamentar para tentar conseguir botar abaixo os recortes. Está claro que se aumentamos as mobilizacións podemos non conseguir nada, pero tamén está claro que si non o facemos nada máis conseguiremos.
A CGT fai un chamamento á participación de todas nas mobilizacións e nas Asembleas para que entre todos podamos decidir o rumbo e intensidade das accións a realizar.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo