20 de febreiro de 2012

Basta xa de demagoxia

O gabinete de prensa de Feijóo traballa arreo para facer propaganda das medidas de recortes. Entre os seus obxectivos está desprestixiar aos emrpegados públicos ante o pobo, dividindo aos traballadores e facendo ver que son uns lacazáns que collen baixas sen xustificación.
A penúltima trola é que as medidas disuadirán aos traballadores de coller baixas. Non sabemos a cantos disuadirán de coller baixas, pero o que si sabemos é que un traballador enfermo -por exemplo, por gripe- producirá, se traballa na sanidade, nunha escola ou simplemente ao público nuhna xanela, moitos máis enfermos e gastos que se sequeda en casa a pasar a corentena.
Por outro lado, non é certo que a xubilación anticipada reduza o gasto. O que reducirá o gasto é que non se cubra a praza do xubilado. Tamén hai que aclarar que o gasto reducirase para a Xunta -que non pagará o soldo- pero que haberá que pagar a xubilación da persoa xubilada.

En definitiva, mentiras e propaganda que cada vez teñen menos acollida na poboación, que xa vai abrindo os ollos. Con que nova nos entreterá o gabinete do presidente mañá?

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo