28 de febreiro de 2012

Protestas fronte ao Parlamento

Máis de mil traballadores públicos concentráronse hoxe, a partir das dez da mañá, diante das portas do Parlamento de Galicia, para protestar contra os recortes que o goberno de Feijóo impón aos empregados públicos. A concentración foi moi rouidosa e animada durante as dúas horas que durou e correáronse berros en contra dos recortes, de Feijóo e do PP, e en defensa dos servizos públicos.
Dentro do Parlamento, no espazo dos invitados, estivo presente un grupo de representantes dos traballadores, entre eles da CGT, que manifestaron a súa repulsa no momento da votación e que foron desaloxados e identificados pola policía. Dada a velocidade e présas que se deron en aproar as medidas, algún dos representantes sindicais non foi nin capaz de chegar á zona de invitados, ao ser retirdos na entrada sufrindo un inusitado celo da seguridade privada para acceder ao recinto.

Por outro lado, hoxe remataron os primeiros encerros de persoal en diversas dependencias da Xunta. especialmente entretido foi o encerro no edificio administrativo de Vigo: presentouse o Conselleiro de Economía, que foi axeitadamente recibido polos encerrados. Dado o calor do recibimento, a saída fíxoa polo garaxe, lonxe xa de escoitar as opinións dos presentes.
A pesar da aprobación das medidas, como segundo Feijóo son temporais, seguiremos mobilizándonos para que esta presunta temporalidade sexa o máis curta posible.

El Mundo          ABC         Europa Press          Cadena Ser          La Región         

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo