4 de novembro de 2012

Basta xa de agresións! Outro recorte de dereitos

O BOE de onte publicou un importantísimo recorte de dereitos sanitarios para os traballadores. Un novo Real decreto dispón que, de agora en adiante, as prótesis sanitarias correrán a cargo, parcialmente, polos usuarios. É dicir, todos os que necesiten, por exemplo, unha prótese de cadeira, ou un parafuso ortopédico, ou unha cadeira de rodas, ou un marcapasos, ou produtos similares, deberán pagar parte do seu custo.
  1. Os prezos que se deberán aboar serán os da prestación farmacéutica, como norma xeral, é dicir:
  2. Para ingresos iguais ou superiores a 100.000 euros, o 60%
  3. Para ingresos iguais ou superiores a 18.000 euros e inferiores a 100.000, o 50%
  4. Para o resto de beneficiarios en activo e os seus familiares, o 40%
  5. Pensionistas non incluídos no primeiro grupo, o 10%
  6. Hai exención para certos grupos (síndromes tóxicos, algúns discapacitados, perceptores de rentas de inserción e de pensións non contributivas, parados sen subsidio de desemprego, accidentes de traballo e enfermidades profesionais)
En definitiva, e cunha aparencia solidaria (non hai casi diferencias entre o que hai que pagar entre os que cobren 12.000 e os que cobren 150.000 euros) é outra navallada nos petos dos máis débiles.
Outra razón máis para o Paro Xeral do día 14.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo