30 de novembro de 2012

Felipe e Beteta

Estamos rodeados de impresentables e irresponsables. Os penúltimos, Felipe González, ex presidente do goberno e folgado benpagado; e Antonio Beteta, secretario de estado de Administracións Públicas e incendiario tamén benpagado.
Non contentos coa escabechina que os gobernos -actual e pasado- están facendo cos servizos e empregados públicos, botan a boca a pacer e soltan públicamente ocorrencias que serían para collelos polas orellas e botalos fóra do país para que os aturaran noutros lares.
Felipe González ven dicir que sobra o 20 por cento dos empregados públicos, coa súa graza habitual. para este personaxe, un de cada cinco traballadores do sector público estase tocando a barriga.

Antonio Beteta, con menos graza que Felipe, amenaza aos funcionarios que participen no pagamento da extra onde así se acorde coa inhabilitación. Coñecendo o becho, capaz destas mentecateces e outras glosadas con anterioridade, non nos debe estranar demasiado, pero parece increíble que descoñeza que cando un empregado recibe unha orde non ten máis remedio que obedecela ou expoñerse ao correspodente expediente disciplinario, é dicir, coloca aos empregados públicos encargados do pagamento entre Escila e Caribdis.
Só temos que dicir que, para facer estas aprotacións sobran ex presidentes. E para dicir tonterías sobran secretarios de estado.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo