21 de novembro de 2012

Cabezas de turco

Os inmigrantes non só están a sofrir as penalidades propias da súa situación (discriminación, alonxamento dos seus familiares e amigos, marxinación), senón que aínda ven agravada a súa situación polas políticas dos gobernos de turno, nesta ocasión polo goberno da Xunta. Hoxe publica o DOG un decreto da Consellería de Sanidade no que se publican as tarifas dos servizos prestados no SERGAS e nas fundacións públicas sanitarias. Estas tarifas inclúen aos estranxeiros que non teñan dereito, por ser irregulares, non ter papeis ou, simplemente, por perder o dereito por estar no paro e ter transcorrido o tempo fixado nas leis.
A salvaxada das tarifas que se lles aplica é de tal calibre que non é posible calificala. Só hai que dicir que este, que é o país da Europa no que menos gasto social e sanitario hai por persoa, pretende cobrar aos particulares o mesmo que lle paga aos centros privados cos que concerte, é dicir, non se ten en conta nin siquera que a sanidade privada ten un beneficio. En definitiva, que a sanidade pública galega ten intención de gañar cartos cos inmigrantes.

Algúns exemplos das tarifas que se van aplicar son os seguintes:
  • Primeira consulta médica: 68,90 euros.
  • Consulta de urxencias: 267,00
  • Consulta odontoloxía: 68,90
  • Radioloxía básica: 35,86
  • Día de hospitalización: 526,32
  • Operación de cataratas: 1.965,45
  • Biopsia: 309,21
E así toda unha serie de barbaridades que imposibilitarán, de feito, unha axeitada sanidade a un colectivo dos máis desfavorecidos. Pero, claro, isto pasa cando os bandoleiros chegan ao poder...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo